Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Contextualizar socialmente as condutas aditivas e as dependencias como unha responsabilidade social.
- Coñecer os referentes teórico-conceptuais, lexislativos e os recursos que se poden empregar en distintos procesos e situacións de adicción e dependencia.
- Coñecer políticas, proxectos e experiencias, europeas, estatais e autonómicas nas adiccións e dependencias.
- Analizar as demandas e necesidades persoais, sociais e laborais de persoas en situación de dependencia.
- Deseñar e avaliar programas, proxectos e recursos socioeducativos de carácter preventivo e para a intervención en persoas con dependencias.
Bloques temáticos:
1. Introdución ás dependencias e ás adiccións: conceptualización, tipoloxías, diagnóstico e modelos de intervención.
2. Adiccións a substancias, a condutas e a persoas: definición, tipos, consecuencias, diagnóstico e intervención socioeducativa.
3. Plans, programas, recursos e iniciativas educativas de carácter institucional e comunitario para a prevención e intervención nas persoas con condutas adictivas e dependencias.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Castillo, A. J. (2011). La intervención educativa en las adicciones. Wanceulen educación.
Echeburúa, E. (1999). ¿Adicciones sin drogas? Las nuevas adicciones: juego, sexo, comida, compras, trabajo, internet. Desclée De Brouwer.
Echeburúa, E., e Requesens, A. (2012). Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes. Guía para educadores. Pirámide.
Pérez del Río, F., e Martín, I. (2007). Nuevas adicciones: ¿adicciones nuevas? Intermedio Ediciones.
BIBILIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Becoña, E., e Martín, E. (2004). Manual de intervención en drogodependencias. Síntesis.
Bobes, J., Casas, M., e Gutiérrez, M. (Eds.). (2011). Manual de trastornos adictivos. Enfoque Editorial.
Burgos Jiménez, R., Añaños-Bedriñana, F., e Jiménez Ríos, F. (2020). La sexualidad y el consumo de drogas en el ocio nocturno juvenil: un estudio de casos en Granada. Revista inclusiones, 7(2), 557-577.
Castillo, A., Cabrerizo, J., e Rubio, M. J. (2011). La práctica de la evaluación en la intervención socioeducativa: Materiales e instrumentos: Vademecum del educador social. Pearson Educación.
Echeburúa, E., e De Corral, P. (2010). Adicción a las nuevas tecnologías y a las redes sociales en jóvenes: un nuevo reto. Revista Adicciones, 2(22), 91-96.
Echeburúa, E., Labrador, F. J., e Becoña, L. (Coords.). (2009). Adicción a las nuevas tecnologías en adolescentes y jóvenes. Pirámide.
Jiménez, L. e Brik, E. (2020). Incremento del Consumo de Psicofármacos en España debido al COVID-19. https://itadsistemica.com/adicciones/incremento-consumo-psicofarmacos-e…
Galán Casado, D., Ramos-Ábalos, E., Turbi Pinazo, A., e Añaños, F. (2021). Salud mental y consumo de drogas en prisiones españolas. Una perspectiva de género. Psychology, Society, & Education, 13(1), 85-98. ISSN:1989-709X.
García, J. A. (2013). Adicciones tecnológicas: el auge de las redes sociales. Health and Addictions, 13(1), 5-14.
Gilpérez, P., Brandín, C., González, S. G., e García, M. M. (1995). La prevención de las drogodependencias en la educación secundaria obligatoria. Revista galega de psicopedagoxía, 7(10-11), 19-34.
Líbano M., e Llorens, S. (2012). Adicción al trabajo. Síntesis.
Márquez, M. D. L. C. P., y Medina, F. R. (2020). La prevención de adicciones a sustancias en población infanto-juvenil. El caso de dos municipios andaluces.
Prieto, M. (1999). Para comprender la adicción al juego. Desclée De Brouwer.
Rodríguez, R., Otero-López, J. M., e Rodríguez, R. (2001). Adicción a la compra: análisis, evaluación y tratamiento. Pirámide.
Sánchez Pardo, L. (2015). Prevención del consumo de drogas con perspectiva de género, recomendaciones con base en la evidencia. https://pnsd.sanidad.gob.es/profesionales/publicaciones/catalogo/biblio…
Senent, J. (2009). Intervención socieducativa en grupos. Universidad de Valencia.
Torres, L. M., e Hermosilla, J. M. (2012). El papel de la Educación en el tratamiento de la adicción a la tecnología. Hekademos: Revista educativa digital, 12, 73-82.
PORTAIS WEB:
• European Monitoring Centre for Drugs and Drug Addiction (2024), European Drug Report 2024: Trends and Developments, https://www.euda.europa.eu/publications/european-drug-report/2024_en
• Ministerio de Sanidade (2024). Plan Nacional sobre drogas: https://pnsd.sanidad.gob.es/profesionales/sistemasInformacion/sistemaIn…
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG4. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT4. Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.2. Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os/as educadores/as sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.4. Seleccionar e facer uso de métodos e medios orientados ao coñecemento das realidades educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica profesional.
CE1.5. Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta ás necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.2. Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco á dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.
CE2.3. Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc., que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
Tratarase de estimular a participación activa dos/das estudantes por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades e supostos prácticos sobre as tarefas a desempeñar no eido da acción socioeducativa nas adiccións.
A metodoloxía da ensinanza combinará:
1.- Exposicións realizadas polo profesorado dos contidos fundamentais de cada unidade temática, seguidas de debates dirixidos a unha maior clarificación e axuste terminolóxico e relacional.
As sesións expositivas axudarán ao estudantado a comprender os referentes teórico-conceptuais, metodolóxicos e pedagóxicos que se deben de ter en conta na acción socioeducativa nas condutas aditivas e dependencias. Nas mesmas combinarase a exposición oral na aula coa proxección de vídeos e documentais temáticos, a realización de dinámicas de aula e o posterior debate grupal.
2.- Este coñecemento completarase con actividades en grupo a realizar nas sesións interactivas, que contribuirán a que o estudantado faga uso dos métodos e medios orientados ao coñecemento da realidade das persoas con condutas aditivas ou dependencias, e ao deseño de propostas de intervención para dar resposta socioeducativa ás súas necesidades, ou para facer propostas de intervención socioeducativa de carácter preventivo naqueles grupos ou colectivos da poboación que poidan ser especialmente vulnerables.
Realizaranse en sesións interactivas de seminario nas que o estudantado traballará en grupo e interactivamente os contidos correspondentes a partir da análise de documentos, manexo de técnicas e instrumentos, e resolución de situacións prácticas. O estudantado disporá con antelación das indicacións e materiais para ir realizando as tarefas prácticas segundo o programado. Recoméndase que cada equipo de traballo dispoña polo menos dun dispositivo electrónico para poder desenvolver as tarefas encomendadas.
As actividades de traballo autónomo inclúen, basicamente, o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, e a realización das actividades sinaladas polo propio equipo de traballo para as sucesivas sesións interactivas.
No desenvolvemento da materia utilizarase o campus virtual da USC como contorna de apoio asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo atopar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, temario exposto nas clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración das actividades prácticas a desenvolver nas sesións interactivas, e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o estudantado (en réxime ordinario ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co estudantado, tanto individual como grupal: empregaranse a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: de ser o caso, a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), podería apoiarse na aula virtual.
De ser o caso, na materia poderase contemplar a posibilidade de desenvolver, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación será continua ao longo do curso, para elo teranse en conta os seguintes elementos:
- Asistencia e participación nas sesións de clase (10%).
- Realización dun traballo grupal tutelado polo profesorado (elaboración de temas teóricos) e exposición e dinamización dos mesmos na aula (30%).
- Realización en grupo das actividades propostas nas clases interactivas. En todas elas terase en conta como criterios de avaliación o nivel de logro dos obxectivos de cada actividade e en relación coa adecuación (aspectos formais e de contido) e suficiencia das realizacións do estudantado (30%).
- Exame da materia (30%).
Será preciso superar todas as partes (prácticas e proba individual) para aprobar a materia.
A asistencia a un 80% das sesións considerase un requisito para proceder a avaliación.
Nos casos contemplados na normativa, os/as estudantes poderán solicitar dispensa ou exención oficial de docencia.
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente edición da convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Así mesmo, na realización dos traballos/prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: https://apastyle.apa.org
Datas de exames: no calendario oficial.
EXENCIÓN DE DOCENCIA
O sistema de avaliación do estudantado con exención de docencia na materia será o mesmo que o resto do estudantado.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado con dispensa de asistencia a clase concedida (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela) será avaliado do seguinte modo: 50% realización dun traballo individual con seguimento por parte do profesorado (elaboración dun tema teórico) e 50% o exame da materia.
Unha vez concedida a dispensa o/a estudante debe pórse en contacto co profesorado para establecer un plan de seguimento.
XULLO
O estudantado, de ser o caso, deberá superar as partes pendentes da materia (entrega de traballos prácticos e/ou proba individual).
ESTUDANTADO REPETIDOR
No caso do estudantado repetidor, só terá que presentarse ás partes da materia non superadas no curso anterior (requisito de asistencia, entrega de traballos prácticos e/ou proba individual).
Actividades presenciais:
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas, comentarios de textos e material audiovisual: 20h.
- Prácticas de seminario: comentarios de textos e casos: 8h.
- Prácticas de laboratorio: deseño e presentación de propostas de intervención: 12h.
- Titorías de traballo de curso: 6h.
- Avaliación: 4h.
Horas de traballo persoal do/da estudante:
- Estudo: 40h.
- Lecturas: 14h.
- Elaboración de propostas/traballos: 32h.
- Titorías: 4h.
- Avaliación: 4h.
Para conseguir con aproveitamento os propósitos formativos desta materia é necesario que o alumnado teña alcanzado previamente as competencias básicas adscritas aos tres primeiros cursos do Grao: capacidade de análise da contorna social e cultural das persoas e grupos en situación de risco, coñecemento das ferramentas conceptuais básicas da profesión de Educador/a Social.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia das prácticas, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares de las estudiantes, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a visibilización das achegas científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias estudantas e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do estudantado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Será obrigatorio cumprir coa normativa vixente na USC para a protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
COMUNICACIÓN
O estudantado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
Horario de titorías do profesorado: exposto nos despachos, na aula virtual e na páxina web da Facultade.
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre os docentes e o estudantado matriculado na materia.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Para facilitar un axeitado desenvolvemento da docencia nesta e noutras materias, é conveniente que respectemos os horarios de entrada e saída da aula. En consecuencia, por razóns organizativas e de respecto aos demais, espérase de todas/os que fagamos o esforzo de ser puntuais.
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos docentes, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Rebeca Garcia Murias
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881 8-138
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
02.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |