Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 17 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos epidemiolóxicos.
Ser capaz de elaborar, redactar e presentar oralmente un estudo ou proxecto no ámbito da Bioquímica, interpretando críticamente os resultados obtidos e avaliando as conclusións alcanzadas.
Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas diferentes materias do título para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de liquidalos.
Desenvolver a capacidade de identificar e corrixir as desigualdades por razóns de xénero, socioeconómicas etc.
Actuar con profesionalidade rexéndose por principios éticos, de rigor científico e de desenvolvemento sostible.
PARTE TEÓRICA:
Bloque I. CONCEPTOS. SAÚDE PÚBLICA. PROMOCIÓN DA SAÚDE. XESTIÓN SANITARIA
1. Concepto de saúde. Determinantes da saúde. Historia natural da enfermidade.
2. Saúde Pública. Historia, evolución e concepto.
3. Educación para a saúde como ferramenta de promoción da saúde. Métodos e medios de educación en saúde. Educación alimentaria e nutricional.
4. Sistemas sanitarios de saúde.
5. A OMS e outras organizacións internacionais.
Bloque II. DEMOGRAFÍA
6. Demografía estática e demografía dinámica.
Bloque III. EPIDEMIOLOXÍA
7. Epidemioloxía: Evolución histórica. Concepto actual e aplicacións da epidemioloxía. Método epidemiolóxico. Introdución á causalidade.
8. Medidas de frecuencia. Medidas de efecto e impacto.
9. Introdución aos erros aleatorios e sistemáticos. Validez e Precisión.
10. Estudos analíticos.
11. Estudos epidemiolóxicos descritivos.
12. Estudos de probas diagnósticas.
13. Estudos de sínteses da evidencia científica: revisións sistemáticas e metaanálisis.
14. Epidemioloxía nutricional.
Bloque IV. EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES TRANSMISIBLES
15. Epidemioloxía das enfermidades transmisibles. A cadea epidemiolóxica.
16. Prevención e control das enfermidades transmisibles.
Bloque V. EPIDEMIOLOXÍA E PREVENCIÓN DAS ENFERMIDADES NON TRANSMISIBLES
17. Enfermidades non transmisibles. Principais factores de risco.
18. Estratexias de prevención e control.
PARTE PRÁCTICA:
Desigualdades en saúde e promoción da saúde desde un punto de vista práctico. Sistemas sanitarios.
Resolución de problemas tipo sobre medidas de frecuencia, efecto e impacto e sobre probas diagnósticas.
Lectura crítica de estudos científicos con diferentes deseños epidemiolóxicos.
Bibliografía básica:
Fernández-Creuhet, Navajas J, y cols. Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Barcelona: Elsevier-Masson; 2016.
Martínez González MA. Conceptos de Salud Pública y estrategias preventivas. 2ª ed. Barcelona: Elsevier; 2018.
Malagón-Londoño G, Reynales-Londoño J. Salud Pública. Conceptos, Aplicaciones y Desafíos. 3ª ed. Medica Panamericana; 2020.
Hernández-Agudo A, Gil M, Delgado F, Bolúmar FG, et al. Manual de Epidemiología para grados en ciencias de la salud. 3ª ed. Madrid: Médica Panamericana; 2018.
Royo Bordonada MA, Damián Moreno J. Método epidemiológico. Escuela Nacional de Sanidad (ENS). Instituto de Salud Carlos III - Ministerio de Ciencia e Innovación. Madrid: ENS-Instituto de Salud Carlos III; 2009. https://www.isciii.es/QuienesSomos/CentrosPropios/ENS/Documents/2009-08…
Bibliografía específica:
Martínez-González MA, Sánchez-Villegas A, Faulín Fajardo J. Bioestadística amigable. Madrid: Díaz de Santos; 2006.
Ferreira González I, Urrútia G, Alonso-Coello P. Revisiones sistemáticas y metaanálisis: bases conceptuales e interpretación. Rev Española Cardiol. 2011;64(8):688–96.
Enlaces recomendados:
Organización Mundial de la Salud (OMS):www.who.int
Organización Panamericana de Salud (OPS):www.paho.org
Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN): https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/home/aecosan_inicio.htm
Organización de las Naciones Unidas. Datos demográficos: https://www.un.org/es/sections/issues-depth/population/index.html
Instituto Nacional de Estadística: https://www.ine.es/index.htm
Instituto Galego de Estadística: https://www.ige.eu/web/index.jsp?paxina=001&idioma=gl
Determinación del tamaño muestral. Fisterra: https://www.fisterra.com/formacion/metodologia-investigacion/determinac…
Ministerio de Sanidad. La Encuesta sobre alcohol y otras drogas en España, EDADES: https://pnsd.sanidad.gob.es/profesionales/sistemasInformacion/sistemaIn…
Ministerio de Sanidad. La encuesta sobre uso de drogas en Enseñanzas Secundarias en España, ESTUDES: https://pnsd.sanidad.gob.es/profesionales/sistemasInformacion/sistemaIn…
Fisterra. www.fisterra.com
Equator Network. https://www.equator-network.org
OpenEpi. http://www.openepi.com/Menu/OE_Menu.htm
Centres for Disease Control and Prevention de Estados Unidos (CDC): http://www.cdc.gov
Comp03 - Desenvolver a capacidade de identificar e corrixir as desigualdades por razóns de xénero, socioeconómicas etc. TIPO: Competencias
Comp04 - Actuar con profesionalidade rexéndose por principios éticos, de rigor científico e de desenvolvemento sostible. TIPO: Competencias
Con10 - Adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos experimentais e de instrumentación. TIPO: Coñecementos ou contidos
H/D12 - Elaborar, redactar e presentar oralmente un estudo ou proxecto no ámbito da Bioquímica, interpretando críticamente os resultados obtidos e avaliando as conclusións alcanzadas. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D13 - Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas diferentes materias do título para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de liquidalos. TIPO: Habilidades ou destrezas
Clases teóricas (32 horas):
Realizaranse sesións maxistrais apoiadas en medios audiovisuais, para explicar os contidos detallados no programa da materia. Poñerase ao dispor dos estudantes o material de apoio no campus virtual. O profesorado poderá expor preguntas, problemas ou exemplos prácticos sobre o tema durante a clase.
Seminarios (17 horas):
O traballo de seminarios poderá ser tanto grupal como individual e incluirá a resolución de problemas teóricos ou prácticos, a realización de debates ou argumentacións, a realización por parte dos estudantes de presentacións orais ou a utilización de técnicas de ramificación na aula, entre outras metodoloxías. Poderase facer unha proba final dos seminarios ou algunha tarefa a través do campus virtual.
A avaliación do estudante realizarase mediante a avaliación continua e un exame final.
Para alcanzar a suficiencia nesta materia o estudante deberá superar o exame final.
EXAME FINAL
O exame final, complementario á avaliación continua, poderá supoñer entre o 50 e o 75% da cualificación global da materia e constará de preguntas de resposta curta e/o tipo test. O alumnado deberá ter unha puntuación do 60% ou superior da máxima nota posible neste exame para facer media coa avaliación continua e poder optar a superar a materia.
Mediante o exame final avaliaranse os seguintes coñecementos, habilidades e competencias: Con10, H/D13; Comp03; Comp04
AVALIACIÓN CONTINUA
Poderá representar entre o 25 e o 50% da nota final. Poderase computar a asistencia e participación nas clases expositivas e seminarios, así como avaliaranse os traballos grupais e/o individuais propostos polo profesorado.
Mediante a avaliación continua avaliaranse os seguintes coñecementos, habilidades e competencias: Con10; H/D12; H/D13; Comp03;Comp04
O alumno/a que non supere a materia na primeira oportunidade, deberá repetir o exame final. Na segunda oportunidade manterase a nota alcanzada na avaliación continua, en caso de habela.
O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que o 35% son presenciais e o 65% son horas de traballo do alumno. Estímase necesaria unha dedicación de 3 horas semanais por parte do estudante para a revisión da teoría dada en clase, a realización de problemas propostos en clase e a consulta da bibliografía recomendada.
A preparación da materia poderá facerse en base ás anotacións que o estudante recolla durante as actividades expositivas e seminarios e en base aos diversos materiais e documentos que o docente comparta mediante o campus virtual.
A bibliografía recomendada poderá utilizarse non só como fonte de consulta e aclaración das dúbidas que poidan presentarse ao estudar os temas, senón tamén como base para a realización de informes escritos e outras producións.
É importante a asistencia a clase e a participación activa dos estudantes.
As clases poderán ser impartidas en castelán e galego. O material docente de apoio para a impartición das sesións maxistrais colgarase no Campus Virtual. A avaliación de contidos non se limita aos incluídos no devandito material docente de apoio.
O Campus Virtual servirá como medio de comunicación entre a profesora e os estudantes e calquera aviso ou anuncio relativo á materia publicarase no Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” (dispoñible en: https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/12984/XA0824.PDF?se…), que establece a imposibilidade de superar a materia.
Para aqueles estudantes aos que se lle conceda dispensa o sistema de avaliación será o seguinte: Nota do exame final (75%), e a avaliación das sesións interactivas (seminarios) mediante un traballo ou proba alternaiva (25%), quedando sen efecto as avaliacións desenvolvidas de maneira presencial nas sesións para as que se concede dispensa.
O estudante que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar esa situación mediante un documento expedido polo servizo acreditado pola USC para estes efectos e informar do seu caso ao docente correspondente dentro das dúas primeiras semanas do semestre, #a fin de que ambas as partes poidan acordar o máis axiña posible o plan de traballo do estudante na materia e, se é preciso, facer as adaptacións curriculares e/o evaluativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular, de tal modo que o estudante en #cuestión puidese sacar adiante a materia.
Cristina Candal Pedreira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- c.candal.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
16.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
16.01.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
19.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
19.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |