Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 170 Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 40 Total: 250
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Obxectivos referidos ao “saber”
a) Coñecer a estrutura da Formación Profesional, así como o seu marco xurídico, os organismos e institucións que a xestionan e imparten:
- Coñecer as organizacións e iniciativas implicadas na formación profesional e na inserción laboral, tanto no ámbito europeo, coma no español e o galego.
- Coñecer a evolución da Formación no ámbito europeo, español e galego nos últimos anos.
- Aproximarse á evolución normativa e práctica do sistema de Formación Profesional.
b) Coñecer en profundidade a conexión existente entre o mundo laboral e a formación profesional, con compresión e manexo dos conceptos propios de ambos os dous contextos:
- Coñecer a evolución e concepción do traballo ao longo da historia.
- Conceptualizar a formación para o traballo.
- Aproximarse ás características esenciais das organizacións para o desenvolvemento da formación e das competencias profesionais.
- Coñecer os programas máis importantes no campo da formación e a aprendizaxe permanente.
2.- Obxectivos referidos ao “saber facer”
a) Comprender as vinculacións do mercado laboral e a formación profesional, manexando o seu marco conceptual e as posibilidades que poida ofrecer aos suxeitos cos que traballa.
b) Recoñecer a influencia de condicionamentos sociais na valoración da actividade laboral e no seu recoñecemento.
c) Manexar e analizar algunhas das fontes lexislativas máis importantes en relación coa Formación Profesional Inicial.
3.- Obxectivos referidos ao “saber ser”
a) Valorar a importancia da investigación, reflexión e capacidade de crítica coa propia práctica.
b) Desenvolver un coñecemento reflexivo e crítico da práctica apoiado na investigación.
- Estrutura dos subsistemas de Formación Profesional.
- Europa e a Formación Profesional.
- Organismos e institucións relacionadas coa Formación Profesional.
- Historia e evolución do traballo. mundo laboral e a formación.
- Traballo, calidade de vida e cidadanía. Formación ao longo da vida.
- Acreditación da competencia. Niveis de Cualificación.
BÁSICA
- Alujas, J.A. (2004). “La formación ocupacional: principal medida del eje de formación de las políticas activas de mercado de trabajo en España”. Boletín Económico de ICE, 2825, 15-28.
- Camas, F. (2007). La formación profesional en los ámbitos educativo y laboral. Análisis tras la LO 2/2006, de Educación, y del RD 395/2007 de Formación Profesional para el Empleo. Pamplona: Aranzadi, SA.
- Ferreiro, X. e Fortes, X. (Coord.) (2021). “Novos desafíos para a FP”. Revista Galega de Educación, 79.
- Psifidou, I. (2014). “Evolución histórica de la Formación Profesional en Europa”. Hist. educ., 33, 353-359. Recuperado de https://revistas.usal.es/index.php/0212-0267/article/view/12642
- Rial, A. (2000). “La formación para el trabajo: nuevos escenarios, nuevos requerimientos de competencias y cualificaciones”, en Monclús, A. (coord.). Formación y empleo: Enseñanza y Competencias. Granada, Comares.
- Sarceda Gorgoso, C. (2008). Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral. Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo.
- Xunta de Galicia. (2008). II Plan Gallego de Formación Profesional. Santiago: Xunta de Galicia.
COMPLEMENTARIA
- Círculo de Empresarios (2007). Formación Profesional: una necesidad para la empresa. Madrid: Artes gráficas Danubio.
- Eurydice (21 de marzo, 2021). Reformas en la Formación Profesional y en la Educación y Formación de Personas Adultas. Recuperado de https://eacea.ec.europa.eu/national-policies/eurydice/content/national-…
- Gallego, D. (1991). “La orientación en la formación ocupacional: delimitación conceptual de la formación ocupacional”. En Actas de las VII Jornadas Nacionales de Orientación Escolar y Profesional: La orientación en el sistema educativo y en el mundo laboral. Madrid: AEOEP.
- García Moreno, J.R. (1991). “Orientación y formación ocupacional”. En Actas de las VII Jornadas Nacionales de Orientación Escolar y Profesional: La orientación en el sistema educativo y en el mundo laboral. Madrid: AEOEP.
- González Fernández, A. e Losada, J.A. (2005). Formación profesional e emprego. Santiago: Xunta de Galicia.
- Green, A.; Leney, T. e Wolf, A. (2001). Convergencias y divergencias en los sistemas europeos de educación y formación profesional. Barcelona: Pomares.
- INEM (2006). Resumen panorámico de los Sistemas de Formación Profesional en España. Informe realizado por el Servicio Público de Empleo Estatal-INEM. Por encargo del CEDEFOP. Madrid: INEM.
- Jato, E. (1998). La formación profesional en el contexto europeo. Nuevos desafíos y tendencias. Barcelona: Estel.
- Jover Torregrosa, D. (1990). La formación ocupacional: para la inserción, la educación permanente y el desarrollo local. Madrid: Popular.
- Rial, A. e Lorenzo, M. (coord.)(2009). A formación para o traballo en Galicia: da ensinanza obreira á profesional. Santiago: Xunta de Galicia.
- Todo FP.es (s.f.). La Formación Profesional actual en el sistema educativo. Recuperado de: https://www.todofp.es/sobre-fp/informacion-general/sistema-educativo-fp…
- Torres, J. M. (1997). “La formación ocupacional”. Herramientas, 49, 10-14.
No desenvolvemento da materia achegarase bibliografía específica e en formato dixital de cada un dos bloques nos que se estruturan os contidos.
1. Competencias xerais
- CG4. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
- CG13. Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
- CG14. Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época.
- CG16. Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
- CG18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a ámbitos educativos novos ou pouco coñecidos.
2.- Competencias específicas
- CEE4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CEE8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- CEE15. En formación profesional, coñecer a evolución do mundo laboral, a integración entre sociedade, traballo e calidade de vida.
- CEE16. En formación profesional, coñecer a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación aos cambios e transformacións que poidan requirir as profesións.
- CEP5. Para a formación profesional, coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.
3.- Competencias transversais
- CT1. Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
- CT2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
- CT3. Potenciar a capacidade para o traballo en ámbitos cooperativos e pluridisciplinarios.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para iso combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborador, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fóra do horario de clase para poder participar dun xeito activo nas diferentes sesións de traballo. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións, con apoio de material audiovisual, relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, busca de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto individual como en grupo.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora a través da guía docente e dun informe de lecturas e materiais.
Farase un uso activo do Campus Virtual da USC e de Microsoft Teams, para comunicarse co alumnado, subir documentación, solicitar tarefas e entregalas, facilitar a colaboración, realizar seguimento das aprendizaxes, etc.
O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos en función de se o alumnado é asistente, ten dispensa aprobada pola Comisión Académica do Máster ou é repetidor/a:
1) Alumnado asistente
A avaliación será continua.
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
-Peso na cualificación: 10%
-Instrumentos de avaliación: control de asistencia, observación da profesora e actividades de aula.
-Indicadores/orientacións para a avaliación: para poder ter cualificación neste apartado é condición necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións, e valoraranse aspectos actitudinais como atención, actitude colaboradora, participación, etc. así como o contido das actividades realizadas.
B. PROBAS DE AUTOAVALIACIÓN
-Peso na cualificación: 40%
-Instrumentos de avaliación: enquisas de autoavaliación ao rematar cada bloque da materia na que se estruturan os contidos.
-Indicadores/orientacións para a avaliación: é necesario, para superar a materia, alcanzar nestas probas unha cualificación mínima de 5 sobre 10 (que se corresponden con 2 puntos sobre 4).
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
-Peso na cualificación: 40%
-Instrumentos de avaliación: Traballos en grupo
-Indicadores/orientacións para a avaliación: Con carácter xeral, valorarase a estrutura do informes entregados, organización da información, calidade lingüística, rigor científico dos contidos, manexo de fontes de información e calidade estética da presentación. Estes indicadores concretaranse de xeito máis específico nas orientacións do traballo que se facilitará ao alumnado ao comezo de curso.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
-Peso na cualificación: 10%
-Instrumentos de avaliación: tomarase en consideración neste apartado a presentación oral dos traballos
-Indicadores/orientacións para a avaliación: calidade e coherencia da presentación e capacidades comunicativas.
Para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
-CUALIFICACIÓN MÍNIMA: para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida no apartado probas de autoavaliación (5 sobre 10) e en informes escritos e outras producións (5 sobre 10).
-ASISTENCIA: controlarase nas sesións de aula. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total), non será cualificado os apartados A, C e D, polo que a súa cualificación poderá ser dun máximo de 4 puntos. Para recibir cualificación neste apartado, ademais de asistir a un mínimo do 80% das horas, debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten individual e grupalmente, así como as que se realicen nas sesións de clase. Estas actividades, que serán consideradas como un control de asistencia, non son recuperables.
RECUPERACIÓN DA MATERIA:
O alumnado que non supere a materia no período ordinario, debe presentarse á convocatoria de 2ª oportunidade. Nesta convocatoria de xuño/xullo non se manteñen as cualificacións do período ordinario, debe presentarse a unha proba específica.
2) Alumnado con dispensa
A avaliación será continua.
- No prazo máximo dunha semana dende a concesión da dispensa pola Comisión Académica do Máster, deberá poñerse en contacto coa profesora responsable da materia. En caso de non facelo antes dunha semana, seguirá as condicións e o sistema de avaliación do alumnado asistente.
- Se lle proporcionará un Plan de Traballo alternativo diferenciado do alumnado asistente. Se concretará nesa primeira semana unha vez concedida a dispensa.
- As probas de autoavaliación terán un peso do 50% na avaliación final. O 50% restante corresponderase cos traballos individuais que se lle propoñan a este alumnado.
- Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida no apartado probas de autoavaliación (5 sobre 10) e en informes escritos e outras producións (5 sobre 10).
3) En canto ao alumnado repetidor, porase en contacto coas profesoras da materia ao comezo do curso escolar, para acordar a ponderación dos traballos. En caso de non facelo antes da primeira semana, seguirá o sistema de avaliación do alumnado de primeira matrícula.
Haberá determinadas actividades de presenza obrigatoria tanto para o alumnado asistente, como para o alumnado repetidor e con dispensa.
Así mesmo, todo o alumnado (asistente, repetidor e con dispensa) que non supere a materia na convocatoria ordinaria, debe presentarse a unha proba final na 2ª oportunidade (mes de xuño/xullo), independentemente do escenario. Non se manteñen as cualificacións do período ordinario.
Todo o alumnado empregará o correo oficial da USC (@rai.usc.es) nas súas comunicacións por correo electrónico coa profesora, así como para empregar as plataformas e medios da USC.
NOTA ACLARATORIA: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos traballos e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ao tratarse dunha materia de 10 créditos ECTS, correspóndenlle 250 horas de traballo del alumnado, que se distribúen en 80 horas de traballo presencial e 165 de traballo autónomo.
- A asistencia continuada ás sesións de aula, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
- É recomendable posuír coñecementos de informática básicos.
- Propoñerse un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
- Mostrar, tanto nas intervencións en clase coma nos escritos, unha actitude ética e de respecto cara aos demais.
- A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase. As alumnas e alumnos que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha xustificación de asistencia ou cunha dispensa de asistencia conforme á normativa universitaria vixente. O estudantado poderá xustificar a falta de asistencia ás actividades académicas por razóns de índole persoal ou familiar, pola realización de deberes inescusables de carácter social debidamente acreditados ou por causas de forza maior. Cando isto suceda a xustificación será considerada apta e suficiente, a falta de asistencia non implicará consecuencias negativas para a avaliación e cualificación do alumnado, debendo concretarse co estudantado os cambios oportunos para a súa realización dentro do período de planificación académica da materia, sempre que sexa posible.
Serán causas xustificadas para a non asistencia: a realización de exames oficiais ou probas selectivas na Administración, a presenza en órganos colexiados universitarios internos ou externos á USC cando se asista en representación do colectivo, o ingreso en centros hospitalarios e as consultas médicas non reprogramables, a enfermidade que impida a presenza física no centro debidamente acreditada; o paro académico ou a folga doutros colectivos cando impida o acceso ás aulas, a enfermidade grave ou o falecemento dun familiar ata o 2º grao debidamente acreditados; o cumprimento dun deber público debidamente xustificado; a limitación oficial de mobilidade por inclemencia meteorolóxica ou estado de alerta, alarma ou excepción; a participación en actividades por parte de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento, conforme á normativa autonómica e á da USC e calquera causa de forza maior debidamente acreditada.
A acreditación de existencia da causa xustificada para a non asistencia a clase deberá realizarse ante o profesor ou profesora no prazo máximo de 5 días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia.
Entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas na programación docente sen necesidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 10% das horas programadas, agás nos casos de actividades de realización obrigatoria.
Actividades complementarias: excepcionalmente poderase xustificar a non asistencia a clase pola realización de actividades formativas de interese institucional para a USC ou que complementen a formación transversal ou específica da titulación. A ausencia por estas causas non poderá superar o 5% das horas programadas para a materia pero deberá cubrir polo menos unha sesión.
Falta de asistencia a probas de avaliación: as causas de xustificación da non asistencia a clase poderán alegarse tamén para xustificar a falta de asistencia a probas de avaliación, agás no caso de deportistas de alto nivel e alto rendemento no que só se flexibilizará o calendario de exames cando coincida coas competicións e con concentracións e adestramentos de seleccións oficiais, xustificados mediante certificación da federación deportiva correspondente.
De existir causa xustificada, o/a estudante terá dereito a realizar a proba noutra data, que se fixará polo profesorado responsable da materia, preferiblemente de forma consensuada co/a estudante afectado/a e sempre con anterioridade á data de peche de actas da correspondente oportunidade. Entre a comunicación da nova data de avaliación e a realización da proba deberá transcorrer, sempre que sexa posible, un mínimo de 2 días hábiles.
Estudantado repetidor: se un ou unha estudante matriculado nunha determinada materia tivese superados os requisitos de asistencia, na programación docente poderase determinar que se someta ao réxime ordinario ou posibilitar que realice actividades específicas para superar a disciplina sen necesidade de acudir a todas as actividades académicas programadas como obrigatorias. Neste último caso recollerase un sistema de avaliación específico.
Solicitude de dispensa de asistencia a clase: nos estudos de Grao e Máster o estudantado poderá solicitar ao principio do curso ou semestre e nas datas establecidas polo centro, ou posteriormente se concorresen causas imprevisibles ou sobrevidas, a dispensa de asistencia a clase, mediante a presentación dunha solicitude motivada ante a dirección do centro, que deberá acompañar dos documentos acreditativos que correspondan.
O/a estudante poderá solicitar a dispensa de asistencia a clase para a totalidade das materias nas que estea matriculado ou, se a programación docente o permite, para unha parte delas ou para determinadas actividades.
Poderase solicitar a dispensa con base nas seguintes causas:
- enfermidade grave ou tratamentos médicos inaprazabres que impiden a presenza do estudante no centro,
- embarazo de alto risco, ter menores a cargo de ata 3 anos de idade e coidado de persoas dependentes a cargo ata o 2º grao de consanguinidade ou oficialidade, debidamente acreditados,
- prestación de servizos por conta allea ou por conta propia debidamente acreditada (alta no Réxime Xeral ou no de Autónomos da Seguridade Social, copia do contrato de traballo ou dos encargos a realizar, copia do pago da última cotización),
- situación de acoso, violencia de xénero ou similar así como supostos de adopción de medidas cautelares ditadas en procesos xudiciais e expedientes disciplinarios e
- calquera causa de forza maior debidamente acreditada a xuízo da Xunta do centro ou Comisión competente.
Alternativas á dispensa de asistencia a clase:
- o estudantado no que concorra algunha das causas para a solicitude de dispensa deberá solicitar simultáneamente un cambio de grupo, agás que polas súas circunstancias non sexa unha opción viable para él ou ela. No caso de non aceptarse o cambio de grupo valorarase a solicitude de dispensa. Terá preferencia o estudantado con obrigas familiares e persoais acreditadas;
- no caso de que a solicitude de dispensa de asistencia a clase non sexa aceptada, o/a estudante, unha vez coñecida a resolución denegatoria, poderá formular ante o Servizo de Xestión Académica unha solicitude extraordinaria de cambio de matrícula nos seus estudos a dedicación parcial. Na resolución desta solicitude teranse en conta os límites fixados respecto ao número máximo de estudantes a tempo parcial na titulación.
- O alumnado que necesite dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que fosen valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas com o ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Alicia Diaz Balado
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- alicia.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Enelina Maria Gerpe Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821070
- Correo electrónico
- emaria.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 28 |
13.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
25.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |