Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: Clase Interactiva: 0.6 Total: 2.6
Linguas de uso Galego (0.00%)
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Bioloxía Celular, Ecoloxía, Fisioloxía Vexetal, Antropoloxía Física, Xenética, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Favorecer a aplicación integrada dos coñecementos teóricos e prácticos adquiridos no Grao nun contexto profesional real.
Desenvolver competencias profesionais propias do/da biólogo/a, incluíndo capacidades técnicas, analíticas e de resolución de problemas.
Promover a inmersión en contornos laborais reais (empresas, organismos públicos ou centros de investigación).
Potenciar habilidades transversais: traballo en equipo, comunicación, ética profesional e autonomía.
Facilitar a orientación profesional e a inserción laboral do estudantado.
Traballo persoal do alumnado (148 h). Concentrado a comezos do semestre.
Realización de actividades prácticas nun contorno profesional relacionado coa Bioloxía (biosanitario, ambiental, industrial, etc.).
Aplicación de coñecementos relativos ás diferentes materias impartidas nos cursos previos (1º-3º) do Grao en Bioloxía.
Desenvolvemento de procedementos técnicos propios do ámbito das prácticas, protocolos de traballo e normas de seguridade.
Actividades de análise, interpretación de datos e elaboración de informes.
Elaboración dunha memoria final de prácticas.
Titorías: 2 h
Bibliografía básica (orientativa)
Manuais xerais de Bioloxía recomendados nas materias cursadas nos cursos previos (1º-3º)
Protocolos e documentación técnica da entidade onde se realizan as prácticas
Normativa de prácticas externas da USC
Bibliografía complementaria (orientativa)
Artigos científicos relacionados co ámbito específico das prácticas
Manuais de técnicas de laboratorio, campo ou xestión ambiental
Guías de boas prácticas profesionais e de seguridade
Documentación técnica proporcionada polo/a titor/a externo/a
NOTA: A bibliografía concreta dependerá do destino das prácticas, dada a súa natureza personalizada.
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con03, Con04, Con05, Con06, Con07, Con08, Con09, Con10, Con11
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D08, H/D09, H/D10, H/D11, H/D12, H/D13, H/D14
Competencias: Com01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06, Comp07, Comp08
Aprendizaxe experiencial mediante a inmersión nun contorno laboral real.
Titorización dual:
Titor/a externo/a (entidade colaboradora)
Titor/a académico/a (universidade)
Desenvolvemento de metodoloxías activas:
Aprendizaxe baseada en problemas e proxectos
Observación e participación en tarefas profesionais
Integración progresiva en equipos de traballo
Seguimento continuo mediante titorías e avaliación formativa.
Avaliación do titor externo: 60%
Avaliación do titor académico: 40% Baseada en:
A) Memoria final do estudante
B) Entrevista ou seguimento
Criterios de avaliación:
Grao de adquisición de competencias
Calidade do traballo desenvolvido
Actitude, autonomía e responsabilidade
Claridade e rigor da memoria
Capacidade de reflexión sobre a experiencia
Carga total: 6 ECTS = 150 horas
Traballo na entidade (actividade práctica): ~148 horas
Titorización académica: ~2 horas
Distribución:
Actividade presencial en empresa/institución: maioritaria
Traballo autónomo (memoria, aprendizaxe): significativo
Escoller prácticas acordes cos intereses científicos/profesionais
Manter unha actitude proactiva e implicación nas tarefas
Rexistrar de forma sistemática as actividades diarias
Consultar bibliografía técnica para comprender mellor o contexto
Seguir as indicacións dos titores externo e académico
Planificar con antelación a elaboración da memoria
Facer uso das titorías para resolver dúbidas
Empregar a bibliografía e documentación proporcionada
Materia obrigatoria de 4º curso (6 ECTS) dentro do plan de estudos.
Require ter superado un mínimo de créditos (≈150 ECTS) para a súa realización.
Pode desenvolverse en empresas, organismos públicos ou privados e centros de investigación ou instalacións universitarias.
O/ a estudante deberá ser consciente de que o TFG e as Prácticas Externas non poderán realizarse simultaneamente no tempo, e os contidos deben ser completamente diferentes.
Coñecementos previos necesarios: materias dos 3 primeiros cursos do Grao en Bioloxía.
Comunicación co alumnado: a comunicación do titor cos/as estudantes realizarase a través do correo electrónico ou mediante a aplicación MS Teams.
IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta da memoria das prácticas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións. Esta sinala que a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o estudantado infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados (por exemplo, de compañeiros do mesmo curso ou de cursos anteriores) ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen cita aos autores e ás fontes.
Declaración de uso da IA
No caso de empregar ferramentas de intelixencia artificial durante a elaboración da memoria de prácticas, deberá declararse o seu uso e especificar que ferramentas foron empregadas no documento entregado por escrito.
Prohibición
Tamén queda terminantemente PROHIBIDA a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e SEN CONSENTIMENTO EXPRESO do profesor, de calquera material docente (apuntamentos, etc.) colgado na plataforma MS Teams.