Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras o estudo desta disciplina o estudante debe ser capaz de coñecer e comprender:
O entorno do investimento financeiro e os seus fundamentos. A determinación de carteiras eficientes e técnicas para o cálculo da Fronteira Eficiente. A estrutura de correlación do desempeño de activos: Modelo de Índice Único e Modelos Multi Índices. A análise da utilidade no investimento financeiro. Modelos de equilibrio e Eficiencia no Mercado de Capitais, O Capital Asset Pricing Model e Arbitrage Pricing Theory. Eficiencia no mercado de capitais, Asignación de activos. Medición e avaliación da performance e Investimento financeiro internacional.
PARTE I. ANÁLISE E SELECCIÓN DE CARTEIRAS
Entorno e fundamentos do Investimento Financiero
Determinación de carteiras eficientes. Técnicas para o seu cálculo.
Estructura de correlación do rendemento dos activos
PARTE II. MODELOS DE EQUILIBRIO E EFICIENCIA NO MERCADO DE CAPITAIS
Eficiencia nos mercados de capitais. Análise Técnica e Fundamental.
Modelos de valoración de activos financeiros: Capital Asset Pricing Model (C.A.P.M.) e Arbitrage Pricing Theory (A.P.T.)
PARTE III. ASIGNACIÓN DE ACTIVOS E AVALIACIÓN DO PROCESO DE INVERSIÓN
Asignación de activos e valoración da performance
Inversión financeira internacional
Aplicacións prácticas: Deseño de carteiras de inversión axustadas ao tipo de inversor. Particularidades da Xestión de Carteiras na Empresa Familiar.
BÁSICA:
ELTON, E. J., GRUBER, M. J., BROWN, S.J. E GOETZMANN, W.N. (2014): Modern Portfolio Theory and Investment Analysis, ed. Wiley Custom, Inc., 9ª Edición, New York.
BODIE, Z., KANE, A. E MARCUS, A. J. (2004): Principios de Inversiones, McGraw-Hill, 5ª Edición, Madrid.
COMPLEMENTARIA:
CUTHBERTSON, K. E NITZSCHE, D. (2008): Investments, 2ª edición, Wiley, Chichester.
ELTON, E. et.al. 2007 The investment portfolio user's manual, John Wiley & Sons Limited
FABOZZI, F. J., MARKOWITZ, H. M. E KOSTOVESTSKY, L. (2011): The Theory and Practice of Investment Management Workbook, 2ª edición, Wiley Finance, New Yersey.
FAMA, E.F. (2021) The Fama Portfolio, University of Chicago Press
GITMAN, L. J. E JOEHNK, M. D. (2009): Fundamentos de Inversiones, 10ª edición, México.
GÓMEZ-BEZARES, F., MADARIAGA, J.A. E SANTIBAÑEZ, J. (2016): Gestión de Carteras. Eficiencia, Teoría de Cartera, CAPM, APT. Editorial Desclée de Brouwer, Bilbao.
JONES, C. (2007): Investments, 10ª edición, Wiley, Hoboken.
GARCÍA PARAMÉS, F. (2016) Invirtiendo a largo plazo. Mi experiencia como inversor. 4ª edición. Deusto. Grupo Planeta.
ROWLAND, C.; LAWSON, J.M. E RICO, A.R. (2020): La cartera permanente. Colección Baelo.
SHARPE, W.F. (2007): Investors and Markets, Princeton University Press, Princeton and Oxford, New Jersey.
VILLALBA, D. (2016): Teoría y práctica de la gestión de carteras, Colección Estudios e investigación, BME Bolsas y Mercados Españoles, Madrid.
PRÁCTICA:
LÓPEZ PENABAD, M.C., REDONDO LÓPEZ, J.A. E RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2009): La Práctica de las Inversiones Financieras, Andavira editora, Santiago de Compostela.
Consulta disponibilidad en el catálogo BUSC: http://iacobus.usc.es/search~S1*gag?/rInvestimentos+Financeiros/rinvest…
Básicas e Xerais
CB1 - Que os estudantes demostraran poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamen algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicalos seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desarroiado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.
CG1 - Poseer e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluindo as suas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións mais avanzadas e inclue algúns dos aspectos mais relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG5 - Poseer os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, con un alto grado de autonomía.
Transversais
CT1 - Análise e síntese
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT9 - Autonomía no aprendizaxe
Específicas
B4 - Selección de proxectos de inversión, modelos de carteira, estructura de financiación en canto a medios e políticas, coste del capital e combinación risco-rendemento.
D9 - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional.
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
Asignatura optativa de 4,5 ECTS, distribuída en 18 horas de clases expositivas e 18 de clases interactivas.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxectivo introducir e explicar os aspectos básicos de cada tema, proporcionándolle ao alumno a información adicional necesaria que permita o bo desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.
As prácticas están dirixidas a resolver casos nos que o estudante ten que afrontar a toma de decisións sobre inversións. As prácticas adoptan varias modalidades e para a maior parte requiren o manexo da folla de cálculo, tendo lugar na aula de informática. As titorías serán principalmente presenciais.
A aula virtual da USC será o punto de referencia para o desenvolvemento da docencia e o seguimento da materia, a través da páxina do curso que ofrece a programación periódica de clases e material e apoio correspondente.
O sistema de avaliación será continuo e estará formado por dous elementos. Un exame teórico-práctico que suporá o 50% da nota final, e o 50% restante corresponderase coas actividades programadas, a realización de traballos e casos propostos ao longo do curso. Requirirase no exame unha puntuación mínima de 2 puntos (sobre os 5 que representa na nota final) para poder superar a materia e sumar coa nota da avaliación continua. O sistema de avaliación será igual en todas as convocatorias e para o alumnado repetidor.
Os estudantes exentos de asistencia por dispensa oficial realizarán o exame na data oficial, optando ao 100% da cualificación final. A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia ás clases nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e o modo no que se realizará o seu seguimento, indicarase na guía docente da materia, que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT6, CT7, CT9, D9, D10
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG5, CT6, CT9, B4
Total horas traballo presencial na aula 45
Total horas traballo persoal do alumno 67.5
Maria Celia Lopez Penabad
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811626
- Correo electrónico
- celia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
Venres | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
27.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
27.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 08 |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
09.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 07 |