Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia de Orientación Profesional concrétanse nos seguintes:
- Coñecer e comprender os referentes teóricos da Orientación Profesional.
- Identificar a organización e funcionamento dos Servicios de Orientación Profesional no contexto educativo.
- Diagnosticar as necesidades persoais e institucionais en materia de Orientación Profesional.
- Coñecer os procesos orientadores, así como asesorar e coordinar accións de Orientación Profesional.
- Coñecer e aplicar técnicas, instrumentos e recursos de Orientación Profesional.
- Deseñar programas de Orientación Profesional.
A materia estrutúrase en torno a catro bloques temáticos:
BLOQUE TEMÁTICO I. Bases conceptuais da Orientación Profesional: Definición, obxecto, características, funcións, enfoques, modelos e estratexias de intervención.
BLOQUE TEMÁTICO II. Organización e funcionamento dos Servizos de Orientación no contexto educativo: A Orientación Profesional na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, referentes lexislativos, Titoría, Departamento de Orientación e Equipos de Orientación Específicos.
BLOQUE TEMÁTICO III. Instrumentos e recursos de Orientación Profesional: itinerarios formativos e de inserción laboral, probas de avaliación e diagnóstico, técnicas de busca activa de emprego, etc.
BLOQUE TEMÁTICO IV. Deseño de programas de Orientación Profesional: Modelo de intervención por programas; finalidades e tipos de programas de Orientación Profesional e aspectos a considerar no deseño de programas de Orientación Profesional.
Bibliografía Básica:
• Álvarez Justel, J. (2023). Cómo ayudar al alumnado de secundaria en su toma de decisiones. Recursos para la acción. Cuadernos de Pedagogía.
• Ceinos, C. (2012). La Orientación Profesional en Educación. En Sobrado, L.; Fernández Rey, E. e Rodicio, M. L. (coords.), Orientación Educativa (pp. 163-186). Biblioteca Nueva.
• Sánchez García, Mª.F. (2017). Orientación para el desarrollo profesional. UNED.
• Sobrado, L. e Cortés, A. (2009). Orientación Profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
Bibliografía Complementaria:
• Álvarez-González, M. e Bisquerra-Alzina, R. (Coords.) (20024). Orientación Profesional. Cuadernos de Pedagogía. La Ley.
• Bisquerra, R. (2008). Funciones del Departamento de Orientación. Ministerio de Educación.
• Carrillo, F. (2021). Efectividad de un programa para la mejora del proyecto profesional y la marca personal. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(2) (2º cuatrimestre), 27-46.
• Donoso-Vázquez, T. e Sánchez Martí, A. (2013). Orientación Educativa y Profesional. Estudio de Casos. ISEP.
• Manzanares, A. e Sanz, C. (Dirs.), (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Wolters Kluwer.
• Martínez-Clarés, P., Pérez Cusó, F.J. e Martínez-Juárez (2014). Orientación Profesional en Educación Secundaria. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado 17(1), 57-71. DOI: http://dx.doi.org/10.6018/reifop.17.1.198841
• Negro Moncayo, A. (2006). La Orientación en los Centros Educativos. Organización y funcionamiento desde la práctica. Editorial Grao.
• Requejo, E., Raposo-Rivas, M. e Sarmiento, J.A. (2022). El uso de tecnologías en la orientación profesional: Una revisión sistemática. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(3), 40-65.
• Rodicio, Mª. L. (2012). Diseño y evaluación de Programas de Orientación Educativa. En L. Sobrado, E. Fernández Rey e Mª. L. Rodicio (Coords.), Orientación Educativa. Nuevas perspectivas (pp.271-295). Biblioteca Nueva.
• Rodríguez, A., Malpica, A. e Ponte-Rodríguez, F.A. (2018). Programa de orientación ocasional: aplicabilidad en Educación Secundaria. Facultad de Ciencias de la Educación. Universidad de Carabobo.
• Suárez-Ortega, M. e Sánchez-García, Mª.F. (Coords.) (2018). Orientación para la construcción del proyecto profesional. UNED.
• Sobrado, L. e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Biblioteca Nueva.
• Teré, F. (2019). Manual práctico de Orientación Profesional centrada en el empleo y la persona. Eunate.
Revistas:
Revista Española de Orientación e Psicopedagoxía
http://revistas.uned.es/index.php/reop
Revista de Investigación Educativa
https://www.uv.es/aidipe/
Páxinas web de interese:
- International Association for Educational and Vocational Guidance: https://iaevg.com
- Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación: https://ripo.es/
- Orientación Académica e Profesional. Ministerio de Educación e Formación Profesional: https://todofp.es/orientacion-profesional.html
- Euroguidance Centre Spain: https://euroguidance-spain.educacionyfp.gob.es/inicio.html
Competencias Básicas:
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) vinculadas coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Xerais:
CG11 – Desenvolver as funcións de titoría e orientación dos estudantes de xeito colexiado.
CG15 – Informar e asesorar ás familias sobre o proceso de ensino-aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos.
CG16 – Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
CG17 – Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
CG18 – Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidas.
CG19 – Coñecer as características psicopedagóxicas dos estudantes para poder avalialos e emitir os informes que se requiran.
CG20 – Coñecer as medidas de atención á diversidade que se poidan adoptar para poder realizar o asesoramento necesario en cada caso.
Competencias Específicas:
CEE18 – Coordinar a elaboración do Plan de Acción Titorial nos diferentes niveis do sistema educativo (Infantil, Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato) e, no seu caso, o Plan de Orientación Académica e Profesional.
CEE20 – Asesorar e colaborar cos docentes e, en especial, cos titores, no acompañamento ao estudantado nos seus procesos de desenvolvemento, aprendizaxe e toma de decisións.
CEE21 – Orientar ao estudantado no seu coñecemento persoal, na progresiva definición e axuste dun proxecto de vida, e na adopción de decisións académicas e profesionais, de xeito que todo elo facilite a súa inserción laboral.
CEE22 – Coñecer, seleccionar, deseñar e aplicar estratexias e plans de información e orientación profesional para a transición ao mercado laboral e a empregabilidade.
CEE29- Avaliar as intervencións realizadas e derivar cambios para melloralas.
CEE31 – Coñecer e empregar algunhas ferramentas dixitais básicas pola súa utilidade nas tarefas de orientación e titoría e no desenvolvemento das funcións do orientador.
CEE34- Deseñar e por en marcha, en colaboración coa comunidade escolar, medidas de atención á diversidade que garanten a presencia, participación e aprendizaxe de todo o estudantado.
Competencias Transversais:
CT1- Empregar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT2 – Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias.
A metodoloxía a seguir será de carácter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Neste marco e dende unha valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
- Sesións Expositivas, dirixidas a todo o grupo de estudantes, nas que terá lugar a presentación do marco teórico e conceptual da materia. En ditas sesións, serán tamén presentadas as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do estudante.
- Sesións Interactivas, nas que se levarán a cabo diferentes actividades grupais con carácter práctico e aplicado (6-7) (lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais, discusión e debate sobre os contidos expostos, análise de itinerarios, presentación na aula de actividades dos/as estudantes, análise de casos prácticos, ...) co propósito de promover o ensino a partir do diálogo e o traballo cooperativo en grupos heteroxéneos. Ao longo das diferentes sesións, profundarase na aplicación dos contidos presentados nas clases expositivas, optimizando a aprendizaxe académica e a participación do estuantado nas clases. Ditas actividades abarcarán o coñecemento e emprego de diferentes procedementos, estratexias e técnicas destinadas a proporcionar as competencias máis directamente vinculadas coa práctica orientadora, referidas ao deseño de programas e proxectos de orientación, así como á familiarización co emprego das diferentes metodoloxías e recursos máis habituais no marco da Orientación Profesional.
Complementariamente, destácase que o uso da Aula Virtual da materia será de especial relevancia, debendo ser entendida como ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas en horario especificamente dedicado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso. O horario de titorías especificarase a comezos do curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line (a través do correo electrónico ou de MS Teams con cita previa) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia. En relación ás cuestións que o estudantado formule á docente da materia mediante o correo electrónico, estes deberán empregar o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
O proceso avaliador para verificar a adquisición de competencias terá un carácter integral e continuo, abarcando os seguintes aspectos:
1.- Realización dunha proba individual escrita sobre os contidos desenvoltos nas sesións de clase, coincidindo coa data que se estableza no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2,5 para tomar en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.- Elaboración e presentación de actividades prácticas de carácter grupal (6-7) realizadas na aula e orientadas ao desenvolvemento de contidos teórico-prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde, dándose a coñecer esta e os criterios de realización de xeito previo ao seu desenvolvemento. O seu peso porcentual total será do 50% da cualificación final (sendo imprescindible acadar unha nota mínima de 2,5), o que implica que a asistencia a clase é preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames. Polo tanto, é obrigatoria a asistencia a clase como mínimo cunha porcentaxe do 90% das actividades formativas programadas. Con anterioridade á realización das probas, publicarase unha listaxe do estudantado que cumpre este requisito para poder examinarse. Para poder ser avaliadas, o/a estudante deberá entregalas no prazo establecido pola profesora da materia.
Para obter unha valoración positiva da materia, será necesario ter realizado e entregado en prazo a totalidade de actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas; é dicir ter entregado en prazo e superado as actividades solicitadas (cualificación mínima de 2,5 sobre 5), así como ter superada a proba individual (mínimo 2,5 sobre 5 puntos). Aquelas actividades entregadas fora dos prazos establecidos non serán tomadas en consideración nin avaliadas.
O carácter presencial da materia implica a asistencia asidua e a participación nas sesións de clase (90%), salvo nos supostos oficialmente contemplados (dispensa de asistencia a clase). No referido á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase ao establecido no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Polo tanto, o estudantado con dispensa de asistencia a clase realizará as prácticas de xeito individual (50%) dentro do prazo establecido pola profesora da materia, así como o exame na data oficialmente establecida, o cal terá un peso do 50% da cualificación. Complementariamente, apúntase que estes estudantes, unha vez concedida a dispensa de asistencia a clase, deberán poñerse en contacto coa profesora da materia no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma co fin de establecer un plan de titorización e seguimento individualizado.
As cualificacións obtidas nas dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores.
No caso dos/as estudantes repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores, someteranse ao réxime ordinario, polo que serán avaliados segundo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Nota: No referido á realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas dos autores e das fontes.
Traballo presencial na aula: 24 horas repartidas en:
- Clases expositivas: 8 horas
- Clases interactivas: 12 horas
- Titorías: 4 horas
Traballo persoal do estudante: 51 horas repartidas en:
- Estudo: 18 horas
- Preparación traballos: 28 horas
- Lecturas recomendadas: 5 horas
Tempo estimado Total: 75 horas
- Asistencia e participación activa nas clases expositivas e interactivas.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados.
- Elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas encomendadas.
- Participación activa nas clases prácticas.
PROFESORA:
Cristina Ceinos Sanz. Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida. Módulo A. Despacho Nº 18 (1º andar).
Teléfono: 8818 13823 E-mail: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es)
- Na realización de traballos/ prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
- Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental: Se a docente da materia, de ser o caso, solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encadernacións.
o Empregar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade de “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Asistencia a clase: O presente programa axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. No mesmo, expóñense os beneficios de asistencia a clase, entre eles, unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, aprendizaxe continua, interacción directa con outros e outra estudantes, así como a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Segundo a normativa indicada, entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas no presente programa sen necesidade de aportar xustificación cando as faltas de asistencia non superen o 10% das horas programadas, excepto nos casos de actividades de realización obrigatoria. No artigo 3 desta normativa, especifícanse as causas xustificadas das faltas de asistencia. Igualmente, nos casos contemplados na normativa, o estudantado poderá solicitar dispensa de asistencia a clase.
Maria Cristina Ceinos Sanz
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
29.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |