Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Innovación e Creatividade é unha materia optativa de 3 ECTS que forma parte, xunto con Calidade: modelos, enfoques e técnicas do Módulo de Innovación e Calidade e impártese no 2º cuadrimestre do curso.
Os seus obxectivos inscríbense de forma predominante nos seguintes obxectivos do Máster Universitario en Procesos de Formación:
(4º) Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante nichos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización (investigación e innovación educativa).
(5º) Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, a equidade e o respecto aos dereitos humanos.
(6º) Mellorar/completar as competencias transversais dos/as profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) como bases fundamentais da mellora profesional e da calidade das funcións e servizos prestados polos/as especialistas da educación nos seus contextos laborais.
De maneira específica preténdese:
1- Desenvolver a sensibilidade cara ao coñecemento, identificación e práctica de iniciativas innovadoras e creativas.
2- Desenvolver competencias relativas á incardinación da actividade innovadora e creativa en contextos formais e non formais de ensino.
3- Proxectar a intervención innovadora no desenvolvemento de valores e da comunicación verbal.
4- Aplicar as técnicas de creatividade ao deseño e desenvolvemento de procesos formativos on-line e presenciais.
5- Relacionar os procesos de innovación nas instituciones educativas con os sistemas de calidade das mesmas
BLOQUE 1. Conceptualización e tendencias
1.1. Concepto e modelos de innovación e creatividade. Innovación disrutiva e sostible.
1.2. Tendencias en innovación educativa.
1.3. Innovación e calidade. A Influenza de dous procesos
BLOQUE 2. A innovación e a creatividade nos procesos formativos
2.1. Innovación e tecnoloxía educativa para a formación.
2.2. A creatividade nos procesos de formación.
2.3. Principais metodoloxías creativas.
2.4 Avaliación da creatividade.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Asprella, G. (2019). Profesorado universitario y procesos de formación: ¿Cómo se llega a la innovación? Tensiones institucionales y perfiles docentes En Carles Lindín, Marta B. Esteban, Juliana C. F. Bergmann, Núria Castells, Pablo Rivera-Vargas. En I CONFERÈNCIA INTERNACIONAL DE RECERCA EN EDUCACIÓ 2019: Reptes, tendències i compromisos4 i 5 de novembre de 2019 Universitat de Barcelona.
- del Río-Fernández, J. L. (2023). A vueltas con la llamada innovación educativa. Algunas reflexiones para suscitar el debate. Márgenes, Revista de Educación de la Universidad de Málaga, 4(1), 7-19. https://doi.org/10.24310/mgnmar.v4i1.15923
- Molares-Cardoso, J., Badenes-Plá, V., & Maiz-Bar, C. (2024). Creatividad humana vs. creatividad artificial: estudio comparativo entre estudiantes universitarios y chatbots en la generación de ideas. Palabra Clave, 27(1), e27110. https://doi.org/10.5294/pacla.2024.27.1.10
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
- Aguilar, M. J. (coord.) (2012). Creatividad, descubrimiento y futuro. I Congreso Nacional de Investigación en Grado. INVESGRADO 2012. Albacete.
- Burone, I. (2017). Tras los pasos de Sugata Mitra: una experiencia innovadora en un centro educativo. Topos. Para un debate de lo educativo, (9), 21- 31. 16. http://repositorio.cfe.edu.uy/bitstream/handle/123456789/822/Burone%2cI…
- Canelo, J., Junyent, M., & Bonil, J. (2015). Innovación y creatividad para favorecer un pensamiento sistémico-crítico: ideas de alto nivel en la formación inicial de maestros. Foro de Educación, 13(19), 125-140. https://www.redalyc.org/pdf/4475/447544537007.pdf
- De Prado, D. (2004). 18 activadores de la creatividad integral. I.A.C.A.T. https://es.scribd.com/document/654518305/18-ACTIVADORES-de-la-CREATIVID…
- De la Torre, S. (1991). Evaluación de la creatividad. TAEC, un instrumento de apoyo a la Reforma. Editorial Escuela Española.
- García-Peñalvo, F. J. (2015). Mapa de tendencias en Innovación Educativa. Education in the Knowledge Society (EKS), 16(4), 6-23. http://dx.doi.org/10.14201/eks2015164623
- Gil Quintana, J. (Coordinador) (2023). Píldoras de Innovación Educativa en contextos universitarios. Una perspectiva desde la Investigación-Acción. Octaedro.
- López, J. (2010). Sostenibilidad de la innovación en los centros escolares: sus bases institucionales. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 14(1), 10-28. http://www.ugr.es/~recfpro/rev141ART1.pdf
- Macanchí, M. L., Orozco, B. M., & Campoverde, M. A. (2020). Innovación educativa, pedagógica y didáctica. Concepciones para la práctica en la educación superior. Universidad y Sociedad, 12(1), 396-403. http://scielo.sld.cu/pdf/rus/v12n1/2218-3620-rus-12-01-396.pdf
- Mareque, M. & De Prada, E. (2018). Evaluación de las competencias profesionales a través de las prácticas externas: incidencia de la creatividad. Revista de Investigación Educativa, 36(1), 203- 219. http://dx.doi.org/10.6018/rie.36.1.275651
- Rodríguez Espinar, S. (2020). Lights and shadows in the pedagogical training of university faculty in Spain. REDU Revista de Docencia Universitaria, 18(1), 143-168. https://doi.org/10.4995/redu.2020.13183
- Romo, M. (2012). Algunas investigaciones sobre el impacto de la creatividad en el ámbito educativo. En Fundación Botín. ¡Buenos días, creatividad! Hacia una educación que despierte la capacidad de crear (pp. 123-136). Fundación Botín. https://www.fundacionbotin.org/89dguuytdfr276ed_uploads/EDUCACION/creat…
- Trujillo, F., Segura, A. & González, A. (2020). Claves de la innovación educativa en España desde la perspectiva de los centros innovadores: una investigación cualitativa. Participación Educativa. Revista del Consejo Escolar del Estado, 7(10), 49-58.
- Williamson, B. (2019). El futuro del conocimiento. La educación y el conocimiento en la era digital. Morata.
- Zapico Barbeito, M.H., Gewerc, A., & Montero Mesa Mª L. (2010). La construcción colectiva de un Portal web de centro. Una experiencia De innovación sostenible. Profesorado, Revista de Curriculum y formación del profesorado, 14(1). 339-353. http://www.ugr.es/~recfpro/rev141ART18.pdf .
COMPETENCIAS XERAIS:
CG2- Formular e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo/a).
CG3- Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
CG4- Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornos formativos.
CG5- Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
CG7- Ter iniciativa na intervención en contextos complexos e resolver situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
CG8- Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
CG9- Guiarse polo desexo de coñecer e aprender das situacións e das persoas.
CG10- Saber situarse asimilando rapidamente conceptos, ideas e experiencias dándolle un carácter persoal ao aprendido, o que supón curiosidade por saber sobre temas novos e utilizar estratexias para ampliar o coñecemento.
CG11- Actuar con rigor, obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores democráticos.
CG12- Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
CB6- Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7- Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8- Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9- Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10- Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE2- Tomar conciencia do valor social do coñecemento científico.
CE3- Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos.
CE4- Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
CE5- Desenvolver unha actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
CE6- Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
CE8- Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan ás necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
CE9- Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, dende o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
CE10- Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, produtos, profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
CE11- Promover, planificar e dirixir a implantación de procesos e modelos de xestión da calidade.
CE14- Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características de suxeitos e colectivos en relación aos seus coñecementos, destrezas, valores, actitudes así como dos seus comportamentos, necesidades, calidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que de dita detección se derivase.
CE15- Detectar e avaliar os diferentes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións e que son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.
Traballarase cunha multiplicidade metodolóxica, a partir dunha batería de técnicas, procedementos e recursos. É intención que os/as estudantes aprendan a extraer conceptos e feitos pertinentes de diversas fontes para resolver problemas, pensando de modo integrador as súas diferentes dimensións, con autonomía na iniciación no traballo intelectual.
O uso da Aula Virtual será de especial relevancia, debendo entenderse como unha ferramenta esencial a través da que acceder aos recursos e para a comunicación, favorecendo deste modo os procesos de ensino-aprendizaxe.
Unha parte da materia realizarase de maneira non presencial, a través das ferramentas tecnolóxicas institucionais. Máis concretamente, levaranse a cabo actividades de participación individual e/ou en grupo a través de foros onde se analizarán temas de interese e actividades específicas para cada tema que complementen os contidos impartidos nas sesións expositivas online. Cando se requira, será imprescindible activar a cámara e o micrófono.
Ademais, serán fundamentais as titorías de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual a través da plataforma Microsoft Teams. En calquera caso, salvo excepcións previamente acordadas, levaranse a cabo no horario do profesorado sinalado na páxina web da Universidade. Estas sesións servirán ao desenvolvemento teórico-práctico da materia e á orientación dos traballos que se realicen ao longo do curso.
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Porén, nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar a dispensa de asistencia a clase. O alumnado con dispensa debe presentarse ao profesorado ao inicio da materia para coordinar co mesmo o plan de traballo e seguimento.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións ...) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes. E de ser o caso, participación nalgunha actividade de Aprendizaxe-Servizo (ApS) e/ou Proxecto de innovación docente.
A avaliación é contínua, para aprobar a materia o alumnado debe superar cada un do seus apartados na porcentaxe correspondiente:
1) Asistencia, participación activa e achegas nas sesións presenciais e en liña (10%).
2) Desenvolvemento das diversas actividades propostas nas clases como estudos de caso, elaboración de informes e relatos, análise de materiais, representación de roles, vídeoforum, etc. (30%).
3) Realización dun proxecto en pequeno grupo relacionado coa innovación e creatividade nas institucións. Este proxecto suporá como máximo o 50% da cualificación final.
4) Presentación do proxecto realizado (10%).
Para acreditar a materia o alumnado con dispensa de asistencia a clase, deberá realizar actividades complementarias ás anteriores. O alumnado deberá comunicar a situación de dispensa nos 10 días seguintes a concesión. O profesorado convocará a unha titoría para planificar o desenvolvemento e seguimento da materia nos 10 días seguintes. Nesta planificación informarase do sistema de avaliación, especialmente se este é diferente do criterio xeral.
O alumnado de complementos de formación que asista a clase, ten as mesmas condicións que o alumnado regular do Máster.
Para superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:
CUALIFICACIÓN MÍNIMA: para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, debendo obter a cualificación mínima esixida nos seguintes apartados: participación (0,5 puntos), desenvolvemento de actividades (1,5 puntos), proxecto (2,5 puntos) e presentación do proxecto (0,5 puntos).
ASISTENCIA: será obrigatoria a asistencia a clase, como mínimo, do 80% para superar a materia (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da USC, aprobado o 25 de novembro de 2024). As ausencias xustificadas, conforme ao establecido no artigo 3 do Regulamento, deberán comunicarse e acreditarse nun prazo máximo de cinco días hábiles desde que remate a causa. As ausencias que non superen o 10% do total de horas programadas non requirirán xustificación, salvo no caso de actividades obrigatorias. O alumnado con dispensa de asistencia ou exención de docencia terá dereito a un sistema de avaliación adaptado, con garantías de equidade e dereito a obter a máxima cualificación.
O alumnado repetidor poderá seguir o réxime ordinario.
RECUPERACIÓN DA MATERIA: o alumnado que non supere a materia no período ordinario pode atoparse nalgunha das seguintes situacións na convocatoria extraordinaria:
- Se no período ordinario asistiu, polo menos, ao 80% das sesións presenciais, deberá presentar unicamente as actividades non superadas. Neste caso, manteranse as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
- O/a estudante con dispensa concedida que non supere os traballos prácticos (previamente establecidos pola docente e que se irán activando na aula virtual a medida que se desenvolva a materia, supoñen o 100% da cualificación e deben realizarse de forma individual), deberá presentar unicamente as actividades non superadas. Neste caso, manteranse as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
- Tanto o alumnado asistente como o con dispensa concedida, se no período ordinario non obtivo cualificación nalgún dos apartados, participará nunha proba final específica cunha cualificación sobre 10 puntos (exame na data oficial). Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o/a alumno/a puidese ter realizado durante o curso, nin se admitirán outros tipos de traballos.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Tempo de clases:
- Horas de docencia: 24 horas (9 h. expositivas, 12 h. interactivas e 3 h. de titoría).
De elas, 1/3 impartirase a través del aula virtual (3 h. expositivas en liña e 4 h. interactivas en liña).
Tempo de traballo persoal:
- Documentación e estudo: 20 h.
- Lecturas recomendadas: 11 h.
- Elaboración do proxecto formativo: 20 h.
Poñer especial interese no estudo das fontes documentais así como na participación nas sesións presenciais e virtuais (a través da aula virtual da materia).
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar aentrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1e…
aphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas polafacultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente,responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de informaciónentre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Silvia Lopez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
20.05.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
29.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |