Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
As finalidades principais da materia son tres:
a) introducir ao estudantado na cultura da sustentabilidade como un eixe transversal (ético e práctico, ecolóxico e socio-cultural) que deben ter en conta na súa práctica profesional, sexa cal sexa o ámbito, comunitario ou escolar, no que exerzan o seu labor;
b) mostra-las posibilidades específicas da educación ambiental nun sentido amplo (estratexias e accións de educación formal e non formal, interpretación, comunicación e participación social) como instrumento para a construción da cultura da sustentabilidade e como ámbito profesional da educación social.
c) situa-los retos da emerxencia climática e a transición ecolóxica na axenda das ciencias da educación e dos seus profesionais.
Estas finalidades concrétanse nos seguintes obxectivos:
- auto-analizar os preconceptos, valores e os estilos de vida adquiridos con relación ao ambiente e á problemática ambiental;
- comprender a "crise ambiental" como unha realidade complexa, que exixe, entre outras, respostas de índole educativa e cultural;
- adquirir unha visión complexa, dinámica e integrada dos elementos biofísicos e socioculturais que conforman o ambiente;
- coñecer e valorar a importancia da educación ambiental como estratexia para mellorar a calidade de vida e avanzar cara a unha sociedade ecoloxicamente sustentable e socialmente equitativa e xusta;
- considerar o papel profesional do/a educador/a Social no deseño e posta en práctica de procesos educativos que aborden necesidades ou problemas relativos ao ambiente;
- dominar os conceptos fundamentais da materia;
- entender a relevancia das respostas educativas e sociais fronte á emerxencia climática;
- coñecer técnicas, experiencias, recursos e infraestruturas específicas de educación ambiental.
1. Os misterios da illa de Pascua (aperitivo con fundamento).
2. Historia, concepto e obxectivos da educación ambiental.
3. Sociedade, estilos de vida e crise ambiental: do desenvolvemento sustentable ao decrecemento sustentable.
4. Correntes e enfoques na educación ambiental.
5. A dimensión ética da educación ambiental.
6. As dimensións cognitiva, emocional e comportamental da educación ambiental.
7. Identidade profesional e profesionalización no campo da educación ambiental.
8. A Educación Ambiental en Galicia: posibilidades e limitacións.
9. Recursos, programas e equipamentos de educación ambiental: análise de experiencias.
10. Educar e comunicar sobre a emerxencia climática: un tema transversal.
a) Básica:
Caride, J. A., e Meira, P. Á. (2001). Educación ambiental y desarrollo humano. Ariel. https://www.researchgate.net/publication/287771112_Educacion_Ambiental_…
Meira, P. Á. (2006). Crisis ambiental y globalización: Una lectura para educadores ambientales en un mundo insostenible. Trayectorias, VIII(20-21), 110-123. http://www.redalyc.org/pdf/607/60715248011.pdf
Caride, J. A., e Meira, P. Á. (2018). Del ecologismo como movimiento social a la Educación Ambiental como como construcción histórica. Historia de la Educación, 37, 165-197. https://doi.org/10.14201/hedu201837165197
González, E. J., e Meira, P. Á. (2020). Educación para el cambio climático ¿Educar sobre el clima o para el cambio? Perfiles Educativos, 42(168), 157-174. https://doi.org/10.22201/iisue.24486167e.2020.168.59464
b) Complementaria:
Arias, M. A. (2013). A construção do campo da educação ambiental: análise, biografias e futuros possíveis. Lupa (Br.). https://www.researchgate.net/publication/387894069_A_construcao_do_camp…
Barba, M., Morán, C., e Meira, P. Á. (2015). A educación ambiental en Galicia: controversias sobre o desenvolvemento do campo e o seu estado actual. Ambientalmente Sustentable. 2(20), 33-48. https://revistas.udc.es/index.php/RAS/article/view/ams.2015.02.020.1591
Caride, J. A., e Meira, P. Á. (2019). Educación, ética y cambio climático. Innovación Educativa, 29, 61-76. https://revistas.usc.gal/index.php/ie/article/view/6336
Comisión Temática de Educación Ambiental (1999). Libro Blanco de la Educación Ambiental en España. Ministerio de Medio Ambiente. https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/recursos/documentos/blanco_tcm30-77…
Garcés, M. (2017). Nueva Ilustración Radical. Anagrama.
García, J. E. (2002). Los problemas de la Educación Ambiental: ¿es posible una Educación Ambiental integradora?”. Investigación en la Escuela, 46, 5-25.
González, E., Meira-Cartea, P. Á., e Gutiérrez, J. (2020). ¿Cómo educar sobre la complejidad de la crisis climática? Hacia un currículum de emergencia. Revista Mexicana de Investigación Educativa, 25(87), 843-872. https://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1405-66662…
Gutiérrez, J. (1995). La Educación Ambiental: fundamentos teóricos, propuestas de transversalidad y orientaciones extracurriculares. La Muralla.
Heras, F. (2002). Entretantos. Guía práctica para dinamizar procesos participativos sobre problemas ambientales y sostenibilidad. Gea-Ciclos.
Latouche, S. (2008). La apuesta por el decrecimiento ¿Cómo salir del imaginario dominante? Icaria.
Meira, P. Á. (2008). Comunicar el Cambio Climático. Escenario social y líneas de acción. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino-OPN. https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/images/es/comunicar_cc_com…
Meira, P. Á., Barba, M., e Lorenzo, J. J. (2017). Crisis económica y profesionalización en el campo de la educación ambiental: comparativa 2007-2013 en Galicia. Educação e Pesquisa. 43(4), 1127-1146. https://www.scielo.br/j/ep/a/jGfL7XNSbNrBLv6RZLCScNS/?lang=es
MITERD-MEFP (2021). Plan de Acción de Educación Ambiental para la Sostenibilidad (2021-2025). Gobierno de España. https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/ceneam/plan-accion-educ…
Taibo, C. (2011). El decrecimiento explicado con sencillez. La Catarata. https://www.solidaridadobrera.org/ateneo_nacho/libros/Carlos%20Taibo%20…
COMPETENCIAS
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, y soe atoparse a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto no plano diagnóstico como prospectivo.
CG3 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, con relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
TRANSVERSAIS
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas na toma de decisións.
ESPECÍFICAS
CE1.6 - Identificar académica e profesionalmente aos educadores sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto de outros profesionais da educación e da acción-intervención social.
CE2.2 - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando as súas potencialidades de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sostenibilidade.
CE2.3 - Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
Ademais das competencias da titulación coa que esta materia está asociada, preténdese formar ao estudantado nas seguintes competencias específicas da materia:
Que os e as estudantes sexan capaces de autoanalizar criticamente os seus preconceptos, valores e hábitos con relación ao ambiente e á crise ambiental.
Que sexan capaces de aplicar no seu exercicio profesional unha visión complexa, dinámica e integrada dos elementos e procesos biofísicos, socioculturais e económicos que é preciso ter en conta para a construción dunha sociedade sustentable.
Que entendan e apliquen a educación ambiental como unha ferramenta social e comunitaria para o cultivo da cultura da sustentabilidade.
Que identifiquen os roles e os ámbitos profesionais específicos no campo da educación, a comunicación e a participación orientadas ó logro da sustentabilidade.
Que os e as estudantes se inicien nos rudimentos do deseño e a avaliación de técnicas, experiencias, recursos e infraestruturas de educación ambiental.
A concepción metodolóxica desta materia quere facer fincapé no papel activo do alumnado na construción das súas aprendizaxes. As actividades de ensino-aprendizaxe concíbense como un espazo educativo-ambiental no que motivar e orienta-la análise, a reflexión e a revisión crítica das pre-concepcións, os valores e os estilos de vida individuais e colectivos que ligan a vida cotiá coa crise ambiental. Como actividades propóñense as seguintes:
Actividades de introdución, orientadas a revisar e pór en cuestión os pre-conceptos e as representacións sobre aspectos básicos da materia e do escenario de crise socio-ambiental que a xustifica. Poderán consistir na análise de casos, a realización de cuestionarios ad hoc, a interpretación de imaxes, etc.
- Clases expositivas, orientadas a explica-los contidos básicos da materia. Recorrerase a presentacións multimedia cun enfoque dialóxico que motive a reflexión sobre estes contidos e a súa transformación en contidos significativos para os e as estudantes.
- Estudos de caso e simulacións. Dependendo do tamaño do grupo desenvolverase un xogo de simulación destinado a mostra-las potencialidades desta técnica no campo da educación ambiental. O "tema 1" enfocarase como un "estudo de caso".
- Realización de, polo menos, un libro-fórum e un vídeo-fórum. O libro-fórum realizarase sobre unha obra relacionada coa materia e que se consensuará co grupo de estudantes. O vídeo-fórum realizarase sobre un documental que aborde a emerxencia climática para afondar nos retos educativos e comunicativos desta problemática.
- Realización de seminarios monográficos e doutras actividades de pequeno e mediano grupo sobre os contidos da materia.
- Realización de titorías individuais e colectivas relacionadas co desenvolvemento da materia e das actividades de aprendizaxe propostas.
- Realización dun exame con formato a determinar.
No caso do alumnado con EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA e DISPENSA A CLASE farase unha adaptación individualizada do programa que tomará como referencia fundamental a realización do Caderno de Traballo e a elaboración escrita de dúas recensións sobre referencias bibliográficas a determinar (un libro monográfico e un artigo).
O conxunto de actividades presenciais previstas pretende servir de estímulo e orientación ao traballo persoal do ou da estudante, que se concretará como segue:
Realización dun caderno de traballo que reflectirá a evolución do ou da estudante na materia. O caderno de traballo será a base da estratexia de avaliación continua dela. O/A estudante realizará as actividades que se proporán nel, que estarán relacionadas cos contidos traballados nas sesións expositivas ou interactivas realizadas na aula ou por calquera outro medio (xogos de simulación, vídeo-forums, libro-forums, visitas, participación en programas ou actividades de educación ambiental externos, lecturas complementarias, etc.). O caderno de traballo terá un mínimo de entradas a estipulará ao comezo do cuadrimestre. A súa extensión modularase en función do número de estudantes matriculados.
- Realización de traballos orientados en grupo, vinculados ou complementarios das actividades presenciais ou virtuais. Destes traballos presentarase un informe e poderán ser expostos na aula ou por outros medios no caso de posuír unha calidade mínima. A súa temática e estrutura definirase ó comezo do curso.
- Realización de saídas de campo para visitar e coñecer in situ equipos ou actividades de Educación Ambiental. Realizaranse na medida en que o tamaño do grupo e os recursos dispoñibles o fagan viable e sempre que as condicións do curso o permitan.
Tódolos materiais de uso ou referenciados no desenvolvemento das sesións expositivas ou interactivas estarán dispoñibles na aula virtual da materia ou facilitarase o enlace para seren descargados autonomamente da rede. Tódolos materiais imprescindibles para a realización dalgunhas das sesións interactivas estarán á disposición do alumnado na aula virtual da materia.
As actividades de ensino-aprendizaxe previstas poderanse programar e organizar en coordinación con outras materias do mesmo curso e cuadrimestre.
A proposta de actividades na materia terá en conta as novas necesidades ou oportunidades de aprendizaxe que aparezan e o ritmo de desenvolvemento dela, así como e a coordinación con outras materias do semestre.
A avaliación é un proceso complexo no que cómpre ter en conta múltiples elementos e dimensións que interveñen na situación de ensino-aprendizaxe (integral). Desde esta perspectiva, o deseño de avaliación proposto enténdese como esencialmente formativo e continuo, fundamentarase na valoración dos produtos resultantes do traballo individual e colectivo (plasmados principalmente no caderno de traballo e no traballo en grupo) e na participación nas sesións presenciais ou virtuais, expositivas e interactivas, que se realicen. A valoración dos produtos resultantes do traballo individual e grupal concrétase na seguinte proposta:
- Valoración do caderno de traballo cun peso relativo do 30% sobre a nota final.
- Valoración do traballo en grupo, cun peso relativo do 20% sobre a nota final.
- Valoración do exame, cun peso relativo do 50% sobre a nota final.
Para todo o alumnado, na avaliación dos traballos escritos (caderno de traballo, informes do traballo en grupo, etc.), consideraranse especialmente os seguintes criterios:
- O grao de elaboración (auto-esixencia no traballo, consulta e uso pertinente de fontes bibliográficas e documentais, etc.).
- A corrección sintáctica e semántica e a presentación formal.
- A consistencia e coherencia do discurso construído (fundamentación e rigor).
- O dominio e o uso pertinente dos conceptos, as ideas e os marcos teórico-prácticos da materia.
- A capacidade para crear un pensamento propio, analítico e crítico (creatividade, orixinalidade e capacidade crítica).
- A capacidade para vincular a materia con experiencias individuais e colectivas relacionadas cos estilos de vida ligados á crise ambiental e á sustentabilidade.
Os traballos individuais e en grupo deberán ser orixinais. Conforme a Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos praxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A cualificación de "non presentado" reservarase unicamente para quen non presente ou realice ningunha das tarefas previstas.
ASISTENCIA A CLASE
Conforme o que se establece no artigo 1.2.b do novo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas especiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024), unha asistencia menor ao 80% das clases presenciais suporá unha mingua do 25% sobre a nota final da materia.
O alumnado oficialmente dispensado de asistencia deberá acudir, polo menos, a titoría obrigatoria nos dez días posteriores á concesión da dispensa ou exención para aclara-lo proceso de seguimento da materia.
Actividades presenciais/virtuais
- Actividades de introdución (análise de concepcións previas) y de presentación: 4 hs.
- Clases expositivas: explicación de temas: 20 hs.
- Práctica: estudos de caso e simulacións: 12 hs.
- Libro-forum e video-forum: 3 hs.
- Seminario monográfico: 4 hs.
- Titorías de seguimento (directas y virtuais, individuais e de grupo): 5 hs.
- Avaliación: 2 hs.
Total de horas presenciais 50.
Actividades do estudante:
- Elaboración do caderno de traballo: 40 hs.
- Lecturas e estudo persoal: 20 hs.
- Recensións: 10 hs.
- Realización do traballo tutelado en grupo: 20 hs.
- Participación en actividades complementarias: 5 hs.
- Saídas de campo: 5 hs.
Total de horas de traballo persoal: 100 hs.
Recoméndase a utilización do ordenador portátil nas actividades presenciais. O seu uso na aula non relacionado coa materia será penalizado. O uso de fontes de documentación e información accesibles a través da internet será estimulado, pero existirá un especial esmero en garantir a orixinalidade e a calidade dos produtos resultantes (entradas no caderno de traballo, recensións, informes de vídeo-forums, etc.). Toda fonte documental utilizada, virtual ou convencional, debe ser correctamente identificada e citada.
Existe un número importante de cursos e actividades ligadas ó medio-ambiente, á educación ambiental e á cultura da sustentabilidade que poden contribuír de forma significativa ó dominio da materia. A realización voluntaria destas actividades pode ser incorporada á materia, ben con informes específicos ou ben como parte das entradas do caderno de traballo.
- Os traballos realizados polo alumnado débense entregar, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicita-la entrega por outros medios.
- Responsabilidade ambiental e ambiental. Se o profesor da disciplina solicita a entrega en papel, deberá cumpri-los seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grazas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade "aforro de tinta".
- Empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas que se desenvolvan.
Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pódese obter información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Uso obrigatorio da conta de correo electrónico da RAI.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que se poidan derivar dun emprego non adecuado del.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
A obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Pablo Angel Meira Cartea
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813747
- Correo electrónico
- pablo.meira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |