Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 10 Clínicos EEES: 10 Total: 39
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Saber elaborar unha historia clínica con toda a información relevante (asistencial e administrativa)
2.- Coñecer a lexislación que afecta ás clínicas dentais e o seu personal
3.- Ser capaz de planificar e organizar un modelo de negocio empresarial de servicios odontolóxicos tipo
4.- Comprender a xestión de recursos humans e materiais dunha clínica dental
5.- Dominar a comunicación efectiva cos doentes e o equipo
6.- Ser capaz de planificar o traballo en equipo e organizar os recursos humans
7.- Coñecer os principios e fundamentos da xestión clínica e administraiva dunha clínica odontolóxica
8.- Promover a necesidade da aprendizaxe autónoma continua e a motivación pola calidade
PROGRAMACIÓN TEÓRICA
1.- Introducción á Planificación e Xestión da Clínica Odontolóxica: Conceptos xerais, obxectivos e interés profesional da organización, xestión e marketing dental. Aspectos administrativos e legais na clínica odontolóxica. Xestión estratéxica. Xestión de residuos.
2.- O doente-cliente: Tipos, a primera visita, información, comunicación, atención. Valor do Cliente: concepto. Captación e fidelización dos doentes-clientes. Resolución de reclamacións, xestión de crisis.
3.- Xestión e Planificación da Clínica Odontolóxica: Planificación e plan de negocio. Plan económico financieiro. O equipo: liderado, dirección, xestión de R.R.H.H., proceso de selección, formación e motivación. Estructura, ubicación e deseño da clínica odontolóxica. Calidade de servizo e creación de valor: satisfacción e prezo. Xestión por procesos e calidade asistencial. Análisis estratéxico. Xestión interna. Contabilidade: columna de producción, umbral de rentabilidade.
4.- Marketing da Clínica Odontolóxica: Plan estratéxico: estudo de mercado, xeneralidades do marketing sanitario, segmentación e posicionamento. Marca e imaxen. Marketing de servizos. A clínica dental como empresa de servizos. Publicidade.
PROGRAMACIÓN PRÁCTICA
1.- Informatización de la consulta (paperless practice): Organización de citas e ficheiros. Programas informáticos de xestión dental. Integración das novas tecnoloxías e IA na clínica odontolóxica. Ferramentas ofimáticas básicas.
2.- Aspectos legais na clínica dental (LOPD, documentación, residuos sanitarios, prevención de riscos laboráis, licenzas/normativas como centro sanitario, seguro de responsabilidade profesional, control horario/xornada laboral e outros).
3.- Marketing interno e externo. Posicionamento no mercado, creación de imaxe / logotipo de marca. Conferencias promocionais.
4.- Dinámica de equipos. Xestión do tempo. Distribución de tarefas e fluxos de traballo.
5.- Xestión de recursos humans. Reclutamento e selección de persoal. Formación do persoal auxilar.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
Borrego Osete M.J. (2021)Gestión y Dirección de clínicas dentales. Ed. Formación Alcalá, S.L.
Gallas-Torreira, M. (2018). Gestión de calidad del servicio odontológico: aproximación teórico-práctica. Ed. Académica Española (EAE), Latvia.
Harrison, J.L., Willis, D.O., Thieman, Ch. K. (2023). Business Basics for Dentists. Second Edition. Ed. John Wiley & Sons, Inc., New Jersey, USA.
Hernández, A., Martínez, J.M. (2014). Marketing Sanitario. Evolución-Revolución. Business Marketing School, ESIC Editorial, Madrid.
Morchón, P. (2017). El camino hacia el éxito de tu clínica dental. Ed. Quintessence, S.L. España. Barcelona.
Okuji, M. (2010). Dental practice: get in the game. Winning bussiness strategies for new dentists. Quintessence Publishing Co, Inc. Quintessence Books.
Roig Jornet, P. (2018). Odontología Slow. Gestión hacia la excelencia. Ed. Quintessence, S.L. España. Barcelona.
Sáez, F. (2011). Cómo crear y gestionar tu consulta. S.P.A.,S.L. Madrid.
Tremosa, X., Pellicer L. (2025) Gestión estratégica de la clínica dental. Ed. Quintessence, España. Barcelona.
Young, L.B., O´Toole, C.R., Wolf, B. (2015). Communication skills for dental health care providers. Ed. Quintessence Publishing Co, Inc. Quitessence books.
ENLACES DE INTERESE
Web da Biblioteca Universitaria da USC https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Web do Consejo General de Dentistas de España http://www.colegiodedentistas.com/
Web da revista Dental Economics. Periodical Magazine http://www.dentaleconomics.com/index.html
Web de " El portal de la Odontología: Infomed dental" http://www.infomed.es/
Recollidos na memoria do título de Grao en Odontoloxía da USC:
- COÑECEMENTOS:
Con 12 Coñecer os biomateriais dentais: a súa manipulación, propiedades, indicacións, alerxias, biocompatibilidade, toxicidade, eliminación de residuos e impacto ambiental.
Con13 Coñecer o Sistema Nacional de Saúde, os aspectos básicos da lexislación sanitaria, xestión clínica e utilización adecuada dos recursos sanitarios, comprendendo a importancia do papel do dentista no ámbito da Atención Primaria de Saúde
Con15 Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual como dentro do equipo e traballo cando sexa apropiado, tamén nos principios de prevención de riscos laborais asociados a práctica odontolóxica.
Con16 Proporcionar un enfoque global dos coidados orais e aplicar os principios de promoción da saúde e prevención das enfermidades bucodentarias.
Con20 Coñecer as repercusións das tendencias demográficas e epidemiolóxicas na práctica da odontoloxía.
Con21 Coñecer a organización e a provisión da asistencia en salud oral na comunidade, tanto a nivel privado como público, así coma a asistencia sanitaria xeral e do papel do dentista en estes ámbitos.
Con23 Coñecer os preceptos ético-deontolóxicos lexislativos e administrativos que regulan a profesión odontolóxica e a súa aplicación na xestión e na práctica clínica, así como coñecer a organización, competencias e funcións das corporacións profesionais. Cumplimentar todo tipo de documentos e rexistros médico-legais.
Con24 Coñecer o papel do dentista dentro das profesións sanitarias e traballar con outros profesionais sanitarios e outros membros do equipo odontolóxico.
Con25 Recoñecer que o doente é o centro de atención e que todas as interaccións, incluidas prevención, diagnóstico, planificación e execución do tratamento e mantemento, deben procurar o seu mellor interés, evitando calquera tipo de discriminación e respetando a confidencialidade.
- HABILIDADES ou DESTREZAS:
H/D01 Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluindo os principios éticos e as responsabilidades legais
H/D02 Comprender a importancia destes principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención
a o secreto profesional.
H/D03 Saber identificar as inquietudes e expectativas do paciente, comunicarse de forma efectiva e clara, na forma oral e na escrita, cos pacientes, os familiares, os medios de comunicación e outros profesionais.
H/D04 Comprender e recoñecer os aspectos sociais e psicolóxicos relevantes para tratamento de pacientes.
H/D06 Comprender a importancia de realizar unha práctica profesional con respeito a la autonomía do paciente, as súas creenzas e cultura.
H/D07 Promover a aprendizaxe de manera autónoma de novos coñecementos e técnicas, así como a motivación pola calidade.
H/D08 Saber compartir información con outros profesionais sanitarios e traballar en equipo.
H/D09 Comprender a importancia de manter e utilizar os rexistros con información do paciente para o seu posterior análisise, preservando a confidencialidade dos datos.
H/D17 Comprender e recoñecer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluido control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermedades ocupacionais e biolóxicas).
H/D18 Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
H/D20 Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
H/D30 Recoñecer o papel do dentista nas accións de prevención e protección das enfermidades bucaies, tamén no mantemento e promoción da saúde, a nivel individual e comunitario.
- COMPETENCIAS:
Comp 04 Coñecemento de unha segunda lingua
Comp 06 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e xestionar información de diversas fontes)
Comp 08 Toma de decisións
Comp 09 Capacidad crítica e autocrítica
Comp 11 Habilidades interpersonais
Comp 12 Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar
Comp 13 Capacidade para comunicarse con expertos de outras áreas
Comp 14 Apreciación da diversidade e da multiculturalidade
Comp 16 Compromiso ético
Comp 17 Capacidade de aplicar os conocimientos na práctica
Comp 19 Capacidade de aprendizaxe autónomo
Comp 20 Capacidade de adaptarse a novas situaciones
Comp 21 Capacidade para xerar nuevas ideas (creatividad)
Comp 22 Liderado
Comp 25 Deseño e xestión de proxectos
Comp 26 Iniciativa e espíritu emprendedor
Comp 27 Preocupación pola calidade
Comp 28 Motivación de logro
Especialmente a capacidade de análise e síntese, resolución de problemas, toma de decisións, capacidade crítica e autocrítica, traballo en equipo, habilidades nas relacións interpersonais, fomentar a calidade asistencial, capacidade de adaptación as novas situacións.
Na parte teórica os contidos serán impartidos polo profesorado mediante clases expositivas co apoio da Aula virtual da materia para achega de documentación para o estudo (documentos .doc e .pdf, presentacións .ppt, vídeos ou enlaces web) e os tests de autoavaliación da materia. A Aula virtual da materia constitue unha ferramenta docente facilitando a aprendizaxe e a avaliación. Pero tamén será empregada como ferramenta de comunicación recomendándose a súa consulta semanal.
A parte práctica permite a adquisición de destrezas e habilidades relacionadas cos contidos teóricos da materia. Aplicaránse de forma práctica os coñecementos adquiridos en talleres prácticos/prácticas clínicas coa metodoloxía de resolución de problemas na clínica odontolóxica con doentes, nas sesións de discusión e debate interactivas programadas e mediante o análisis de casos clínicos e exercicios prácticos. A información complementaria para a realización das prácticas (tipo e obxectivo da práctica, indicacións, breve resumo orientativo, materiais e instrumental necesario, cronograma e distribución de boxes/grupos, rúbrica de valoración da práctica, etc...será compartido na Aula Virual con anterioridade a súa realización).
Nas tutorías o profesorado atenderá presencialmente de forma individual o estudantado para orientalo no estudo da materia e resolver as dúbidas e as dificultades planteadas tanto na docencia teórica coma na práctica da materia. As titorías realizánse os martes de 9:30 a 13:30 h e os mércores de 18:30 a 20:30 h no despacho da materia situado no 1º andar (próximo o seminario negatoscopios). As titorías serán programadas previa cita por medio do correo institucional, excepcionalmente en casos xustificados poderán ser en liña pola plataforma TEAMS ou ben noutra data e hora previamente consensuado co estudantado.
A docencia expositiva impartiráse na aula Suárez-Núñez (andar 0 edif. Odontoloxía) en grupo único. A docencia práctica realizarase nos boxes da clínica odontolóxica do 2º andar asignado a 5º curso do grao distribuido o estudantado por boxes/grupos segundo a práctica a realizar.
A parte teórica avaliarase mediante unha proba final escrita presencial no centro na data aprobada en Xunta de Facultade. Esta proba de contidos teóricos será tipo test con 35 preguntas de opción múltiple (30% de nota final) e 5 tipo pregunta curta (20% de nota final). As preguntas tipo tests terán catro opcións de resposta é so unha correcta.
A avaliación da parte práctica será de tipo avaliación continua, valorando a asistencia e valoración das prácticas clínicas/talleres prácticos e realización de exercicios prácticos.
A asistencia as prácticas é obrigatoria e o profesorado establecerá a forma de recuperación segundo o tipo de práctica non realizada.
A nota final da materia será o resultado de ponderar a avaliación de contidos teóricos (40%) e prácticos (60%) da materia. A nota práctica será o resultado da avaliación das prácticas clínicas (45%) e dos exercicios prácticos/talleres/test de autoavaliación(15%).
No caso de constatarse a realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio e/ou uso indebido das tecnoloxías) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Para a convocatoria de segunda oportunidade ou extraordinarias a avaliación terá o mesmo formato que na primeira convocatoria (exposto arriba).
É preciso asistir a todas actividades docentes da materia e dedicarlle 10 horas ao estudo individual dos temas presentados na docencia expositiva, dedicando aproximadamente 25 horas á preparación das sesións interactivas/prácticas e preto de 5 horas para la lectura de textos e documentos recomendados ou realización de actividades recomendadas.
Ter cursado materias con prácticas clínicas constitúe unha recomendación moi importante ainda que a memoria do título de grao non recolle ningún prerrequisito para cursar a materia. Aconséllase aos estudantes asistir e participar activamente nas clases teóricas e prácticas, recomendase revisar e documentarse sobre os aspectos teóricos tratados nas sesións expositivas/interactivas previas.
Durante o curso académico recoméndase consultar semanalmente o correo electrónico institucional (@rai.usc.es) e a Aula Virtual da materia para participar nas sesións de Teams e webtutorías e realizar as tareas indicadas o que permitirá o control e seguimento da participación activa para a avaliación final.
Recomendase que aquel estudantado que observe dificultades de aprendizaxe da materia ou dúbidas que dificulten a comprensión ou asimilización dos contidos soliciten unha tutoría presencial co obxecto de supervisar o seu progreso de forma individual e mellorar o seu aproveitamento.
É recomendable dispor de coñecementos informáticos e ofimáticos previos.
A comunicación entre o profesorado e o estudantado será preferentemente por correo electrónico institucional da USC (rai [at] usc.es (rai[at]usc[dot]es)) e o sistema de avisos da Aula Virtual da materia. O estudantado tamén pode empregar o teléfono ou ben a videoconferencia (plataforma TEAMS) para contactar co profesorado cando non sexa posible a presenciabilidade ou se precise unha comunicación inmediata. A dirección de correo electrónico do profesorado e a extensión telefónica do despacho (situado no 1º andar do edificio de Odontoloxía) atopase no apartado información da materia na web da USC ou no directorio institucional da USC.
Maria Mercedes Gallas Torreira
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812354
- Correo electrónico
- mercedes.gallas.torreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
17.12.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
10.06.2026 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |