Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS
OBXECTIVOS XERAIS
O obxectivo xeral da materia é estudar as bases químicas, moleculares e xenéticas dos procesos biolóxicos, especialmente en relación co ollo. Ao longo do programa o alumno debe adquirir unha visión xeral sobre a estrutura da materia viva, a catálise e metabolismo celular, así como as bases moleculares do almacenamento e expresión da información biolóxica.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Coñecer os procesos bioquímicos básicos
- Comprender as bases bioquímicas das alteracións do sistema visual.
- Proporcionar os coñecementos básicos para comprender mellor outras materias
CONTIDOS
Algúns temas tratanse de forma transversal
INTRODUCIÓN (AP)
1. INTRODUCIÓN á Bioquímica e Bioloxía Molecular. Biomoléculas: características químicas e estruturais. Reaccións bioquímicas.
2. O AUGA. Estrutura e propiedades da auga. O auga nos seres vivos. Actividade iónica do auga. Ácidos e bases. Disolucións reguladoras ou tampóns.
BIOMOLÉCULAS (AP)
3. GLÍCIDOS. Glícidos: concepto e clasificación. Monosacáridos e derivados dos monosacáridos. Disacáridos. Polisacáridos. Proteoglucanos e glicoproteínas.
4. LÍPIDOS. Ácidos graxos. Lípidos: características estruturais e clasificación. Lipoproteínas.
5. AMINOÁCIDOS E DERIVADOS. PÉPTIDOS E PROTEÍNAS. Aminoácidos e derivados: propiedades. Características estruturais e funcións dos nucleótidos. Enlace peptídico e estrutura primaria das proteínas. Péptidos de interese biolóxico. Pregamento das proteínas e relación estrutura-función. Estruturas secundarias, terciarias e cuaternarias. Alosterismo.
ENZIMOLOXÍA (AP)
6. ENZIMAS. Clasificación. Mecanismo da catálise enzimática. Cinética enzimática.
7. VITAMINAS, MINERAIS E OLIGOELEMENTOS. Vitaminas: clasificación e funcións. Vitaminas liposolubles. Vitaminas hidrosolubles. Efectos das deficiencias de vitaminas. Minerais e oligoelementos.
8. INHIBICIÓN E REGULACIÓN da actividade enzimática. Regulación alostérica. Regulación por modificación covalente.
METABOLISMO INTERMEDIARIO (AGD)
9. INTRODUCIÓN E BIOENERXÉTICA. Introdución ao metabolismo. Rutas metabólicas. Relacións termodinámicas e compostos de alto nivel enerxético.
10. REGULACIÓN DO METABOLISMO. Introdución. Transporte a través da membrana.
11. METABOLISMO AEROBIO. Ciclo do os ácidos tricarboxílicos. Cadea de transporte electrónico e fosforilación oxidativa. Inhibidores do transporte electrónico e axentes desacoplantes.
12. METABOLISMO DE GLíCIDOS. Glucólise e a súa regulación. Destinos metabólicos do piruvato e fermentación láctica. Incorporación doutros monosacáridos á vía glucolítica. Ruta das pentosas fosfato. Gluconeoxénese e a súa regulación. Glucoxenólise e glucoxenoxénese. Control do metabolismo do glucóxeno. Metabolismo aerobio e anaerobio ocular.
13. METABOLISMO DE LÍPIDOS E LIPOPROTEÍNAS. Metabolismo de ácidos graxos e a súa regulación. Metabolismo do colesterol e a súa regulación. Metabolismo de lipoproteínas.
14. METABOLISMO DO NITRÓXENO. Degradación de proteínas e recambio proteico. Reaccións comúns ao metabolismo de aminoácidos: transaminación e desaminación oxidativa. Metabolismo de aminoácidos específicos. Metabolismo de nucleótidos: purínicos e pirimidínicos.
15. COORDINACIÓN DO METABOLISMO. Integración do metabolismo. Diabetes e retinopatías.
16. SINALIZACIÓN CELULAR E NEUROQUÍMICA OCULAR. Compoñentes: Sinais, receptores, transdutores e efectores. Mecanismos de transdución de sinais. Principais neurotransmisores da retina.
ÁCIDOS NUCLEICOS E EXPRESIÓN XÉNICA (AP/AGD)
17. ÁCIDOS NUCLEICOS. Estrutura dos ácidos nucleicos e o xenoma. Historia do descubrimiento dos xenomas. Conceptos de mutación y patoloxías xenéticas. Metodoloxías para estudiar o ADN e o ARN.
18. EXPRESIÓN XÉNICA. Síntese do RNA: transcrición. Síntese de proteínas: tradución. Modificacións post-traducionais. Regulación da expresión xénica.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
PRÁCTICA 1: MANEXO DE REATIVOS, APARELLOS BÁSICOS E PREPARACIÓN DE SOLUCIÓNS (DISOLUCIÓNS)
Obxectivos:
- Consideracións prácticas e preparación de disolucións usadas na experimentación.
- Preparación dunha disolución tampón.
- Consideracións prácticas e manexo dunha balanza de precisión de calibración externa.
- Consideracións prácticas e manexo de pipetas. Pipetas automáticas, fixas e variables. Pipetas repetitivas.
- Consideracións prácticas, calibración e manexo dun pHmetro.
PRÁCTICA 2: DETERMINACIÓN CUANTITATIVA DE PROTEÍNAS POLO MÉTODO DE LOWRY
Obxectivos
- Comprender o principio químico do método de Lowry para a cuantificación de proteínas.
- Preparar soluciós estándar y construir unha curva de calibración.
- Aplicar o procedimiento experimental para determinar proteínas en mostras desconocidas.
- Usar o espectrofotómetro para medir absorbancia y calcular concentracións.
- Analizar resultados, identificar fontes de error y recoñecer as limitacións do método. Uso de excel para análisis de datos.
SEMINARIOS
O alumnado deberá preparar os seminarios y traballos propostos polos profesores. Durante os seminarios, o alumnado deberá:
- Responder as preguntas plantexadas polo profesor.
- Presentar por escrito ou en forma de presentación power point as actividades asignadas.
Nelson, D.L. & Cox, M.M., 2018. Lehninger Principios de Bioquímica. 7ª ed. Barcelona: Omega.
Baynes, J.W. y Dominiczak, M.H. ed. 2019. Bioquímica médica. 5ª ed. Barcelona. Elsevier
Berg, J.M., Tymoczko, J.L. & Stryer L., 2015. Bioquímica con aplicaciones clínicas. 7ª ed. Barcelona: Reverté.
Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A., 2018. Harper Bioquímica ilustrada. [en liña] 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27…
McKee, T., y McKee, J.R., 2014. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida.[en liña] 5ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. Dispoñible en: https://accessmedicina-mhmedicalcom.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=1960
Battaner Arias, E., 2013. Biomoléculas: una introducción estructural a la bioquímica. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-134
Battaner Arias, E., 2014. Compendio de enzimología. [en liña] Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-1
Blas Pastor, J. R. (2013). “BqTEST : 1000 preguntas tipo test de bioquímica para universitarios”. Lulu.com,
Whikehart, D. R. (2011, 3ª ed). “Biochemistry of the eye”. Ed Elsevier Inc. Philadelphia.
Coñecementos
• Con_13. Coñecer a estrutura da materia, os procesos químicos de disolución e a estrutura, propiedades e reactividade dos compostos orgánicos.
• Con_14. Coñecer a composición e a estrutura das moléculas que forman os seres vivos.
• Con_15. Comprender as transformacións dunhas biomoléculas noutras.
• Con_16. Adquirir os coñecementos bioquímicos aplicados ao ollo e ao proceso da visión.
Habilidades e Destrezas
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_6. Iniciativa, espírito emprendedor e adaptación a novas situacións (resiliencia).
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos eidos da Óptica e Optometría.
• HyD_9. Saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas coa seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
• HyD_12. Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
Competencias
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao dun xeito profesional e sexa competente no formulamento/solución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidade para aprender de forma autónoma, traballar en equipo, organizar o tempo e os recursos, e adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
DOCENCIA EXPOSITIVA
A docencia expositiva busca fomentar a aprendizaxe autónoma do alumnado. Nas clases teóricas, o profesor explicará os aspectos clave de cada tema, apoiando o estudo individual. Utilizaranse o encerado, medios audiovisuais, a aula virtual e outros recursos que se consideren adecuados. Tamén se aplicará o Método do Caso.
DOCENCIA INTERACTIVA
SEMINARIOS
A docencia nos seminarios terá un enfoque interactivo, orientado a promover a participación activa e o pensamento crítico do alumnado. O estudantado deberá preparar con antelación os seminarios e traballos propostos polos profesores, baseándose no material indicado e na bibliografía recomendada.
Durante as sesións, o alumnado terá que:
Responder ás preguntas formuladas polo profesor en formato online ou en papel.
Presentar as actividades asignadas, ben por escrito ou mediante unha presentación en PowerPoint, segundo as indicacións específicas de cada caso.
Este formato busca fomentar a autonomía, a capacidade de síntese e a expresión oral e escrita do alumnado, contribuíndo ao desenvolvemento das competencias propias da materia. Toda-las actividades serán evaluadas individualmente e a notas dos seminarios representarán a media aritmética de todas elas .
PRÁCTICAS
Nas Prácticas de laboratorio, o alumnado seguirá o guión de prácticas elaborado polo profesor para desenvolver os protocolos experimentais. Ao final das prácticas, o alumnado deberá presentar ao profesor o caderno de laboratorio correctamente cuberto que se subirá á aula virtual nun único PDF nas datas establecidas incluindo todos os obxectivos descritos no apartado de programa de prácticas.
TITORIAS
Esta actividade utilizarase principalmente para a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados cos contidos da materia. Nesta actividade farase uso de medios audiovisuais, computadores, espazo virtual da materia e outros medios que o profesor considere oportunos. Organizaránse a petición do alumnado a través dun correo na aula virtual e non por correo electrónico.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.Criterios Xerales:
Asistencia OBLIGATORIA a seminarios ou as prácticas. De non asistir esta materia non poderá ser superada. As faltas xustificadas deberán ser enviadas pola aula virtual durante a mesma semana da falta.
EXCEPCIÓN REPETIDORES: Os estudantes repetidores non estarán obrigados a realizar novamente as prácticas nin os seminarios se xa os completaron en cursos anteriores, conservándose as cualificacións obtidas. Non obstante, poderán optar por repetir as prácticas, os seminarios ou ambos, o que implicará a anulación das notas correspondentes de cursos anteriores. Neste caso, poderán presentarse aos exames prácticos e/ou de seminarios novamente. A decisión de repetir ou non deberá comunicarse ao profesorado nas dúas primeiras semanas do curso. En caso de non facelo, manteranse as cualificacións previamente obtidas.
2. Criterios Específicos da avaliación.
EXAME: Peso na nota final: 65%.
Parte tipo test: 60% do exame
Preguntas curtas: 40% do exame
Realización e criterios de avaliación:
A parte tipo test constará de 60 preguntas con catro opcións de resposta, das cales só unha é correcta. Cada acerto sumará 1 punto, e cada erro restará 0,25 puntos. É dicir, cada 4 erros anulan 1 acerto. As preguntas non contestadas non penalizan.
A parte de preguntas curtas incluirá 4 cuestións, dúas por cada parte do temario e profesor.
O alumnado deberá responder correctamente (de forma total ou parcial) e de maneira obrigatoria a polo menos unha pregunta de cada parte (AP e AGD).
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1 CE 4,5,9,11,12,17 CT 1-3,6-7
AVALIACIÓN CONTINÚA:
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
PRÁCTICAS: Peso na nota final: 10%
Realización/Criterios: Caderno de prácticas/ Datos de laboratorio e elaboración das respostas. Participación activa.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1 CE 4,5,9,11,12,17 CT 5-7
SEMINARIOS: Peso na nota final: 25%
Baterías de preguntas e exercicios individuais. Peso: 12,5%.
Realización/Criterios: Baterías de preguntas e exercicios dixitais o escritas programadas polo profesorado.
Só se sumará á nota final se se teñen obtido os mínimos especificados para o exame.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1 CE 4,5,9,11,12,17 CT 1-7
Traballos e exercicios en grupo. Peso: 12,5%.
Realización/Criterios: Participación activa nos seminarios, resolución de preguntas in situ, colaboración e traballo autónomo e presencial. Será avaliado polo profesorado.
Peso: Ata o 12,5%.
Competencias Avaliadas: CB 1-5 CG 1 CE 4,5,9,11,12,17 CT 1-3,6-7
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA. HORAS
Clases expositivas 34
Clases interactivas 8
Prácticas de laboratorio en grupo reducido 4
Titorías en grupo reducido 3
Exame 1
Total horas traballo presencial na aula 50
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 76
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 8
Lecturas recomendadas, actividades 11
en biblioteca ou similar
Preparación de presentacións orais, 5
debates ou similar
Total horas traballo persoal do alumno 100
- Asistencia a todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
- Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polo profesor.
- Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
- Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- As achegas para a Avaliación Contínua faranse pola aula virtual.
- As canles de comunicación directa non presencial co alumnado en cada escenario será a aula virtual ou teams.
- Está expresamente prohibido aos estudantes distribuír o material didáctico (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual a persoas alleas ao curso.
- Plaxio e uso indebido de tecnoloxías na realización está expresamente prohibido.
Aurora Gomez Duran
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- aurora.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
André Pérez Potti
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- andre.perez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 3 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
07.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
07.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
25.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
25.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |