Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios de Xenética e mellora animal e vexetal y a súa aplicación na conservación e na biotecnoloxía.
Na Memoria do Título contémplanse para esta materia os seguintes contidos: Base molecular da herdanza xenética. Xenética mendeliana e ampliacións. Cartografía cromosómica. Xenética cuantitativa. Xenética de poboacións. Enxeñaría xenética. Aplicacións á mellora xenética e á conservación.
O desenvolvemento dos contidos do temario e do programa práctico está distribuído en actividades presenciais (48 horas de clases expositivas e interactivas, e 3 horas de titorías grupais) e traballo non presencial (96 horas). Para cada tema, indícase a súa distribución estimada.
Temario
- Tema 1. Introdución. Relación da xenética con outras ciencias. Importancia da xenética nas ciencias agrarias. Ácidos nucleicos. Xenomas de eucariotas, procariotas e virus. Cromosomas. Cariotipo. (3 h presencial: 5 h non presencial)
- Tema 2. Material hereditario. Propiedades biolóxicas. Replicación. Mitose. Meiose. Expresión xénica. Mutación xénica. (7 h presencial: 12 non presencial)
- Tema 3. Xenética mendeliana. Os experimentos de Mendel. Lei da segregación. Cruzamento proba. Transmisión independente. Base cromosómica da herdanza. Xenealoxías. (3 h presencial: 7 non presencial)
- Tema 4. Ampliacións da xenética mendeliana. Variacións nas relacións de dominancia. Alelismo múltiple. Xenes letais. Interacción xénica. Complementación. Penetración. Expresividade. Pleiotropía. Determinación do sexo e herdanza ligada ao sexo. Herdanza limitada e influída polo sexo. (6 h presencial: 15 non presencial)
- Tema 5. Ligamento e recombinación. Grupos de ligamento. Entrecruzamento xenético. Mapa xenético. Distancia de mapa e frecuencia de recombinación. Aplicacións na mellora xenética. (5 h presencial: 10 h non presencial)
- Tema 6. Mutación cromosómica. Variacións numéricas e estruturais. Aneuploidías. Euploidías. Duplicacións. Delecións. Inversións. Translocacións. Aplicacións na mellora xenética. (4 h presencial: 8 h non presencial)
- Tema 7. Xenética cuantitativa e mellora xenética. Caracteres cuantitativos e cualitativos. Compoñentes da varianza fenotípica. Herdanza polixénica e QTL. Herdabilidade: significado e métodos de estimación. Resposta á selección artificial. (5 h presencial: 13 non presencial)
- Tema 8. Xenética de poboacións. Frecuencias xénicas e xenotípicas. Diversidade xenética. A lei de Hardy-Weinberg. Consanguinidade. Axentes evolutivos: mutación, deriva, migración, selección. Xenética da conservación. (6 h presencial: 12 h non presencial)
- Tema 9. Enxeñaría xenética. Tecnoloxía do DNA recombinante. Xenómica. Tipos de secuencias de ADN. Marcadores moleculares. Transxénesis. Aplicacións biotecnolóxicas para a mellora xenética e conservación de recursos xenéticos. (3 h presencial: 8 h non presencial)
Prácticas de laboratorio (A realizar no laboratorio de prácticas).
- Práctica I. Aplicación de tecnoloxías do ADN para a detección de variantes xenéticas de interese gandeiro. (2 h presencial: 2h non presencial)
- Práctica II. Estudio xenético da herdanza de caracteres cualitativos. Análise de grans de millo (Zea mays). (2 h presencial: 2 h non presencial)
- Práctica III. Estudo xenético de caracteres cuantitativos. Análise de variedades de xudía (Phaseolus vulgaris) e lentella (Lens culinaris). (2 h presencial: 2h non presencial)
Básica
- KLUG WS, CUMMINGS MR. (2013).” Conceptos de Genética” (10th ed.). Pearson-Prentice Hall. Electronic version available via BUSC-USC: https://www-ingebook-com.ezbusc.usc.gal/ib/NPcd/IB_Escritorio_Visualiza…
- PIERCE, B.A. (2016). “Genética: Un enfoque Conceptual” (5th ed.). Editorial Médica Panamericana. Electronic version available via BUSC-USC: http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
- PIERCE BA. (2016). “Genetics Essentials: Concepts and Connections” (3rd ed.). W.H. Freeman and Company.
Complementaria
- BENITO JIMÉNEZ C. 2002. “360 problemas de Genética: resueltos paso a paso”. Síntesis.
- BLASCO A. 2021. “Mejora genética animal”. Síntesis.
- CUBERO S. 2013. “Introducción a la mejora génetica vegetal”. 3ª Ed. (rev. y amp.). Mundi-Prensa.
- FITA AM, RODRÍGUEZ A, PROHENS J. 2008. “Genética y Mejora Vegetal”. Editor Universidad Politécnica de Valencia.
- GRIFFITHS AJF, WESSLER SR, CARROLL SB, DOEBLEY J. 2015. “Introduction to Genetic Analysis”. W.H. Freeman and Company.
- HARTL DL. 2020. “Essentials Genetics and Genomics”. 7th Ed. Jonet & Bartlett Learning.
- KLUG WS; CUMMINGS MR; SPENCER CA, PALLADINO MA, KILLIAN D. 2018.” Concepts of Genetics”. 12 Ed. Pearson Education, Inc.
- MARTÍNEZ F, SOLIS I. 2014. “Mejora vegetal para ingeniería agronómica”. Universidad de Sevilla.
- NICHOLAS FW. 2010. “Introduction to veterinary genetics”. Wiley-Blackwell.
- PIERCE BA. 2022. “Fundamentos de genética: conceptos y relaciones”. 5ª Ed. Médica Panamericana.
- PIERCE BA. 2020. “Genetics: a conceptual approach”. 7th Ed. Macmillan International Higher Education.
- RUEDA J, LINACERO R, TORO MA. 2021. ”Genética y biotecnología de plantas y animals”. Síntesis.
A adquisición de competencias complementarase con outras materias da titulación.
XERAIS
CG1: Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornas cambiantes.
CG2: Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
TRANSVERSAIS
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
MC1: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal e animal: Fitotecnia; Biotecnoloxía e mellora vexetal; Cultivos; Protección de cultivos; Xardinería e Paisaxismo. Espazos deportivos.
CR4: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das aplicacións da biotecnoloxía na enxeñaría agrícola e gandeira.
EA1: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción animal: Anatomía animal. Fisioloxía animal. Sistemas de produción, protección e explotación animal. Técnicas de produción animal. Xenética e mellora animal.
HJ3: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da xenética e mellora vexetal.
MC2: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de Nutrición. Hixiene e sistemas de produción animal. Biotecnoloxía e Mellora animal. Produtos animais.
Empregarase a Aula da Materia no Campus Virtual-USC para a presentación da programación, contidos e recursos de apoio. Tamén como vía de comunicación (foros) cos estudantes durante o curso. A docencia expositiva e interactiva realizarase en modalidade presencial. Ademais se contemplarán outros medios telemáticos de ser necesario (correo electrónico, Microsoft-Teams).
DOCENCIA EXPOSITIVA
-Aulas maxistrais: Desenvolvemento de contidos específicos do programa, con axuda de presentacións PowerPoint creadas para cada tema, xunto co encerado, animacións, bases de datos específicas e calquera outro material que facilite a comprensión dos conceptos a estudar, incluíndo material en inglés (figuras, textos e sitios web).
Competencias: CG1, CG2, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
DOCENCIA INTERACTIVA
-Prácticas de laboratorio: Faranse tres prácticas cun guión específico que será presentado ao grupo de estudantes. Para cada práctica os estudantes completarán e entregarán un informe para a súa avaliación.
Competencias: CG1, CG2, CT2, CT3, CT6, CT11, CT12, CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
-Seminarios: Resolución de casos prácticos e problemas relacionados cos contidos do programa.
Competencias: CG1, CG2, CT2, CT3, CT6, CT10, CT11, CT12, CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
-Titorías en grupo: Orientación e resolución de dúbidas relacionadas cos casos prácticos e os problemas.
Competencias: CG2, CT2, CT6, CT10, CT11, CT12, CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
Avaliarase a comprensión dos conceptos fundamentais da materia e a súa aplicación na resolución de problemas. Indícase a porcentaxe de ponderación máxima das actividades de avaliación:
- Probas escritas: Exame final en convocatoria oficial (70%*)
Probas presenciais en primeira e segunda oportunidade da convocatoria programadas no calendario oficial do Centro. Avaliación do coñecemento e a aplicación dos contidos da materia mediante cuestións conceptuais e resolución de problemas.
Competencias específicas: CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
Competencias xerais e transversais: CG1, CG2, CT2, CT3, CT12
- Avaliación continua: Participación en tarefas interactivas (seminarios de problemas e casos prácticos) (10%*)
Asistencia e aproveitamento das aulas interactivas e das titorías.
Competencias específicas: CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
Competencias xerais e transversais: CG1, CG2, CT2, CT3, CT6, CT12
- Avaliación continua: Prácticas de laboratorio (20%*)
Asistencia e aproveitamento, así como presentación de informes.
Competencias específicas: CR4, EA1, HJ3, MC1, MC2
Competencias xerais e transversais: CG1, CG2, CT2, CT12
* As cualificacións obtidas pola participación en actividades interactivas computarán a condición de obter no exame final unha cualificación mínima de 5,0 (escala de 0 a 10), xa sexa en primeira ou segunda oportunidade de avaliación. A non asistencia nin participación nas actividades prácticas (no primeiro semestre) impedirá a avaliación final do estudante, e polo tanto o cómputo de calquera actividade, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para o estudantado repetidor aplicarase o mesmo sistema de avaliación xeral. Opcionalmente poderán non volver realizar aquelas actividades interactivas que xa foran avaliadas. Neste caso, conservarán as súas notas durante os tres cursos posteriores a súa realización.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título seguindo o disposto no Regulamento de asistencia a clase (aprobado no Consello de Goberno, 25 de novembro de 2024), deben ter en conta que para aprobar a materia aplicarase o mesmo sistema de avaliación xeral. Polo tanto, para poder computar na nota final da materia as cualificacións respectivas (*), será necesario realizar as prácticas de laboratorio propostas durante o período de clases.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na vixente "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Docencia presencial: 54 horas (h)
51 horas: 24 h Aulas Expositivas, 24 h Interactivas (18 h Seminarios: 6 h laboratorio)
3 horas Titorías en grupo. 3 h: Actividades de avaliación (proba final)
96 horas de traballo non presencial: equivalentes a unha media de 2 horas de traballo non presencial por cada hora presencial, agás nas prácticas de laboratorio (nas que a equivalencia é de 1 hora non presencial por hora presencial). Este tipo de tarefas implica horas de estudo e preparación individual, a elaboración dos informes de prácticas, a resolución de problemas ou casos prácticos así como a análise da información relevante para a materia.
Volume total de traballo: 150 horas equivalentes a 6 créditos ECTS
Para mellorar a eficacia na consecución dos obxectivos da materia recomendase aos estudantes:
- Asistir ás clases expositivas e interactivas.
- Facer un seguimento regular da información presentada na Aula Virtual da materia.
- Consultar polo menos parte da bibliografía, material e recursos propostos.
- Estudar regularmente e resolver problemas relacionados con cada tema da materia.
- Participar nas aulas expositivas, interactivas e titorías, expoñendo dúbidas ou comentarios.
Rafaela Maria Amaro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- rafaela.amaro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jaime Castro Alberto
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- jaime.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Seijas Cerceda
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- ana.seijas.cerceda [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA | Castelán |
| CASTRO ALBERTO, JAIME | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA | Castelán |
| Seijas Cerceda, Ana | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASTRO ALBERTO, JAIME | Castelán |
| Seijas Cerceda, Ana | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA | Castelán |
| CASTRO ALBERTO, JAIME | Castelán |
| Seijas Cerceda, Ana | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASTRO ALBERTO, JAIME | Castelán |