Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ciencia Política II: Institucións é unha materia de primeiro curso do Grao en Ciencia Política e da Administración e, como tal, pretende proporcionarlle ao alumno/a un coñecemento básico sobre a disciplina. Formúlase como unha continuidade da materia Ciencia Política I: Actores. Para isto, a materia ocúpase: da evolución da disciplina, dos conceptos de poder e lexitimidade, do Estado como organización política, dos réximes democráticos e non democráticos e da distribución territorial e funcional do poder.
A través da docencia que será impartida, dos seminarios e das titorías, perséguese que o alumnado acade os seguintes obxectivos:
- Memorizar os conceptos básicos da ciencia política contemporánea, especialmente das institucións políticas.
- Adquirir capacidade de análise crítico.
- Establecer as bases da súa formación como futuro profesional na disciplina.
1. ENFOQUES SOBRE AS INSTITUCIÓNS EN CIENCIA POLÍTICA. As institucións como obxecto de estudo. O Institucionalismo ou Vello Institucionalismo. O Neoinstitucionalismo ou Novo Institucionalismo.
2. PODER POLÍTICO E LEXITIMIDADE. Definición de poder. Tipos de lexitimidade. O poder como sistema. Teoría de sistemas. Tipos de sistemas políticos.
3. O ESTADO CÓMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA. Definición de Estado. Elementos constitutivos do Estado. Obxectivos e institucións do Estado. Organización do Estado.
4. AS DEMOCRACIAS. Definición de Democracia. Características e condicións da democracia. Tipos de democracias. Tipos de sistemas electorais.
5. RÉXIMES NON DEMOCRÁTICOS. Características dos sistemas non democráticos. Sistemas totalitarios. Sistemas autoritarios.
6. A DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL DO PODER. Estados unitarios. Estados federais. Distribucións multinivel.
7. DISTRIBUCIÓN FUNCIONAL DO PODER. Executivos. Parlamentos. Poder xudicial. Presidencialismo e Parlamentarismo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barreda, M. e RUIZ, L. (2016). Análisis de la política. Enfoques y herramientas de la ciencia política. Huygens Editorial
Batlle, B. (comp.) (1992). Diez textos básicos de ciencia política. Ariel.
Del Águila, R. (comp.) (1997). Manual de Ciencia Política. Trotta.
Caminal, M., e Torrens, X. (ed.) (2016). Manual de Ciencia Política. Tecnos.
Vallés, J.M. (2011). Ciencia política. Una introducción. Ariel.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aja, E. (2003). El Estado autonómico. Alianza.
Duverger, M. (1990). Introducción a la política. Ariel.
Farr, J., Dryzek, J.S. e Leonard, S.T. (1999). La ciencia política en la historia. Istmo.
Goodin, R.E. (Ed.). Teoría del diseño institucional. Gedisa.
Goodin, R. e Klingemann, H.D. (comp.) (2000). Nuevo manual de ciencia política. Istmo.
Letamendia, F. (2002). Ciencia política alternativa. Fundamentos.
Lijphart, A. (2000). Modelos de democracia. Formas de gobierno y resultados en treinta y seis países. Ariel.
Lukes, S. (1985). El poder. Un enfoque radical. Siglo Veintiuno de España Editores.
Marsh, D. e STOKER, G. (comp.) (1997). Teoría y métodos de Ciencia Política. Alianza.
Nohlen, D. (2015). Gramática de los sistemas electorales. Una introducción a la ingeniería de la representación. Editorial Tecnos.
Pasquino, G. (1988). Manual de Ciencia Política. Alianza.
Sodaro, M.J. (2006). Política y Ciencia Política. Mc Graw Hill.
Uriarte, E. (2002). Introducción a la ciencia política. Tecnos.
NOTA: A bibliografía específica para cada un dos temas do programa será facilitada pola docente.
Dado o carácter básico desta materia, o alumno/a non precisa ningunha competencia previa máis alá das que corresponden a un estudante de primeiro de grao; se ben asúmese, posto que a materia formúlase como unha continuidade da materia Ciencia Política I: Actores, que os conceptos da mesma teñen sido interiorizados.
Ao longo do curso, preténdese que o alumno/a desenvolverá as seguintes competencias:
CG1 - Coñecer o ámbito académico.
CG3 - Emitir xuízos, elaboración de análises y xuízos.
CB1 - Que os estudantes amosen ter e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, y soe atoparse nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
A materia consta de 2 tipos de clases: expositivas (teóricas) e interactivas (seminarios).
A metodoloxía empregada nas clases expositivas consistirá na exposición dos contidos do programa que se detalla en liñas precedentes en formato de clase maxistral. Espérase non só a asistencia senón tamén unha participación activa do alumnado nas clases.
A metodoloxía emprega nas clases interactivas consistirá nunha combinación de aprendizaxe autónoma mediante a lectura de artigos ou capítulos de libros de interese para a disciplina; e metodoloxía activa, participativa e cooperativa e aprendizaxe reflexiva, a través da realización de diferentes tipos de traballos sobre as lecturas sinaladas. A docente facilitará un guión do traballo na sesión, se ben previamente o alumno/a deberá ler a lectura dispoñible no Campus Virtual.
A cualificación final da materia será resultado da suma das cualificacións obtidas nos seguintes apartados:
- Asistencia e participación nas clases interactivas e realización dos traballos ou actividades prácticas individuais e/ou en grupo (a asistencia á clase interactiva é un requisito para a entrega do traballo correspondente): 30%
- Exame final obrigatorio: 70%.
O alumnado deberá aprobar o exame para que a nota obtida nos seminarios compute para a cualificación final. A cualificación dos seminarios será a mesma tanto na convocatoria ordinaria de xuño coma na extraordinaria de xullo, sendo esta cualificación válida tan só parta o curso vixente.
A asistencia presencial ás clases é un requisito para a superación da materia, sendo preceptiva para presentarse á realización do exame. Tal como recolle o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia sen necesidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 10% das horas programadas. Entenderase como faltas xustificadas aquelas que recolle dito Regulamento.
Este requisito mantense tanto na convocatoria ordinaria coma na extraordinaria. Con anterioridade á realización das probas publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse. As persoas repetidoras estarán eximidas deste requisito de asistencia nas clases expositivas, no caso de telo cumprido con anterioridade, mais non da asistencia ás clases interactivas, ás que deberán acudir igualmente. O peso das avaliacións será o mesmo para este alumnado, e deberán presentarse ao exame final.
Os estudantes que teñan recoñecida a dispensa de asistencia a clase, o sistema de avaliación será distinto. O único elemento de avaliación deste alumnado será o exame final (100% da calificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa para a avaliación do rendemento académico dos Estudantes e da Revisión de Cualificacións.
Actividade formativa: Hors ECTS Criterios/Memoria
Clases expositivas: 30
Clases interactivas: 6
Traballos tutelados: 6
Titorías: 5
Outras tarefas: 3
Traballo persoal do estudante: 100
Total: 150
Ademais das 2 horas semanais de clases expositivas, o estudante deberá dedicar á preparación e estudo da materia unha media de seis horas semanais nas que terá que asimilar e fixar os conceptos manexados no aula, a través do estudo, a lectura comprensiva de textos e a realización de traballos e/ou exercicios prácticos.
Recomendase a consulta da bibliografía aconsellada, a lectura atenta, comprensiva e crítica dos textos propostos, e a participación activa na aula.
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
• Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
• Non se poderá empregar o teléfono móvil nin o ordenador, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Paloma Castro Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paloma.castro2 [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Elba Maneiro Crespo
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- elba.maneiro.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0.1 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0.1 |
15:30-16:30 | Grupo /CLIS_04 | Galego | 0.1 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | 0.1 |
21.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
21.05.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |
07.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
07.07.2026 15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |