Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar as principais aportacións da observación na etapa de Educación Infantil.
- Coñecer as funcións e fases a seguir no proceso de observación.
- Planear deseños de observación de suxeitos e procesos na Educación Infantil.
- Coñecer as características e aplicacións das principais técnicas e instrumentos de observación.
- Valorar e seleccionar instrumentos de observación axeitados aos nosos fins.
- Comprender as características que debe reunir a observación como técnica para a recollida de datos fiables e válidos.
- Asumir o compromiso de realizar unha observación sistemática.
- Fomentar o compromiso, como maestro/a, coa investigación que permita promover procesos de innovación e mellora.
- Desenvolver capacidades de traballo cooperativo e de construción participativa de coñecemento.
1. A investigación como medio para comprender, mellorar e innovar a práctica docente. O/a mestre/a como investigador/a.
2. Concepto e tipos de observación. A observación da aula de Educación Infantil: finalidades, características e modelos.
3. Modelos e pautas de análises e interpretación da vida da aula no ciclo 0-3 e no ciclo 3-6 de Educación Infantil. Variables e indicadores significativos.
4. A recollida de datos, análises e interpretación de suxeitos e procesos de ensino-aprendizaxe: ·Alumnado: actividades e tarefas, interaccións e recursos; características, necesidades e intereses; · Profesorado: tarefas, modelos didácticos e estilos docentes. · Técnicas de observación e documentación: incidentes críticos, notas de campo, relatos, diarios, gravacións, documentación fotográfica, listas de control, escalas de valoración, entrevistas a nenos e a pais, etc.
5. A documentación na aula de educación infantil. O uso dos recursos tecnolóxicos para a observación, o rexistro e a documentación. Gravación en vídeo, fotografía, gravacións de audio. Software de rexistro e análise de datos.
6. Os proxectos de observación. Fases no proceso observacional. Deseño e desenvolvemento dun proxecto de observación en 0-3 e 3-6.
7. Análise e utilización de escalas estandarizadas específicas de educación infantil.
Bibliografía básica:
-Hernández, R.; Fernández, C. y Baptista, P. (2010). Metodología de la investigación (5ª edic.). McGrawHill
-Navarro, E., Jiménez, E., Rappoport, S., y Redondo y Thoilliez, B. (2017). Fundamentos de la investigación y la innovación educativa. UNIR editorial. https://www.unir.net/wp-content/uploads/2017/04/Investigacion_innovacio…
-Piñas Postill, C. (2014). Observación infantil y planificación educativa. Narcea
-Tomé, M. (coord) (2019). Observación sistemática y análisis de contexto para la innovación y la mejora en Educación. Ediciones Paraninfo.
Bibliografía complementaria:
-Angrosino, M. (2012). Etnografía y Observación participante en Investigación Cualitativa. Morata.
-Aragón, V. (2010). La observación en el ámbito educativo. Innovación y Experiencias Educativas, 35, 1-10. https://goo.su/Usqdz
-Boronat, J. (1997) La investigación-acción y el pensamiento del profesor en las aulas de educación infantil. Revista (electrónica) interuniversitaria de formación del profesorado, 1 (0). http://www.uva.es/aufop/publica/actas/viii/edinfant.htm
-Bisquerra, R. (Coord.) (2004). Metodología de la Investigación Educativa. La Muralla.
-Bradford, H. (2014). Observación infantil y planificación educativa. Narcea
-Croll, P. (2000). La observación sistemática en el aula. La Muralla.
-Flick, U. (2015). El diseño de investigación cualitativa. Morata.
-González Tello, M. (1996). Observación y evaluación en el segundo ciclo de educación infantil. Registro muestrario de fechas. Escuela Española.
-Herrero Nivela, M. L. (1997). La importancia de la observación en el proceso educativo. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 1(0). http://www.uva.es/aufop/publica/actas/viii/
-Morales, M. (2023). La observación de aula: Un instrumento para la mejora educativa a través de la mirada y la escucha. SM
-Páramo Iglesias, M. B. (2016). Qué investigar tras veinte años de estudios en Educación Infantil en el ámbito hispánico. RELAdEI. Revista Latinoamericana De Educación Infantil, 5(2), 158-165. https://revistas.usc.gal/index.php/reladei/article/view/4921
-Peña, B. (2011) Métodos científicos de observación en educación. Visión Libros.
-Peña Acuña, B. (2020). La observación como herramienta científica. ACCI.
-Sánchez, M. J.; Blas, H. y Tujague, M. P. (2007). El Análisis Descriptivo como recurso necesario en Ciencias Sociales y Humanas. Fundamentos en Humanidades, 11(22), 103-116. https://www.redalyc.org/pdf/184/18419812007.pdf
-Sandín Esteban, M.P. (2003). Investigación cualitativa en educación. Fundamentos y tradiciones. McGraw Hill.
-Torroba, I. (1991). La observación como técnica de evaluación en la etapa de educación infantil. Revista Complutense de Educación, 2(2), 297-308.
-Verasastegui, M. y Pérez, K. (2021). Miradas que mejoran. Guía para la observación de la práctica educativa. Fundación Promaestro. https://promaestro.org/miradas-que-mejoran/
Competencias Básicas e Xerais
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Específicas para o Módulo de formación básica
E23- Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
E24- Dominar as técnicas de observación e rexistro.
E25- Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
E26- Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
Competencias Transversais
T3- Acadar un coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía a seguir será de carácter activo e participativo e propiciará un aprendizaxe significativo dos contidos. Con este propósito, combinaránse sesións expositivas dirixidas á adquisición dos coñecementos básicos da materia con sesións interactivas nas que se desenvolverán actividades de tipo práctico en pequeno grupo que permitan ao alumnado a adquisición de habilidades no manexo das distintas técnicas de observación sobre o suxeito e os procesos educativos.
Cun carácter mixto, poderán incluirse, na medida en que sexa posible, prácticas de campo (con visitas a escolas de educación infantil),seminarios, charlas de persas expertas, etc. que amplíen as oportunidades de adquirir un coñecemento actualizado relacionado coa práctica profesional.
Así mesmo, empreganrase diferentes materiais (dixitais, impresos e audiovisuais) que permitirán desenvolver as tarefas planificadas na materia.
Para o desenvolvemento da materia contemplarase o uso do campus virtual da USC no acceso á documentación e información de interese para o alumnado, así como espacio de comunicación.
A avaliación da materia terá carácter formativo e continuo e abarcará os seguintes aspectos:
- Actividades e traballos realizados en grupo no marco das sesións interactivas (60%). En concreto, realizarase un Proxecto de Observación (grupal) que se desenvolverá ao longo do curso e que terá un valor do 50%. Outros exercicios/prácticas terán un valor do 10%. Para superar a materia será necesario ter entregado, en prazo, o proxecto e os exercicios/prácticas e obter a puntuación mínima esixida en cada un.
– Realización dunha proba escrita individual sobre o contido da materia (40%). Para sacar a media cos traballos será necesario obter un mínimo de 2 puntos sobre 4.
Para obter unha valoración positiva da materia será necesario ter entregado e realizado o traballo en prazo así como superar cada unha das partes da materia (actividades e proba individual).
- A asistencia a un 80% das clases (expositivas e interactivas) será preceptiva para poder presentarse á realización do exame e superar a materia (Regulamento de Asistencia a clase nas Ensinanzas Oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobada polo Consello de Goberno do 25 de novembro de 2024, modalidade c).
Todas as cuestións anteriormente expostas serán de aplicación tanto para 1ª como para a 2ª oportunidade. Se algunha das partes queda aprobada en 1ª oportunidade gardarase a nota para a 2ª oportunidade, tendo só que avaliarse da parte suspensa en 1ª oportunidade.
O alumnado con exención oficial de docencia ou dispensa (Regulamento de Asistencia a clase nas Ensinanzas Oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobada polo Consello de Goberno do 25 de novembro de 2024) deberá poñerse en contacto cos/as docentes a principio de curso, onde se lle explicará o proceso de seguimento da materia e avaliación. Así mesmo o alumnado debe comunicar ás docentes a recepción da resolución da exención/dispensa de docencia (documento que debe enviar á docente por email nun prazo de 15 días naturais como máximo desde tal resolución). Na avaliación deste alumnado terase en conta o Proxecto de Observación e actividades (50%) e a proba individual escrita sobre o contido da materia (50%). Para obter unha valoración positiva da materia será preciso alcanzar un mínimo de 2.5 puntos en cada unha das partes.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais a efectos evaluativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
A realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará unha cualificación reprobatoria na convocatoria correspondente, independentemente do proceso disciplinario que poida seguirse contra o estudante infractor. Considerarase fraudulento, entre outros, se: realizar traballos plaxiados ou traballos obtidos de fontes de acceso público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes (Normativa de Avaliación do Rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións -Aprobado polo Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificado o 5 de abril de 2017).
Actividades presenciais
Actividades autónomas
Clase expositiva 24h./35h.
Clase interactiva 24h. / 45h.
Pequeno grupo 3h. / 19h.
Tempos parciais 51h / 99h.
Tempo total: 150h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo acadar os obxectivos e as competencias da materia.
Resulta de gran utilidade:
– Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, salvo dispensa autorizada.
– Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
– Realización e participación activa nas actividades prácticas.
– Traballo do alumno/a de un modo progresivo para alcanzar a comprensión da materia.
– Consulta frecuente da aula virtual.
- Uso das titorías individuais e grupais.
- Os traballos realizados polo alumnado deberán entregarse preferentemente a través da aula virtual.
- Responsabilidade ambiental:
- Evite as tapas de plástico ou outros envases externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, use grapas en lugar de encadernación.
- Imprima as dúas caras en calidade de "aforro de tinta".
- Non use páxinas en branco como divisores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa aos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase empregar unha linguaxe non sexista, tanto no traballo diario da aula como no traballo académico asignado. Pódese obter información sobre isto na ligazón:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Uso obrigatorio da conta de correo electrónico da RAI.
- Uso obrigatorio de ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como institucionais pola universidade.
- Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesor, sendo o alumnado responsable das consecuencias legais e académicas que se poidan derivar dun uso inadecuado do mesmo.
- Ter en conta que a ensinanza-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendido privadamente como un proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o alumnado matriculado na materia.
- Cumprimento obrigatorio da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo RAI
Ana Rodriguez Groba
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- ana.groba [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Margarita Valcarce Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813828
- Correo electrónico
- margot.valcarce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01+ Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
27.05.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01+ Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
03.07.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01+ Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |