Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 8 Clínicos EEES: 20 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Oftalmoloxía
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumno debe adquirir uns coñecementos básicos sobre as patoloxías que conducen á Baixa Visión: a súa clasificación, a descrición clínica e a deterioración funcional inducida. Ademáis debe aprender a facer o diagnóstico e distinguir as características propias de cada tipo.
Aprendizaxe de mellorías visuais con axudas visuais e non visuais apropiadas para paliar a perda funcional nos diferentes grupos de enfermidades.
Concepto xeral de baixa visión. Exame do individuo con baixa visión. Clasificación xeral das patoloxías do sistema visual relacionadas coa baixa visión. Maneiras funcionais no uso da baixa visión. Clasificación xeral das axudas ópticas e non ópticas para baixa visión. Baixa visión na infancia. Baixa visión en pacientes con patoloxías sistémicas. Organismos nacionais con experiencia no adestramento e integración social de persoas con baixa visión. Programas da OMS para a prevención e tratamento da baixa visión.
PROGRAMA TEORICO/ EXPOSITIVAS ( 20 horas)
1.- Concepto xeral de baixa visión. Concepto do paciente con B.V. (1 horas)
- Concepto da función visual.
- Concepto da cegueira evitable. Impacto da cegueira evitable na poboación mundial.
- Concepto de baixa visión. Clasificacións. Graos.
- Epidemioloxía da baixa visión.
- Concepto de cegueira legal.
- Concepto de enfermidade, disfunción, discapacidade e limitación visuais
- Equipos multidisciplinarios na rehabilitación da baixa visión
2.- Clasificación xeral das patoloxías do sistema visual relacionadas coa baixa visión: retinopatía diabética (2 horas)
-Introdución.
-Complicacións oculares na diabetes.
-Prevalencia.
-Factores de risco.
- Patogenia.
- Clasificación.
- Signos.
- Tratamento.
3.- Clasificación xeral das patoloxías do sistema visual relacionadas coa baixa visión: degeneraicón macular asociada á idade (DMAE) (2 horas)
- Introdución.
- Capas da retina.
- Clasificación.
- Epidemioloxía.
- Factores de risco.
- Drusas.
- DMAE Seca
- DMAE exudativa
4.Clasificación xeral das patoloxías do sistema visual relacionadas coa baixa visión: glaucoma ( 2 horas)
- Introdución
- Hipertensión ocular
- Glaucoma
- Epidemioloxía
- Glaucoma primario de ángulo aberto
- Glaucoma normotensional
- Glaucoma por peche angular primario
- Glaucoma pseudoexfolitivo
- Glaucoma pigmentario
- Glaucoma neovascular
5.Clasificación xeral das patoloxías do sistema visual relacionadas coa baixa visión: outras patoloxías oftálmicas e baixa visión (2 horas)
- Cataratas
- Miopía patolóxica
- Retinosis pigmentaria
- Atrofia óptica
- Albisnismo
6. Baixa visión na infancia (1 hora)
-Características da baixa visión na idade pediátrica
-Exploración nas distintas etapas do desenvolvemento
- Ambliopía
- Anomalías conxénitas da cornea e globo ocular
- Leucocoria
- Catarata conxénita
- Glaucoma conxénito
- Aniridia
- Retinopatía da prematuridade
- Colobomas
- Hipoplasia do nervio óptico
- Vasculatura fetal persistente
7. Clasificación de deportistas con discapacidade visual. Movemento paralímpico. (1hora)
- O movemento Paralímpico
- Comité Paralímpico Internacional e Español
- Deportes, disciplinas paralímpicas
- Que é IBSA?
- Deportes máis populares discapacitados visuais
- Introdución á clasificación
- Criterios de clasificación de discapacidade visual
- A clasificación
8. Magnificación e axudas visuais (2 horas)
- Concepto de aumento
- Sistemas de baixa visión para lonxe: telescopios
- Sistemas de baixa visión para preto: lupas, microscopios e telemiscroscopios.
9. Implicacións funcionais da discapacidade visual no desprazamento (2 horas)
- Introdución discapacidade visual no desprazamento.
- O uso do bastón.
- Técnicas de acompañamento e desprazamento seguro.
- O can guía na discapacidade visual.
- Condución e baixa visión.
10.Baixa visión en enfermos con patoloxía sistémica (1 hora)
-Pacientes con secuelas por accidentes cerebro vasculares
-Pacientes con enfermidade articular
-Pacientes diabéticos
-Pacientes con enfermidade de Parkinson
11. Avaliación da baixa visión. Anamnesis da baixa visión (1 hora)
- Historia clínica e áreas de indagación en pacientes con baixa visión
- Habilidades de comunicación en pacientes con baixa visión.
12.Aspectos psicolóxicos en pacientes con baixa visión.( 1 hora)
- Impacto no estado emocional ou afectivo.
- Impacto da deficiencia na conduta adaptativa
13. Aspectos funcionais no uso da baixa visión (1 horas)
-Aspectos psicosociais
-Relación co individuo afecto de BV
-Adestramento sen aparellos:
-Fixación
-Conciencia dos escotomas
-Varrido
-Trazado
-Localización ou discriminación de detalles
-Seguimento
-Percepción de obxectos completos
14. Organismos nacionais con experiencia no adestramento e integración social de persoas con Baixa Visión (1 hora)
PROGRAMA PRACTICO (20 horas por 5 grupos)
1. Casos clínicos de Retinopatia diabética (2 horas)
2. Casos clínicos de DMAE (2 horas )
3. Casos clínicos de Glaucoma (2 horas)
4. Casos clínicos doutras patoloxías oftálmicas e baixa visión: miopia patologica , retinosis pigmentaria,atrofia óptica, albinismo ( 2 horas )
5. Visión do fondo de ollo en lámpada de fenda ( 2 horas)
6.Clasificación de deportistas con discapacidade visual.( 2 horas)
7.Procura bibliográfica.( 2 horas )
8. Factores que afectan a función visual, refracción pacientes con baixa visión.( 2 horas )
9. Axudas visuais :Rehabilitación visual: adestramento das axuda, microscopios e telescopios. ( 2 horas)
10. Axudas visuais: Rehabilitación visual.Filtros ( 2 horas)
SEMINARIOS
1. Exame do paciente con baixa visión: Test de agudeza visual adultos e nenos.
2.Exame do paciente con baixa visión: Campo visual, sensibilidade ao contraste e visión cromatica.
3.Exame do paciente con baixa visión: tomografía de coherencia óptica.
4.Organismos nacionais con experiencia no adestramento e integración social de persoas con baixa visión.
5.Grandes personaxes e baixa visión
6.Axudas visuais para preto e para lonxe.
7. Axudas non ópticas e aplicacións tecnolóxicas para pacientes con baixa visión.
8.Programas da OMS para prevención e tratamento da baixa visión e organizacións e fundacións inyernacionales relacionadas coa baixa visión.
-Boj P, Cacho P, García Bernabeu JR, García Muñoz A, López A. Instrumentación óptica para Baja Visión. ED Gamma, Alicante, 1994.
-Faye E. Clínica de Baja Visión, Ed. Organización Nacional de Ciegos (ONCE), Madrid, 1997.
-Dikinson C. Low Vision principles and practice, Ed Butterworth- Heinemann, Oxford, 1998.
-Gurovich L. Baja Visión, Ed. Lydia Gurovich, Buenos Aires, 2001.
-Jose RT. Visión Subnormal, Ed. Organización Nacional de Ciegos (ONCE), Madrid, 1998.
-Vila López, JM et al. Apuntes sobre Rehabilitación Visual, Ed. Organización Nacional de Ciegos (ONCE), Madrid, 1994.
-Rosenthal B, Cole R. Functional assessment of low vision, Ed. Mosby, San Luis, 1996.
-Cole R, Rosenthal B. Remediation and management of low vision, Ed. Mosby, San Luis, 1996.
-Brilliant R. Essentials of low vision practice, Ed. Butterworth-Heinemann, Boston, 1999.
-Silverstone B, Lang MA, Rosenthal B, Faye E. The Lighthouse handbook on vision impairment and vision rehabilitation, 2 vols, Ed. Oxford University Press, 2000.
-Coco M, Herrera J. Manual de Baja Visión y Rehabilitación Visual. Editorial Médica Panamericana, 2015.
Coñecementos:
• Con_43. Coñecer as probas instrumentais relacionadas cos problemas de saúde visual.
• Con_54. Coñecer as axudas ópticas e non ópticas para baixa visión.
Habilidades e Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
• HyD_24. Adquirir destreza nas probas instrumentais de avaliación das funcións visuais e de saúde ocular.
• HyD_25. Habilidade para prescribir, controlar e facer o seguimento das correccións ópticas.
• HyD_28. Aplicar axudas ópticas e non ópticas para baixa visión.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes no formulación/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
• Comp_10. Interpretar e aplicar xuízo clínico dos resultados das probas visuais, para establecer o diagnóstico e o tratamento máis adecuado.
• Comp_11. Realizar unha anamnesis completa.
- Leccions teóricas diseñadas con a axuda de diapositivas, fotos, casos clínicos e vídeos. Clases en pizarra en grupo grande e en grupo reducido.
- Referencias bibliográficas complementarias a cada clase teórica (libros ou publicacions).
- Seminarios: diseñados para a ampliación e consolidación de conocimentos, con a participación activa dos alumnos. Casos clínicos.
- A materia impartirase tamén a través da USC virtual, con ls contenidos das clases, PDFs relacionados con a materia, vídeos, etc.
- Fomentarase que o alumno participe activamente, tanto preguntando como respondendo as cuestions que podan xurdir.
Tutorias:
- O profesor estimulará a participación do alumno para presentar as dudas que poidan xurdirlle no estudio do temario e no transcurso dos seminarios.
Durante o curso realizaranse probas de comprensión dos contidos e valorarase positivamente a asistencia a clase, excepto para os alumnos con dispensa.
- A asistencia a practicas e seminarios - é obrigatoria polo menos no 80%, tamén para os alumnos con dispensa, se non alegan causa xustificada. Pasarase lista en todos as prácticas e seminarios.
- O exame teórico final consiste nun test de resposta única de 40 preguntas, cada tres preguntas erróneas restan un punto. Necesítase o 50% de respostas correctas para superar o exame.
O exame de segunda oportunidade constará de 20 preguntas curtas.
- Para ser avaliado na proba teórica é imprescindible - para todos os alumnos, -incluídos os que teñan dispensa de asistencia a clases teóricas- a asistencia ás prácticas e seminarios.
CÁLCULO DA NOTA FINAL: Exame teórico entre 0 e 8 (80%) sendo necesario 50% para aprobar.
Asistencia e participación en clase entre 0 e 1(10%).
Asistencia e participación nas prácticas e seminarios entre 0 e 1 (10%).
Traballo persoal do alumnado 58.5horas
- Cumprimento das horas presenciais.Asistencia as clases teóricas, prácticas e seminarios.
- Estudo diario da materia exposta nas clases presenciais
- Utilización de horario de titorías para aclarar dúbidas e expor puntos de discusión.
- Utilizar os libros de consulta recomendados.
- Recurso de contido electrónico de libros e revistas con EZproxy e ReBUSCa.
Jose Manuel Abalo Lojo
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Oftalmoloxía
- Correo electrónico
- josemanuel.abalo.lojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
27.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
27.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
29.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |