Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 7 Clase Interactiva: 12 Total: 22
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Familiarización coas técnicas avanzadas da Estatística e a súa aplicación no campo da Optometría.
- Manexar un paquete estatístico que permita a análise de datos obtidos en investigacións do campo da Optometría.
Tema 1. Revisión dos conceptos básicos de estatística descritiva, probabilidade e inferencia estatística
Tema 2. Análise da varianza cun ou varios factores
Tema 3. Modelos de regresión simple e múltiple. Correlación. Análise da covarianza
Tema 4. Contrastes non paramétricos para unha, dúas e máis mostras
Tema 5. Táboas de continxencia e medidas de asociación
Estarán dispoñibles no campus virtual os materiais de estudo da disciplina, nos cales estarán desenvolvidos os contidos teóricos, exemplos ilustrativos e exercicios propostos para a docencia teórica non presencial, así como guións para as prácticas de ordenador presenciais.
Con carácter complementario recoméndanse os libros seguintes:
Agresti, A. (2012). Análisis categórico de datos. 3ª edición. Wiley.
Crujeiras, R.M. y Faraldo, P. (2010). Manual de Estadística básica para ciencias de la salud. Universidad de Santiago de Compostela.
Milton, J.S. (2007). Estadística para Biología y ciencias de la salud. 3ª ed. ampliada. Madrid: Mc Graw-Hill Interamericana.
Peña, D. (2002). Regresión y diseño de experimentos. Alianza Editorial.
Coñecemento
Con01. Demostrar coñecementos desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
Con03. Demostrar coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado.
Con10. Coñece-las técnicas de análise e interpretación de datos optométricos.
Habilidades e destrezas
H/D02. Capacidade para traballar en colaboración con outros profesionais como membro dun equipo multidisciplinar cun alto grao de eficacia.
H/D03. Desenvolve-las habilidades necesarias para a súa incorporación á investigación no campo da optometría.
H/D05. Adquiri-la habilidade para o manexo de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
H/D06. Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
Competencia
Comp02. Capacidade para tomar de decisións a partir de información científica, técnica e clínica.
Comp05. Aplica-la metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en ciencias da visión.
Comp06. Capacidade para transmiti-los resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
O ensino consta de:
-Docencia dos contidos teóricos (7 horas non presenciais asíncronas). É de carácter non presencial, polo que se facilitarán materiais co desenvolvemento de cada un dos temas, xunto con algúns exercicios resoltos e outros propostos para que o estudante verifique os seus progresos.
-Prácticas en ordenador (12 horas presenciais programadas en 6 sesións de dúas horas), onde se resolven casos prácticos mediante software estatístico.
-Titorías (3 horas presenciais, telemáticas ou por correo electrónico), nas que se leva a cabo un seguimento da aprendizaxe e se resolven dúbidas. A programación dunha posible sesión de titoría presencial farase de acordo co grupo de estudantes, mentres que as titorías individuais atenderán as demandas puntuais de cada estudante.
- Exame escrito (2 horas presenciais).
Avaliación continua (50%): a avaliación continua levarase a cabo ao longo do semestre. Constará dos seguintes elementos:
-Resolución de exercicios propostos a través da plataforma virtual, que serán entregados xunto co necesario informe explicativo.
-Formularios de avaliación das clases prácticas de ordenador, que se realizarán nas propias horas de docencia práctica.
A cualificación obtida por avaliación continua será conservada unicamente para a proba de recuperación do mesmo curso.
Exame final (50%): o exame final constará de varias cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co software estatístico utilizado na docencia práctica de ordenador.
Considérase que un estudante se presentou a unha convocatoria cando participou nalgunha actividade de avaliación, ben por avaliación continua ou por exame.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA
Prácticas de ordenador (12 horas)
Tutorías (3 horas)
Realización do exame (2 horas)
TRABALLO TOTAL EN AULA (17 horas)
TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO (58 horas)
-Asistencia ás actividades presenciais e seguimento das tarefas propostas para o contido teórico.
-Facer uso das titorías para consultar calquera dúbida que poida xurdir.
Cesar Andres Sanchez Sellero
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813208
- Correo electrónico
- cesar.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática |
18.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática |
11.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática |