Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• O1. Entender a importancia das emocións no desenvolvemento psicoeducativo.
• O2. Desenvolver capacidades para entender, regular e xestionar as emocións nun/ha mesmo/a.
• O3. Desenvolver habilidades para entender, regular e xestionar as emocións dos/as demais.
• O4. Deseñar e desenvolver pautas educativas que favorezan a expresión emocional e o manexo positivo das emocións.
• Emocións (definición; compoñentes das emocións; tipos e funcións).
• Intelixencia Emocional (definición; modelos).
• Educación Emocional (definición; contidos e procedementos; competencias emocionais; programas de educación).
• Desenvolvemento emocional do profesorado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. Bisquerra, R. (2011). Educación emocional. Propuesta para educadores y familias. Desclée de Brouwer.
2. Bisquerra, R. (2010). Psicopedagogía de las emociones. Síntesis.
3. Ibarrola, B. (2023). El taller de las emociones. Grijalbo.
4. Montoya-Castilla, I., Schoeps, K., Zegarra, S. P., e Barrón, R. G. (2021). MADEMO. Manual de educación emocional para docentes. Comercial Grupo ANAYA, SA.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. Acosta, A. (2008). Educación emocional y convivencia en el aula. MEC.
2. Alvarez, M. (2011). Diseño y evaluación de programas de educación emocional. Wolters Kluwer.
3. Baena, G. (2005). Como desarrollar la inteligencia emocional: guía para padres y maestros. Trillas.
4. Bisquerra, R. (2010). Educación emocional en la práctica. ICE Horsori.
5. Camara, S. (2012). Actividades para el desarrollo de la inteligencia emocional en los niños. Parramón.
6. Fernández, J. (coord.) (2007). Guía para la convivencia en el aula. Wolters Kluwer.
7. Hué, C. (2008). Bienestar docente y pensamiento emocional. Wolters Kluwer
8. Lantieri, L. (2009). Inteligencia emocional infantil y juvenil. Aguilar.
9. López, E. (2011). Educar las emociones en la infancia: reflexión y propuestas prácticas. Wolters Kluwer.
10. López, L. (2007). Relajación en el aula: recursos para la educación emocional. Wolters Kluwer.
11. Martínez, J. A. (2010). Relación de la inteligencia emocional con otras variables personales del alumnado y con los logros académicos. Universidad de la Laguna.
12. Renom, A. (coord.) (2008). Educación emocional: programas para la educación primaria (6-12 años). Wolters Kluwer.
13. Rodríguez, M. A. (2008). Inteligencia emocional y social en el aula. Brief.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación duna forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS XENERAIS
CX2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. Promover e facilitar os aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
CX4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadanía.
CX5 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto as demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE22 - Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
CE20 - Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas.
Proponse o desenvolvemento dunha metodoloxía activa e participativa, potenciando o traballo autónomo do alumnado. Tanto as clases expositivas coma as interactivas pretenden situar ao alumnado nun contexto específico do seu desenvolvemento profesional que ten como obxectivo a formación no ámbito da educación emocional.
As actividades co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizaxes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual.
As actividades en grupo mediano teñen como obxectivo favorecer a docencia interactiva, cun peso a miúdo importante do traballo en equipo, favorecendo a cooperación e o intercambio de experiencias. Son adecuadas para un maior protagonismo do alumnado, en ocasións servíndose de recursos audiovisuais e/ou informáticos para buscar información, realizar presentacións, reflexión nos subgrupos, postas en común, e desenvolvendo outro amplo abanico de tarefas diversas relacionadas con métodos como o desenvolvemento de proxectos, estudo de caso, xogo de roles, discusión, etc., ou unha experiencia ou prácticas específicas a desenvolver. Inclúense tamén aquelas actividades nas que se avalíen as aprendizaxes e o ensino en grupos medios.
As actividades en pequeno grupo ou individuais serán preferentemente en grupos de tamaño reducido ou mesmo titorías individuais. Implican unha atención máis personalizada por parte do profesorado, con actividades como a discusión ou comentario de determinados traballos, diálogo sobre cuestións dubidosas ou sobre temas de interese, comentario e orientación sobre lecturas e traballos escritos máis específicos, en función das características e necesidades máis particulares.
Ademais das presentacións escritas elaboradas polo profesorado, o alumnado contará con bibliografía básica online, libre, para o traballo autónomo dos contidos da materia. Todos os materias estarán dispoñibles no Campus Virtual. Asemade, para algún tema específico cargarase algún capítulo da bibliografía complementaria máis relevante.
A cualificación global do alumnado na materia provirá de:
• A participación do alumnado no desenvolvemento da clase: 10% da cualificación.
• Os traballos individuais realizados sobre os contidos teóricos tratados na materia nas sesións expositivas: 50% da cualificación (é preceptivo ter aprobado esta parte para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia).
• O traballo grupal realizado nas sesións interactivas: 40% da cualificación. (é preceptivo ter aprobado o traballo realizado nas sesións interactivas para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia).
Para poder ser avaliada/o na materia, o alumnado deberá ter asistido a un 90% das sesións programadas e ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% dos traballos requiridos. A non realización das actividades propostas nas sesións expositivas ou nas sesións interactivas levará consigo unha cualificación de "non presentado". Cando non se superen as actividades vinculadas ás sesións expositivas ou ás sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será de "suspenso" co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación. O alumnado que non supere as actividades vinculadas ás sesións expositivas pero teña aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderá presentarse á segunda convocatoria facendo unicamente unha proba específica na data oficial do exame final. O alumnado que supere as actividades vinculadas ás sesións expositivas pero non teña superada a actividade realizada nas sesións interactivas, na segunda oportunidade será avaliado unicamente desa actividade a través dunha proba práctica a entregar unha semana antes da data oficial do exame.
Tendo en conta o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela. aprobado o día 25 de novembro de 2024 polo Consello de Goberno (https://minerva.usc.es/entities/publication/bfb797a8-db23-4a8e-a8a9-6d0…), infórmase que:
• A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 90% das sesións de clase é obrigatoria.
• Na materia de Educación Emocional as faltas de asistencia teranse en conta na avaliación continua. De realizarse nas sesións de aula actividades que teñan algún tipo de ponderación na cualificación final da materia, o/a estudante que non asista a elas por unha causa xustificada poderá compensar a súa ausencia a través dunha proba a realizar no lugar, hora e data que fixa o centro para a realización do exame oficial da materia, en primeira convocatoria.
Nos casos que se contemplan na normativa da Facultade, os/as estudantes que teñan solicitada e concedida a exención oficial de docencia ou a dispensa de asistencia deben poñerse en contacto co profesorado para indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia, antes do inicio do segundo semestre. Este colectivo realizará as mesmas probas, actividades, traballos monográficos…. que se programen de forma xeral na Guía Docente, salvo aquelas actividades que necesitan da asistencia continuada á clase. Deste modo, trátase de asegurar que se cumpran condicións similares de aprendizaxe tanto para o alumnado asistente como non asistente. A cualificación global do alumnado de dispensa/exención na materia procederá de:
• Os traballos propostos nas sesións expositivas: 50% da cualificación final. É preceptivo ter aprobado esta parte para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
• Os traballos propostos nas sesións interactivas: 50% da cualificación final. É preceptivo ter aprobado o traballo realizado nas sesións interactivas para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación, aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o estudantado infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores/as e das fontes.
A materia ten en torno a 35 horas de clases presenciais, distribuídas en actividades en gran grupo (clases expositivas), actividades en grupo mediano en seminarios (clases interactivas), titorías e actividades de avaliación formativa e sumativa.
Estímase que o alumnado deberá dedicar 90 horas de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo 15 horas de lectura de materiais, 35 horas de elaboración de informes e traballos, e 40 horas de estudo.
Recoméndase que o alumnado curse e supere as materias de Psicoloxía do desenvolvemento 0-3 e 3-6 ou Psicoloxía do desenvolvemento 6-12 do Grao correspondente.
Recoméndase o uso das titorías co profesorado, cuxo horario se especificará na Guía docente da materia e no Campus Virtual da mesma.
INFÓRMASE AO ESTUDANTADO QUE:
• Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
• Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
• Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Zeltia Martínez López
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- zeltia.martinez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Maria Emma Mayo Pais
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813773
- Correo electrónico
- emma.mayo [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 Primaria | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
29.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
29.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
29.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
29.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
06.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
06.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |