Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é proporcionar aos alumnos os coñecementos relativos as técnicas de dirección e xestión financeira, baixo unha perspectiva empresarial e dun modo integrador. Asimesmo, preténdese proporcionar unha formación práctica que lle aporte as ferramentas e instrumentos de decisión necesarios para xestionar o departamento económico - financeiro dunha empresa do sector turístico.
Tema 1. A visión financeira da empresa turística: Estrutura económico-financeira
Tema 2. A información financeira como base para a toma de decisións
Tema 3. Avaliación de proxectos: Decisións de investimento
Tema 4. Plan financeiro: Decisións de financiamento
Os contidos da materia serán proporcionados polo profesorado no Campus Virtual.
Bibliografía complementaria:
Farinos Viñas, J.E. (2016). Gestión financiera de las empresas turísticas. Ed. Síntesis, 2016. https://www.casadellibro.com/libro-gestion-financiera-de-la-empresa-tur…
García Villanueva, R.; Pérez López, C. y Piñas Azpitarte, M.J. (2007). Gestión financiera en el sector turístico. Ediciones Pirámide. https://www.edicionespiramide.es/libro/economia-y-empresa/gestion-finan…
Archel Domench, P., Carrasco del Amo, F., Lizarraga Dallo, F., Sánchez Alegría, S., & Cano Rodríguez, M. (2022). Estados contables : elaboración, análisis e interpretación (4a edición). Ediciones Pirámide.
Vázquez Suárez, L., & Sánchez Gómez, R. (Directores). (2020). Introducción a la gestión de empresas. Pirámide.
González Domínguez, F., González Domínguez, F. J., & Ganaza Vargas, J. D. (2017). Fundamentos de economía de la empresa (2a. edición.). Ediciones Pirámide.
- Resolver problemas en ambientes novos ou descoñecidos.
- Tomar decisións con información incompleta ou limitada.
- Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados.
- Demostrar razoamento crítico.
- Analizar e sintetizar información. .
- Traballo en equipos de composición diversa.
- Formular propostas creativas e empresariais.
- Dirixir e xestionar os distintos tipos de organizacións turísticas.
- Describir as competencias e funcións das áreas de xestión. - Utilizar as técnicas de recollida e análise de datos.
As clases desenvolveranse combinando a explicación de contidos teóricos coa resolución de casos prácticos individuais e en grupos.
Traballarase coa folla de cálculo Excel para a resolución de exercicios.
A aula virtual será o punto de referencia para o desenvolvemento do ensino e o seguimento da materia.
A nota final terá dous compoñentes:
A) Avaliación continua, que representará o 50% restante, e procederá da realización, de forma individual ou en grupo, de casos prácticos e participación nas actividades e exercicios propostos nas clases, ao longo do curso.
B) Exame final (a realizar na data do calendario oficial), que terá un peso do 50%.
Para superar a materia requírese:
- unha asistencia mínima do 80% ás clases
- obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 no exame final.
Calquera estudante pode facer o exame final, teña ou non realizadas as actividades propostas na avaliación continua.
- En caso de realizar as tarefas de avaliación continua, e non superar a nota mínima requirida no exame na primeira oportunidade, a nota obtida na avaliación continua manterase para a segunda oportunidade do exame.
- En caso de non realizar as tarefas de avaliación continua a súa puntuación será exclusivamente a procedente do exame final optando ao 50% da nota.
Non caso de estar exento/a de asistencia ás clases por dispensa oficial (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral) realizarán un exame na data oficial optando ao 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta do exámen ou das tarefas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A materia é de 3 créditos ECTS x 25 horas= 75 horas de traballo total
(aprox. 6 horas á semana: 2 presenciais + 4 de traballo autónomo)
Distribución:
TRABALLO PRESENCIAL NA aula: 21 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 54 horas
- Realización de tarefas individuais e traballos en grupo: 24
- Lecturas recomendadas, preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10
- Estudo autónomo individual: 20
Asistir regularmente e participar no desenvolvemento das clases teórico-prácticas.
Así mesmo resulta de gran utilidade que o alumno trate de resolver os casos prácticos e exercicios en por si, antes de que sexan resoltos na aula.
Mª Loreto Fernandez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811623
- Correo electrónico
- loreto.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Bianca Cid Bouzas
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- bianca.cid [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 18 |
12.01.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 18 |
12.01.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
19.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
19.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 18 |