Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán (57.81%), Galego (42.19%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquisición por parte do alumno de coñecementos fundamentais sobre os mecanismos evolutivos, incluíndo conceptos básicos de xenética de poboacións, de evolución molecular, especiación e outros aspectos da teoría evolutiva. Estes coñecementos permitirán ao alumno abordar a perspectiva evolutiva na resolución de calquera problemática biolóxica. Que o alumno coñeza conceptos, métodos e resultados experimentais provenientes do estudo do proceso evolutivo, ademais do propio devir histórico da disciplina, constitúe un obxectivo específico de primeira orde.
Ademais, son destacables os seguintes obxectivos adicionais:
1) Presentar controversias asociadas a diferentes teorías desde unha perspectiva histórica que sirva para clarificar a comprensión dos conceptos básicos e a teoría que na actualidade explica o feito evolutivo.
2) Favorecer o espírito crítico a través da contextualización, reflexión, e análise da información dispoñible posta en relación cos fundamentos da xenética evolutiva.
3) Estimular a discusión de ideas co obxectivo de que os alumnos comprendan o diálogo e a reflexión como unha actividade construtiva no descubrimento científico.
AULAS EXPOSITIVAS (36 horas)
Tema 1. Introdución: de Darwin á Síntese Moderna (2 h).
Tema 2. Variación poboacional: da xenética clásica á variación molecular (3 h).
Tema 3. Variación xenética: variación en equilibrio (3 h).
Tema 4. Selección natural (I): modelos básicos e mantemento da variación (5 h).
Tema 5. Selección natural (II): caracteres cuantitativos e modelos complexos de selección (4 h).
Tema 6. Consanguinidade e emparellamento non aleatorio (3 h).
Tema 7. Xenética das poboacións finitas: deriva xenética e tamaño eficaz de poboación (4 h).
Tema 8. Evolución molecular: análise da variación molecular e inferencia filoxenética (4 h).
Tema 9. Efeitos xenéticos da estrutura poboacional (3 h).
Tema 10. Xenética da especiación (3 h).
Tema 11. A macroevolución e a extensión da Síntese Moderna (2 h).
SEMINARIOS (12 horas)
Os seminarios consistirán na resolución de cuestións e problemas representativos de casos reais e hipotéticos mediante a aplicación de conceptos e modelos descritos en teoría. Fomentarase a participación do alumnado na proposta e resolución de problemas.
PRÁCTICAS (5 horas)
As prácticas consistirán na análise cuantitativa de datos experimentais con marcadores xenéticos mediante programas informáticos especificamente deseñados para a resolución de problemas prácticos en xenética evolutiva, actividade que se realizará en relación con artigos científicos publicados en revistas de impacto internacional:
A primeira práctica consistirá nunha análise de estrutura xenética poboacional utilizando marcadores xenéticos codominantes.
A segunda práctica consistirá nunha análise da variación molecular e filoxenética utilizando secuencias nucleotídicas.
TITORÍAS (1 hora)
As titorías consistirán nunha actividade colectiva de presentación da materia e discusión de problemáticas relacionadas cos contidos teóricos e prácticos e cuestións relativas á docencia.
PROBA OBXECTIVA FINAL E REVISIÓN (4 horas)
Proba final obxectiva (2 horas), revisión (2 horas).
Bibliografía básica
• Charlesworth, B., Charlesworth, D. (2010): Elements of Evolutionary Genetics. Roberts & Co.
• Halliburton, R. (2004): Introduction to Population Genetics. Pearson.
• Hartl D.L., Clark, A. G. (2006): Principies of Population Genetics 4th ed. Sinauer.
• Hedrick P.W. (2011): Genetics of Populations 5th ed. Janes & Bartlett.
• Vilas, R., Álvarez, G. (2023): Genética Evolutiva. Síntesis.
Bibliografía complementaria
• Cutter, A. D. (2019): A primer of molecular population genetics. Oxford University Press.
• Hartl D.L. (2020): A primer of Population Genetics and Genomics.Oxford University Press.
• Li, W. S. (1997): Molecular evolution . Sinauer Associates Inc.
• Nei M., Kumar, S. (2000): Molecular Evolution and Phylogenetics. Oxford University Press.
• Saetre, G., Ravinet, M. (2019): Evolutionary genetics.Oxford University Press.
Referencias incluídas nos resumos dos temas.
Coñecementos/contidos: Con03, Con08, Con10.
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D04, H/D05, H/D07, H/D08, H/D10, H/D11.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06, Comp07.
Aulas expositivas: aulas maxistrais de teoría. Dedicaranse uns minutos ao comezo e ao remate de cada sesión para esclarecer dúbidas relativas ao contido da materia ou á organización da docencia.
Aulas interactivas. Constarán de aulas de Seminarios e dúas prácticas de análise bioinformática.
- Os seminarios xeralmente consistirán na aprendizaxe baseada en problemas, debate e estudios de casos. Fomentarase a participación do alunado na proposta e resolución de problemas como criterio de avaliación continua.
- A asistencia ás prácticas é obrigatoria e rexistrarase mediante a recollida de sinaturas.
A resolución de dúbidas poderá facerse de xeito colectivo no tempo dedicado a este efeito en cada sesión docente ou de maneira personalizada no despacho do profesor (previa cita).
Avaliaranse tanto os contidos teóricos da materia como a capacidade de resolución de problemas e cuestións de índole aplicada relacionados coa mesma. Os criterios básicos de avaliación consistirán na demostración de comprensión dos conceptos fundamentais, así como da súa aplicación.
Proba final obxectiva (65-70% da nota final): exame presencial que ten como obxectivo a avaliación de contidos teóricos, así como prácticos demostrados na resolución de problemas. Constará de preguntas tipo proba de respostas múltiplas, problemas e preguntas de desenvolver. É necesario alcanzar unha nota mínima de 4,5 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia e sumar a cualificación da avaliación continua.
Avaliación continua. Constará de:
• Seminarios: contabilizarase a participación activa na proposta e resolución de problemas, e na discusión e debate de cuestións relacionadas coa materia.
• Probas voluntarias de avaliación continua. Probas parciais tipo resposta múltipla, de realización non obrigatoria, con vistas á avaliación continua de coñecementos teóricos.
• Prácticas: Realizarase unha proba de avaliación ao remate das prácticas.
Avaliación Continua (30-35 % da nota final):
• Seminarios + Probas voluntarias de avaliación continua: 20-25% da nota final.
• Prácticas: 10% da nota final.
Nos casos excepcionais de concesión de dispensa á asistencia a clase, a avaliación farase mediante proba final obxectiva na convocatoria oficial (100% da cualificación).
A actividade desenvolvida en titorías non se cualificará.
Segunda oportunidade: a metodoloxía de avaliación será a mesma que na primeira oportunidade. Conservaranse as cualificacións da avaliación continua na primeira oportunidade.
Alumnado repetidor: avaliaranse os seus coñecementos teóricos e prácticos (resolución de problemas) mediante o exame final, cualificación que representa un 65-70% da nota final. A avaliación continua será como o resto dos alumnos: seminarios, probas voluntárias de avaliación continua. Caso de telas superadas, conservarán a cualificación das prácticas no curso anterior. Será necesaria a obtención de polo menos 4,5 puntos sobre 10 na proba final obxectiva para superar a materia.
Os resultados da aprendizaxe que se avaliarán serán:
• Proba final obxectiva: Con03, Con04, Con09, Con10, H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D05, Com01, Com02, Com03 .
• Seminarios: Con03, H/D01, H/D02, H/D04, H/D08, H/D10, Com01, Com03, Com06.
• Prácticas: Con10, H/D01, H/D02, H/D07, H/D09, H/D10, Com05.
• Clases maxistrais: 36 horas.
• Seminarios: 12 horas.
• Prácticas de computador: 5 horas.
• Titorías: 1 hora de traballo.
• Exames: 4 horas.
• Traballo persoal do alumnado: 94 horas.
Total: 152 horas.
Recomendase a asistencia a todas a actividades para optimizar a aprendizaxe, os resultados da avaliación continua e a superación da materia.
Será de aplicación o regulamento de asistencia ás aulas vixente na USC.
Recoméndase o aproveitamento dos períodos de consulta durante as aulas como sistema de apoio para clarificar e afondar individualmente naqueles aspectos nos que os estudantes atopen maior dificultade.
A documentación complementaria fornecida polo profesorado debe ser considerada un apoio. Non é uma versión definitiva. Non se recomenda o seu uso para o estudo da materia mas apenas como uma guía de contidos. Em nengún caso é substituto da bibliografía recomendada na guía docente da materia e nas proprias aulas.
O alumnado terá ao seu dispor unha aula virtual na que poderá acceder a contidos e materiais complementares de apoio á docencia e ás ferramentas de avaliación continua (ex. realización de cuestionarios, entrega de tarefas,...). Esta vía tamén será utilizada como medio de comunicación preferente entre a equipa docente e o alumnado.
Fica prohibida a distribución, por calquera medio (p.e. páxinas web, fotocopias,...), do material docente dispoñíbel no Campus Virtual a persoas alleas ao curso sen o consentimento expreso do profesorado.
As regras básicas para o uso de ferramentas de intelixencia artificial xenerativa son as seguintes:
(i) Transparencia: o seu uso e finalidade deberán declararse expresamente (por exemplo, revisión estilística dun texto, resumo de contidos, xeración de código ou resolución de problemas). Non se considera admisível o seu uso para a xeración íntegra de textos académicos.
(ii) Responsabilidade: a persoa usuaria deberá revisar, contrastar e verificar os contidos producidos por estas ferramentas, sendo a única responsábel académica dos datos, referencias bibliográficas, erros ou posíveis casos de plaxio derivados do seu uso.
(iii) Autoría: as ferramentas de IA non poderán ser consideradas coautoras dos traballos.
No caso de realización fraudulenta de exercicios, probas ou tarefas, será de aplicación a normativa vixente sobre avaliación do rendemento académico e revisión das cualificacións do estudantado.
Julio Manuel Maside Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881815411
- Correo electrónico
- xulio.maside [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Roman Vilas Peteiro
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- roman.vilas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Leyre Aramburu Gonzalez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- leyre.aramburu.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| Xoves | ||
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| Venres | ||
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| 20.01.2027 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| 20.01.2027 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
| 20.01.2027 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| 17.06.2027 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| 17.06.2027 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARAMBURU GONZALEZ, LEYRE | Castelán |
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MASIDE RODRIGUEZ, JULIO MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VILAS PETEIRO, ROMAN | Castelán |