Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é sentar as bases conceptuais e metodolóxicas da orientación educativa, posibilitando que o estudantado adquira aquelas competencias necesarias (coñecementos teórico-prácticos, habilidades e actitudes) que favorezan a súa futura actuación profesional neste campo. Os obxectivos principais da materia son:
- Coñecer os principios, funcións e ámbitos da orientación educativa.
- Coñecer e diferenciar os principais modelos de intervención orientadora.
- Comprender a estrutura organizativa e funcional da orientación educativa en Galicia e tomar contacto coa realidade profesional da orientación.
- Identificar e coñecer as áreas, contextos e procesos da orientación educativa, así como a aplicación dos diferentes recursos para a intervención.
- Introducirse no deseño, implementación e avaliación de programas e recursos de orientación en contextos educativos.
- Coñecer e aplicar estratexias e técnicas de acción titorial.
- Adquirir e desenvolver actitudes que favorezan o desempeño profesional neste campo.
I. MARCO CONCEPTUAL E MODELOS DE INTERVENCIÓN DA ORIENTACIÓN EDUCATIVA
1.- Delimitación conceptual. Principios, funcións e procesos da orientación educativa.
2.- Enfoques teóricos e modelos de intervención orientadora.
3.- O modelo de intervención por programas.
II. INSTITUCIONALIZACIÓN E ORGANIZACIÓN DA ORIENTACIÓN EDUCATIVA
4.- Organización e funcionamento dos servizos de orientación. O sistema de orientación en Galicia.
III. ÁREAS E RECURSOS DE ACTUACIÓN EN ORIENTACIÓN
5.- A acción titorial.
6.- Orientación educativa nos procesos de ensino-aprendizaxe.
7.- Orientación educativa na atención á diversidade.
8.- Orientación académico-profesional.
9.- Orientación educativa para a prevención e o desenvolvemento humano.
10.- Técnicas e recursos de intervención orientadora.
IV. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DA ORIENTACIÓN EDUCATIVA
11.- Contextos profesionais. Ética profesional e códigos deontolóxicos. Asociacionismo e redes de traballo.
Bibliografía básica:
Decreto 120/1998, de 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, Diario Oficial de Galicia, 79, de 27 de abril de 1998, 4321-4325. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980427/AnuncioB71A_gl.html
González, A. e Vélaz de Medrano, C. (Eds.). (2014). La acción tutorial en el sistema escolar [Recurso electrónico]. UNED.
Grañeras, M. e Parras, A. (2008). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas. Ministerio de Educación, Política Social y Deporte/CIDE. https://diversidad.murciaeduca.es/orientamur/gestion/documentos/inv2008…
Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998. Diario Oficial de Galicia, 147, de 31 de xullo de 1998, 8861-8869. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980731/Anuncio107CA_gl.html
Bibliografía complementaria:
Aguaded, M.C. (2020). Modelos de intervención en orientación educativa. Educar y orientar, 12, 21-25. https://www.copoe.org/revista-copoe-educar-y-orientar/n12-junio-2020
Álvarez, J. e Álvarez, M. (2022). Tutoría y orientación en secundaria. Recursos para la intervención. Pirámide.
Bellido-Cala, J. A. (2021). Participación de las familias, acción tutorial y orientación desde la justicia social. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 32(1), 76-91. https://revistas.uned.es/index.php/reop/article/view/30741
Cano, R. (2013). Orientación y Tutoría con el alumnado y las familias. Biblioteca Nueva.
Cobos, A. (2022). Manual de orientación educativa. Teoría y práctica de la Psicopedagogía. Narcea.
Navarro, Mª T. (2020). La coordinación de la orientación educativa con otras instituciones: en busca de un marco legal. AOSMA, 29, 95-103. https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/7666022.pdf
Pérez, M.J. (2021). Herramientas digitales para activar la orientación educativa. En M.C. Romero e O. Buzón-García (Coords.), Innovación e investigación docente en educación (pp. 828-853). Dykinson.
Sandoval, M. (2019). Educación inclusiva y atención a la diversidad desde la orientación educativa. Síntesis.
Sobrado, L. M., Fernández, E. e Rodicio, Mª. L. (Coords.). (2012). Orientación Educativa: Nuevas perspectivas. Biblioteca Nueva.
Toscano, M. e Delgado, M. (Coords.). (2023). Orientación educativa para el cambio y el liderazgo. Bases conceptuales y experiencias profesionales. Pirámide
Revistas de interese:
Revista Española de Orientación y Psicopedagogía
http://revistas.uned.es/index.php/reop
Educar y Orientar. Revista da COPOE
https://www.copoe.org/revista-copoe-educar-y-orientar
Revista de Orientación Educativa AOSMA
https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=19798
Portais web de interese:
Portal de Diversidade e Orientación da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/portal/diversidadeorientacion
Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade: http://srpusc.blogspot.com
Portal de Convivencia do Ministerio de Educación y Formación Profesional: http://www.educacionyfp.gob.es/mc/sgctie/convivencia-escolar.html
Confederación de Organizaciones de Psicopedagogía y Orientación de España: https://copoe.org
BÁSICAS:
1B - Que o estudantado teña demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoite encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
XERAIS:
4G- Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
5G - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
6G - Promover e desenvolver accións de orientación en distintos contextos formativos, así como de asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
ESPECÍFICAS:
3.2E -Aplicar e desenvolver estratexias e técnicas de orientación en procesos educativos e formativos.
TRANSVERSAIS:
2T - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
5T- Implicarse activamente na toma de decisións.
Os procesos metodolóxico-didácticos concrétanse en:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou estudantado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual, nas que se traballará a lectura de textos significativos en función da temática de orientación educativa, a análise documental e a revisión de experiencias orientadoras. Para o desenvolvemento e estudo dos contidos teórico-conceptuais, empregarase como texto obrigatorio de referencia o manual de Grañeras e Parras (2008), que figura na bibliografía e que estará dispoñible na aula virtual da materia.
- Sesións interactivas nas que, a través de diferentes metodoloxías de traballo individual e/ou grupal (análise e deseño de programas de orientación educativa, resolución de supostos prácticos, manexo de técnicas e instrumentos, discusións grupais, etc.), realizaranse os traballos grupais (4) que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións...) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada dende cada unha das materias participantes.
O Campus Virtual será empregado no desenvolvemento da docencia como contorna de apoio síncrono e/ou asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo atopar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, instrucións e recursos de apoio para a elaboración de actividades prácticas e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o estudantado (en réxime ordinario, con exención de docencia ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co estudantado, tanto individual como grupal: empregaranse a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), será realizada a través da activación de tarefas a través da aula virtual. Excepcionalmente, podería utilizarse o correo electrónico institucional para a entrega de traballos prácticos.
A avaliación terá un carácter integral e continuo abranguendo todas as actividades colectivas propostas. Neste senso proponse:
- Realización de traballos e prácticas (4) orientados ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde. O seu peso porcentual será do 50%, o que implica que a asistencia a clase é preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames. Polo tanto, é obrigatoria a asistencia a clase como mínimo nunha porcentaxe do 90% das actividades formativas programadas. Con anterioridade á realización das probas, publicarase un listado do estudantado que cumpre este requisito para poder examinarse.
- Realización dunha proba escrita final nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade. O peso específico será do 50% da nota final da materia.
No caso de non superar as diferentes actividades de avaliación, na nota final poñerase a correspondente á proba final escrita.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas. Aquelas actividades non superadas na primeira oportunidade deberán realizarse novamente e ser entregadas na segunda oportunidade.
O estudantado con exención de docencia concedida será avaliado co mesmo sistema de avaliación. Unha vez concedida a exención, o/a estudante debe poñerse en contacto co profesorado para establecer un plan de traballo individualizado de seguimento das clases expositivas.
O estudantado con dispensa de asistencia a clase concedida (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024) será avaliado co mesmo sistema de avaliación, exceptuando a realización de actividades a desenvolver presencialmente con carácter grupal, as cales serán levadas a cabo de xeito individual. Unha vez concedida a dispensa, o/a estudante debe poñerse en contacto co profesorado.
Nota:
Os traballos individuais ou grupais dos/as estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do estudante na seguinte oportunidade (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións -aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Os e as estudantes repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico. As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso académico, non se manterán en cursos posteriores.
Actividades presenciais:
Clases expositivas (presentación, explicación de temas): 22
Prácticas de seminario (manexo de programas e instrumentos, análise de recursos): 16
Titorías de traballo de curso: 7
Avaliación: 5
Traballo persoal do estudantado:
Estudio: 50
Selección de recursos: 10
Elaboración de recursos e programas: 30
A complexidade conceptual, teórica e aplicada da materia aconsella un traballo continuado, procurando, desde o inicio, unha implicación e participación activa nas actividades que se desenvolven e que están dirixidas á avaliación continua.
COMUNICACIÓN:
Cristina Ceinos Sanz. Teléfono: 881813823 // correo electrónico: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es) (coordinadora)
Elena Fernández Rey. Teléfono: 881813696 // correo electrónico: elena.fernandez.rey [at] usc.es (elena[dot]fernandez[dot]rey[at]usc[dot]es)
Horario de titorías: exposto no despacho, na aula virtual e na páxina web da Facultade.
Datas de exames: no calendario oficial.
- Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental: Se as docentes da materia, de ser o caso, solicitan a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encadernacións.
o Empregar a dúas caras o papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre as docentes e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Asistencia a clase: O presente programa axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. No mesmo, expóñense os beneficios de asistencia a clase, entre eles unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, aprendizaxe continua, interacción directa con outros e outras estudantes, así como a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Segundo a normativa indicada, entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas no presente programa sen necesidade de aportar xustificación cando as faltas de asistencia non superen o 10% das horas programadas, excepto nos casos de actividades de realización obrigatoria. No artigo 3 desta normativa, especifícanse as causas xustificadas das faltas de asistencia. Igualmente, nos casos contemplados na normativa, o estudantado poderá solicitar dispensa de asistencia a clase.
- Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Elena Fernandez Rey
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813696
- Correo electrónico
- elena.fernandez.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Cristina Ceinos Sanz
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |