Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer o estado actual da Organización dos centros escolares e a súa incidencia nas Ciencias da Educación e da Pedagoxía. Utilizar con precisión os conceptos e a terminoloxía desta materia.
2. Coñecer a estrutura organizativa e administrativa do Sistema Educativo Español e mesmo, do sistema educativo galego no proceso de reforma marcado pola LODE, LOE, LOMLOE. Tendo en conta as propostas lexislativas do goberno do Estado e as súas consecuencias para Galicia para Educación Infantil.
3. Entender que unha organización escolar é, entrar nas institucións educativas non solo nos elementos estruturais senón tamén nas relacións interpersoais e nas relacións de grupo.
4. Analizar criticamente o papel dos distintos factores materiais, funcionais e persoais que interveñen cara a conquerir unha escola e, polo mesmo unha escolarización mais efectiva.
5. Informar das técnicas de dirección, planificación, organización, xestión e control dos centros educativos para facilitalo traballo dos futuros mestres como profesionais da ensinanza.
6. Motivar ao alumnado cara a profesión docente na Educación Infantil, con actitudes de apoio nos procesos de cambio e reforma. A realidade social non é independente das persoas, atopándose sempre nun proceso de “estarse a facer”, obrigando a un serio esforzo de interpretación e, esixe ademais, atención o sistema relacional sobre o que se constrúe a realidade.
7.- Compartir experiencias docentes con mestres/as en activo para coñecer e experimentar os novos roles organizativo-curriculares que se están a dar na escola de EI na actualidade.
8.- Desenvolver habilidades e actitudes e adquirir coñecementos básicos para participar en procesos colaborativos de traballo en grupo e ser quen de desenvolver un pequeno
proxecto de investigación e de recolleita de información, así como saber e poder presentalo diante dos/as compañeiros/as.
1. A escola como organización: Características e dimensións.
2. Marco normativo, estruturas e mecanismos do funcionamento dos centros escolares de educación infantil.
3. Características específicas dos centros de Educación Infantil segundo os ciclos que os integren
4. Proxectos de centro: estrutura, principais dimensións e procesos.
5. Principais roles e funcións que se desenvolven nos centros de Educación Infantil na actualidade.
6. Colaboración, participación e democracia nos centros escolares.
7. Avaliación, xestión e calidade nos centros de Educación Infantil.
- Ameijeiras, R. (2008). Manual de educación infantil: aspectos didácticos y organizativos. Cáceres: Universidad de Extremadura
- Bondioli, A. e Nigito, G. (2011). El análisis y la evaluación de la organización en la escuela infantil. Barcelona: Graó.
- Canton, I. e Pino, M. (2014). Organización de centros educativos en la sociedad del conocimiento. Madrid. Alianza Editorial.
- Carda, R. e Larrosa, F. (2004). La organización del centro educativo. Manual para maestros. Alicante: Club Universitario.
- González, M. T. (Coor.)(2003). Organización y Gestión de Centros Escolares. Madrid: Pearson.
- Madrid, D. y Mayorga, M. J. (2010). Organización del centro de educación infantil nuevos requerimientos en la formación docente de acuerdo al EEES. Málaga: Aljibe.
- San Fabián, J.L. (2011). El papel de la organización escolar en el cambio educativo: la inercia de lo establecido. Revista de Educación, 356, pp. 41-60
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
- Antúnez, S. (1993). Claves para la organización de centros escolares. Barcelona: ICE- HORSORI.
- Bernal, J. (2006). Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva micropolítica. Zaragoza: Mira Editores.
- Bolívar, A. (2007). Cómo mejorar los centros educativos. Madrid: Síntesis. Cano, E. (2003). Organización, calidad y diversidad. Madrid: La Muralla.
- Cardona, J. (2001). Elementos de teoría organizativa del centro escolar. Madrid: Sanz y Torres.
- Gairín/Darder. Organización y gestión de centros educativos. Praxis. Madrid. 1994. Gather, M. e Maulini, O. (2010). La organización del trabajo escolar. Una oportunidad para repensar la escuela. Barcelona: GRAÓ.
- Gento, S. (2002). Instituciones educativas para la calidad total (configuración de un modelo organizativo). Madrid: La Muralla.
- Ibañez, C. ( 2008). El proyecto de Educación Infantil y su práctica en el aula. Madrid: La Muralla.
- Jares,S. Aprender a convivir. Xerais. Vigo. 2001.
- Lorenzo, M. (Coord) (1997). La organización y gestión del centro educativo: Análisis de Casos Prácticos. Madrid: Universitas.
- Martín-Moreno, Q. (2007). Organización y dirección de centros educativos innovadores. El Centro Educativo Versátil. Madrid: McGraw-Hill.
- Martín-Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Madrid: Sanz y Torres.
- Moreno, J. M. (Coord) (2004). Organización y gestión de centros educativos. Madrid: UNED.
Competencias xerais
G4. Promover a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G.9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.11. Reflexionar sobre as prácticas de aula a partir da observación sistemática e da análise dos datos. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promocionalo no alumnado.
G.12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias específicas
E.29.Valorar a importancia do traballo en equipo.
E.30.Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
E.31.Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización
Competencias básicas
Estas competencias son as establecidas polo Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, (MECES).
B.1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
B.3. Que os estudantes teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado.
B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Conocimiento instrumental de las tecnologías de la información y de la comunicación.
A metodoloxía será variada en función do tipo de agrupamento. En todo momento seguirse unha metodoloxía activa e participativa por parte do alumnado. O mestre/a actuará como mediador/a das aprendizaxes, proporcionando os recursos e explicacións necesarias para que o alumno/a alcance os obxectivos e competencias propostos, e sexa quen de traballar os contidos sinalados.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados pola profesora tanto a través da guía docente e dun dossier de lecturas e materiais en formato impreso e a través da plataforma virtual
Seguindo a ficha da materia na Memoria do grao, a avaliación da materia tomará en consideración os seguintes aspectos:
A. Participación nas actividades da aula das sesión expositivas (10%).
A asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria; con todo, nelas realizaranse tarefas que poderán ser valoradas cun máximo de 1 punto sobre 10 na cualificación final da materia.
B.- Probas específicas (50%).
Neste apartado tomaranse en consideración os resultados dunha proba ao remate do período lectivo dos contidos abordados ao longo do curso.
Instrumento de avaliación: proba específica escrita (probas que constarán de preguntas cortas e/ou comentario crítico sobre un texto).
Indicadores/orientacións para a avaliación: Coñecemento dos contidos básicos. Conexións lóxicas e reflexivas entre os contidos abordados. Corrección e concreción no uso da linguaxe escrita.
C.- Informes e outras producións escritas (30%).
Neste apartado tomaranse en consideración as producións escritas en pequeno grupo, resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e de titorías que se vaian realizando ao longo do curso. O profesor/a da materia dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos.
Proporase un traballo- informe final e unha exposición con medios dixitais para que o alumnado teña unha visión xeral do investigado.
Instrumento de avaliación: plantillas de avaliación, informes de seguimento.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Calidade científica das producións; corrección no uso das diferentes linguaxes, actitude e participación no traballo colaborativo, participación en titorías e seminarios concretos.
D.- Presentacións Orais (10%).
Aqueles traballos que previamente se establezan, exporanse no grupo interactivo ou no gran grupo.
Instrumento de avaliación: exposición de informes.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Participacíón e actitude axeitada durante as presentacións e exposicións dos distintos grupos. Calidade estética e expositiva nas presentacións. Participación de todo o grupo colaborativo. Breve ficha resumo do traballo e da reflexión do grupo sobre a súa elaboración.
Alumnado con dispensa:
Debe poñerse en contacto co docente ao inicio de curso.
A.- Probas específicas (50%).
Neste apartado tomaranse en consideración os resultados dunha proba ao final do período lectivo dos contidos abordados ao longo do curso. Instrumento de avaliación: proba específica escrita (probas que constará preguntas curtas e/ou comentario crítico sobre un texto).
Indicadores/orientacións para a avaliación: Coñecemento dos contidos básicos. conexións lóxicas e reflexivas entre os contidos abordados. Corrección e concreción no uso da linguaxe escrita.
B.- Informes e outras producións escritas (50%).
Neste apartado tomaranse en consideración as producións escritas. O alumnado deberá complementar unha serie de prácticas. O profesor/a de a materia dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos.
A data de entrega concretarase ao comezo do curso e prazo de entrega.
Instrumento de avaliación: persoais de avaliación, informes de seguimento, porfolio de actividades, posibles proxectos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Calidade científica das producións; corrección no uso das diferentes linguaxes.
Con carácter xeral, para obter unha valoración positiva na materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
1. CUALIFICACIÓN MINIMA: Alumnado asistente: Para aprobar será condición indispensable sacar un 30% en informes e producións escritas, un 15% nas probas específicas (exame) e un 5% na presentación oral. Poderán gardarse as notas obtidas nas distintas partes para a segunda oportunidade, na que poderá presentarse novamente ao exame ou realizar a entrega de informes e outras producións escritas no caso de non superalas en primeira convocatoria. Alumnado non asistente: deberá obter un 25% nos informes e producións escritas (sobre 50%) e un 25% no exame (sobre 50%).
2.- ASISTENCIA.- De acuerdo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, establécese que para poder valorar adecuadamente o traballo desenvolvido nas sesións interactivas, será obrigatoria unha asistencia mínima do 80 %, dado o seu carácter práctico e participativo. Pola súa banda, a asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria; con todo, nelas realizaranse tarefas que poderán ser valoradas cun máximo de 1 punto sobre 10 na cualificación final da materia.
3.- ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acode a un mínimo do 50% das sesións presenciais ou aquel que solicita a dispensa ou exención.
4. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode atoparse en unha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final en xullo e/ou entregar os traballos (informes e outras producións escritas). Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade. A participación e a presentación oral non poderán recuperarse na convocatoria de xullo polo que a máxima nota é dun 8 se non obtivo unha cualificación anterior nestes apartados.
É importante ter en conta para a realización dos traballos: orixinalidade, rigor científico, citación bibliográfica, prazos de entrega que poderían ser motivos de anulación dun traballo.
O plaxio constitúe unha falta grave contraria á integridade académica. No caso de detectarse unha porcentaxe de coincidencia superior ao 15 % en calquera traballo presentado —excluíndo bibliografía, citas textuais debidamente referenciadas, portada e outros elementos formais—, dito traballo será cualificado cun 0. Esta medida ten como obxectivo fomentar a honestidade académica e o desenvolvemento do pensamento crítico e orixinal por parte do alumnado.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 h de traballo do alumno/a. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
- Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
- Actividades interactivas: 24 h
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado fora da aula: 99 horas
Total: 150 horas
1. Ter cursado previamente as materias de 1º curso, especialmente: Didáctica e Profesión docente, Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación Infantil, e Observación e análise: suxeitos e procesos educativos.
2. A asistencia continuada ás sesións presenciais, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
3. Plantexarse un estudo comprensivo e non memorístico da materia
4. Amosar, tanto nas intervencións en clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa Infancia. Non esquezades que vivir a educación é moito máis que saber empregar unhas ferramentas técnicas e didácticas.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero solo se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos entregados presencialmente, individuais ou de grupo, que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
CONSIDERACIÓN AO RESPECTO DA AVALIACIÓN: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de
avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións
Maria Carmen Gomez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 27 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 27 |
03.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
09.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |