Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender os procesos educativos da infancia, tanto dentro da familia como nas institucións escolares.
- Coñecer conceptos teóricos e históricos relevantes na práctica profesional da educación infantil.
- Diferenciar entre distintos modos, modelos e sistemas de educación referidos ás escolas infantís dende perspectivas históricas e comparadas.
- Percibir as diferenzas, semellanzas e cambios nas reformas da educación infantil, establecendo comparacións entre as distintas solucións establecidas.
- Desenvolver a capacidade de análise e síntese no coñecemento da educación infantil.
- Adquirir a capacidade de desenvolver o pensamento crítico.
- Amosar perspicacia para a comprensión e comentario de textos pedagóxicos, imaxes e material de ensino e xogo.
- Desenvolver habilidades de elaboración de traballos escritos conforme a criterios académicos.
- Posuír apertura cara ao coñecemento e espírito de tolerancia.
- Desenvolver as disposicións que habilitan para ser un/unha bo/a profesional da educación, especialmente a capacidade de comunicación e relación coas persoas, sentido da responsabilidade e optimismo.
- Amosar espírito de iniciativa e pensamento autónomo que permita tomar decisións libres e sensatas como educadores/as.
1. A educación como fenómeno humano. Fundamentos, conceptos e procesos educativos. Teorías educativas e modos de educación.
2. Pensamento pedagóxico e educación de párvulos. De Comenio a Pestalozzi: sobre a necesidade dunha educación regulada dos/as nenos/as pequenos/as.
3. O nacemento das escolas de párvulos en Europa. A escola de New Lanark e o movemento lancasteriano. Os primeiros parvularios en España: Pablo Montesino e a escola de Virio.
4. O pensamento romántico e a educación da infancia. Análise do pensamento fröbeliano. Desenvolvemento do Kindergarten e difusión do fröbelianismo. Influxo de Fröbel en España. O desenvolvemento da educación infantil na segunda metade do século XIX.
5. O parvulario montessoriano: análise dos fundamentos básicos. O parvulario decrolyniano.
6. As contribucións da escola de Xenebra. Claparède e Piaget. O método Audemars e Lafendel. O influxo das ideas piagetianas.
7. Evolución da educación infantil en España durante o século XX. As leis educativas da democracia e a educación infantil.
8. A teoría construtivista na educación infantil. O coñecemento práctico no contexto dos parvularios. Análise do material escolar e do xogo infantil dende a perspectiva da aprendizaxe.
9. Análise comparativa dos sistemas de educación infantil na Unión Europea. Modelos escolares e non escolares. A educación infantil noutros continentes.
10. Tendencias actuais na educación infantil. O Instituto Pikler. As escolas infantís de Módena e Reggio Emilia. O modelo High/Scope. Preescolar na casa. A educación infantil no século XXI.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Del Pozo, M. (2004). Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación. Biblioteca Nueva.
Hernández-Laina, Y. (Coord.). (2022). La escuela de la educación infantil en España. UNED.
Sanchidrián, C., & Ruiz Berrio, J. (Coords.). (2010). Historia y perspectiva actual de la educación infantil. Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Abbagnano, N., & Visallberghi, A. (1992). Historia de la Pedagogía (9ª reimp.). Fondo de Cultura Económica.
Bowen, J. (1992). Historia de la educación occidental. El occidente moderno: Europa y el nuevo mundo. S. XVII-XX. (T.III). Herder.
Colmenar, C. (1991). Las escuelas de párvulos en España durante el siglo XIX: su desarrollo en la época de la Restauración. Historia de la Educación, (10), 89-105.
Colmenar, C. (1995). Génesis de la educación infantil en la sociedad occidental. Revista Complutense de Educación, (6), 15-29.
Delgado, B. (1998). Historia de la infancia. Ariel.
Gardner, H., Feldman, D. H., & Krechevsky, M. (2001). El Proyecto Spectrum (3 vols.). Morata.
Gavari, E. (Coord.). (2023). La Educación Infantil en la Geopolítica del Siglo XXI. Sanz y Torres.
González-Agàpito, J. (2003). La educación infantil. Lecturas de un proceso histórico en Europa. Octaedro.
Hoyuelos, A. (2006). Estética en el pensamiento y obra de Loris Malaguzzi. Octaedro.
Luzuriaga, L. (1994). Historia de la educación y de la pedagogía (reimp.). Losada.
Ruiz Corbella, M. (2022). Escuela y primera infancia. Aportaciones desde la Teoría de la Educación. Narcea.
San Román, S. (1998). Las primeras maestras. Ariel.
Sánchez Vera, M. del M. (2022). Pasado, presente y futuro de la Educación Infantil en España. RELAdEI. Revista Latinoamericana de Educación Infantil, 11(1), 99-111. https://revistas.usc.gal/index.php/reladei/article/view/8116
Taylor, A. (1986). Jardines de niños, jardines de Dios: kindergartens y guarderías en Alemania en el siglo XIX. Revista de Educación, (281), 125-154.
VV.AA. (2022). Mujeres imprescindibles. Educadoras en la vanguardia del siglo XX. Kalandraka Editora.
MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES:
https://eacea.ec.europa.eu/national-policies/eurydice/national-descript… (Páxina de Eurydice -Rede Europea de Información sobre Educación-. Información sobre os sistemas educativos nacionais dos 37 países que participan no Programa Erasmus+)
http://www.ibe.unesco.org/es (Páxina da Oficina Internacional de Educación da UNESCO)
http://www.waece.org (Páxina da Asociación Mundial de Educadores Infantís. Especialmente recomendable pola gran información que proporciona, ademais de contar cunha bolsa de emprego)
http://www.montessori-ami.org/ (Páxina da Association Montessori Internacionale)
http://www.piaget.org/ (Páxina da Jean Piaget Society)
http://www.unige.ch/piaget/ (Arquivos de Jean Piaget na Universidade de Xenebra)
http://www.highscope.org/ (Páxina da High/Scope Educational Research Foundation)
http://www.robert-owen.com/ (Páxina con información sobre Robert Owen e New Lanark)
https://www.newlanark.org/ (Páxina oficial de New Lanark)
http://www.aulainfantil.com/ (Páxina especialmente pensada para pais/nais e educadores/as)
http://www.nova-escola-galega.org/ (Páxina da Asociación Nova Escola Galega)
http://www.nova-escola-galega.org/ (Páxina da Asociación Nova Escola Galega, referente na renovación pedagóxica e galeguización lingüística e curricular do sistema educativo en Galicia)
http://antoniogandoyeducacion.blogspot.com/ (Páxina con información sobre Preescolar na Casa)
Inclúense aquí as competencias oficialmente establecidas na Memoria Verificada do Título para esta materia.
COMPETENCIAS XERAIS E BÁSICAS
X1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
X9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que perfeccionarse e adaptarse aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
B2. Que os /as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os /as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou técnica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E27. Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
E28. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
E29. Valorar a importancia do traballo en equipo.
E30. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros/as profesionais e axentes sociais.
E31. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
E32. Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional.
Por parte do profesorado (actividades presenciais):
- En gran grupo: expositivas, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material e debates.
- En grupo de traballo: actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas.
Por parte dos/as estudantes:
- Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas.
- Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar.
Competencias relacionadas entre as actividades do profesorado e estudantes:
- En gran grupo: X1, X9, E27, E28, E30, E31, E32, T3, T4.
- En grupo de traballo: X1, E27, E28, E29, E30, T3, T4.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: E29, E30, E32, T3, T4.
Nas clases teóricas a profesora presentará os contidos de cada tema que estarán apoiados polo material que lles facilitará, que é de lectura obrigatoria e estará dispoñible na aula virtual da materia. O uso da bibliografía deberá adecuarse a cada tema específico e os aspectos máis relevantes que proporcionan serán indicados pola docente.
O traballo das sesións prácticas céntrase no desenvolvemento da capacidade de comentar imaxes, textos pedagóxicos, saber buscar e organizar fontes de información, analizar e avaliar material escolar, xoguetes e calquera outra actividade que se especifique puntualmente. Nos comentarios de texto trabállanse máis especificamente as capacidades de análise, síntese e desenvolvemento do pensamento crítico.
Ademais, os/as estudantes deberán presentar un informe grupal (traballo monográfico de curso) que incida nun/nunha autor/a ou movemento pedagóxico que se desenvolven no programa conforme ás indicacións que dea o profesorado. A elaboración do informe e a metodoloxía que debe ser empregada serán explicadas nas clases. Teranse en conta neste proceso metodolóxico os principios de actividade, socialización e participación para que os/as estudantes acaden as competencias.
ASISTENCIA A CLASE
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Neste caso, a asistencia é preceptiva para superar a materia, sendo necesario acudir, como mínimo, ao 80% das sesións. O estudantado que se ausente ao 20% ou máis das sesións expositivas ou interactivas sen causa xustificada non poderá presentarse ao exame na primeira oportunidade. Con anterioridade á realización do exame publicarase unha listaxe do estudantado que cumpra este requisito para poder examinarse.
As faltas de asistencia só poderán ser xustificadas cando se enmarquen nalgunha das causas establecidas no artigo 3.2. do citado Regulamento.
ESTUDANTADO REPETIDOR
O estudantado que se matriculase por segunda ou máis veces na materia seguirá o programa establecido nos mesmos termos que o resto de estudantes. Polo tanto, será obrigatoria a asistencia a clase segundo o anteriormente indicado e será necesario entregar en tempo e forma e superar todas as actividades da materia.
A avaliación global dos/as estudantes estará baseada nas cualificacións obtidas nas actividades/probas individuais e grupais que obrigatoriamente deberán realizar. Os criterios de valoración serán os seguintes:
- Informe grupal (Traballo monográfico de curso): 20%
A data límite para a entrega será o venres, 21 de novembro de 2025.
- Prácticas de seminario: 30%
- Proba específica: 50%
Para obter unha cualificación positiva será necesario entregar os informes e prácticas de seminario no prazo establecido, e ter superado a proba específica (exame oficial). A nota dos traballos só será válida para o curso 2025-2026.
No caso dos/as ESTUDANTES CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA, deberán realizar unha titoría coa docente para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación persoal. Con todo, deberá entregar as tarefas correspondentes ás prácticas de seminario e o traballo monográfico de curso (informe) ao igual que o resto de studantes matriculados/as na materia, e superar a proba específica.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación. Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
• En gran grupo: expositivas, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material e debates. 24 horas.
• En grupo de traballo: actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes. 24 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas. 3 horas.
• Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas. 35 horas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria. 45 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar. 19 horas.
No que respecta aos coñecementos previos, axuda a lectura de obras ou ensaios sobre a historia da infancia ou da familia, o coñecemento dos/as autores/as clásicos/as da educación infantil e a familiarización co material escolar das escolas infantís. Os/as estudantes deben ter desenvolvida a capacidade de redacción e expresión escrita, saber usar os recursos da biblioteca e saber buscar información por medios telemáticos.
É unha materia que debe estudarse a cotío, especialmente a través do comentario de texto dos autores/as de referencia e das relacións e diferenzas entre as distintas propostas e solucións das teorías e prácticas pedagóxicas na educación infantil. Os/As estudantes deben aproveitar as titorías para resolver as súas dúbidas e afondar nas canles do estudo desenvolvidas.
1. Os traballos realizados polos/as estudantes deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
2. Responsabilidade medioambiental. No caso de ser solicitada a entrega en papel, deben cumprise os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3. Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
4. Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai. Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte dos/as estudantes deberá ser comunicada ao profesorado (mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es (mariadocarmen[dot]cambeiro[at]usc[dot]es)) para a súa oportuna e adecuada consideración, mediante o correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
5. Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
6. Utilización do móbil na aula. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose os/as estudantes das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7. Proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
8. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Do Carmen Cambeiro Lourido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
19.01.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
15.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |