Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Dominar o sistema conceptual da materia.
En liñas xerais o sistema conceptual dunha disciplina é o que nos permite discernir entre:
• problemas específicos do campo disciplinar,
• coñecementos avalados no campo disciplinar,
• liñas de investigación abertas no campo disciplinar,
• relación dos problemas do campo disciplinar coas investigacións doutros ámbitos,
• modos de interrogarse acerca dos problemas do campo.
2.- Utilizar a linguaxe específica da disciplina.
Os conceptos máis referenciados na materia quedan identificados nos seguintes termos que poden catalogarse como descritores xerais de materia:
• Identificación do fenómeno educativo, o seu carácter e sentido
• Intervención pedagóxica
• Procesos educativos
• Coñecemento da educación e función pedagóxica
3.- Estudar os coñecementos consolidados no ámbito da materia.
Estudar é dispor e organizar unha información escrita para o seu dominio, elaborando un sistema de pensamento equivalente lóxico do expresado nas palabras do texto a estudar, de tal xeito que poidan facerse inferencias válidas.
4.- Familiarizarse coas estratexias de investigación máis usuais na disciplina.
Non se trata de desenvolver e validar modelos de investigación, nin de aplicar modelos a problemas concretos da disciplina para descubrir novos aspectos ou construír novas verdades. Trátase de coñecer os modos de enfrontarse ás cuestións básicas da materia; falamos, pois, de coñecementos que xa están consolidados e que se corresponden especificamente cos coñecementos acadados pola investigación na disciplina e que están expresados nos documentos de estudo.
A materia de “Teoría da Educación” é unha materia de formación básica dentro dos estudos de grao. Teoría da Educación como disciplina académica substantiva da Pedagoxía, tamén é denominada noutros plans de estudos como “Pedagoxía Xeral”. Correspóndelle a esta disciplina desenvolver o coñecemento teórico, tecnolóxico e práctico da parcela da educación que se identifica coa intervención pedagóxica xeral; é dicir, debe desenvolver a teoría e a tecnoloxía da intervención pedagóxica xeral e das dimensións xerais de intervención, co gallo de entender o coñecemento da educación e a súa relación coa función pedagóxica, a intervención pedagóxica xeral e os procesos de intervención, así como o carácter e o sentido que lle corresponde á educación desde a mentalidade e a mirada pedagóxicas.
A disciplina académica substantiva de Teoría da Educación responde ao conxunto de coñecementos consolidados nos seguintes núcleos temáticos:
• Núcleo epistemolóxico da educación como obxecto de coñecemento
• Núcleo institucional de desenvolvemento da función pedagóxica
• Núcleo de principios de indagación sobre a intervención pedagóxica
• Núcleo de explicación da intervención pedagóxica
• Núcleo de comprensión da intervención
• Núcleo de dimensións e ámbitos de intervención
A Teoría da Educación como materia do Plan de Estudos do grao responde só a unha parte dos contidos consolidados na disciplina da que procede. A materia está condicionada polo lugar e nivel que lle corresponde no plan de estudos. Esta materia ten asignados un total de seis créditos ECTS a desenvolver no primeiro curso da carreira, no segundo semestre en módulos temporais cada semana. O seu campo cognitivo atópase delimitado academicamente, tal como aparece neste programa, cos seguintes descritores particulares da materia:
• Identificación da disciplina e desenvolvemento administrativo da cátedra
• Significación do coñecemento da educación e identidade da Pedagoxía
• Consideración da función pedagóxica
• Racionalización da intervención pedagóxica
• Procesos de intervención
• Comprensión do fenómeno educativo. Significado -carácter e sentido- da educación.
• Elementos estruturais da intervención pedagóxica
Os conceptos referenciados como descritores particulares da materia neste apartado correspóndense cos contidos mínimos da materia.
TEMARIO DA MATERIA (PARTE TEÓRICA).
A.- IDENTIFICACIÓN CONCEPTUAL DA PEDAGOXÍA:
1. Tema introdutorio: Exposición do programa da materia.
2. Desenvolvemento administrativo da Teoría da Educación como cátedra e como área de coñecemento. Converxencia de racionalidade administrativa e epistemolóxica.
3. A educación como obxecto de coñecemento:
3.1. Coñecemento de áreas culturais e coñecemento da educación.
3.2. Modelos de evolución do coñecemento da Educación.
3.3. Modelo de Crecemento do coñecemento da Educación.
4. A Teoría da Educación como coñecemento da educación.
4.1. A Teoría da educación como Filosofía da educación, como teoría interpretativa e teoría práctica e como disciplina académica substantiva.
4.2. Sistemáticas de disciplinas. A Teoría da Educación como disciplina a ensinar (materia), como disciplina a investigar (investigación de) e como disciplina de investigación (investigación en).
B.- PRINCIPIOS DE COMPRENSIÓN DA INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA
5. Procesos educativos formais, non formais e informais.
6. Función Pedagóxica e coñecemento da Educación. A xeración de mentalidades pedagóxicas.
7. Os principios de intervención pedagóxica.
8. Educación das dimensións xerais de intervención e construción de ámbitos de educación. Acción educativa concreta e programada. O control da acción baixo a mirada pedagóxica.
A.- BÁSICA
Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y diseño educativo. De la Pedagogía general a las pedagogías aplicadas en la función de educar. Andavira.
Touriñán, J. M. e Longueira, S. (Coords.) (2018). La construcción de ámbitos de educación. Pedagogía general y aplicada. Andavira.
Touriñán, J. M. e Rodríguez, A. (1993). La significación del conocimiento de la Educación. Revista de Educación (302), 165-192.
Dearden, R. F., Hirst, P. H. e Peters, R. S. (1982). Educación y desarrollo de la razón. Formación del sentido crítico. Narcea.
B.- COMPLEMENTARIA
Belth, M. (1971). La educación como disciplina científica. El Ateneo.
Berlo, D. K. (1979). El proceso de la comunicación. El Ateneo.
Carr, W. e Kemmis, S. (1988). Teoría crítica de la enseñanza. La investigación-acción en la formación del profesorado. Martínez Roca.
Colom, A. J. e outros (1998). Teorías e instituciones contemporáneas de la educación. Ariel.
Damasio, A. (2010). Y el cerebro creo al hombre. Destino.
Dewey, J. (1998). Cómo pensamos. Nueva exposición de la relación entre pensamiento reflexivo y proceso educativo. Paidós.
Elam, S. (1973). La educación y la estructura del conocimiento. El Ateneo.
Fullat, O. (1992). Filosofías de la Educación. Paideia. Ceac.
García Aretio, L.; Ruiz Corbella, M. e García Blanco, M (2009). Claves para la educación. Actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Narcea-Uned.
Herrero, Y. e Gago, V. (2023). Eco-feminismos: la sostenibilidad de la vida. Icaria.
Ibáñez-Martín, J. A. (1975). Hacia una formación humanística. Herder.
Peters, R. S. (1969). El concepto de educación. Paidós.
Reboul, O. (1972). ¿Transformar la sociedad? ¿Transformar la educación? Narcea.
Scheffler, I. (1975). El lenguaje de la educación. El Ateneo.
Smith, B. O. e Ennis, R. H. (1971). Lenguaje y conceptos en la educación. El Ateneo.
Touriñán, J. M. (2014). Dónde está la educación. Actividad común interna y elementos estructurales de la intervención. Netbiblo. (Disponible en PDF en la web www.dondestalaeducacion.com
Touriñán, J. M. (2016). Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación. Andavira, 2ª ed.
Touriñán, J. M. (2016). Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención pedagógica. Bello y Martínez.
Touriñán, J. M. (2020). Pedagogía, competencia técnica y transferencia de conocimiento. Andavira.
Touriñán, J. M. e Sáez, R. (2015). La mirada pedagógica. Teoría de la educación, metodología y focalizaciones. Andavira.
Na memoria de verificación do Grao de Pedagoxía se determinan as competencias básicas, xerais, transversais e específicas.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
CB1 - Que as e os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
COMPETENCIAS XERAIS:
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar críticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía.
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG8 - Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos).
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
COMPETENCIA ESPECÍFICA DO GRAO:
CE4.3 - Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas pedagóxicas.
Atendendo aos contidos da materia na Ficha xeral, determínanse as seguintes COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
• Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa desde as diversas mentalidades pedagóxicas
• Iniciarse na realización de estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas relativas a modelos de educación
• Ser capaz de explicar e comprender o sentido teórico, tecnolóxico e practico da intervención pedagóxica
• Ser capaces de usar e construír experiencia pedagóxica sobre a linguaxe básica do coñecemento da educación
• Ser capaz de analizar comprensivamente o exercicio responsable da función pedagóxica fronte aos elementos estruturais da intervención
As competencias e destrezas a desenvolver coa materia están relacionadas cos obxectivos. O estudantado, por medio das actividades, deberán avanzar no sentido de:
1.- Dominio do sistema conceptual da materia
De xeito global podería dicirse que o dominio do sistema conceptual ponnos en condicións de entender e interpretar os problemas do campo disciplinar, porque, no fondo, o sistema conceptual resposta dalgún xeito á seguinte cuestión: cales son os elementos que temos que dominar para explicar, interpretar e transformar a intervención pedagóxica xeral que actúa no proceso educativo e condiciona o resultado da educación?
2.- Dominio da linguaxe específica da materia que se manifesta no dominio do significado dos conceptos
Saber utilizar no seu contexto os conceptos mais referenciados na materia que quedan identificados de forma xeral como conceptos con significación intrínseca ao ámbito de educación dentro da disciplina.
3. Adquisición das destrezas básicas interpretativas do coñecemento da educación e dominio da evolución do coñecemento da educación, familiarizándose coas estratexias de investigación mais usuais na disciplina.
Estudo e investigación débense distinguir. Quen estuda busca o saber xa feito e, o que busca, concretamente, é asimilalo tal e como está dado no texto. Quen investiga achégase tamén ao saber xa feito, pero para probar a súa validez ou construír outro saber. Estudo e investigación son destrezas básicas a desenvolver no programa.
A Teoría como disciplina académica está orientada a proporcionar coñecementos respecto da realidade educativa, ofrecendo unha análise da mesma, da súa concepción e da súa praxe a través dos procesos de intervención, de cara, non só a coñecer as diversas perspectivas e actuacións, senón tamén de ofrecer modelos de acción.
A materia está condicionada polo lugar e nivel que lle corresponde no plan de estudos. Esta materia ten asignados un total de seis créditos a desenvolver no primeiro curso da carreira no segundo semestre.
A metodoloxía combina exposicións do profesorado cos debates e discusións respecto dos contidos expostos.
Tamén se poden consultar documentos da materia nas fontes sinaladas no desenvolvemento da materia e neste programa. Unha parte do material de estudo e documentación complementaria pode localizarse en revistas especializadas, nos fondos da biblioteca da facultade e en portais dixitais especializados.
Respecto do contido, o semestre está orientado aos temas teóricos dos apartados A e B do temario.
No desenvolvemento da materia combinaranse exposicións do profesorado, clases orientadas á aplicación prácticas dos contidos, exposicións de las y los estudiantes, diferentes prácticas realizadas polo estudantado e tempo de traballo e estudo por parte de cada estudante.
A actividade a realizar por cada estudante é, fundamentalmente, de dous tipos:
- A primeira, centrarase no estudo dos temas da parte teórica do temario do programa, que serán explicados, fundamentalmente, nas clases expositivas, e reforzados nas clases interactivas.
- A segunda, na realización das prácticas de aula que se propoñan e desenvolvan nas clases interactivas: recensións, estudos de casos prácticos, análise de documentación, debates, etc. En todo caso, estas actividades serán axustadas e complementadas segundo as características e a evolución das aulas. As prácticas poderán ser complementadas coa metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo, segundo o permitan os recursos da materia e os acordos con entidades externas.
Na aula virtual da materia poderanse consultar as directrices específicas para a elaboración dos traballos e para o exame da parte teórica.
A proposta de actividades terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación con outras materias do semestre.
De ser posible, respecto dos recursos e dos acordos con axentes externos, desenvolverase, cando menos, unha práctica de campo que pode ser compartida con outras materias do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións, etc.) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
- A valoración da aprendizaxe enténdese como un proceso a través do que se trata de comprobar o nivel de logro das competencias e dos obxectivos marcados. Neste sentido, en correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias, cos obxectivos, cos contidos, coa metodoloxía exposta e cos recursos dispoñibles, a avaliación do estudantado estará baseada nas cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das achegas nas sesións de clases expositivas e interactivas que se programen.
- Haberá unha proba que deberá facilitar a identificación do nivel de logro dos obxectivos relacionados, principalmente, coa primeira parte do programa. Esta proba terá un valor mínimo do 50% na nota final, pero é necesario tela superada (acadar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10) para aprobar a materia. Coa intención de axustar o temario aprendido ó temario explicado nun tempo concreto, as preguntas da proba centraranse nos aspectos máis comúns das aprendizaxes realizadas por cada estudante nos obxectivos básicos da materia.
- As tarefas realizadas na parte práctica terán un valor máximo do 50% na cualificación final, sempre que se teña unha puntuación superior de 5 puntos dun máximo de 10. A nota desta parte será a media das puntuacións das prácticas realizadas/entregadas que poderán ser individuais e/ou en grupo.
- Para superar a materia é necesario ter aprobado tanto a parte práctica como a parte teórica. Isto débese a que en cada unha destas partes adquírense destrezas, habilidades, actitudes e coñecementos diferentes aínda que complementarios.
a) Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas (de ser o caso) en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
b) Os traballos individuais ou en grupo entregados polo estudantado deberán ser orixinais e de autoría propia. Calquera traballo copiado suporá a aplicación da normativa específica da USC, o suspenso da materia e a avaliación do ou da estudante na seguinte convocatoria.
c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
- Os e as estudantes con exención de docencia ou dispensa deberán axustarse á normativa e contactar co equipo docente na primeira semana de aulas para concertar o seu seguemento e o traballo de prácticas que debe entregar, así como as características do exame que realizará.
- Todo estudante ten dereito a revisar o exame, o traballo e as prácticas de clase co profesorado.
- Este programa será válido para as convocatorias de xuño e xullo de 2026.
Atendendo ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela aprobado polo Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024, a asistencia ao 80% das sesións expositivas e ao 80% das sesións interactivas é preceptiva nesta materia para acollerse á avaliación continua e a realización do exame da primeira oportunidade, excepto nos casos de exención ou dispensa. A ou o estudante que perda a condición de asistente, deberá concretar co equipo docente un traballo individual de reflexión crítica sobre contidos da materia (50% da cualificación final) e contará cun exame específico na segunda oportunidade (50% da materia). Ambas partes deben estar aprobadas (5 sobre 10) para superar a materia.
A materia conta con 6 créditos ECTS asignados, o que equivale a un total de 150 horas de dedicación por parte de cada estudante.
Das cales, 50 horas correspóndense co traballo vinculado ao seguimento da materia a través das aulas expositivas e interactivas e as tarefas de avaliación.
Ademais, a materia contempla 100 horas de traballo persoal para o estudo e a elaboración de actividades.
A asistencia regular e a participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programan, executando as tarefas recomendadas en cada caso, son obrigas do estudantado respecto da súa aprendizaxe e garanten a posibilidade de avaliación continua. Isto implica non só cooperar dentro da aula, senón tamén realizar as tarefas sobre as que se sustentará a actividade colectiva na clase. A asistencia e a participación activa nas clases é tamén condición para a avaliación continua de cada estudante.
As e os estudantes constituirán os grupos de traballo e notificará ao profesorado por escrito, no prazo establecido especificamente no programa. Cada grupo disporá de tempo específico nas aulas interactivas para informar e consultar cuestións sobre o desenvolvemento e o seguimento dos traballos nos tempos de actividade práctica na aula habilitados a tales efectos. Ademais, cóntase cos tempos de titoría de cada docente.
Existen nos planes de estudos actuais outras materias que están relacionadas coa disciplina académica substantiva de Teoría da Educación. As súas denominacións concretas varían en función das circunstancias particulares dos planes de estudos e da parte do contido da disciplina que se estuda e ensina nese plan (Pedagoxía Xeral; Teoría da Educación; Filosofía da educación; Filosofías da Educación, son denominacións apropiadas para esas materias segundo a orientación do seu contido). Cómpre considerar a materia de Teoría da Educación complementada nos seus contidos cos propios das disciplinas de:
Educación comparada
Historia da educación
Socioloxía da educación
Pedagoxía social
Filosofía da educación
Política da educación
Antropoloxía da educación
Os elementos que configuran o estudo desta ,materia, non poden ser tratados como se estiveran illados, independentes das estruturas -humanas, físicas ou sociais e culturais- das que depende a acción educativa real. Cada acción educativa ten lugar en contextos específicos caracterizados por trazos políticos, económicos, culturais e valores sociais condicionantes e interrelacionados. As achegas da presente disciplina débense de xuntar coas ofrecidas por outras disciplinas que xa temos identificado, atendendo aos condicionantes reais da acción.
A materia ten unha linguaxe propia que ten que ser dominada. A consulta de índices de diversos libros que tratan o mesmo tema, as lecturas complementarias orientadas, a dedicación dun tempo específico á identificación dos campos semánticos, son os reforzadores do traballo diario. As lecturas deben orientarse á mellora e dominio dos indicadores conceptuais básicos da disciplina.
No curso das primeiras sesións da actividade académica daranse precisións operativas complementarias. Así mesmo, estableceranse os prazos e as datas para a entrega das prácticas.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Os traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia serán entregados a través da Aula Virtual. Se por circunstancias específicas é preciso entregar algún traballo impreso teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar doutras encadernacións (por exemplo, espirais).
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
Atendendo a criterios de igualdade de xénero, facerase uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Na seguinte ligazón pódese consultar a Guía de Linguaxe non Sexista da USC: https://www.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/mor…
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas ás/aos autoras/es e das fontes (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación. Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA:
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose cada estudante das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
CONTA RAI:
É obrigatorio que cada estudante faga uso da conta de correo institucionais (@rai).
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS:
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
É preciso ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre cada docente e cada estudante matriculada/o na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS:
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Santiago de Compostela, maio 2025
Silvana Longueira Matos
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813771
- Correo electrónico
- silvana.longueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
29.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |