Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos a acadar, en consonancia coas competencias que se establecen para a materia, son:
- Coñecer as bases conceptuais e teóricas da orientación e a titoría.
- Coñecer e analizar a estrutura organizativa da orientación e a titoría, no marco normativo actual.
- Integrar os procesos de orientación e titoría na función docente.
- Ser capaz de diagnosticar e planificar accións titoriais e de orientación para o alumnado e as familias en contextos socioeducativos.
- Coñecer e saber aplicar diferentes programas e recursos de intervención titorial e orientadora para Educación Infantil ou Primaria.
- Adquirir hábitos e actitudes para o traballo colaborativo con outros axentes da orientación.
- Desenvolver unha actitude de compromiso ético cara os aspectos deontolóxicos da acción orientadora e titorial.
BLOQUES TEMÁTICOS
I. APROXIMACIÓN Á TITORÍA E A ORIENTACIÓN EDUCATIVA
1. Clarificación de conceptos.
2. Principios, obxectivos e funcións.
3. Niveis organizativos.
4. Marco lexislativo da orientación e da acción titorial en Educación Infantil e Primaria.
II. A ACCIÓN TITORIAL E ORIENTADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL E EN EDUCACION PRIMARIA
5. A acción tutorial co alumnado.
6. A acción tutorial coas familias.
7. Plans, programas e recursos de acción tutorial e orientadora.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Álvarez, M., e Bisquerra, R. (2017). Orientación educativa. Modelos, áreas, estrategias y recursos. Wolters Kluwer.
Cano, R., Álvarez, M., e Casado, M. (2025). Orientación y Tutoría. Guía para el alumnado y las familias. Grados de Educación Infantil y Primaria. CdP.
Sandoval, M., Simón, C., e Echeita, G. (2019). Educación Inclusiva y Atención a la Diversidad desde la Orientación Educativa. Síntesis.
BIBLOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Argos, J., Ezquerra, P., e Castro, A. (2019). La transición entre Educación Infantil y Educación Primaria. Fundamentación, experiencias y propuestas para la acción. La Muralla.
Bellido-Cala, J.A. (2021). Participación de las familias, acción tutorial y orientación desde la justicia social. Revista de Orientación y Psicopedagogía, 32(1), 76-91. https://doi.org/10.5944/reop.vol.32.num.1.2021.30741
Cabello, S., e González, A.M. (2022). Las competencias emocionales en el sistema educativo español. Propuesta de desarrollo desde la acción tutorial. Revista Educativa Hekademos, 33, 59-72. https://www.hekademos.com/index.php/hekademos/article/view/73/63
Ceballos, N., e Saiz, Á. (2019). La acción tutorial como escenario de colaboración familia-escuela. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 30(2), 28-45. https://doi.org/10.5944/reop.vol.30.num.2.2019.25336
Gónzalez, A., e Solano, J.M. (2015). La función de la tutoría. Carta de navegación para tutores. Narcea.
Ramírez, A. (2019). Metodología de la acción tutorial en Educación Primaria. Pirámide.
Sanahuja, A., Moliner, O., e Moliner, L. (2022). La tutoría entre iguales como práctica inclusiva en educación primaria: la participación del alumnado y de las familias. Estudios Pedagógicos, 48(1), 109-124. http://dx.doi.org/10.4067/S0718-07052022000100109
PÁXINAS WEB DE INTERESE:
PORTAL DE CONVIVENCIA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
https://www.educacionyfp.gob.es/mc/sgctie/convivencia-escolar/objetivos…
PORTAL DE DIVERSIDADE E ORIENTACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
http://www.edu.xunta.es/portal/diversidadeorientacion
Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade: srpusc.blogspot.com
REVISTAS DE INTERESE:
Revista Española de orientación y Psicopedagogía -REOP- https://revistas.uned.es/index.php/reop
Revista Galega de Educación, nº 71 (2018). A titoría educativa https://rge.gal/issue/a-titoria-educativa/
Competencias Xerais:
X4- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
X5- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
X7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
Competencias Básicas:
B1- Que os/as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2- Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3- Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4- Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Específicas:
E1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
Competencias transversais:
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía será de carácter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Con este propósito, combinaranse sesións expositivas dirixidas a adquisición dos coñecementos básicos da materia con sesións interactivas con un enfoque aplicado que incluirán a realización en pequeno grupo de prácticas tales como análise e discusión de información documental, aplicación de recursos e técnicas de titoría e orientación, estudo de experiencias e casos, etc.
Para o desenvolvemento da materia contémplase o uso do campus virtual da USC no acceso a documentación e información de interese para o estudantado, así como espazo de comunicación e repositorio de documentación.
A avaliación da materia terá un carácter formativo e continuo e abarcará os seguintes aspectos:
- A asistencia á clase ponderarase na cualificación final nunha porcentaxe máxima do 10% (artigo 1.2.b do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da USC, aprobado polo CG do 25 de novembro de 2024). A asistencia e participación nas sesións de aula evidenciarase a través de rexistros de asistencia e observación.
- Producións: actividades e traballos realizados en grupo no marco das sesións interactivas (porcentaxe máximo na avaliación global da materia: 40%). Para superar a materia será preciso ter entregadas, en prazo, un mínimo do 80% das tarefas solicitadas.
- Proba individual final sobre o contido da materia, que terá unha porcentaxe máxima na avaliación global da materia do 50%.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como ter superadas tanto as actividades e traballos encomendados como a proba final.
Seguirase o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 e. O estudantado con exención oficial de docencia ou dispensa deberá poñerse en contacto coa docente a principio de curso, e se lle explicará o proceso de desenvolvemento e seguimento da materia. Na súa avaliación terase en conta a realización das actividades (40%), similares ás que realizará o resto de estudantado, a proba individual sobre o contido da materia (50%) e unha actividade complementaria (10%). Igual que o resto de estudantes, para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar todos os aspectos.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen
reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Os/as estudantes repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
Aproximadamente a distribución do tempo de estudo e traballo persoal nesta materia é a seguinte:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (38,5 horas)
Actividades presenciais (gran grupo-sesións expositivas e avaliación): 18 horas
Actividades presenciais (mediano grupo-sesións interactivas de seminario): 18 horas
Actividades presenciais (pequeno grupo-titorías de seguimento): 2,5 horas
ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO (74 horas)
Estudo, lectura de documentos, preparación, proba escrita: 25 horas
Actividades en mediano grupo (estudo de experiencias e casos, preparación de presentacións, aplicación de recursos...): 36 horas
Actividades en pequeno grupo (debates, lecturas...): 13 horas
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o estudantado acade progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
COMUNICACIÓN COA DOCENTE
Elena Fernández Rey:
Tfno.: 881813696
e-mail: elena.fernandez.rey [at] usc.es (elena[dot]fernandez[dot]rey[at]usc[dot]es)
Para contacto coa profesora por correo electrónico será imprescindible utilizar o enderezo electrónico de dominio rai.usc
Horario de titorías: exposto no despacho, na aula virtual e na páxina web da Facultade.
Datas de exames publicadas na web da Facultade.
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (Lifesize, etc.)
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
ASISTENCIA A CLASE
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
PROTECCIÓN DE DATOS
Será obrigatorio cumprir coa normativa vixente na USC para a protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos)
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia se terán en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recomendase facer uso da linguaxe non sexista tanto na docencia como nos traballos académicos encomendados (memorias, proxectos...) Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Elena Fernandez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813696
- Correo electrónico
- elena.fernandez.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 Infantil | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
13:30-14:30 | Grupo /CLIS_04 Infantil | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
02.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
09.07.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |