Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ao futuro Graduado os coñecementos microbiolóxicos necesarios para o desempeño da súa actividade profesional dentro do campo das Industrias Agroalimentarias:
Seguridade alimentaria. Coñecemento do papel dos microorganismos na alteración de alimentos e na produción de enfermidades de transmisión alimentaria (E.T.A).
Técnicas empregadas na análise microbiolóxica de alimentos, control de calidade e trazabilidade nas Industrias da Alimentación.
A memoria modificada do título, 2017 (MMT) considera para esta materia os seguintes contidos:
Técnicas microbiolóxicas. Principais grupos microbianos de interese agroalimentario. Microbioloxía ambiental: chan e aire. Microbioloxía de augas de consumo e augas residuais. Análise microbiolóxica de alimentos. Trazabilidade, control de calidade e seguridade microbiolóxica dos alimentos.
Estes contidos desenvolveranse segundo se indica no seguinte temario:
A. PROGRAMA DE TEORÍA: estimación das horas do alumno= 36 horas presenciais + 60 non presenciais
INTRODUCIÓN Á MICROBIOLOXÍA
TEMA 1.- CONCEPTO E DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DA MICROBIOLOXÍA. Descubrimento dos microorganismos. Transformación da materia orgánica. Microorganismos e enfermidade. Microbioloxía agrícola e industrial. Diversidade microbiana. (1 HP/1 HNP)
MÉTODOS MICROBIOLÓXICOS
TEMA 2.- OBSERVACIÓN MICROSCÓPICA DOS MICROORGANISMOS. Microscopios ópticos. Métodos de observación. Microscopios electrónicos. Microscopio confocal. (1 HP/1,5 HNP)
TEMA 3.- CULTIVO DE MICROORGANISMOS. Requirimentos nutricionais. Medios de cultivo: composición, preparación e tipos. Condicións físico-químicas requiridas para o crecemento dos microorganismos. (1 HP/1,5 HNP)
TEMA 4.- ILLAMENTO E CONSERVACIÓN DOS MICROORGANISMOS. Instrumentos e técnicas de sementeira. Cultivos de enriquecemento. Conservación de cultivos microbianos. (1 HP/1,5 HNP)
TEMA 5.- ESTERILIZACIÓN E DESINFECCIÓN. Esterilización por calor, radiacións e axentes químicos. Pasteurización. Filtración. Desinfección. (1 HP/1,5 HNP)
ESTRUTURA E FUNCIÓN DOS MICROORGANISMOS
TEMA 6.- ESTRUTURA E FUNCIÓN BACTERIANA (I). Parede celular. Membrana externa. Cápsulas. Flaxelos e fimbrias. (1 HP/1,5 HNP)
TEMA 7.- ESTRUTURA E FUNCIÓN BACTERIANA (II). Membrana citoplasmática. O xenoma procariota. Ribosomas. Inclusións citoplasmáticas. Endosporas. (1 HP/1,5 HNP)
TEMA 8.- ESTRUTURA E FUNCIÓN DOS MICROORGANISMOS EUCARIÓTICOS. Parede celular. Flaxelos e cilios. Membrana citoplasmática. Sistemas membranosos internos. O xenoma eucariótico. (1 HP/1,5 HNP)
METABOLISMO MICROBIANO
TEMA 9.- METABOLISMO MICROBIANO I. Visión xeral do metabolismo microbiano. Respiración aerobia. Respiración anaerobia. Fermentacións: tipos. (1,5 HP/3 HNP)
TEMA 10.- METABOLISMO MICROBIANO II. Reaccións metabólicas dos microorganismos autótrofos. Oxidación de compostos inorgánicos. Fotosíntese bacteriana. Reaccións de biosíntese e polimerización. Regulación. (1,5 HP/3 HNP)
CRECEMENTO DOS MICROORGANISMOS
TEMA 11.- CRECEMENTO MICROBIANO. Dinámica do crecemento microbiano. Reconto de poboacións microbianas. Curva de crecemento. Cultivo continuo. (1 HP/1,5 HNP)
AXENTES ANTIMICROBIANOS QUIMIOTERAPÉUTICOS
TEMA 12.- AXENTES ANTIMICROBIANOS QUIMIOTERAPÉUTICOS. Antibióticos e antimetabolitos. Mecanismos de acción e de resistencia. Uso dos antibióticos na gandaría e na industria alimentaria. (1,5 HP/3 HNP)
XENÉTICA MICROBIANA
TEMA 13.- XENÉTICA MICROBIANA. Mutacións. Aplicacións prácticas dos mutantes microbianos. Transformación. Transdución. Conxugación. Recombinación nos microorganismos eucarióticos. (1,5 HP/3 HNP)
TEMA 14.- TECNOLOXÍA DO ADN RECOMBINANTE. Enzimas de restrición. Vectores de clonación. Organismos hospedeiros. Aplicacións da Biotecnoloxía na Agricultura e nas Industrias Alimentarias. (1,5 HP/3 HNP)
VIROLOXÍA
TEMA 15.- VIRUS E OUTRAS ENTIDADES INFECCIOSAS. Bacteriófagos. Ciclos lítico e lisoxénico. Os bacteriófagos nas Industrias Lácteas. Vírus transmitidos por alimentos.Outros axentes infecciosos: Viroides. Priones. (1,5 HP/3 HNP)
TAXONOMÍA MICROBIANA. PRINCIPAIS GRUPOS DE MICROORGANISMOS DE INTERESE AGROALIMENTARIO
TEMA 16.- TAXONOMÍA MICROBIANA. Taxonomía xenética o molecular. Nomenclatura. Clasificación actual dos microorganismos. O Manual Bergey de Bacterioloxía (2ª ed.) Dominio Archaea. Arqueas metanoxénicas: Interese aplicado. (1 HP/1 HNP)
TEMA 17.- PRINCIPAIS GRUPOS FISIOLÓXICOS DE BACTERIAS GRAM NEGATIVAS. Cianobacterias. Bacterias fixadoras de nitróxeno. Pseudomonas e xéneros relacionados. Bacterias acéticas. Enterobacterias: Salmonella, E.coli. (1,5 HP/3 HNP)
TEMA 18.- PRINCIPAIS GRUPOS FISIOLÓXICOS DE BACTERIAS GRAM POSITIVAS. Bacterias esporuladas Bacillus, Clostridium. Bacterias lácticas. Importancia industrial. Bacterias filamentosas. (1,5 HP/3 HNP)
TEMA 19.- MICROORGANISMOS EUCARIÓTICOS DE IMPORTANCIA INDUSTRIAL. Fungos filamentosos. Lévedos. Principais xéneros. Importancia industrial. (1 HP/1 HNP)
INTERACCIÓNS MICROBIANAS
TEMA 20.- INTERACCIÓNS MICROBIANAS. Concepto e tipos de simbiose. Patoxenicidade microbiana. Mecanismos de resistencia do hóspede. (1,5 HP/3 HNP)
TÉCNICAS INMUNOLÓXICAS
TEMA 21.- TÉCNICAS INMUNOLÓXICAS. Antíxenos. Anticorpos. Anticorpos monoclonais. Probas inmunolóxicas empregadas na Industria Agro- alimentaria. (1,5 HP/3 HNP)
MICROBIOLOXÍA AMBIENTAL
TEMA 22.- OS MICROORGANISMOS COMA AXENTES XEOQUÍMICOS. Poboación microbiana do solo. Ciclos dos elementos. Fixación biolóxica de nitróxeno. (1,5 HP/3 HNP)
TEMA 23.- MICROBIOLOXÍA DO AIRE E DA AUGA. Microbioloxía do aire: métodos de análise e control. Microbioloxía das augas de uso doméstico. Procedementos de tratamento de augas residuais. (1 HP/1,5 HNP)
MICROBIOLOXÍA DOS ALIMENTOS E CONTROL DE CALIDADE
TEMA 24.- MICROORGANISMOS E ALIMENTOS. Análise microbiolóxica dos alimentos. Métodos microbiolóxicos rápidos e automatizados. Principais toxiinfeccións alimentarias. Control dos microorganismos nos alimentos. (1 HP/1,5 HNP)
TEMA 25- MICROBIOLOXÍA DOS PRINCIPAIS TIPOS DE ALIMENTOS. Microbioloxía dos alimentos vexetais, alimentos de orixe animal e alimentos enlatados. (1,5 HP/3 HNP)
TEMA 26.- SEGURIDADE ALIMENTARIA. Control da calidade microbiolóxica. Principios do sistema HACCP. Aplicación nas industrias agro-alimentarias. Trazabilidade: “da granxa à mesa”. (1,5 HP/3 HNP)
TEMA 27.- PRODUCIÓN MICROBIOLÓXICA DE COMPOSTOS DE INTERESE PARA A INDUSTRIA ALIMENTARIA. Microorganismos de interese industrial. Sistemas de fermentación. Recuperación dos produtos.Aminoácidos. Enzimas. Ácidos orgánicos. Outros produtos da Microbioloxía Industrial. (1,5 HP/3 HNP)
B. PROGRAMA DE LABORATORIO: estimación das horas do alumno= 26 horas presenciais + 51 non presenciais
1. PREPARACIÓN E ESTERILIZACIÓN DE MEDIOS DE CULTIVO. (2 HP/ 4 HNP)
Manexo do autoclave, fornos e filtros esterilizantes.
2. CULTIVO DE MICRORGANISMOS. (2 HP/4 HNP)
Sementeira en placas, tubos inclinados, tubos de picadura e medios líquidos. Obtención de cultivos puros.
3. OBSERVACIÓN MICROSCÓPICA E TINGUIDURA DE MICROORGANISMOS. (2 HP/ 4 HNP)
Manexo do microscopio óptico. Observación de microorganismos vivos: bacterias, fungos filamentosos, lévedos. Tinguidura simple. Tinguidura de Gram. Tinguidura de esporas. Tinguidura negativa.
4. INHIBICIÓN DO CRECEMENTO MICROBIANO. (2 HP/ 4 HNP)
Valoración da efectividade de antisépticos e desinfectantes de uso común. Estudo da acción letal da radiación UV nos microorganismos.
5. IDENTIFICACIÓN DE MICROORGANISMOS. (4 HP/ 8 HNP)
Identificación de microorganismos mediante probas bioquímicas: indol, citrato, RM, VP, fermentación de azucres, urease, catalase, oxidase, etc.
6. MICROBIOLOXÍA AMBIENTAL. (6 HP/ 11,5 HNP)
Análise microbiolóxica do aire, superficies de traballo, mans etc.
Análise bacteriolóxi pola técnica do NMP. Técnica de filtración por membrana. Illamento e reconto dos microorganismos do solo.
7. MICROBIOLOXÍA DE ALIMENTOS. (6 HP/ 11,5 HNP)
Análise microbiolóxico de alimentos: toma de mostras, transporte e conservación. Procesamento das mostras. Reconto de microorganis mos aerobios mesófilos totais.
Investigación e reconto de Enterobacteriaceae. Detección e identificación de microrganismos patógenos. Fermentación láctica: elaboración de iogur.
8. EMPREGO DE FERRAMENTAS ONLINE APLICADAS Á MICROBIOLOXÍA. (2 HP/ 4 HNP)
C. SEMINARIOS: estimación das horas do alumno= 10 horas presenciais + 15 non presenciais (1,5/hora presencial)
TOTAL TRABALLO NON PRESENCIAL DO ALUMNO= 146 horas: estudo (60 h), preparación das prácticas e realización de exercicios (51 h), preparación de seminario (15 h), preparación de exames (17 h).
BIBLIOGRAFIA BASICA:
- Madigan, M.T., Martinko J.M. 2015. Brock Biología de los Microorganismos. 14ª ed. Prentice-Hall International Ltd.
- Wood, D.H., Willey, J.M., Sandman, K.M. 2020. Prescott’s Microbiology. 11ª ed. McGraw-Hill Higher Education.
- Martín, A., Béjar, V., Gutiérrez, J.C., Llagostera, M., Quesada, E. 2019. Microbiología esencial. 1ª ed. Editorial Medica Panamericana.
- Tortora, G.J., Funke, B.R. 2017. Introducción a la Microbiología. 12ª ed. Editorial Medica Panamericana.
- Hernández, M.A. 2023. Microbiología de los alimentos: fundamentos y aplicaciones en ciencias de la salud. 2ª ed. Editorial Medica Panamericana.
- Luna Fontalvo, J. A. Métodos analíticos de microbiología general y aplicada. ed. Santa Marta: Editorial Unimagdalena, 2020.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
- Romero, R. 2018. Microbiología y Parasitología Humana. Bases etiológicas de las enfermedades infecciosas y parasitarias. 4ª ed. Editorial Medica Panamericana
- Matthews, K.R., Kniel, K.E., Montville, T.J. 2017. Food Microbiology: An Introduction, ASM Press.
- Doyle, M.P., Diez-González, F., Hill, C. 2019. Food Microbiology: Fundamentals and Frontiers, ASM Press.
PAXINAS WEB COMPLEMENTARIAS:
- Atlas of Microbiology, University of Copenhagen: http://atlas.sund.ku.dk/microatlas/veterinary/
- Recursos docentes de la SEM: https://www.semicrobiologia.org/recursos-educativos
- Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición: https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/home/aecosan_inicio.htm
- Autoridad Europea de Seguridad Alimentaria: https://www.efsa.europa.eu/es
- Comisión del Codex Alimentarius: https://www.fao.org/fao-who-codexalimentarius/about-codex/es/
- FDA Bacteriological Analytical Manual (BAM): https://www.fda.gov/food/laboratory-methods-food/about-bacteriological-…
- International Commission on Microbiological Specifications for Foods: https://www.icmsf.org/
- Organización Mundial de la Salud: https://www.who.int/health-topics/food-safety#tab=tab_1
- Centros para el Control y Prevención de Enfermedades: https://www.cdc.gov/
- Fundación iO https://fundacionio.com/
- Blog sobre Microbiología de Ignacio López-Goñi: https://microbioblog.es/
- Blog sobre Microbiología de Miguel Vicente, Jesús Mingorance, Manuel Sánchez: https://www.madrimasd.org/blogs/microbiologia/
Básicas e xerais
- Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes. (CG1 da MMT).
- Capacidade para a busca e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación. (CG4 da MMT).
Transversais
-Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica (CT3 da MMT).
- Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva (CT4 da MMT).
- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente (CT7 da MMT)
- Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) (CT9 da MMT).
- Utilización de información bibliográfica e de Internet (CT10 da MMT).
Específicas
- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da xestión da calidade e a seguridade alimentaria. Análise microbiolóxica de alimentos. Trazabilidade. (IA1 da MMT).
Docencia expositiva: 34 horas de clases teóricas centradas no desenvolvemento do programa da materia (1-1.5 horas/tema). Competencias CG1 y IA1.
Docencia interactiva: 26 horas de prácticas e 10 horas de seminario adicadas á realización de actividades e exposición de seminarios. Competencias IA1, CT3, CT4, CG4, CT7, CT9 e CT10
Titorías en grupo: 4 horas para aclaración de dúbidas, resolución de problemas, etc.
Exámes parciais: 2 horas.
A distribución detallada das horas de docencia expositiva, interactiva e titorías figura no horario oficial aprobado pola Xunta de Centro.
TEORÍA (70% da nota final)
A avaliación da parte teórica componse de:
1. Avaliación continua (20%)
- Cuestionarios: 10% da nota.
- Seminario: 10% da nota. Consistirá na presentación oral dun tema de actualidade relacionado coa microbiología ou a seguridade alimentaria. (Competencias: CT7, CT9 e CT10).
2. Exames parciais eliminatorios (50%)
Ao longo do curso realizaranse dous exames parciais escritos, compostos por preguntas curtas e concretas sobre os contidos teóricos. (Competencias: CG1 e IA1).
3. Proba final
Os estudantes que non sigan a avaliación continua nin realicen exames parciais eliminatorios, poderán optar por unha proba final nas convocatorias de xuño ou xullo. Esta proba tamén estará baseada en preguntas curtas sobre os contidos do programa teórico.
PRACTICAS (30% da nota)
A asistencia a prácticas é obrigatoria. Avaliarase a participación, realización das actividades e cuestionario. (Competencias IA1, CT3, CT4, CG4, IA1 CT9 e CT10).
CRITERIOS PARA SUPERAR A MATERIA
Para aprobar a materia débense cumprir os seguintes requisitos:
1. Obter unha nota mínima de 5 puntos no total da materia.
2. Deses 5 puntos, polo menos 3,5 deben corresponder á parte teórica (media dos parciais ou nota do exame final).
3. Obter polo menos 1,5 puntos na parte práctica.
A cualificación final calcularase como a suma ponderada de todas as actividades avaliables.
CONSIDERACIÓNS ADICIONAIS
1. Estudantes con dispensa de asistencia: Os alumnos que teñan concedida dispénsaa de asistencia pola Comisión do Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deberán de ter en conta que a asistencia a prácticas é obrigatoria para poder superar a materia e accederán ao 70% da nota de teoría mediante a proba final.
2. Estes criterios manteranse para a segunda oportunidade de xullo.
3. Repetidores: Non se conservarán cualificacións previas de teoría. Só poderase gardar a cualificación de prácticas durante un curso académico.
Nota: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial.
Clases expositivas e probas parciais: 36 horas
Clases interactivas: 36 horas
Titorías: 4 horas
Exames finais: 3 horas
Traballo non presencial: 146 horas [estudo (60 h), preparación das prácticas e traballo posterior (36 h), realización exercicios (15 h), preparación de seminario (15 h), preparación de exames (17 h)].
Total: 225 horas
Asistencia continuada a clase.
Consultas nas horas de titorías e a través da USC virtual.
Consulta da bibliografía recomendada e da materia virtual.
O alumno debe posuír coñecementos básicos de Bioloxía
Nota: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Vanesa Garcia Menendez
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- vanesag.menendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU