Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Co Módulo no que se inscribe esta materia preténdese que os estudantes poidan coñecer e valorar desde distintos enfoques temáticos e metodolóxicos (históricos, comparados, pedagóxico-sociais, interculturais, etc.) o desenvolvemento científico da investigación en Dereitos Humanos e as políticas socioeducativas, coas claves que a tal fin proporcionan a Educación para a Cidadanía e a Diversidade Cultural.
Neste sentido, e tomando como referencia os obxectivos xerais do módulo, os específicos desta materia son:
1.Analizar as relacións existentes entre educación, democracia e cidadanía na época contemporánea.
2.Coñecer as bases teórico-metodolóxicas dos programas de intervención socio-educativa en contextos de diversidade cultural.
3.Ser capaz de avaliar a consistencia dun programa de implementación dirixido á integración de familias inmigrantes.
4.Examinar e vertebrar a relación entre a xestión educativa da diversidade cultural e unha educación inclusiva, equitativa e de calidade no marco escolar e social.
5.Analizar as claves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construcción da cidadanía.
6. Referir posibilidades de propostas de investigación doutoral vencelladas á materia.
A materia está articulada en tres seminarios, cuxo desenvolvemento temático contempla os seguintes contidos xerais:
- Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos na perspectiva da Pedagoxía Social.
- Educación Intercultural, cidadanía e aprendizaxe cooperativa.
- Familia, cidadanía e diversidade cultural.
Os contidos específicos de cada un destes seminarios son:
SEMINARIO: Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos na perspectiva da Pedagoxía Social:
1.Educar na cidadanía e nos Dereitos Humanos como proxecto e traxecto pedagóxico-social.
2.Os dereitos humanos como noción histórica e construción social.
3.Da natureza política dos dereitos humanos ás políticas educativas en dereitos humanos.
4.A educación na cidadanía e os dereitos humanos como opción política e pedagóxica.
5.Do discurso político ás prácticas educativas: vellos e novos desafíos dos dereitos humanos en clave pedagóxica e social.
6.Estudo de casos: proxectos e iniciativas educativo-sociais.
SEMINARIO: Educación Intercultural, cidadanía e aprendizaxe cooperativa:
1.Política educativa e xestión da diversidade cultural: a cuestión dos Dereitos Humanos.
2.Sociedade civil, educación e Dereitos Humanos.
3.A Educación para a Cidadanía e a Educación Intercultural.Marco relacional.
4.Modelos e perspectiva de Educación na cidadanía intercultural.
5.A aprendizaxe cooperativa e o desenvolvemento de competencias cívicas e interculturais.
6.A construción e avaliación de técnicas de aprendizaxe cooperativa.O capital social e intercultural.
SEMINARIO: Familia, cidadanía e diversidade cultural:
1.A familia no marco global das migracións.
2.Inmigración, ecoloxía familiar e escola.
3.As familias inmigrantes no seu contexto de orixe e de chegada.
4.A intervención educativa para a participación das familias inmigrantes.
5.Boas prácticas e xestión pedagóxica na escola e a comunidade.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Ignatieff, M. (2003). Los derechos humanos como política e idolatría. Paidós.
Lorenzo, M. et al. (2009). Familias inmigrantes en Galicia. La dimensión socioeducativa de la integración. Ministerio de Educación.
Martín, V.M. e Castilla, M.T. (Coords.) (2018). Educación, Derechos humanos y responsabilidad social. Octaedro
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2015). El poder de la familia en la educación. Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Aja, E. (2012). Inmigración y democracia. Alianza
Caride, J. A. (2007). Derechos Humanos y Políticas Educativas. Bordón: Revista de Pedagogía, 59(2-3), 313-334.
Cortina, A. (2007). Ética de la razón cordial. Educar en la ciudadanía del siglo XXI. Nobel.
Díaz-Aguado, M.J. (2003). Educación intercultural y aprendizaje cooperativo. Pirámide.
Enríquez, J.M. (2014). Educación plena en derechos humanos. Trotta
Gil, F., Jover, G. e Reyero, D. (2001). La Enseñanza de los derechos humanos: 30 preguntas, 29 respuestas y 76 actividades. Paidós.
Lorenzo, M. e Santos, M. A. (2009). Educación para a cidadanía e os profesores. Visión e desafío. Edicións Xerais.
Naya, L.M. (Coord.) (2005). La educación y los derechos humanos. Erein
Ovejero, A. (2018). Aprendizaje cooperativo crítico. Pirámide
Pérez Serrano, G. (2004). Derechos Humanos y Educación social. Revista de Educación, 336, 19-39.
Ribotta, S. (Ed.). (2006). Educación en Derechos Humanos: la asignatura pendiente. Dykinson.
Santos Rego, M. A. (2008). Las familias inmigrantes en la escuela: ¿cómo avanzar en su integración desde una perspectiva socio-educativa. En J. García Roca e J. Lacomba (Eds.), La inmigración en la sociedad española (pp. 483-505). Ediciones Bellaterra.
Santos Rego, M.A. (2008). La pragmática de la cooperación o cómo mejorar la gestión de la diversidad cultural y de la convivencia en las aulas, en J. Vera (Coord.), Diversidad, Convivencia, y Educación desde el conflicto (pp. 55-75). Ediciónes SM.
Santos Rego, M.A. e Lorenzo, M. (2009). La participación de las familias inmigrantes en la escuela. Un estudio centrado en la procedencia. Revista de Educación, 350, 277-300.
Santos Rego, M.A.; Lorenzo, M. e Priegue, D. (2009). Aprendizaje cooperativo: práctica pedagógica para el desarrollo escolar y cultural. Magis. Revista internacional de investigación en educación, 2, 289-303
Santos Rego, M.A. et al (2018). Do cooperative learning and family involvement improve variables linked to academic performance ? . Psicothema, 30(2), 212-217.
Santos Rego, M.A.; Lorenzo, M. e García, J. (2019). La gestión educativa como condición de éxito para el alumnado de origen inmigrante, en M.A. Santos Rego; A. Valle y M. Lorenzo (Eds.), Éxito educativo. Claves de construcción y desarrollo (pp. 235-254). Tirant Lo Blanch
Santos Rego, M.A.; Lorenzo, M. e Miguez, G. (2022). Fondos de conocimiento familiar e intervención educativa. Narcea
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mujeres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer»
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria
Esta materia tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo, valorizando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe baseada na propia experiencia do alumno.
A tal fin, proferiranse múltiples iniciativas e procesos que, considerando o carácter virtual da materia, se concretan en:
-Posibilidade dalgunha sesión expositiva por parte do profesorado e/ou dos alumnos, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual e metodolóxica, determinados no Programa.
-Realización de sesións de orientación monográfica relativos aos contidos da materia, con especial incidencia na análise e proposta de actuacións que se orienten ao coñecemento dos Dereitos Humanos, a Cidadanía e as iniciativas político-educativas que os promovan.
-Dinámicas de traballo, tanto individuais como grupais, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferéncias, vídeos didácticos, experiencias...),de casos prácticos, etc. poñendo especial énfase na súa abordaxe teórica, metodolóxica e/ou empírica.
- Lectura e comentario crítico de textos, estudo de casos, redacción de ensaios, consulta e análise de páxinas Web ou de outros soportes mediáticos, etc.
-Realización de titorías individuais e grupais que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia, así como a orientación dos traballos que leven a cabo ao longo das sesións do Módulo.
Os tempos formativos de grupo interactivo e de titoría individual permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e/ou tópicos relevantes, responder a inquedanzas de formación e contribuír á “construcción” dun coñecemento crítico e comprensivo da acción socioeducativa en contextos familiares e comunitarios, da diversidade cultural e dos dereitos humanos. Os materiais básicos de estudo estarán dispoñibles na Aula Virtual da USC.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e integral. Como tal, afectará aos obxectivos formulados, aos contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesor e os estudantes, aos recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc.
Esta concepción e práctica avaliativa suporá que os estudiantes han de elaborar e entregar distintos traballos escritos, que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.
A iso deberá engadirse unha participación activa nas sesións de aula e nas titorías, que será un claro reflexo das aprendizaxes (coñecementos, competencias, destrezas, etc.) que adquira o estudiante na súa formación académica e investigadora.
AVALIACIÓN POR MÓDULO
A) Traballo de módulo (70%). A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse. Consiste na recensión dun artigo científico acordado co profesorado do Módulo.
B) Traballos propios da materia (30%). Realización dun Ensaio individual, de non máis de 10 páxinas (máis unha de bibliografía), cuxo eixo central debe ter relación con algunha cuestión relevante e actual vinculada á temática da materia. O obxectivo do Ensaio é dar pulo á identificación de cuestións sustantivas no marco da materia e, desde aí, á capacidade deliberativa das e os estudiantes en torno a propostas de acción educativa.
AVALIACIÓN POR MATERIA ESPECÍFICA
No caso de que o/a alumno/a, por calquera razón xustificada (matriculados a tempo parcial, repetidores, alumnos con dispensa de asistencia...), non se adscriba ao modelo de avaliación por módulo, será calificado en función do manexo e coñecemento dos contidos propios de cada materia e a realización de prácticas e tarefas específicas. A calificación será outorgada en base ás seguintes actividades:
a) Exame (70%).
b) Realización dos traballos propios da materia dunha forma adaptada (30%).
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación, e sen citas aos autores e das fontes (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-).
Atendendo ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, o estudantado que estea matriculado na materia en segunda convocatoria (ou posteriores) deberá entregar todos os exercicios que se requiren para o estudantado de primeira convocatoria. En caso de telos superados en cursos anteriores, deberá actualizar os contidos e axustalo ao vixente curso, de tal xeito que terán que ser avaliado de novo na súa totalidade.
Atendendo ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, nesta materia requirirase unha asistencia mínima do 80% de sesións para poder optar a unha avaliación continua. O estudantado que supere o 20% de faltas inxustificadas terá que realizar unha proba final na data oficialmente sinalada ao respecto.
Aqueles/as alumnos/as con dereito a avaliación continua serán informados/as nun listado que será publicado na última semana de aulas.
Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención ou dispensa de docencia, será avaliado en iguais condicións que o alumnado asistente. A elaboración e seguemento das diferentes actividades será consensuada co profesorado ao inicio da materia.
Esta materia consta dun total de 21 horas de docencia e 6 horas de titoría. Estímase que o alumnado debe dedicar ao seu estudo un mínimo de 20 horas.
A complexidade conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma por parte dos estudiantes, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e grupal, concretada nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na asignatura e nas sesións de aula.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais; por exemplo: nas lecturas a realizar para a elaboración dos traballos que deban ou podan ser presentados (preceptiva ou optativamente), na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos a comentar en determinadas sesións de clase, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas Web, revistas, informes…), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que colle destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polo profesorado, favorecendo unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación no Máster.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagóxicas cunha perspectiva diferencial e diferenciadora segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación. Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1e…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Miguel Angel Santos Rego
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813755
- Correo electrónico
- miguelangel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12.01.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
03.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |