Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia Contabilidade Xeral do Grao de Economía encóntrase dividida en dúas materias: Contabilidade Xeral I (1º curso) e Contabilidade Xeral II (2º curso). A Contabilidade Xeral I ten como finalidade achegar ao alumnado á formación que os capacite para a levanza da contabilidade financeira nunha empresa.
1. Introdución á contabilidade
2. Patrimonio e renda
3. O método contable
4. O ciclo contable
5. Aspectos básicos do PXC.
6. O activo non corrente: inmobilizado non financeiro.
7. Existencias
8. O pasivo
9. Contabilización das operacións de tráfico
10. Rexistro contable en software informático
Bibliografía básica
Textos legais:
• Texto consolidado do PLAN XERAL DE CONTABILIDADE.
Libros recomendados
ALCARRIA JAIME, J. J. (2012). Introducción a la contabilidad. Publicaciones de la Universitat Jaume I. Dispoñible en http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia66
ALCARRIA JAIME, J. J. (2009). Contabilidad financiera I. Publicaciones de la Universitat Jaume I. Dispoñible en http://hdl.handle.net/10234/24002
Bibliografía complementaria
En xeral, calquera manual de contabilidade adaptado ao Plan Xeral de Contabilidade será apropiado para o estudo desta materia. A modo de exemplo:
ARQUERO, J.L., JIMÉNEZ, S.M., & RUÍZ, I. (2023): Introducción a la contabilidad financiera. Madrid: Pirámide, 8ª edición.
FERNÁNDEZ CUESTA, CARMEN (2014): Introducción a la contabilidad financiera. ES Ediciones Pirámide.
CERVERA, M; GONZÁLEZ, A; ROMANO, J. (2008): Contabilidad Financiera (adaptada al nuevo PGC). Centro de Estudios Financieros.
DOSSIER PRÁCTICO. NUEVO PLAN GENERAL CONTABLE (2007): 205 supuestos prácticos. Santiago de Compostela: Ediciones Francis Lefebvre, S.A.
GARCÍA, M.A., & VICO, A. (2021): Introducción a la contabilidad financiera, Centro de Estudios financieros, 3ª edición.
OMEÑACA GARCÍA, J. (2008): Contabilidad General. Barcelona: Deusto.
REY POMBO, J. (2009): Contabilidad General. Madrid: Paraninfo.
TABOADA MELLA, M. S. (2008): Contabilidad Financiera. Una introducción teórico-práctica. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións, S.L.
TABOADA MELLA, M. S. (2008): Ejercicios resueltos de Contabilidad Financiera (Introducción). Santiago de Compostela: Tórculo Edicións, S.L.
Competencias da titulación nas que contribúe a materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre súa dimensión social, científica ou ética.
• Elementos básicos de Contabilidade.
• Modelos e técnicas de representación da realidade económica
• Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionáis.
• Integrarse na xestión empresarial.
Competencias específicas da materia:
• Coñecer e comprender a idea de contabilidade como sistema de información que poderá ser empregada por terceiros alleos á empresa para a toma de decisións.
• Coñecer e comprender os conceptos de patrimonio, elementos que o integran, cálculo de resultado así como as normas contables.
• Coñecer e saber aplicar o método contable.
• Coñecer e identificar transaccións económicas así como aprender a rexistralas.
• Saber desenvolver o el proceso contable que permite a elaboración dos estados contables.
• Manexar na aula de informática programas informáticos contables.
Ao tratarse dunha materia dun plan de estudos en extinción, non haberá docencia expositiva e interactiva de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual, previamente concertadas mediante solicitude do alumnado interesado por correo electrónico.
Os materiais didácticos básicos utilizados no desenvolvemento da materia son o Plan Xeral de Contabilidade xunto cos contidos teóricos e supostos prácticos elaborados polos profesores. Todo o material de apoio á docencia atópase na aula virtual da materia:
- Diapositivas cos contidos mínimos avaliables.
- Enunciados de casos prácticos.
- Videos con exemplos de resolución de exercicios en Excel.
- Tests de autoavaliación.
- Foros de dúbidas.
Ao tratarse dunha materia dun plan de estudos en extinción, a avaliación realizarase unica e exclusivamente mediante a realización dun exame final, segundo a convocatoria oficial. O alumnado que teña unha nota de avaliación continua (3 puntos sobre 10) nalgún dos dous últimos cursos académicos de impartición presencial (23-24 e 24-25) poderá mantela para que o exame final represente soamente o 70% da nota final. En caso de non dispor de nota de avaliación continua para estes cursos, ou non querer mantela, o peso do exame será do 100% da nota final.
Nota final: Sumando ambos conceptos, o alumnado deberá obter para superar a materia un mínimo dun 5 sobre 10. En calquera caso, a nota mínima para poder superar o exame teórico-práctico será de 4 sobre 10 (en cada unha das partes, teórica e práctica).
Nos casos nos que se manteña nota de avaliación continua, só se engadirá a nota do exame final á nota de avaliación continua cando se alcance o mínimo requirido nel.
Este criterio de valoración é o mesmo en cada unha das oportunidades de exame (1ª e 2ª) e para todos os alumnos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten 6 ECTS equivalentes a 150 horas.
Recoméndase ao alumno que solicite titorías individuais para consultar as cuestións que da explicación da materia precisen de esclarecemento, e tratar de realizar todos os exercicios seguindo unha programación equivalente á que correspondería a impartición presencial da materia. Deste modo, poderá seguir a evolución da materia sen maior dificultade.
Esta materia conta cun Aula Virtual que se utilizará para dar acceso aos contidos da parte teórica e práctica da materia. Tamén se empregarán as ferramentas de comunicación (e-mail, foro, Chat…) entre os estudantes e os profesores para plantexar debates e outras cuestións e dúbidas da materia.
Noelia Maria Romero Castro
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824478
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
19.01.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula C |
12.06.2026 12:00-15:00 | Grupo de exame | Aula B |