Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Manexar os conceptos de desenvolvemento, educación, comunidade, e desenvolvemento comunitario e local.
2. Analizar as relacións que se establecen entre inmigración, escola e comunidade.
3. Analizar as posibilidades da Adminsitración Local no tocante á xestión da inmigración.
4. Coñecer e analizar as potencialidades da comunidade para o logro de mellores condicións de vida a nivel local.
Seminario 1: Sociedade civil, educación cidadá e participación social.
(2 créditos)
1. Concepto de sociedade civil. Delimitación de enfoques.
2. Educación e Cidadanía nunha sociedade aberta.
3. Democracia, sociedade civil e educación en valores.
4. A construción da cidadanía desde o proceso educativo. Voluntariado e educación.
5. Aprendizaxe cívica e cambio educativo. A formación da Competencia cívica.
6. Sociedade civil e fluxos informativos: o acceso ás redes.
Seminario 2: A xestión socioeducativa da inmigración no ámbito local.
(1 crédito)
1. Os gobernos locais e as políticas de inmigración.
2. O impacto socioeducativo da inmigración na administración local.
3. Modelos e ferramentas para a xestión socioeducativa da inmigración no ámbito local.
4. Os servizos sociais e os programas socio-educativos da administración local na integración dos/as inmigrantes.
5. Os axentes socio-educativos da xestión da inmigración na administración local.
BÁSICA
Cortina, A. (1998) Ciudadanos del mundo. Alianza.
Escámez, J. (2003). La educación para la participación en la sociedad civil. Revista de Educación, 1, 191-211.
Munck, R., Kleibl, T., Santos, M., e Dankova, P. (Orgs.). (2023). Migraciones internacionales y sostenibilidad social. CSEM.
Santos Rego, M. A. (Dir.). (2012). Inmigración y administración local. La gestión socioeducativa. Netbiblo
COMPLEMENTARIA
Beltrán, J. (2002). Ciudadanía y Educación. Lecturas de imaginación sociológica. Germanía.
de Lucas, J. (2004). Políticas de inmigración: participación y ciudadanía de los inmigrantes. El papel de las Comunidades Autónomas y de los Ayuntamientos, Asamblea. Revista parlamentaria de la Asamblea de Madrid, 11, 3-18.
Herrera-Pineda, I., e Ibáñez-Gijón, J. (2016). Intercambio y sociabilidad en las redes de ayuda mutua del barrio madrileño de La Ventilla. REIS: Revista Española de Investigaciones Sociológicas, 154, 21-43.
Izquierdo, A. (2003). La inmigración en Europa: flujos, tendencias y política. En A. Izquierdo (Ed.), Inmigración: mercado de trabajo y protección social en España (pp. 11-44). Consejo Económico Social.
Malgesini, G., e Giménez, C. (2000). Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad. Catarata.
MEC. (2005). Hacia una nueva ciudadanía europea. Ministerio de Educación y Ciencia.
Moraña, M. (2021). Líneas de fuga: ciudadanía, frontera y sujeto migrante. Iberoamericana.
Naval, C. (2000). La educación cívica hoy. Una aproximación interdisciplinar. Eunsa.
Olveira, M. E. et al. (2005). Modelos interculturales. Cuestiones conceptuales para el desarrollo de estrategias de intervención. En S. Periró i Greòri (Coord.), Nuevos espacios y nuevos entornos de educación (pp. 165-183). ECU.
Parella, S. (2003). Mujer, inmigrante, trabajadora: La triple discriminación. Anthropos.
Podestá, B. et al. (2000). Ciudadanía y mundialización. CEFIR, CIDEAL y INVESP.
Rodríguez-Izquierdo, R. M., e Lorenzo, M. (2023). El giro comunitario en el aprendizaje-servicio universitario. Octaedro.
Santos Rego, M. A. (2002). La cuestión educativa y las nuevas coordenadas de la emigración gallega en Europa. Universidade de Santiago de Compostela.
Santos Rego, M. A. (Dir.). (2012). Inmigración y administración local. La gestión socioeducativa. Netbiblo.
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2015). El poder de la familia en la educación. Síntesis.
Santos Rego, M. A., Godás, A., Priegue, D., e Lorenzo, M. (2000). Familias inmigrantes en Galicia: la dimensión socioeducativa de la integración. Ministerio de Educación.
Santos Rego, M. A., e Lorenzo, M. (Eds.). (2012). Estudios de pedagogía intercultural. Octaedro.
Santos Rego, M. A., Lorenzo, M., e Priegue, D. (2011). Infancia de la inmigración y educación: la visión de las familias. Revista de Investigación Educativa, 29(1), 97-110.
Sayad, A. (2010). La doble ausencia: de las ilusiones del emigrado a los padecimientos del inmigrado. Anthropos.
Solé, C., e Flaquer, L. (Eds.). (2005). El uso de las políticas sociales por las mujeres inmigrantes. Instituto de la Mujer, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Vidal, J. (Dir.). (2003). Hacia una sociedad civil global. Madrid.
BÁSICAS E XERAIS
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mujeres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionales desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de "ser", "estar" e "facer".
ESPECIFICAS
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa.
CE2 - Vincular o coñecemento científico, a investigación educativa e as súas achegas metodolóxicas aos procesos cambio socioeducativo.
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria.
Nas sesións expositivas, o profesorado presentará os aspectos centrais dos contidos da materia.
Nas sesións interactivas desenvolveranse diferentes dinámicas e tarefas en pequenos grupos para avanzar nos contidos desenvolvidos nas aulas expositivas. Priorizaranse as metodoloxías que favorezan a participación e implicación do estudantado.
Contémplase a posibilidade de inserir unha proposta de Aprendizaxe-Servizo (ApS).
A materia contará cunha aula virtual que será imprescindible para o seu seguimento. Todas as tarefas entregaranse a través dela.
Ademais do Campus Virtual, como apoio ás aulas e ás tarefas encomendadas, utilizaranse as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Microsoft Office 365, Microsoft Teams, etc.
Para a avaliación nesta materia contémplanse dúas modalidades: a avaliación por módulo e a avaliación por materia específica. En condicións normais optarase pola avaliación por módulo, en casos extraordinarios procederase segundo a segunda modalidade.
AVALIACION POR MÓDULO
a) Traballo de módulo (70%)
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o estudantado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse a esta modalidade de avaliación, que na materia contempla a realización da seguinte tarefa:
“Identificación e análise de boas prácticas (BBPP)”. Que consistirá na análise dunha boa práctica de desenvolvemento comunitario, de xestión da diversidade cultural, de iniciativa cultural ou social, de plan comunitario ou de sustentabilidade socio-ambiental integrada no marco das dinámicas de transformación e mellora da comunidade local. Poden tratarse de accións promovidas pola comunidade local, os concellos ou organizacións cívicas e do terceiro sector. A coordinación do módulo especificará as directrices de realización do traballo, que tamén estarán publicadas na aula virtual da Coordinación do Máster.
b) Traballos propios da materia (30%)
Implicará a realización de actividades prácticas (individuais e grupais) que se irán presentando na evolución dos contidos teóricos e que darán lugar a un Dossier individual de actividades que será entregado no Campus Virtual.
AVALIACIÓN POR MATERIA
No caso de que o/a estudante, por calquera razón xustificada (matriculados a tempo parcial, repetidores/as, estudantes con dispensa de asistencia ou exención de docencia…), non se adscriba ao modelo de avaliación por módulo, será cualificado/a en función do manexo e coñecemento dos contidos propios de cada materia e a realización de prácticas e tarefas específicas. A cualificación será outorgada en base ás seguintes actividades:
Avaliación Continua: 60%
As mesmas tarefas definidas para a avaliación por módulo adaptadas a esta modalidade.
Exame Final: 40%
Que consistirá nunha proba teórica escrita que abordará os contidos impartidos na materia.
En canto ao estudantado que ten Exención de Docencia ou Dispensa de Asistencia seguirase o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Nestes casos, o estudantado poderá acollerse a unha das dúas modalidades de avaliación anteriormente presentadas, se ben deberá comentar persoalmente co profesorado da materia esta circunstancia na primera semana de clase, a fin de delimitar o procedemento de traballo e avaliación.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de “suspenso” na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e ás fontes (Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificación – aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
ASISTENCIA A CLASE
Este programa axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
En concreto, nesta materia é obrigatorio asistir ao 80% das sesións. A asistencia a esta porcentaxe de sesións é preceptiva para superar a materia na primeira oportunidade e poder facer entrega dos traballos e/ou examinarse (en función da modalidade de avaliación seguida). Ao final do período lectivo, publicarase no Campus Virtual a lista de estudantes que satisfagan o requisito de asistencia. Quen non cumpra co 80% de asistencia (exceptuando as ausencias xustificadas) será avaliado/a na segunda oportunidade.
No que respecta ao estudantado repetidor, deberá cumprir cos criterios de asistencia ordinarios anteriormente indicados.
Para un adecuado seguemento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concurrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar o estudantado as tarefas encomendadas en cada caso.
O tempo estimado de traballo é de 50 horas.
Para o estudo da materia, recoméndase:
- Asistencia regular ás sesións de clase e implicación activa nas mesmas.
- Estudo continuado dos contidos teóricos traballados nas sesións expositivas, o que permitirá expor dúbidas e formular aclaracións de forma inmediata.
- Seguimento e dedicación en todas as actividades prácticas, ben sexan individuais ou en pequeno grupo.
- Planificación coherente e axustada das tarefas (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante co profesorado).
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre.
- Coidar os aspectos formais (redacción, coherencia, claridade, exposición…) en todas as actividades.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos realizados polo estudantado entregaranse a través da aula virtual. Excepcionalmente, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Se nalgún momento se esixise a entrega de traballos en papel para a materia, é necesario ter en conta as seguintes indicacións: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible, empregar grampas no canto de encadernados; imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non facer uso de folios en branco como separadores de capítulos ou partes; evitar anexos que non teñan relación directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Para máis información: www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3o85f5lb1ZY/1673868829/public/paragraphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
CONTA RAI
É obrigatorio que o estudantado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá facer uso do teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
É oportuno ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste sentido, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, que pode ser consultada na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Igor Mella Núñez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- igor.mella [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Gabriela Dolores Miguez Salina
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- gabriela.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
02.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |