Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Teoría e Historia da Educación, Antropoloxía Social
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais (saber):
- Coñecer, analizar e valorar os alicerces nos que se apoia a sociabilidade e a educabilidade do ser humano.
- Coñecer unha óptica intercultural que propicie o distanciamento crítico dos modelos culturais dominantes, así como propostas inclusivas e non discriminatorias, que tomen en consideración os contextos tanto local como global na comprensión da infancia, da educación e dos distintos modelos familiares.
- Comprender a infancia, a familia e a escola, así como as súas interrelacións, como construcións socioculturais suxeitas a unha gran variabilidade histórica e cultural, desde unha perspectiva pedagóxica e antropolóxica.
- Entender a variedade de factores, históricos, políticos, económicos e culturais que determinan estas variacións e coñecer distintas manifestacións da diversidade, facendo fincapé no compromiso coa diversidade étnica e cultural, sexo/xenérica, a diversidade na infancia e a diversidade familiar.
- Coñecer, analizar e valorar as implicacións e demandas mutuas que se establecen no seo do triángulo escola-familias-sociedade.
- Coñecer estratexias de titoría coas familias e co alumnado de educación infantil.
Procedimentais (saber facer):
- Extraer coñecemento que oriente a praxe docente, a partir da análise desde o punto de vista antropolóxico, histórico e pedagóxico, do triángulo escola-familias-sociedade.
- Aplicar actividades de titoría co alumnado de educación infantil e coas súas familias.
- Presentar traballos académicos de calidade universitaria, tanto na cuestión de forma como na de contido, tanto oralmente como por escrito, conforme criterios que se lle ofrecerán ao alumnado.
- Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega.
Actitudinais (saber ser):
- Promover hábitos de comportamento democrático (capacidade de diálogo razoado, respectuoso e sereno; capacidade de información, de crítica e de rendemento público de contas; etc.) para, a partir de aí, fomentar unha educación democrática da cidadanía contextualizada no territorio, con atención especial á igualdade de xénero (e contra os modelos de masculinidade tóxica), ao respecto dos dereitos humanos e ao desenvolvemento dunha actitude crítica, participativa e responsable respecto dos problemas da sociedade actual.
- Adquirir compromisos como futuros/as docentes coa infancia, co servizo público á sociedade e ás familias, e coa innovación pedagóxica.
Actitudinais (saber ser):
- Promover hábitos de comportamento democrático (capacidade de diálogo razoado, respectuoso e sereno; capacidade de información, de crítica e de rendemento público de contas; etc.) para, a partir de aí, fomentar unha educación democrática da cidadanía contextualizada no territorio, con atención especial á igualdade de xénero (e contra os modelos de masculinidade tóxica), ao respecto dos dereitos humanos e ao desenvolvemento dunha actitude crítica, participativa e responsable respecto dos problemas da sociedade actual.
- Adquirir compromisos como futuros/as docentes coa infancia, co servizo público á sociedade e ás familias, e coa innovación pedagóxica.
Tema 1. A natureza cultural do ser humano. Cultura, sociedade e aprendizaxe.
Tema 2. Antropoloxías da infancia: variabilidade en canto construcións socio-culturais.
Tema 3. Familia, escola e infancia: tipoloxías e evolución histórica.
Tema 4. A visión intercultural da infancia, da familia e da escola.
Tema 5. Actividades de orientación e titoría relativas ao escenario familiar na educación infantil.
Tema 6. Deseño de plans de acción titorial nos centros de educación infantil e o seu impacto nas familias.
Bibliografía básica:
Castro, Xavier (2008). Historia da infancia na Galicia contemporánea. Minius, 16, 63-101. En http://minius.webs.uvigo.es/docs/16/3.pdf
Delgado, Buenaventura (1998). Historia de la infancia. Barcelona: Ariel.
Garreta, Jordi (ed.) (2007). La relación familia-escuela. Lleida: Universitat de Lleida.
Kottak, Conrad Ph. (2002). Antropología cultural. Madrid: McGraw Hill.
Malgesini, Graciela e Giménez, Carlos (2000). Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad. Madrid: Catarata.
Méndez, Laura e outros (2007). La tutoría en educación infantil. Barcelona: CissPraxis.
Bibliografía complementaria:
Ariès, Philippe (1992). El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen. Madrid: Taurus.
Boivin, Mauricio, Rosato, Ana e Arribas, Victoria (2004). Construtores de Otredad. Una introducción a la Antropología Social y Cultural. Bos Aires: Eudeba.
Borrás, José M. (ed.) (1996). Historia de la infancia en la España contemporánea, 1834-1936. Madrid: MTSS.
Carmona, José, García-Ruiz, Marta, Máiquez, M. Luisa e Rodrigo, María J. (2019). El impacto de las relaciones entre la familia y la escuela en la inclusión educativa de alumnos de etnia gitana. Una revisión sistemática. Multidisciplinary Journal of Educational Research, 9(3), 319-348. En 10.4471/remie.2019.4666
De Mause, Lloyd (ed.) (1994). Historia de la infancia. Madrid: Alianza.
El Aaddam, Safia (2022). Hija de inmigrantes. Barcelona: Penguin Random House.
Gallego, Sofía e Riart, Joan (2006). La tutoría y la orientación en el siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
Garreta, Jordi (2015). La comunicación familia-escuela en Educación Infantil y Primaria. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación, 8, 1, 71-85. En https://www.academia.edu/10438098/Garreta_J._La_comunicaci%C3%B3n_famil…
Llevot, Núria e Bernad, Olga (2015). La participación de las familias en la escuela: factores clave. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación, 8, 1, 57-70. En https://ojs.uv.es/index.php/RASE/article/view/8761
Monge, M. Concepción (2009). Tutoría y orientación educativa: nuevas competencias. Madrid: Wolters Kluwer.
Oca, Luzia (2006). La dialéctica de la inclusión versus exclusión de l@s inmigrantes: retórica y realidad. En Miguel A. Santos (ed.) Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural. Granada: Grupo Editorial Universitario, 171-191.
Pachón Castrillón, Ximenta (2009) ¿Donde están los niños? Rastreando la mirada antropológica sobre la infancia. Maguaré, 23: 433-469
Soto Marata, Pepi (2021) Crecer y aprender, mientras tanto. El dominio teórico y etnográfico de una Antropología Sociocultural de la Educación. BCN: Bellaterra
Spindler, George D. (2006). La transmisión de la cultura. En H.M. Velasco e outros (eds.) Lecturas de Antropología para educadores. Madrid: Trotta, 205-241.
Xerais:
G.3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan as singulares necesidades educativas das e dos estudantes, a igualdade de xénero, a equidade e o respecto aos dereitos humanos.
G.4 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.5 Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto ás/aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G.7 Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
G.10 Actuar como orientador/a de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
G.12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios en educación infantil e as/os seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Básicas:
B.2 Que as e os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3 Que as e os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que as e os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais:
T.1 Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Específicas:
E.10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
E.11 Coñecer e saber exercer as funcións de titor/a e orientador/a en relación coa educación familiar.
E.12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
E.14 Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
As actividades presenciais en grupo completo (24 horas) están concibidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos da materia que ofrecen unha maior dificultade de comprensión, con especial incidencia nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poden presentar os/as estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia. O profesorado utilizará varias técnicas expositivas e o estudantado realizará os exercicios que se indiquen de acordo cos contidos tratados.
As actividades en grupo máis reducido (24 horas) desenvolveranse no marco de métodos como a discusión, o debate, o comentario de documentos ou a exposición de traballos, o que esixirá 45 horas de traballo persoal do alumnado, co fin de fomentar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que permita mellorar a capacidade de exposición pública dos resultados dos traballos realizados (comunicación oral). Con iso propiciarase a adquisición por parte do alumnado das competencias ligadas ao pensamento crítico, ao uso da lingua galega, ás tecnoloxías da información e a comunicación e demais competencias sinaladas.
Ben sexa con actividades ofrecidas de partida polos propios docentes, ben sexa por iniciativa do estudantado, as alumnas e os alumnos serán atendidos polos profesores nas 3 horas establecidas de titorías de materia (e secundariamente no horario de titorías académicas de despacho), e en grupos moi reducidos co obxectivo de orientar mellor o seu traballo e a súa aprendizaxe, e polo tanto para asegurar tamén a consecución de todas as competencias arriba sinaladas para a materia, o que esixirá a maiores 19 horas de traballo autónomo do alumnado.
Na medida en que o permitan os orzamentos do centro e a situación sanitaria, faranse co alumnado unha ou varias viaxes pedagóxicas (“prácticas de campo”) a lugares de interese para a materia , que se aproveitarán para afianzar directamente e in situ os contidos dos temas traballados ata ese momento nas sesións presenciais da materia. Informarase ao respecto no seu momento.
Para facilitar o acceso permanente do alumnado aos textos e outros materiais que utilizarán os docentes para o desenvolvemento dos contidos da materia, abrirase un curso ao respecto dentro do Campus Virtual da USC. En todo caso o profesorado controlará a asistencia do alumnado a todas as sesións presenciais da materia.
ALUMNADO EN PRIMEIRA MATRÍCULA. A adquisición das competencias desta materia valorarase a través das catro actividades de aprendizaxe e exercicios de avaliación que se concretan a continuación, baseadas no principio de avaliación continua:
1. Participación, asistencia e implicación: ata 1,0 puntos (competencias que se avalían: G.4, G.5; B.2, B.4; T.2, T.3; E.10). Ao ser a USC unha universidade presencial, os seus Estatutos determinan a obriga do alumnado de asistir a clase. Non se valora a asistencia ás clases (xa que, como acabamos de sinalar, trátase dunha obriga e dun requisito avaliativo) senón a participación construtiva e a implicación activa do alumnado en todas as actividades da materia, especialmente nas sesións interactivas e titoriais. Por suposto, o alumnado que non acade un mínimo de asistencia a clases do 80% do total de horas de presencialidade da materia, recibirá neste apartado unha puntuación de 0 puntos. Aclaramos que o alumnado que teña máis do 20% de faltas de asistencia ás sesións interactivas sen xustificar (máis de 4 faltas) terá 0 puntos na materia.
2. Presentacións orais: ata 2,0 puntos (competencias que se avalían: G.10; B.2, B.3, B.4; T.2, T.3; E.10). Cada estudante terá a oportunidade de realizar entre unha e dúas exposicións ao longo do semestre fronte ás súas compañeiras e compañeiros na aula, respecto dunha temática (ou duns textos) que con varios días de antelación os docentes teñan posto á súa disposición. As condicións concretas baixo as que deberán realizarse as exposicións orais serán detalladas oportunamente na aula.
3. Informes escritos e outras producións: ata 3,0 puntos (competencias que se avalían: G.3, G.7; B.3, B.4; T.1, T.2, T.3; E.12, E.14). Á marxe de pequenas actividades que os docentes pidan na aula de día en día, o alumnado elaborará un traballo en grupo. Nas primeiras sesións de clase do semestre informarase convenientemente ao alumnado da natureza, orientación e condicións deste traballo.
4. Probas específicas: ata 4,0 puntos (competencias que se avalían: G.3, G.12; B.2, B.3, B.4; T.2; E.11, E.14). Haberá unha proba final obrigatoria para todo o alumnado. Toda a actividade que se desenvolva nas sesións presenciais da materia (máis os documentos achegados polos docentes para o estudo non presencial por parte do alumnado), serán considerados de partida como contidos sometidos a avaliación na proba final da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no documento da USC “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Con carácter xeral, nas primeiras sesións de clase do semestre os docentes ofrecerán con detalle e concreción as orientacións necesarias respecto de cada un dos criterios e instrumentos de avaliación da materia.
CUALIFICACIÓN FINAL. Virá definida polo sumatorio acadado reunindo todas as cualificacións parciais obtidas ao longo do semestr+.
Por encima de todas as casuísticas anteriores, para aprobar a materia o alumnado necesariamente deberá ter superado a proba final obrigatoria. De non a superar, a cualificación final máxima que podería recibir na materia sería de 4,0 puntos (suspenso).
ALUMNADO EN SEGUNDA OPORTUNIDADE. Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á oportunidade de xuño só terá dereito a realizar a proba final, e manteránselle nos restantes apartados as cualificacións obtidas no primeiro semestre, sexan as que sexan. Non se admitirán novos traballos ou exposicións para a oportunidade de xuño.
ALUMNADO EN SEGUNDA E POSTERIORES CONVOCATORIAS. Dispón de tres posibilidades:
1. Implicarse na materia comezando “de cero”, acudindo a todas as clases durante todo o semestre e facendo todos os exercicios e probas, exactamente igual que se fose de primeira matrícula.
2. Acudir á proba final da materia, que será o único exercicio de avaliación que se lle tería en conta (neste caso o valor máximo da proba sería de 10 puntos, pero co mesmo número mínimo de acertos esixibles ao alumnado de primeira matrícula).
3. Acudir á proba final da materia (nas mesmas condicións que o alumnado de primeira matrícula), pero recuperando as cualificacións acadadas nos restantes exercicios de avaliación, correspondentes ao curso en que a/o estudante en cuestión asistiu ordinariamente ás clases.
Por defecto, o profesorado entenderá sempre que o alumnado de segunda e posteriores convocatorias opta pola terceira das opcións. No caso de que desexara optar pola primeira ou pola segunda opcións, será a alumna ou alumno en cuestión quen llo deberá comunicar ao profesorado por correo-e no mes de setembro. En calquera dos casos, o alumnado sempre terá dereito a acudir ás sesións de clase que desexe, á proba final, e por suposto a facer uso do servizo de titorías do profesorado.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA. Deberá remitirlle ao profesorado, e canto antes, o documento acreditativo da súa dispensa. Para aprobar a materia unicamente deberá superar, sexa en 1ª ou 2ª oportunidade e en calquera convocatoria, unha proba final na que se valorará o dominio de todos os contidos traballados na materia, tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. ç
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
150 horas totais (51 presenciais e 99 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en grupo pequeno: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
- Asistencia continuada ás aulas e participación activa nelas.
- Realización do conxunto dos traballos e actividades programadas
- Lectura atenta do programa da materia.
- O equipo docente informará na aula ao estudantado cada vez que deixe material para o estudo ou a ampliación de contidos, para o que se creará un curso virtual da materia aloxado no Campus Virtual da USC, a fin de evitar o gasto de papel que implica o indicado anteriormente.
- Na intención de materializar a igualdade de xénero no quefacer comunicativo universitario, recoméndase facer na materia uso dunha linguaxe non sexista nin discriminatoria, tanto na actividade cotiá de aula como en calquera traballo escrito que se elabore. Ao respecto, a USC dispón en https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/mellorar… de dous documentos, breves e prácticos, para aprenderdes a empregar a linguaxe de xeito inclusivo.
- No que cómpre aos traballos que elabore o alumnado, estes deberán respectar as seguintes condicións:
1. Normas de estilo e formato: ver https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/mellorar…, onde tamén figuran indicacións para evitar a linguaxe sexista. É ademais importante ter en conta o traballado nas sesións (no caso de que se organicen) de competencias xenéricas de primeiro curso respecto da comunicación escrita. Non hai extensión mínima nin máxima dos traballos, salvo indicación en contra.
2. Emprego responsable de recursos: os traballos entregaranse, salvo excepcións específicas, de maneria virtual a través do campus virtual.
4. Valoración: á marxe da calidade dos contidos en si (en relación coa materia), a valoración final de cada traballo terá tamén en conta a gramaticalidade, a cohesión, a coherencia, a adecuación e o formato. O recurso ao plaxio ou ao emprego de intelixencia artificial implicará a desestimación do traballo.
-Para a comunicación co profesorado será obrigatorio o uso das ferramentas virtuais institucionais, tanto o campus virtual como o corredo @rai.usc.
- Perspectiva dos coidados: Todo proceso de aprendizaxe saudable necesita de seguridade e confianza para levarse a cabo. Nese sentido, é relevante que nos responsabilicemos en conxunto do benestar das diferentes persoas da aula, promovendo a disposición ó diálogo, a consideración cas necesidades das outras persoas e o fomento da empatía. Isto abrangue as dimensións da expresión verbal respectuosa, o coidado das instalacións para o respecto ó persoal de servizos e a promoción dun clima de aula que permita a aprendizaxe, entre outras cuestións de civismo e ética persoal.
-Ética ambiental: nesta materia promoversase o consumo responsable no sentido de evitar o exceso de recursos consumidos ou os productos innecesariamente perxudiciais para a saúde do medio ambiente.
- Calquera estudante que durante o semestre se vise afectado por calquera circunstancia (persoal, emocional, familiar, económica, de saúde etc.) que dificultase ou impedise o seu progreso normal na materia e/ou a súa asistencia habitual ás sesións presenciais, debería poñer a súa situación en coñecemento dos docentes o antes posible, por se fose conveniente activar adaptacións metodolóxicas ou avaliativas na materia.
- Nesta materia está explicitamente prohibido o plaxio en calquera tarefa ou exercicio que o/a docente lle encargue ao alumnado. Incumprir esta pauta implica que a valoración da tarefa ou exercicio en cuestión sería de 0 puntos. O equipo docente resérvase o dereito de dar por nulo parcial ou totalmente calquera exercicio de avaliación da materia no caso de detectar que o alumnado ilexitimamente cometeu falsificación ou fraude á hora de preparalo ou respondelo.
- No que respecta ó uso da intelixencia artificial xenerativa, esta poderá cumplir funcións concretas que o profesorado contemplará nas indicacións das tarefas, naos que en ningún caso existirá a posibilidade de que a entrega dunha tarefa sexa o resultado directo xenerado por unha intelixencia artificial, sen previa modificación do alumnado.
- O equipo docente é responsable do que di ou do que escribe, non do que terceiras persoas di que din, ou do que din que escriben. En relación con isto, advírtese e prevense dun uso inadecuado das tecnoloxías e especialmente das redes sociais: cada quen será responsable do que publica ou do que difunde.
- O equipo docente dispón dun horario amplo de titorías de despacho ao longo de todo o curso para acompañar o alumnado no seu proceso de aprendizaxe e mellora, sempre a demanda da/do estudante en cuestión. Neste sentido é imprescindible, antes de acudir a titorías, que a alumna ou alumno lle solicite cita ao/á docente a través do correo-e (d.garcia.romero [at] usc.es (d[dot]garcia[dot]romero[at]usc[dot]es) ou luzia.oca [at] usc.es (luzia[dot]oca[at]usc[dot]es), segundo o caso), especificando os horarios que a/o estudante tería dispoñibles nos seguintes días.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
David Garcia Romero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821010
- Correo electrónico
- d.garcia.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luzia Oca Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- ext 24732
- Correo electrónico
- luzia.oca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 22 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 22 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 23 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 23 |
16.01.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
18.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |