Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 11 Total: 29
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Por medio de metodoloxía avanzada capacitar ao alumnado para que saiba interpretar estudos publicados de relevancia para a investigación en Ciencias Visuais.
2. Que o alumnado saiba deseñar e analizar estudos poboacionais no campo das Ciencias Visuais.
3. Que o alumnado saiba realizar metaanálise en todas as súas etapas no campo das Ciencias Visuais.
Contido teórico:
1: Docencia presencial segundo calendario publicado. Nela explicaránse xeneralidades da asignatura e contidos introductorios.
2: Docencia virtual na que se porá a disposición do alumnado os contidos do programa teórico nunha contorna on-line que constarán de documentación escrita e presentacións audio e vídeo.
-Método científico. Tipos de hipóteses.
-Tipos de variables e escalas en investigación en Ciencias Visuais
- Cuestionarios e outros métodos de recollida de datos en Ciencias Visuais
- Nocións de epidemioloxía en Ciencias Visuais: medidas de frecuencia, medidas de efecto, deseños epidemiolóxicos, concepto de confusión e modificación de efecto, modelización.
- Procuras bibliográficas: nocións de estratexia de procura, procura libre, procura por palabras crave.
- Revisións sistemáticas en Ciencias Visuais
. Metaanálise en Ciencias Visuais: evolución, principios, ferramentas, noción de heteroxeneidade, sesgo de publicación.
Contido interactivo: Exercicios prácticos de procura bibliográfica, análise de datos, redacción de proxectos de investigación simulados. Realización dun metaanálise.
Tutorías: Tutorías personalizadas presenciais ou a distancia segundo a necesidade do alumnado, para solucionar problemas específicos.
- Manual de método epidemiológico del Instituto de Salud Carlos III: https://repisalud.isciii.es/rest/api/core/bitstreams/8cf276e2-822f-44e8…
Os libros seguintes poden ser moi útiles aínda que non sexan recentes. Están disponibles nas bibliotecas da USC.
- Piédrola Gil et al. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª Edición. Barcelona: Masson, 2015.
- Ahlbom A et al. Fundamentos de epidemiología. Ed Siglo XXI. 2007.
- Johnson GJ et al. The epidemiology of eye diseases (3rd edition). London: Imperial College Press, 2012
Coñecementos:
• Con01. Demostrar coñecementos desde distintas perspectivas do saber nas ciencias da visión.
• Con03. Demostrar os coñecementos e as habilidades necesarias para a incorporación ao exercicio profesional especializado.
Habilidades e destrezas:
• H/D01. Demostrar habilidades desde distintas perspectivas do saber nas ciencias da visión.
• H/D02. Capacidade para traballar en colaboración con outros profesionais como membro dun equipo multidisciplinar cun alto grao de eficacia.
• H/D04. Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos, e ser quen de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
Competencias:
• Comp05. Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da Visión.
• Comp06. Capacidade para transmitir os resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeralistas.
• Comp08. Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
O ensino teórico e interactivo impartirase on-line asíncrono e en modo presencial, segundo o horario publicado.
As tutorías poderán ser presenciais ou vía ferramentas telemáticas (videoconferencia) se ao alumnado élle difícil desprazarse. Utilizarase o Campus Virtual da USC como base para este ensino. O alumnado atopará a documentación, o material audiovisual e as tarefas na aula virtual. Calquera intercambio realizarase por medio da aula virtual. Non está previsto que se impartan clases presenciais.
Avaliación continua (30%). Valorarase o esforzo e progreso na aprendizaxe mediante preguntas de control (on-line) no ecuador da materia.
Exame final (70%) de tipo presencial que será de tipo test e suporá resolución de problemas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
- Clases teóricas (presenciais e on-line asíncrono): 12 horas.
- Preparación da actividade interactiva: 16 horas.
- Tutorías personalizadas: 4 horas
- Realización de exame: 1 hora presencial.
- Traballo autónomo: 42 horas
É fundamental que o alumnado estea ao día na preparación dos diferentes temas para o seguimento e superación da materia. O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesor (resolución de problemas, revisión bibliográfica e exercicios prácticos) para poder superar con éxito a materia.
A maior parte do material docente porase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC. Pretendemos que esta plataforma sexa a principal canle de comunicación co alumnado.
El Bahi Takkouche Souilamas
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812268
- Correo electrónico
- bahi.takkouche [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
12.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
22.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |