Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia contribúe ao coñecemento fundamental das bases antropolóxicas da construción sociocultural da infancia, da análise antropolóxica das institucións familiar e escolar e na mellora da interrelación entre as familias e as escolas. Dende as achegas da antropoloxía, esta materia fai unha especial contribución ao coñecemento e valoración da diversidade en todas as súas formas, facendo fincapé no compromiso coa diversidade étnica e cultural, sexo/xenérica, a diversidade na infancia e a diversidade familiar. Na nosa aula propoñerase a perspectiva intercultural como paradigma de traballo no futuro desenvolvemento profesional do noso alumnado. Igualmente, atendendo á memoria do título, traballarase na mellora das relacións entre as escolas e as familias centrándonos nas funcións da titoría e a orientación ao alumnado así como na intervención educativa para a mellora da convivencia. Por tanto, a materia oriéntase a dotar ao alumnado dunhas bases teórico-conceptuais da antropoloxía das infancias e das familias, cunha perspectiva crítica e un forte compromiso fronte á discriminación e exclusión social así como unha actitude propositiva na mellora das relacións entre os distintos membros da comunidade educativa.
Obxectivos:
- Comprender a infancia, a familia e a escola, así como as súas interrelacións, como construcións socioculturais suxeitas a unha gran variabilidade histórica e cultural, dende unha perspectiva antropolóxica.
- Comprender a variedade de factores, históricos, políticos, económicos e culturais que determinan estas variacións e coñecer distintas manifestacións da diversidade, facendo fincapé no compromiso coa diversidade étnica e cultural, sexo/xenérica, a diversidade na infancia e a diversidade familiar.
- Propoñer unha óptica intercultural que propicie o distanciamento crítico dos modelos culturais dominantes así como abordar propostas inclusivas e non discriminatorias, que tomen en conta os contextos tanto local como global na comprensión da infancia, da educación e dos distintos modelos familiares.
- Propoñer actividades de orientación e acción titorial, así como intervencións educativas para a mellora a convivencia e a interrelación entre familias e escola.
1. A natureza cultural do ser humano: sociabilidade e educabilidade
1.1. Cultura, sociedade e a importancia da aprendizaxe
1.2. A socialización e os procesos de transmisión/adquisición da cultura
1.3. Socialización e xénero
2. A visión intercultural da infancia, da familia e da escola
2.1. “Nos” e “outrxs”: etnocentrismo, racismo e relativismo metodolóxico na escola
2.2. Diversidade cultural e modelos de xestión da diversidade na escola
2.3. O enfoque intercultural nas escolas
3. Infancias
3.1. Antropoloxía da infancia: a infancia como construción socio-cultural
3.2. A infancia e as familias na historia: percorrido pola arqueoloxía da infancia, mundo clásico, Idade Media e Modernidade
3.3. A infancia na actualidade: variabilidade e problemáticas emerxentes
4. Familias
4.1. As maternidades e paternidades a debate
4.2. Diversidade familiar na actualidade: modelos familiares e estilos educativos
5. A orientación e a acción titorial: interrelacións entre infancia-familia e escola
Bibliografía básica:
Alberdi Alonso, Inés. (2006). La transformación de las familias en España. La influencia del feminismo en los cambios familiares. Arxius, 15, 25–40.
Cerdá Mondéjar, Carmen. (2021). Infancia, familia y educación: análisis histórico y cambio social. Areas, 42, 183–197.
Pachón Castrillón, Ximena. (2009). ¿Dónde están los niños? Rastreando la mirada antropológica sobre la infancia. Maguaré, 23, 433–469.
Soto Marata, Pepi. (2021). Crecer y aprender, mientras tanto. El dominio teórico y etnográfico de una Antropología Sociocultural de la Educación. Bellaterra.
Bibliografía complementaria:
Alonso Carmona, Carlos. (2014). Familia, escuela y clase social: sobre los efectos perversos de la implicación familiar. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación, 7(2), 395–409.
Ariès, Philippe. (1986). La infancia. Revista de Educación, 281, 5–17.
Badinter, Elisabeth. (1981). ¿Existe el amor maternal? Historia del amor maternal. Siglos XVII al XX. Paidós.
Bernad, Olga & Llevot, Núria. (2016). Las relaciones familia-escuela en la formación inicial del profesorado. Opción, 32(7), 959–976.
Bolívar, Antonio. (2006). Familia y escuela: dos mundos llamados a trabajar en común. Revista de Educación, 339, 119–146.
Carrasco, Silvia, Pàmies, Jordi & Bertran, Marta. (2009). Familias inmigrantes y escuela: desencuentros, estrategias y capital social. Revista Complutense de Educación, 20(1), 1–28.
Castro, Xavier. (2008). Historia da infancia na Galicia contemporánea. Minius, XVI, 63–101.
Comellas Carbó, María Jesús. (2009). Familia y escuela: compartir la educación. Graó.
Dowling, Emilia & Osborne, Elsie. (1996). Familia y escuela: una aproximación conjunta y sistémica a los problemas infantiles. Paidós.
García Castaño, Javier & Pulido, Rafael. (1994). Antropología de la Educación. El estudio de la transmisión-adquisición de cultura. Eudema.
García Castaño, Javier, Pulido Moyano, Rafael & Montes del Castillo, Ángel. (1997). La educación multicultural y el concepto de cultura. Revista Iberoamericana de Educación, 13, 223–256.
Garreta, Jordi. (2015). La comunicación familia-escuela en Educación Infantil y Primaria. Revista de la Asociación de Sociología de la Educación, 8(1), 71–85.
González, M. Mar. (2009). Nuevas familias, nuevos retos para la investigación y la educación. Cultura y Educación, 21(4), 381–389.
Gottlieb, Alma. (2000). Where have all the babies gone? Toward an anthropology of infants (and their caretakers). Anthropological Quarterly, 73, 121–132.
Lahire, Bernard. (2007). Infancia y adolescencia: de los tiempos de socialización sometidos a constricciones múltiples. Revista de Antropología Social, 16, 21–37.
Levine, Robert. (2007). Ethnographic Studies of Childhood: A Historical Overview. American Anthropologist, 109(2), 247–260.
Segalen, Martine. (1992). Antropología histórica de la familia. Taurus.
Scheper-Hughes, Nancy. (1997). La muerte sin llanto: violencia y vida cotidiana en Brasil. Ariel.
Yubero Jiménez, Santiago. (2010). Socialización de género. En Vicente Amador Muñoz & Carmen Monreal-Gimeno (Eds.), Intervención social y género (pp. 43–72). Narcea.
Os contidos e materiais traballados nesta materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias dos títulos de Educación Infantil (EI) e Educación Primaria (EP):
Competencias Básicas:
CB1- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, pero que adoita atoparse a un nivel que se apoia en libros de texto avanzados e inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. (EI/EP)
CB2- Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. (EI/EP)
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. (EI/EP)
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. (EI/EP)
Competencias Transversais:
T1- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras. (EI/EP)
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega. (EI/EP)
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.(EI/EP)
Competencias Xerais:
G4- Deseñar e regulamentar espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá. (EI/EP)
G4(EI) e G5(EP) - Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia y saber reflexionar sobre eles. (EI/EP)
G5- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia. (EI)
G6- Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende seu funcionamento. Desenvolver as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e súas familias, con atención ás singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. (EP)
G7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa. (EP)
G8- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas. (EP)
G10- Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias. (EI)
G12- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos. (EI)
Competencias específicas:
E10- Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. (EI)
E11- Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar. (EI)
E12- Promover e colaborar en accións dentro e fora da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. (EI)
E14(EI) e E24(EP) - Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.(EI/EP)
E20- Amosar habelencias sociais para entender ás familias e facerse entender por elas. (EP)
E21- Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar na xeira 6-12 anos. (EP)
E22- Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade.(EP)
E66(EI) e E69(EP) - Conocer formas de colaboración con los distintos sectores de la comunidad educativa y del entorno social (EI/EP)
- Aulas expositivas
O obxectivo das sesións expositivas é o desenvolvemento dos contidos incluídos no programa do curso. Estes contidos complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas.
- Aulas interactivas
O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar, profundar e discutir algúns aspectos concretos da materia. O obxectivo das aulas interactivas será sempre a adquisición de competencias en torno a destrezas e actitudes, favorecer a aprendizaxe autónoma e a avaliación continua formativa, fomentar o comentario e o debate respectuoso entre pares, para isto empregaranse as ferramentas didácticas dispoñibles
Proponse a realización de dous traballos grupais e dous traballos individuais en torno a lecturas seleccionadas polas docentes.
O primeiro traballo grupal consistirá na exposición e presentación dun texto previamente seleccionado polas docentes, que va complementar os contidos traballados nas aulas expositivas. A presentación consistirá na explicación dos contidos teóricos e conceptuais, así como a proposta de recursos audiovisuais, performance, role playing, dinámicas de grupo, etc. que exemplifiquen de xeito práctico a temática traballada e sirvan para introducir ao debate e á reflexión. Cada grupo tamén entregará un resumo e recensión crítica do texto presentado na clase.
O segundo traballo grupal consistirá na preparación de xeito autónomo do epígrafe 3.2. “A infancia e as familias na historia”, guiadas por bibliografía achegada polo profesorado e seguindo técnicas de aprendizaxe colaborativa. Este traballo grupal e a súa correspondente avaliación poderá eliminar contidos e supoñer ata un 15% da puntuación da proba final.
Os dous traballos individuais consistirán na elaboración de dous reflexións/comentarios críticos/cuestionarios sobre os textos seleccionados e presentados polos distintos grupos na clase. Darase preferencia á corrección por pares e á co-avaliación formativa dos entregables individuais empregando a ferramenta “obradoiro” do campus virtual.
O obxectivo das aulas interactivas será sempre favorecer a aprendizaxe autónoma e colaborativa, a avaliación continua formativa, empregando as ferramentas didácticas máis axeitadas.
- Actividade Titorial
As titorías individuais utilizaranse para o seguimento dos contidos teóricos, apoio ao desenvolvemento as tarefas e entregables, así como para recomendar bibliografía de apoio e material adicional, resolver dúbidas ou revisar comentarios e correccións. Estas funcións tamén desenvolveranse a través da avaliación formativa dos traballos e entregables individuais a través do campus virtual.
As titorías grupais programaranse en relación coa elaboración do traballo grupal, para a súa planificación, organización, recomendacións metodolóxicas, bibliográficas, resolución de dúbidas e supervisión de borradores. Antes da exposición do traballo grupal na aula, as estudantes deberán compartir os avances co docente nunha titoría grupal, polo menos cunha semana de antelación á data de exposición en clase.
Igualmente estas funcións desenvolveranse a través da avaliación formativa do traballo grupal a través do campus virtual e dos comentarios formativos na exposición grupal.
1. Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
Asistencia e participación nas aulas presenciais expositivas e interactivas – requisito imprescindible para a avaliación.
a) Tarefas e entregables durante o curso: 50%
- 2 entregables individuais – 30% (15% cada entrega = 10% cada entrega + 5% cada coavaliación)
- Presentación oral do traballo grupal – 15%
- Entregable grupal – 5%
b) Proba final: 50%
Será preciso aprobar a parte “a” das tarefas e entregables (2.5/5ptos) que dan conta do aproveitamento e seguimento continuo da materia para poder facer a proba final “b”, complementaria nesta avaliación continua.
É obrigatorio facer e aprobar ambas partes “a” e “b” para facer a media. Propoñerase un traballo grupal de aprendizaxe colaborativa e avaliación parcial dos contidos do epígrafe 3.2. que poderá supoñer a liberación desta parte dos contidos da proba final con ata un 15% da nota final.
Os traballos elaboraranse a partir dos materiais que propoñerán as docentes e que estarán previamente dispoñibles na aula virtual. Nas aulas traballarase na presentación, exposición e debate dos textos, a proposta práctica, o debate, o comentario construtivo entre pares e co-co-avaliación formativa dos entregables empregando a ferramenta “obradoiro” do campus virtual de forma preferente, coa supervisión puntual da docente nalgunhas destas tarefas.
Asistencia:
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”. No caso da avaliación continua a asistencia e participación nas aulas é imprescindible para a avaliación.
O Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela establece que a asistencia é un dereito e un deber do alumnado. https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/verAnuncioPublicable/135279/…
Nesta materia establécese que a asistencia é obrigatoria nun 80% das sesións. Por tanto a ausencia de máis de 6 sesións, sexan interactivas ou expositivas, así como o non seguimento do ritmo das tarefas e entregables, supón a perda do dereito á avaliación continua e a aplicación da modalidade de avaliación non continua. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
2. Avaliación non continua.
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua deberá facer igualmente os dous entregables individuais, sempre que participe dos procesos de co-avaliación por pares e seguindo os criterios anteriormente descritos, e mais o exame final. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
a) 2 entregables individuais – 30% (15% cada entrega = 10% cada entrega + 5% cada coavaliación)
b) Proba final: 70% (sen posibilidade de parcial)
3. Avaliación de alumnos con dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) terá que informar ao coordinador da materia, segundo o indicado na normativa.
Normativa para a dispensa de asistencia (Título III): https://minerva.usc.gal/rest/api/core/bitstreams/ec0c5cd6-b5be-4726-96c…
Poderá preservar o seu dereito á avaliación continua sempre que poda participar das tarefas grupais e individuais seguindo os criterios previamente descritos. Traballo grupal: 20%, traballo individual: 30%, exame: 50%
Tamén poderá optar pola modalidade de avaliación non continua seguindo os criterios e ponderacións xerais. Traballo individual: 30%, exame 70%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións: https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/alumnado
Os contidos e estratexia de ensinanza-aprendizaxe desta materia contribúen a acadar as seguintes competencias propias do título:
- O traballo grupal de aprendizaxe colaborativa, elaboración dos entregables individuais en base a distintos materiais así como a corrección por pares, comentario construtivo entre pares e avaliación formativa permitirán acadar as seguintes as competencia básicas CB1, CB2, CB3 e CB4, as competencias xerais G3, G4, G5, G6, G7, G8, G10, G12 e as competencias específicas E10, E11, E12, E14, E20, E21, E22.
- A exposición grupal na clase permitirá acadar as seguintes competencias básicas CB1, CB2, CB3 e CB4, xerais G10 e específicas E20.
- A exposición dos contidos conceptuais e teóricos e a súa avaliación cunha proba final permitirá acadar especialmente as competencias básicas CB1, CB2, CB3 e CB4, as xerais G12 e as específicas E11, E14 e E22.
Dacordo coas instrucións recibidas da Reitoría e da Facultade, a distribución dos 6 ECTS será:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estimase que cada alumno deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas 35 corresponden ás tarefas de estudo; 18 á preparación de materiais, busca de información e análise de documentos, 45 a lecturas e elaboración dos traballos escritos e orais; 19 á lectura de obras recomendadas e á resolución de dúbidas e problemas de aprendizaxe dos contidos.
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Responsabilidade medioambiental: en relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia empregaranse preferentemente ferramentas do Campus Virtual para evitar o gasto innecesario de papel e outros materiais.
- Perspectiva de xénero: en atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases, titorías, email, comunicacións...) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Guadalupe Jiménez Esquinas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diego Allen-Perkins Avendaño
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- diego.allen-perkins [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 Primaria | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_04 Primaria | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
Martes | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 Primaria | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 Primaria | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_06 Infantil | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_03 Infantil | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_07 Infantil | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
12.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_03 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_03 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
19.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 Primaria | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
19.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |