Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Ter un coñecemento profundo dos diversos enfoques e modelos de planificación de plans e accións formativas, das formulacións teóricas que subxacen a cada uno deles e das vantaxes e inconvenientes que implica o seu uso.
2. Coñecer e saber desenvolver as diversas operacións que require o deseño dun proceso formativo: análise da demanda, contextualización da proposta, diagnóstico de necesidades, establecemento dos obxectivos e as prioridades, selección e secuenciación das accións e metodoloxías a empregar, selección e/ou deseño dos recursos, valoración dos custes, deseño dos dispositivos para a avaliación do proceso e dos resultados.
3. Estar en condicións de analizar os diversos compoñentes de propostas formativas realizadas desde diversas instancias (nacionais e internacionais) valorando a súa coherencia interna, a súa adaptación ao destinatariado e a súa viabilidade.
4. Asesorar e xestionar a planificación, desenvolvemento e avaliación de programas de formación.
5. Realizar orzamentos de accións e plans de formación.
- Bloque I: Sentido da formación na actualidade: condicionantes estruturais, persoais e institucionais da formación; marco normativo legal e institucional; a evolución da formación; modalidades, escenarios e oportunidades de formación no contexto actual.
- Bloque II: Planificación dos procesos formativos: modelos e enfoques da formación; fases da planificación: fundamentación e contextualización da proposta; establecemento de competencias, obxectivos e prioridades, selección de contidos, metodoloxía formativa, estimación de recursos, valoración de custes e deseño da avaliación; a planificación e os seus ámbitos; proxectos, plans e programas.
-Bloque III: Avaliación na formación: concepto e modelos; análise de necesidades; dimensións; instrumentos e axentes; posibilidades e límites da avaliación.
Bibliografía Básica:
Cano, E. (2015). Evaluación de la formación. Algunas lecciones aprendidas y algunos retos de futuro. Revista Educar, 51(1), 109-125. https://doi.org/10.5565/rev/educar.684
Fernández, C. (2004). Un enfoque pedagógico para el diseño de programas de formación en contextos organizativos. Teoría de la Educación, 16, 109-144. https://doi.org/10.14201/3089
González-Sanmamed, M., Sangrà, A., Souto-Seijo, A., & Estévez, I. (2018). Ecologías de aprendizaje en la Era Digital: desafíos para la Educación Superior. Publicaciones, 48(1), 25-45. https://doi.org/10.30827/publicaciones.v48i1.7329
Sánchez González, M. (2021). Diseño/adaptación de programas formativos a e-learning: claves y toma de decisiones. En M. Sánchez González (Coord.), #DIenlínea UNIA: guía para una docencia innovadora en red (pp. 43–67). Universidad Internacional de Andalucía.
Fleitas Triana, M. S., & Medina, L. A. H. (2019). La medición del impacto en las capacitaciones: una herramienta eficaz dentro de la empresa. RECUS: Revista Electrónica Cooperación Universidad Sociedad, 4(2), 24-32. https://doi.org/10.33936/recus.v4i2.2025
Bibliografía Complementaria:
Alles, M. (2019). Formación, Capacitación, Desarrollo-Volumen 1: Diseñar, planificar e implementar actividades formativas efectivas y eficaces mirando al 2030/2040 (Vol. 1). Ediciones Granica.
Andrés, M.P. (2005). Gestión de la formación en la empresa. Pirámide.
Bjornavold, J. (2002). Evaluación y reconocimiento del aprendizaje no formal en Europa. Principales tendencias y retos. Formación XXI, 3, 12-21.
Fernández, J. T. (2007). Estrategias formativas en contextos no formales orientadas al desarrollo socioprofesional. Revista Iberoamericana de Educación, 43(6), 1-12.
Fernández, J. T., & Bueno, C. R. (2016). Evaluación de competencias profesionales en educación superior: retos e implicaciones. Educación XX1, 19(1), 17-37. https://doi.org/10.5944/educXX1.12175
Gairín, J. (2010). La evaluación del impacto en programas de formación. REICE. Revista Electrónica Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 8(5), 19-43. http://www.rinace.net/reice/numeros/arts/vol8num5/art1.pdf
Gairín, J. (2011). Formación de profesores basada en competencias. Bordón. Revista de pedagogía, 63(1), 93-108.
García, J., & Sabater, R. (2004). Fundamentos de dirección y gestión de Recursos Humanos. Thomson.
Giménez, V., & Tejada, J. (2007) (Coords.). Formación de formadores. Escenario institucional. Thomson.
Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento: La educación en la era de la inventiva. Octaedro.
Hinojo Lucena, F. J., Aznar Díaz, I., & Romero Rodríguez, J. M. (2020). Factor humano en la productividad empresarial: un enfoque desde el análisis de las competencias transversales. Innovar, 30(76), 51-62. https://doi.org/10.15446/innovar.v30n76.85194
Lamata, R. (2003). La construcción de procesos formativos en la educación no formal. Narcea.
Loaiza-Aguirre, M. I., & Andrade-Abarca, P. S. (2021). Análisis de programas de desarrollo profesional del profesorado universitario. Revista Virtual Universidad Católica del Norte, (63), 161-195. https://www.doi.org/10.35575/rvucn.n63a7
López, J. (2005). Planificar la formación con calidad. CissPraxis.
Navío, A. (2005). Las competencias profesionales del formador: Una visión desde la formación continua. Octaedro.
Pineda, P. (2002). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel.
Sangrà, A., Guitert Catasús, M., & Behar, P. A. (2023). Competencias y metodologías innovadoras para la educación digital. Revista iberoamericana de educación a distancia, 26 (1), 9-16.
Tejada. J., & Ferrández, E. (2007). La evaluación del impacto de la formación como estrategia de mejora en las organizaciones. Revista Electrónica de Investigación Educativa, 9(2), 1-15. http://redie.uabc.mx/vol9no2/contenido-tejada2.html
Vera Millalén, F. (2016). Infusión de habilidades blandas en el currículo de la educación superior: clave para el desarrollo de capital humano avanzado. Revista Akadèmeia, 15(1), 53-73. https://revistas.ugm.cl/index.php/rakad/article/view/137
Virgós Sánchez, M., Burguera Condon, J. L., & Pérez Herrero, M. D. H. (2022). La Formación Profesional Dual en la empresa desde la perspectiva de sus protagonistas. Revista complutense de educación, 33(1), 27-39 https://dx.doi.org/10.5209/rced.70992
COMPETENCIAS XERAIS
CG2 - Expor e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo).
CG3 - Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
CG4- Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
CG5 - Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
CG6 - Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
CG7 - Ter iniciativa na intervención en contextos complexos, resolver situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB6 - Adquirir e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, frecuentemente nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes sexan quen de aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en situacións novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, comprenda reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes sexan quen de comunicar as súas conclusións, os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo, en gran medida, autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE4 -Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
CE5 - Desenvolver unha actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
CE6 - Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
CE8 - Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e a nichos formativos emerxentes.
CE9 - Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
CE11 - Promover, planificar e dirixir a implantación de procesos e modelos de xestión da calidade.
CE15 - Detectar e avaliar os diferentes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións, e que xeran ou manteñen situacións de exclusión.
Esta materia susténtase nun proceso de aprendizaxe teórico-práctico orientado a que o estudantado coñeza os fundamentos de toda planificación, analice e valore deseños formativos existentes e, a partir diso, elabore propostas eficaces e axustadas a contextos reais. A docencia organízase en coherencia con este enfoque.
Desenvolveranse sesións expositivas, interactivas e titorías. As sesións expositivas proporcionarán o marco teórico e conceptual necesario, mentres que as sesións interactivas centraránse no traballo práctico. Entre as actividades previstas inclúense exposicións por parte do profesorado, debates arredor de lecturas previamente seleccionadas ou temas de interese, resolución de supostos prácticos, estudo de casos, traballos en parellas, en grupo, etc.
O 40 % da materia desenvolverase en modalidade virtual, mediante a participación en foros, sesións asíncronas e o uso de ferramentas dixitais destinadas tanto á creación de contidos como á interacción en rede desde un enfoque académico-profesional.
As titorías, individuais ou grupais, orientaranse a clarificar contidos, resolver dúbidas e acompañar o proceso de aprendizaxe e seguimento da materia.
A metodoloxía adaptarase ás características do grupo-clase, procurando sempre a maior coherencia posible entre a explicación e a comprensión dos contidos, tanto a nivel individual como colectivo. Terá un papel destacado o traballo autónomo do alumnado, xa sexa individualmente ou no marco dos grupos formados na aula.
A proposta de actividades axustarase ao ritmo de desenvolvemento da materia. Para a elaboración dos traballos, será obrigatorio seguir as normas de citación e referenciación da APA, 7ª edición.
A avaliación está centrada no dominio das competencias que se pretenden desenvolver. Neste senso, o alumnado elaborará una proposta formativa en grupo, baseada en competencias e que deberá defender diante das docentes e dos seus compañeiros/as de aprendizaxe. A realización do traballo en grupo é obrigatoria, tanto para alumnado con dispensa, como para alumnado asistente. A formación de grupos organizarase nas dúas primeiras semanas de clase. Se o alumnado non logra formar grupo, será a docente quen asigne ao alumnado aos grupos.
O alumnado poderá elixir libremente a temática obxecto do proxecto, da que deberá ter coñecemento o profesorado para determinar a súa viabilidade. O proxecto en cuestión terá que recoller, polo menos: a análise do contexto, o estudo e priorización das necesidades identificadas, os obxectivos, o establecemento de competencias, a selección de contidos, a estimación de materiais e recursos para acadar os obxectivos (metodoloxía), as estratexias de avaliación, etc. Todas estas cuestións explicaranse nas sesións con máis detalle. É importante ter en conta que os contidos traballados ao longo da materia, tanto dende a vertente teórica como práctica, constituirán a base para a elaboración do devandito proxecto de formación que, neste caso, iniciarase tan pronto comece o proceso de aprendizaxe e rematará na etapa de peche deste.
A cualificación obtida estará constituída pola avaliación do proxecto de formación (60%) e a participación activa nas sesións da aula (40%). Deste modo, a elaboración do proxecto en formato escrito (entregado en tempo e forma), suporá o 40% e a exposición e defensa do mesmo o 20%. Pola outra banda, a participación activa nas sesión de aula (40%) avaliarase a partir da realización das tarefas propostas nas diferentes sesións (presenciais/virtuais), e a actitude no desenvolvemento das clases. Isto último implica que a asistencia a clase é fundamental para o desenvolvemento dalgunhas tarefas que configuran parte do proceso de avaliación.
A avaliación céntrase no dominio das competencias que se pretenden acadar. Neste sentido, o estudantado elaborará unha proposta formativa en grupo, baseada en competencias, que deberá defender diante do profesorado e das súas compañeiras e compañeiros de aprendizaxe. A realización do traballo en grupo é obrigatoria, tanto para o alumnado con dispensa como para o alumnado asistente. A formación dos grupos organizarase nas dúas primeiras semanas de clase. Se o alumnado non consegue formar grupo, será a docente quen asigne as persoas aos distintos grupos.
O alumnado poderá elixir libremente a temática obxecto do proxecto, da que deberá ter coñecemento o profesorado para determinar a súa viabilidade e pertinencia. O proxecto deberá recoller, cando menos: a análise do contexto, o estudo e priorización de necesidades, os obxectivos, o establecemento de competencias, a selección de contidos, a estimación de materiais e recursos para acadar os obxectivos (metodoloxía), as estratexias de avaliación, etc. Todas estas cuestións explicaranse con máis detalle nas sesións presenciais. É importante ter en conta que os contidos traballados ao longo da materia, tanto desde a vertente teórica como práctica, constituirán a base para a elaboración do devandito proxecto de formación, que comezará ao inicio do proceso de aprendizaxe e rematará na etapa final.
A cualificación obtida estará composta pola avaliación do proxecto de formación (60%) e a participación nas sesións de clase (40%). Deste xeito, a elaboración do proxecto en formato escrito (entregado en tempo e forma) suporá o 40% e a súa exposición e defensa, o 20%. Por outra banda, a participación nas sesións de aula (40%) será avaliada a partir da realización das tarefas propostas nas diferentes sesións (presenciais/virtuais), así como da actitude no desenvolvemento das clases. Isto último implica que a asistencia ás clases é fundamental para o desenvolvemento dalgunhas tarefas que constitúen parte do proceso de avaliación.
Cada estudante superará a materia cando obteña, como mínimo, a cualificación de aprobado nas dúas partes da avaliación (proxecto e participación nas sesións de clase). Este sistema manterase tanto na primeira como na segunda oportunidade. Se algunha das partes queda aprobada na primeira oportunidade, gardarase a nota para a segunda, tendo só que avaliárense da parte suspensa.
Nesta materia, a asistencia a clase considérase un requisito para superar a materia, de acordo co establecido no artigo 1.2, opción c) do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 e que producirá plenos efectos a partir do curso académico 2025-2026), polo que se require un mínimo do 90% de asistencia ás sesións programadas.
No caso do alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia, deberá remitir o documento de concesión ás docentes por correo electrónico nun prazo máximo de 10 días naturais desde a resolución. Posteriormente, o alumno ou alumna recibirá as instrucións para a realización dun traballo individual que suporá o 40% da nota final, dada a imposibilidade de participar activamente nas clases presenciais; o 60% restante corresponderase co desenvolvemento do proxecto de formación (igual que os seus compañeiros/as asistentes).
Os traballos individuais ou en grupo do alumnado deberán ser orixinais. A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que poida seguirse contra o/a estudante infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou extraídos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar as autoras e autores e as fontes. (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións – Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
Créditos ECTS: 6
ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS E METODOLOGÍA
Actividades presenciais
Horas de clases expositivas: 12
Horas de clases interactivas: 16
Horas de titorías individuais/grupais: 8
Actividades en liña
Horas para as sesións expositivas (debates sobre lecturas, etc.): 6
Horas para as sesións interactivas: 8
Total: 50
TRABALLO PERSONAL DE CADA ESTUDANTE
Relacionado co traballo das actividades presenciais
Horas de estudo, lecturas recomendadas, elección de temática para o proxecto de formación: 24
Horas de traballo para o deseño do proxecto de formación: análise do contexto, estudo e priorización de necesidades, obxectivos, competencias, e selección de contidos: 34
Horas para a aclaración de dúbidas e para o seguimento do traballo: 10
Relacionado co traballo das actividades en liña
Horas para a lectura crítica de textos (materiais, recursos e avaliación para o proxecto de formación): 14
Horas para a presentación e defensa do proxecto de formación: 18
Total: 100
*Total de horas de tempo de estudo e de traballo persoal (lecturas recomendadas; elaboración, defensa e debate do proxecto, etc.): 150
O alumnado que curse esta materia terá que realizar unha lectura atenta e crítica dos textos suxeridos polas docentes, para así manexarse de modo preciso nos conceptos propios da disciplina e as súas aplicacións prácticas. Tamén resulta convinte que o alumnado participe activamente nas tarefas de aula propostas, tanto presenciais como virtuais.
Recoméndase a utilización das titorías para todo aquilo que presente dúbidas e para recibir as aclaracións, apoio e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia, a realización dos traballos que se propoñen, etc.
O traballo continuado ao longo da materia coa realización das tarefas asignadas nos seus prazos, así como o estudo persoal constitúen un alicerce fundamental no proceso de aprendizaxe.
En particular, recoméndase:
- Ler detida, reflexiva e críticamente o programa da materia nos seus diversos apartados.
- Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades que se soliciten en clase.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha axeitada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais.
- Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas pola docente, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia.
Este programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica o requiran.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Promoverase la entrega de traballos en formato dixital. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas tratados nos traballos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos solicitados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Obrigatoriedade de emprego das FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
O alumnado debe utilizar necesariamente o correo electrónico da USC (conta RAI) na súa comunicación co profesorado.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizando ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non adecuada deste.
Maria Del Mar Sanjuan Roca
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813811
- Correo electrónico
- mariadelmar.sanjuan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iris Estevez Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- iris.estevez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
09.01.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
22.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |