Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemática Aplicada
Áreas: Astronomía e Astrofísica
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Comprender e utilizar os conceptos e as técnicas descritas nos contidos da materia, resolver algúns problemas básicos de astronomía e aprender a planificar unha observación astronómica.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: A figura da Terra. A esfera celeste. Escalas de tempo. Movemento planetario. Paralaxe trigonométrica. Magnitudes estelares. Espectros estelares. A estrutura do universo. Instrumentación astronómica: prismáticos e telescopios.
Estes serán desenvolvidos en conformidade co seguinte programa:
DOCENCIA EXPOSITIVA (30 horas):
I. Xeodesia
Tema 1. A Terra: forma, dimensións e coordenadas xeográficas
II. Astrometría
Tema 2. A esfera celeste: coordenadas astronómicas e movemento diúrno
Tema 3. Sistemas de tempo: escalas rotacionais e UTC; o calendario
III. Mecánica celeste
Tema 4. Movemento planetario: as leis de Kepler e a lei de gravitación universal
Tema 5. O sistema solar: estrutura e evolución
IV. Astrofísica e cosmoloxía
Tema 6. As estrelas: paralaxe trigonométrica, magnitudes e espectros estelares
Tema 7. A estrutura do universo: as galaxias e o universo observábel
V. Astronomía observacional
Tema 8. O firmamento: estrelas e constelacións
Tema 9. Instrumentación astronómica: prismáticos e telescopios
DOCENCIA INTERACTIVA (seminarios, 3 horas):
- Realización de exercicios e problemas
DOCENCIA INTERACTIVA (laboratorios, 4 horas):
- Prácticas virtuais utilizando Stellarium (1 hora)
- Manexo de instrumentación astronómica (1 hora)
- Observación do ceo nocturno (2 horas)
Básica:
- KARTTUNEN, Hannu, Pekka KRÖGER, Heikki OJA, Markku POUTANEN e Karl J. DONNER. Fundamental Astronomy. 6th ed. Berlin: Springer, 2017. ISBN 978-3-662-57103-3. [En liña].
- LING, Josefina F. Coordenadas astronómicas. Medida do tempo. Unidade didáctica 5. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC, 2013. ISBN 978-84-9887-964-3. [En liña].
- MARTÍNEZ, Vicent J., Joan Antoni MIRALLES, Enric MARCO e David GALADÍ-ENRÍQUEZ. Astronomía fundamental. Publicacions de la Universitat de València (PUV), 2005. ISBN 978-84-370-6104-7. [En liña].
- RODRÍGUEZ VELASCO, Gema. Astronomía matemática. Teoría, problemas y ejercicios resueltos con MATLAB. 1ª ed. Madrid: Ediciones Complutense, 2019. ISBN 978-84-669-3657-6. [En liña].
Complementaria:
- BOSCH BAILACH, José, Mercedes BARTUAL LÁZARO e Ivan DRAGOEV. Objetos celestes para prismáticos. Guía de campo. València: Universitat de València, 2019. ISBN 978-84-9134-449-0. [En liña].
- HOSKIN, Michael. Breve historia de la astronomía. Madrid: Alianza Editorial, 2016. ISBN 978-84-9104-349-2.
- IGN. Anuario del Real Observatorio Astronómico de Madrid 2025. Madrid: O.A. CNIG, 2024. ISBN 978-84-416-8470-6. Dispoñíbel en: https://www.ign.es/web/resources/acercaDe/libDigPub/Anuario2025.pdf. [Consulta: 13-5-2025].
- MARTÍNEZ GARCÍA, Ernesto e Amalia WILLIART TORRES. Astronomía y Astrofísica. Problemas resueltos. 1ª ed. Basauri: Grafo, 2013. ISBN 978-84-362-6720-4.
O traballo nesta materia contribuirá a que o alumnado obteña os seguintes resultados (recollidos na memoria do título do grao en Óptica e Optrometría):
Coñecementos:
Con_72. Coñecer os fundamentos básicos da astronomía.
Habilidades e destrezas:
HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
HyD_4. Traballar en equipo.
HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
HyD_14. Demostrar coñecementos básicos de xeometría e análise matemática.
HyD_48. Aprender a utilizar instrumentación óptica básica en observacións astronómicas.
Competencias:
Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Comp_3. Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Comp_20. Ser capaz de comprender os conceptos fundamentais da astronomía e de planificar observacións astronómicas.
Seguiranse as indicacións metodolóxicas xerais estabelecidas na memoria do título do grao en Óptica e Optometría.
Nas aulas expositivas preséntanse, co apoio de medios audiovisuais, os contidos fundamentais da materia. O obxectivo destas aulas é fornecer a alumnas e alumnos dos coñecementos básicos que lles permitan, coa axuda da bibliografía, abordar o estudo da materia de maneira autónoma. Nas aulas de seminario procúrase unha participación activa do alumnado, centrada na resolución dos problemas e cuestións da materia. Nas titorías aténdense as peticións do alumnado para discutir, comentar, esclarecer ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia.
Alén diso, a utilización da USC virtual permitirá ter, á disposición dos estudantes, material relacionado cos contidos teóricos desenvolvidos nas aulas expositivas e follas cos problemas propostos para cada tema.
Consideracións iniciais:
i. Seguirase o criterio xeral de avaliación estabelecido na memoria do título do grao en Óptica e Optometría.
ii. Todas as probas avaliarán o 100% da parte correspondente ás competencias que se adquiren nesta materia.
iii. Valorarase especialmente a claridade e o rigor lóxico mostrados na realización das probas e actividades propostas durante o curso.
iv. Este sistema será de aplicación tanto para a primeira oportunidade de avaliación como para a segunda.
v. Non se consideran criterios específicos para estudantes de segunda (ou posterior) matrícula.
vi. Este sistema tamén será aplicábel a calquera estudante que teña dispensa de asistencia ás actividades formativas (o único requisito que deberá cumprir é a realización do exame final).
vii. De acordo coa Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e mestrado da USC, considérase ”non presentada/o” calquera alumna/o que non realice ningunha actividade académica avaliábel conforme ao estabelecido nesta guía docente.
viii. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
A avaliación basearase nas seguintes actividades:
a) Actividades de avaliación dos bloques temáticos I e II (con cualificación C1).
b) Actividades de avaliación dos bloques temáticos III e IV (con cualificación C2).
c) Actividades de avaliación do bloque temático V e das práticas (con cualificación C3).
d) Realización do exame final en calquera das dúas oportunidades (con cualificación EF).
Para o cómputo de C1, C2 e C3 será necesario entregar en tempo e forma a totalidade dos traballos e exercicios propostos nas aulas, así como realizar todas as prácticas da materia. A cualificación da avaliación continua virá dada pola media xeométrica destas cualificacións parciais:
AC = (C1 x C2 x C3)^(1/3).
Ademais, haberá un exame final (con dúas oportunidades) que calquera estudante poderá realizar e cuxa cualificación será EF.
A cualificación final será
CF = max{AC, EF}.
As cualificacións parciais e a cualificación final expresaranse arredondando a un díxito decimal. A materia considerarase aprobada se CF >= 5.
- Traballo presencial na aula (docencia expositiva, interactiva e titorías) = 38 horas
- Traballo persoal (estudo autónomo, realización de exercicios e lecturas recomendadas) = 76 horas
- Asistir e participar nas aulas de docencia expositiva e interactiva
- Estudar regularmente a materia (con apoio da bibliografía)
- Realizar os exercicios propostos antes da súa corrección nas aulas
- Asistir ás titorías para discutir, comentar, esclarecer ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia
Lingua do ensino: a lingua utilizada polo profesor para todas as actividades docentes será o galego.
Manuel Andrade Baliño
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Astronomía e Astrofísica
- Teléfono
- 982823319
- Correo electrónico
- manuel.andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
07.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
03.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |