Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
De acordo co Módulo no que se inscribe esta materia, o que se pretende é que os estudantes poidan coñecer e valorar desde distintos enfoques temáticos e metodolóxicos a influenza das políticas educativas e culturais nos procesos de desenvolvemento, incluindo cuestións chaves relacionadas coas reformas educativas e o benestar social.
Neste sentido, e tomando como referencia os obxectivos xerais do módulo, os específicos desta materia son:
1.Promover unha adecuada fundamentación do sentido e significados da política educativa.
.
2.Analizar con capacidade crítica teorías e enfoques de política educativa e social vinculados á inmigración.
3.Coñecer as bases teórico-metodolóxicas dos programas de intervención socio-educativa en contextos de diversidade cultural.
4.Coñecer desde as Ciencias da Educación os fundamentos das políticas sociais e a súa incidencia no benestar social.
5.Interpretar os programas socioeducativos e o seu deseño como unha tarefa compartida que concreta unha visión global de intervención nun territorio, comunidade ou grupo.
Seminario 1: Políticas educativas e benestar social (3 créditos)
-Recoñecer o papel das políticas educativas nos procesos de desenvolvemento social
-Tomar en consideración crítica as grandes cuestións das políticas educativas
-Desenvolver a capacidade de análise e conciencia crítica respecto das prácticas educativas e das relacións establecidas entre o sistema educativo e o sistema social.
-Coñecer desde as Ciencias da Educación os fundamentos das políticas sociais e a súa incidencia no benestar social.
-Aproximarse ás políticas de benestar social e á súa concreción no ámbito municipal.
Seminario 2: Políticas socio-educativas para a xestión da inmigración (3 créditos)
-Analizar teorías e enfoques de política educativa e social vinculados á inmigración
-Desenvolver a capacidade crítica dos estudantes en relación coas políticas socio-educativas cuxo eixo é a xestión da inmigración
-Establecer as bases dun programa de avaliación de políticas socio-educativas neste campo de estudo
Seminario 1: Políticas educativas e benestar social (3 créditos)
l. Estado de benestar, política social e dereitos sociais
1. Política social e Educación:
1.1. Educación e política
1.2. A educación como dereito
1.3. Política e lexislación educativa
2. Política social e servizos sociais:
2.1. Estado de benestar: características e modelos
2.2. Política social e servizos sociais
Seminario 2: Políticas socio-educativas para a xestión da inmigración (3 créditos)
1.A inmigración en Europa. O desafío normativo na Unión e nos Estados
2. Políticas sociais e educativas para a xestión da inmigración
3.A inmigración como desafío e como oportunidade: aproximación dende unha perspectiva educativa
4. A intervención socio-educativa en contextos de diversidad étnico-cultural
BÁSICA
Alonso Seco, J. (2019). La política social como realización de derechos sociales. Tirant lo Blanch.
Puelles Benítez, M. e Menor, M. (coords.) (2018). El artículo 27 de la Constitución. Cuaderno de quejas. Morata.
Santos Rego, M.A. e Lorenzo Moledo, M. (eds.) (2012). Estudios de Pedagogía Intercultural. Octaedro.
COMPLEMENTARIA
Adelantado, J. (2017). Reestructuracion de los Estados de bienestar. ¿Hacia un nuevo paradigma?. Argumentum, 9(2), 38-52.
Birsl, U. e Solé, C. (2004). Migraciones e interculturalidad en Gran Bretaña, España y Alemania. Anthropos.
Carbonell, J. (2019). La educación es política. Octaedro.
Costa Rico, A. (2009). A construción do coñecemento pedagógico. Antecedentes e desenvolvementos no século XX. Universidade de Santiago de Compostela.
Díez Gutiérrez, E. J. (2018). Neoliberalismo educativo. Octaedro.
Díez Gutiérrez, E.J. e Rodríguez Fernández, J.R. (coords.) (2021). Educación crítica e inclusiva para una sociedad postcapitalista. Octaedro.
Escolano Benito, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Políticas educativas, escolarización y culturas pedagógicas. Biblioteca Nueva.
Fantova, F. (2014) Diseño de políticas sociales. Fundamentos, estructuras y propuestas (pp. 44-50). CCS.
León, M. (2023). El arte de pactar. Estado de bienestar, desigualdad y acuerdo social. La Catarata.
López Sala, A. Mª (2004). Inmigrantes y Estados: la respuesta política ante la cuestión migratoria. Anthropos.
Marchesi, A. e Martín, E. (2014). Calidad de la enseñanza en tiempos de crisis. Alianza.
Ministerio de Educación/Consejo Escolar del Estado, Informe sobre el estado y situación del sistema educativo (serie anual continua desde 1986 hasta el presente), Madrid.
Rendueles, C. (2020). Contra la igualdad de oportunidades. Un panfleto igualitarista. Seix Barral.
Revista Historia y Memoria de la Educación (2016). Las leyes educativas de la democracia
en España a examen (1978-2013). Monográfico, 3. Accesible en: http://revistas.uned.es/index.php/HMe/issue/view/907
Rodríguez Martínez, C. e Imbernón, F. (coords.) (2022). De las políticas educativas a las prácticas escolares. Morata.
Rogero, J. e Turienzo, D. (2024). Educafakes. 50 mentiras y medias verdades de la educación española. Capitán Swing.
Santos Rego, M.A. (2008). Las familias inmigrantes en la escuela. ¿Cómo avanzar en su integración desde una perspectiva socio- educativa? En J. García Roca e J. Lacomba (eds.). La inmigración en la sociedad española (pp. 483-505). Barcelona: Edicións Bellaterra.
Santos Rego, M.A. e Lorenzo Moledo, M. (2003). Inmigración e acción educativa en Galicia. Edicións Xerais de Galicia.
Solé, C. e Izquierdo, A. (eds.). (2005). Integraciones diferenciadas: migraciones en Cataluña, Galicia y Andalucía. Anthropos.
Tröler, D e Barbu, R. (2012). Los sistemas educativos. Perspectiva histórica, cultural y sociológica. Octaedro.
UNESCO (2015). Replantear la educación: ¿Hacia un bien común mundial? UNESCO. https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000232697
Zapata-Barrero, R. (coord.). (2009). Políticas y gobernabilidad de la inmigración en España. Ariel.
Revistas dixitais e páxinas web de interese:
Banco Mundial (páxina na que se fai referencia a estatísticas educativas): www.bancomundial.org
EURYDICE Rede Europea de Información Educativa: www.eurydice.org
Oficina Internacional de Educación: www.ibe.unesco.org.
OCDE, Organización para o Desenvolvemento e a Cooperación Económica: www.oecd.org
Sociedad Española de Educación Comparada: www.sc.ehu.es/seec
Xunta de Galicia: www.xunta.es
Ministerio de Educación: http://www.educacion.gob.es/portada.html
Boletín Oficial del Estado: http://www.boe.es/
ESPECÍFICAS
CE1 -Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa
CE2- Vincular o coñecemento científico, a investigación educativa e os seus aportes metodolóxicos aos procesos de cambio socioeducativo
CE3- Aplicar métodos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas
Específicas Seminario 1. Políticas educativas e benestar social
-Adquirir e dominar coñecementos teóricos e recursos metodolóxicos para o estudo dos diversos compoñentes operacionais da política educativa e das súas reformas.
-Coñecer o desenvolvemento histórico contemporáneo da política educativa en España, tendo en conta os diversos procesos de renovación e de reforma educativa, así como a súa interrelación con outros procesos e transformacións socio-políticas.
-Desenvolver aspectos e destrezas de análise dos fenómenos de política educativa, servíndonos do aparello conceptual, dos modelos e das liñas estratéxicas de desenvolvemento das políticas educativas.
- Analizar as relacións entre as políticas sociais, a educación e o benestar social
- Comprender a educación como fenómeno complexo con intencionalidade política
Específicas Seminario 2. Políticas socio-educativas para a xestión da inmigración
-Ser capaz de establecer pautas de planificación no marco das políticas socio- educativas relacionadas coa inmigración.
-Adquirir os coñecementos que permitan unha avaliación crítica destas políticas.
-Estar en condicións de comparar riscos fundamentais nas políticas socio-educativas a propósito da xestión da inmigración.
Tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individual e colectivo, valorizando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe baseada na propia experiencia do/da estudante.
A tal fin, desenvolveranse varios procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, se concretan en:
-Sesións expositivas relativas a contidos de natureza teórica-conceptual e metodolóxica, determinados no Programa.
-Realización de sesións de orientación monográfica relativas aos contidos da materia, con especial incidencia nos puntos que se determinen.
-Dinámicas de traballo grupal, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferencias, vídeos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc. poñendo especial énfase na súa abordaxe teórica, metodolóxica e/ou empírica.
-Realización de distintas actividades de implicación e participación continuada nos contidos da materia: lectura e comentario crítico de textos, estudo de casos, redacción de ensaios, consulta e análise de páxinas Web ou doutros soportes mediáticos.
-Realización de titorías individuais e grupais que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia, así como a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo das sesións do Módulo.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das chaves informativas e dos contidos básicos en relación cos contidos programados, así como o prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e de afondamento a desenvolver polos e polas estudantes. Os tempos formativos de grupo interactivo e de titoría individual permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e/ou tópicos relevantes, responder a inquedanzas de formación e contribuír á “construción” dun coñecemento crítico e comprensivo.
A materia dispón dunha aula na plataforma virtual da USC onde poderán consultarse todos os materiais, prácticas e informacións relativas ao seu desenvolvemento. É indispensable a entrada semanal á mesma para un correcto seguimento da materia.
Ademais, prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo (visita-estudo, encontros con profesionais, etc.). Esta práctica poderá ser compartida con outras do curso na perspectiva dun traballo interdisciplinar, sendo neste caso abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poda ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e integral. Como tal, afectará aos obxectivos formulados, aos contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesorado e os estudiantes, aos recursos didácticos, e ás competencias e destrezas procuradas.
Esta concepción e práctica avaliativa suporá que as/os estudantes elaboren e fagan entrega de distintos traballos escritos, que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden.
A iso deberá engadirse unha participación activa nas sesións de aula e nas titorías, que deberá ser un claro reflexo das aprendizaxes (coñecementos, competencias, destrezas, etc.) que adquira o estudante na súa formación académica e investigadora.
Asistencia e participación activa
A materia subdivídese en dous seminarios e cada un deles ten un apartado documental. Cada docente indicará as actividades a realizar como parte da revisión dos documentos achegados como dosier ou outros que se indiquen no transcurso das sesións presenciais como apoios bibliográficos necesarios.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase, considérase un requisito para avaliación, sen que compute na cualificación final. Será preceptiva para poder realizar as actividades programadas na materia (prácticas de aula e ensaio final). A non asistencia impedirá a superación da materia na primeira oportunidade, tendo que presentarse á segunda oportunidade na que o estudantado deberá acordar coas profesoras a proposta de traballo a realizar.
Exame
No caso de que a persoa matriculada non cumpra o requisito de asistencia e participación activa nas sesións presenciais estará obrigada a presentarse ao exame na data oficial. A cualificación do mesmo será de Apto/a ou non Apto/a. A cualificación de Apto/a será requisito imprescindible para poder cualificar o traballo individual de realización obrigatoria (ensaio).
AVALIACIÓN POR MÓDULO
a) TRABALLO DE MÓDULO (70%):
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse a esta modalidade de avaliación, que na materia contempla a realización da seguinte tarefa:
“Definición de dez conceptos clave abordados no módulo e deseño-elaboración dun mapa conceptual”. Cada alumno ou alumna do máster elixirá, en función dos seus intereses e co visto bo dunha profesora ou profesor do módulo II, os dez conceptos que se analizarán en profundidade e servirán de base para a elaboración do mapa conceptual.
b) TRABALLOS DA MATERIA (30%):
Implicará a realización das seguintes tarefas:
-Prácticas de aula (10%): realizaranse diversas actividades relacionadas co desenvolvemento dos contidos da materia. Poderán ser propostas de carácter individual ou en pequenos grupos.
-Ensaio (20%)
Tomando como base o rótulo de cada un dos seminarios («Políticas educativas e benestar social» Profa. Laura Varela e «Políticas socio-educativas para a xestión da inmigración» Profa. Diana Priegue Caamaño) profundizarase nalgún dos seus elementos e elaborarase un ensaio ao respecto.
As características do ensaio serán as seguintes:
-Extensión: mínima 4 páxinas, máxima 5 páxinas.
-Referencias bibliográficas: só se fará constar as referencias que estean citadas no texto elaborado e non deberá ocupar máis de dúas páxinas.
-Formato e interliñado: Corpo de letra 12 (tipo Times) e espazo de 1,5.
-Normativa APA 7ª edición.
Criterios de avaliación
-Dominio dos elementos terminolóxicos e conceptuais correspondentes ao desenvolvemento das políticas sociais, a educación e benestar social e a súa relación coa xestión da inmigración.
-Comunicación escrita con rigor, facendo un uso completo das fontes documentais e lexislativas presentadas nos seminarios e no programa da materia.
-Razoamento crítico sobre políticas educativas e de benestar social, facendo explícito o coñecemento das súas interrelacións con outros procesos de transformación política e social.
-Citación de autores/as no texto e na bibliografía final.
AVALIACIÓN POR MATERIA ESPECÍFICA
No caso de que o/a estudante, por calquera razón xustificada non se adscriba ao modelo de avaliación pormódulo, a cualificación será outorgada en base ás seguintes actividades:
a) Exame (70%): consistirá unha proba teórica escrita que abordará os contidos impartidos na materia
b) Ensaio (30%): as características de realización serán as mesmas que para o alumnado de avaliación por módulo.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Para o alumnado recoñecido con dispensa de asistencia, as actividades e a distribución de puntuacións será a seguinte:
a) Actividades prácticas (35%): realizaranse diversas actividades relacionadas co desenvolvemento dos contidos da materia. Serán propostas de carácter individual.
b) Ensaio (40%): atenderá ás mesmas características que as indicadas para o alumnado asistente.
c) Recensión dun libro de lectura (25%): implica a lectura, reflexión e redacción dun comentario crítico que toma como referencia unha obra escrita referida aos contidos da materia.
A realización fraudulenta dalgunha actividade esixida na avaliación da materia, implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores/as e das fontes.
Créditos ECTS
Teóricos ECTS: 6.00
Total: 6.0
Horas ECTS
Clase Expositiva: 18.00
Clase Interactiva: 24.00
Horas de Titorías: 6.00
Total: 48.0
Aconséllase un traballo continuado na materia, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas diversas actividades que se desenvolven. Isto require ter en conta as seguintes recomendacións para o seu estudio:
- A lectura detida, reflexiva e crítica do programa da materia.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, o que favorecerá unha vinculación continuada cós ritmos establecidos no transcurso da materia.
- Planificar e organizar a axenda de traballo para compatibilizar os requirimentos desta materia cos das demais.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións recomendadas, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos.
- Facer uso das titorías como un dereito das e dos estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe.
A complexidade conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma por parte dos estudantes, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e grupal, concretada nos traballos escritos que se indiquen.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que podemos destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesorado, favorecendo unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación no Máster.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe.
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
- Asistencia a clase: o programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se as docentes da materia solicitan a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
1.Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
2.Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
3.Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
4.Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
5.Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai, na comunicación coas profesoras.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre as docentes e o estudantado matriculado na materia.
- No marco da materia, é obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Diana Priegue Caamaño
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813906
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Laura María Varela Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813748
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
04.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |