Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia ten unha función transversalizadora na titulación. Debe servir para reflexionar sobre a nosa relación ca natureza e perfilar a mirada para atopar os valores educativos da mesma, dende perspectivas de educación formal, non formal e informal. A súa estreita relación cas materias do módulo debe fundamentar que a perspectiva educativa esté sempre en relación ca ética (a reflexión filosófica e da xustiza, as morais na relación ca natureza) e histórica (a comprensión da formación mutua de sociedade e natureza).
Contémplanse os diferentes obxectivos específicos.
Desenvolver habilidade de análise e valoración da riqueza educativa dos elementos naturais.
Relacionar o pensamento pedagóxico cos valores educadores da natureza e o seu manexo.
Interpretar de forma crítica e construir con criterio profesional pensamento pedagóxico en relación ca naturezae o lugar da humanidade nesta.
1.- Natureza e paisaxe na educación de persoas.
2.- A natureza no pensamento pedagóxico: análise de textos clásicos.
3.- Evolución do pensamento pedagóxico en relación ao valor educativo da natureza.
4.- O medio natural na teoría da educación: aspectos actuais.
5.- Exemplificacións de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas en la natureza e ao aire libre.
BÁSICA
Carson, Rachel. (2021). El sentido del asombro (Vol. 84). Encuentro.
Castillo Sarmiento, Alma. Y., Suárez Gélvez, Jhon. H., & Mosquera Téllez, Jemay. (2017). Naturaleza y sociedad: relaciones y tendencias desde un enfoque eurocéntrico. Luna Azul, (44), 348-371.
Esteban Guitart, Moisés., Iglesias Vidal, Edgar., Lalueza, José Luis, & Palma i Muñoz, Montserrat. (2022). Lo común y lo público en las prácticas de enseñanza desde la perspectiva de los fondos comunitarios de conocimiento e identidad. Revista de educación, 2022, vol. 395, p. 237-262.
Freire, Heike. (2011). Educar en verde. Ideas para acercar a niños y niñas a la naturaleza. Graó.
Gruenewald, David. A. (2003). The best of both worlds: A critical pedagogy of place. Educational researcher, 32(4), 3-12.
COMPLEMENTARIA:
Blades, Genevieve. (2021). Making meanings of walking with/in nature: Embodied encounters in environmental outdoor education. Journal of Outdoor and Environmental Education, 24(3), 293-318.
Del Pino-Ordóñez, Marta. (2020). Aprendizaje experiencial, interiorizar haciendo. Revista digital de educación y formación del profesorado, 17(1), 1-7.
Emerson Serrano, Rebeca. L., & Blasco Serrano, Ana. C. Desarrollo de un Plan de Atención a la Diversidad para una Escuela Bosque. Universidad de Zaragoza. https://zaguan.unizar.es/record/152240
Escribano Dengra, Ruth María. (2017). Tejiendo lazos entre el ecofeminismo crítico y la educación para el desarrollo. Géneroos, 24(21), 151-164. Esteban Guitart, Moisés. (2012). La psicogeografía cultural del desarrollo humano. BAGE. Boletín de la Asociación Española de Geografía, (59), 105-128.
Esteban Guitart, Moisés. (2012). La psicogeografía cultural del desarrollo humano. BAGE. Boletín de la Asociación Española de Geografía, (59), 105-128.
Garcés, Marina. (2017). Nueva ilustración radical. Anagrama.
Gallardo Sánchez, Isabel. M. (2020). La educación lenta. Universidad de la Laguna http://riull.ull.es/xmlui/handle/915/19462
Gonález Gaudiano, Edgar. J., & Meria Cartea, Pablo. Á. (2020). Educación para el cambio climático:¿ educar sobre el clima o para el cambio?. Perfiles educativos, 42(168), 157-174.
Kolb, Alice. Y., & Kolb, David. A. (2017). Experiential learning theory as a guide for experiential educators in higher education. Experiential Learning & Teaching in Higher Education, 1(1), 7-44.
López-Silva, Pablo, Zambra-Silva, Fernanda, & Chávez Abello, Juan. (2022). Affordances como mutualismo organismo-entorno: reconsiderando la propuesta ecológica original de Gibson. Crítica (México, DF), 54(160), 31-55.
Payne, Philip. G., & Wattchow, Brian. (2008). Slow pedagogy and placing education in post-traditional outdoor education. Journal of Outdoor and Environmental Education, 12, 25-38.
Szczepanski, Anders. (2009). Outdoor education: Authentic learning in the context of urban and rural landscape: A way of connecting environmental education and health to sustainable learning: Literary education and sensory experience. Perspective of the where, what, why, and when of learning. Perspective of the where, what, why and when of learning.
Competencias básicas:
- CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas,
a miúdo nun contexto de investigación.
- CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB8. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro, sen ambigüidades e os requisitos exixibles a todo traballo científico.
Competencias específicas.
- CE8. Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
A metodoloxía segue un formato teórico práctico no que se difuminan os límites entre a discusión/construción e a aplicación do saber.
O curso iníciase con clases teóricas presenciais de grupo completo nas que se fai unha posta en común e discusión do coñecido sobre os contidos da materia, para logo construír sobre estas bases.
As seguintes clases prácticas baséanse nunha combinación de aulas invertidas con outras actividades como o excursionismo. Deste xeito, agárdase que dunha maneira non presencial e asíncrona o estudantado faga visionado de documentos audiovisuais e lectura de textos académicos que logo serán a base do traballo pedagóxico ó aire libre.
Os textos iniciais serán El hombre de Arán (1934) de Robert J Flaherty, y La selva esmeralda (1985) de John Boorman, que logo se completarán cas suxerencias do estudantado.
Nestas saídas pedagóxicas o estudantado deberá analizar e argumentar o valor educativo da natureza experienciada e tamén deseñar actividades para o seu aproveitamento.
Este traballo completarase con titorías tanto en grupo completo como individuais para orientar sobre o sentido desta formación en diferentes profesións e sobre a boa elaboración das evidencias de aprendizaxe que sirven para a calificación.
Saídas:
Levaranse a cabo dúas saídas para as cales necesitaremos transporte e que se realizarán en contextos rurais a determinar ó inicio do curso, que nos levarán a relacionarnos con lugares que sofren algún tipo de ameaza ambiental, traballando así os contidos relativos á relación humanidade-natureza.
Levaranse logo dúas saídas para as cales non necesitaremos de transporte e que se levarán a cabo na contorna urbana e periurbana da cidade de Lugo.
Actividade de aprendizaxe-servizo:
De maneira complementaria, o estudantado participará nunha actividade de aprendizaxe-servizo transversal con outras materias da titulación, consistente na adaptación de itinerarios de sendeirismo como saídas educativas para persoas con necesidades educativas especiais. Desta maneira, explorarán a parte máis amplicada dos contidos estudados dende unha perspectiva de aprendizaxe experiencial.
A avaliación é continua e escalar. As competencias serán avaliadas mediante exercicios escritos e exercicios de exame do medio natural mediante análises directos das contornas.
Toda dimensión da actividade é avaliada: participación, deseño pedagóxico, execución pedagóxica e discusión e formulación teórica. Estas dimensións serán avaliadas a través dos seguintes instrumentos
Probas obxectivas -50% da calificación
Traballo final transversal do módulo
Presentación de informes orais e escritos –35% da calificación
Escrito sobre a infancia e a natureza (5%)
Diario de campo onde reflexar as interpretacións e reflexións das saídas( 30%)
Asistencia e participación -15% da avaliación
Autoavaliación e coavaliación das actividades.
Na segunda oportunidade, o alumnado será avaliado da seguinte maneira:
Probas obxectivas -50% da calificación
Traballo final transversal do módulo
Presentación de informes orais e escritos –35% da calificación
Escrito sobre a infancia e a natureza (5%)
Diario de campo onde reflexar as interpretacións e reflexións saídas autoorganizadas (30%)
Asistencia e participación (15%)
Considerarase en todo caso a calificación obtida na primeira oportunidade para esta parta da avaliación (dito doutra maneira, este 15% non é modificable na segunda oportunidade)
ALUMNADO DE DISPENSA
O estudantado que teña dispensa de asistencia por traballo ou conciliación familiar, terá que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente. Non haberá, polo tanto, dispensa con respecto á parte práctica da materia.
TRABALLO PRESENCIAL Horas
Clase presencial en grupo completo: 8
Clases practicas: 8
Realización de exercicios escritos: 2
Titorías: 2
Outras tarefas (excursións): 7
Total horas presenciais: 27
TRABALLO PERSOAL Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 14
Escritura de exercicios, conclusións ou traballos deribados da materia: 9
Lecturas recomendadas e procuras bibliográficas: 20
Asistencia a actividades recomendadas, como charlas, presentacións de traballos, películas, etc.: 4
Outras tarefas propostas polo profesor/a da materia. Procuras telemáticas: 1
Total horas de traballo persoal: 48
Este máster capacita para a dirección de grupos e a toma de decisións responsables en relación con actividades educativas en contornas naturais. É necesario que o estudantado poida poñer en relación o estudado nos textos e o vivenciado na realidade, e que teña disposición á creatividade e a experimentación.
A profundidade da reflexión, permitida especialmente pola lectura, e a implicación na vivencia directa son dous piares fundamentais da aprendizaxe na materia.
Aconséllase unha visión crítica dos procesos educativos de diferente índole que permitan a construción dun criterio propio e a elaboración de prácticas pedagóxicas emancipadoras e xustas.
Recoméndase tamén o uso do proceso de titorización (nos horarios establecidos e tamén nas sesións de aula) para asegurar un proceso axeitado.
O estudantado debe posuír un equipamento mínimo de excursionista, incluíndo roupa, calzado, etc. adecuado.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
O estudantado deberá observar respecto e comportamento adecuado nos espazos naturais que se visiten.
Reducirase ao mínimo a entrega en papel e a duplicación de arquivos virtuais.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Iso inclúe a modificación da normativa APA para incluir o nome completo das autorías, de maneira que non se invisibilice o traballo das mulleres.
Os textos da bibliografía nesta materia coidan buscar o equilibrio nas achegas por criterio de xénero, e agárdase que o alumando faga o mesmo, fuxindo de ter unha bibliografía especialmente masculinizada.
PERSPECTIVA INTERCULTURAL
Na materia búscase fuxir de visións etnocéntricas da sociedade e da natureza, así como a mistificación ou folclorización de ningunha cultura. Coidarase a óptica buscando un entendemento da relación humano-natureza dende unha perspectiva de diversidade cultural.
Buscarase fuxir de expresións excluíntes ou estigmatizadoras tanto na linguaxe oral como na escrita.
PERSPECTIVA DOS COIDADOS
Convídase ao estudantado a ser consciente da necesaria interdependencia e ecodependencia nas actividades grupais na natureza, e a responsabilizarse colectivamente do benestar tanto das diferentes persoas do grupo como do medio natural. Os coidados mutuos son parte do proceso educativo.
David Garcia Romero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821010
- Correo electrónico
- d.garcia.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
13.01.2026 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
30.06.2026 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |