Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 11 Clase Interactiva: 10 Total: 23
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Óptica, Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer os mecanismos de interacción láser-materia necesarios para a detección e tratamento de defectos visuais con luz.
Coñecer as fontes de luz empregadas no ámbito optométrico e oftalmolóxico.
Coñecer e ser capaces de calcular os límites de exposición e seguridade á radiación.
Coñecer os principios de aberrometría ocular e formación de imaxe.
Coñecer os sistemas de detección e tratamento de defectos visuais.
Coñecer os métodos de mellora da calidade visual.
• Láseres e fontes de iluminación empregados na práctica clínica (láseres de nanosegundos, femtosegundos)
• Características do pulso (enerxía, fluencia, duración, potencia media, potencia pico).
• Diferenzas na interacción de cada tipo de láser co tecido ocular.
• Procesos fotoquímicos, fototérmicos e ablativos.
• Límites de exposición e seguridade ocular: para fontes coherentes e incoherentes.
• Formación de imaxe en presenza de erros refractivos.
• Erros refractivos e a súa influencia na calidade de imaxe.
• Medida de aberracións oculares.
• Estándar de representación de aberracións oculares.
• PSF, OTF, MTF, VISUAL STREHL, RMS, SNELL SIMULADO, DIAGRAMA DE IMPACTOS, OPD.
• Comprensión dos informes proporcionados por aberrómetros e topógrafos oculares.
• Test psicométricos para a valoración da calidade visual.
• Técnicas de mellora da calidade visual cirúrxicas e non cirúrxicas.
• Dispositivos empregados na detección de defectos visuais.
• Dispositivos empregados no tratamento de defectos visuais.
1. Michael Kashke, Karl-Heinz Donnerhacke and Michael Stefan Rill, Optical Devices in Ophthalmology and Optometry: Technology, design principles and Clinical Applications, Wiley-VCH Verlag GmBH & Co. KGaA, Germany, 2014, ISBN 978-3-527-41068-2.
2.High Resolution Imaging in Microscopy and Ophthalmology New Frontiers in Biomedical Optics, Josef F. Bille, Springer, 2019
3. Borish Clinical Refraction. 2º edition. W. J. Benjamin, I. M. Borish. The Professional Press Inc, 2006
4. Bikas Bhattacharyya, Step by Steo Laser in Ophthalmology, JAYPEE Brothers Medical Publishers, New Delhi, 2009, ISBN 978-81-8448-607-0
COÑECEMENTOS
• Demostrar coñecementos desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
• Demostrar dominio dos principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría.
• Demostrar coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado.
• Coñecer os criterios específicos de actuación clínica especializada nos diferentes campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
• Profundar no estudo das ciencias básicas da visión, como ferramenta de coñecemento e de apoio á especialización profesional e investigadora.
HABILIDADES E DESTREZAS
• Demostrar habilidades desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
• Capacidade para traballar en colaboración con outros profesionais como membro dun equipo multidisciplinar cun alto grao de eficacia.
• Desenvolver as habilidades necesarias para a súa incorporación á investigación no campo da optometría.
• Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
• Adquirir a habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
• Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
• Adquirir as habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado no ámbito da optometría.
COMPETENCIAS
• Capacidade para aplicar distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
• Capacidade para tomar decisións a partir de información científica, técnica e clínica.
• Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
• Aplicar criterios específicos de actuación clínica especializada nos diferentes campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
• Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da visión.
• Capacidade para transmitir os resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeralistas.
• Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
CLASES EXPOSITIVAS
6 horas de docencia presencial
5 horas de docencia non presencial asíncrona
Empregarase a metodoloxía de clase maxistral e resolución de problemas por parte do profesor, así como o visionado de conferencias e eventos online.
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
2 horas de docencia presencial
3 horas de docencia non presencial asíncrona
Empregarase metodoloxías interactivas, resolución de problemas, exposicións, debates, traballo en grupo.
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS
5 horas de docencia presencial en laboratorio
Empregarase unha metodoloxía participativa mediante a realización de prácticas de laboratorio demostrativas.
A asistencia a clase non será requisito para ser avaliado.
Exame (30% da nota) A avaliación poderá realizarse mediante un exame escrito ou oral no que se poderán realizar preguntas tema, preguntas curtas, tipo test, resolución de problemas, comentarios de texto, sobre os conceptos e contidos traballados nas sesións expositivas e interactivas de seminarios e laboratorio.
Entrega e defensa de traballos (70% da nota).
Tempo de estudo e traballo persoal do alumno: 51 horas
Mª Carmen Bao Varela
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Óptica
- Teléfono
- 881813512
- Correo electrónico
- carmen.bao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Justo Arines Piferrer
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- justo.arines [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Martes | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
28.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
24.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |