Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Temas Actuais en Ciencia Política, encadrada no cuarto curso do Grao en Ciencia Política e da Administración, ten carácter obrigatorio e consta dun total de 6 ECTS. Exponse xunto ás outras dúas materias deste curso, como unha introdución aos temas, metodoloxías e tendencias innovadoras dentro da disciplina, así como unha preparación para a inserción do alumno no mundo laboral. Con esta materia perséguese:
- Dar a coñecer ao alumnado os debates teóricos actuais dentro da Ciencia Política.
- Explicar as metodoloxías e técnicas que teñen na actualidade unha maior proxección dentro da disciplina.
- Expoñer as principais liñas de investigación e proxectos innovadores dentro da Ciencia Política.
Tema 1. A Ciencia Política como disciplina hoxe.
Tema 2. Novas lecturas en Ciencia Política: perda de peso de antiguos elementos e aparición doutros novos
Tema 3. Emocións e racionalidade: as dúas caras da acción política.
Tema 4. Novos partidos y liderados. A extrema dereita
Tema 5. Populismo: novas visións.
Tema 6. Metodoloxía e técnicas na Ciencia Política.
ALASUUTARI, P. et al. (2008). The Sage Handbook of Social Research Methods. Los Angeles: Sage.
BERROCAL, S. (2017). Politainment: la Política Espectáculo en los Medios de Comunicación, Valencia: Tirant Humanidades.
BURNHAN, P., K. GILLAN, W. GRANT y Z. LAYTON-HENRY (2008). Research Methods in Politics. London: Palgrave MacMillan.
CLARKE, S., P. HOGGETTT y S. THOMPSON (2006). Emotions, Politics and Society, London: Palgrave Macmillan.
BARBALET, J. M. (2001). Emotion, Social Theory and Social Structutre. A Macrosociological Approach, Cambridge: Cambridge University Press.
DAHLGEREN, P. (2009). Media and Political Engagement: Citizens, Communication and Democracy. Cambridge University Press.
DELLA PORTA, D. y M. KEATING. Enfoques y metodologías de las Ciencias Sociales. Una perspectiva pluralista. Madrid: Akal Universitaria.
DU PLESSIS, E. (2011): The Branded Mind. What Neuroscience really Tell us about the Puzzle of the Brain and the Brand. London: Kogan Page.
FOSTER, S. (2010). Political communication. Edinburgh : Edinburgh University Press.
FREEDMAN, D. (2010). Statistical Models and Causal Inference : a Dialogue with the Social Sciences. New York: Cambridge University Press.
GASTIL, J. (2008). Political Communication and Deliberation. Los Angeles: Sage.
GERRING, J. (2014). Metodología de las ciencias sociales. Madrid: Alianza Editorial.
HARMON-JONES, E. y J. B. BEER (2009) (eds.). Methods in Social Neuroscience, New York: The Guilford Press.
HEANEY, J. G. y H. FLAM (2015). Power and Emotion. London: Routledge.
HIBBING, J. R., K. B. SMITH y J. R. ALFORD (2014). Predisposed. Liberals, Conservatives, and the Biology of Political Differences. New York: Routledge.
HUNTER, S. (2015). Power, Politics and the Emotions. Impossible Governance?. New York: Routledge.
JOHNSON, J. B. y H. T. REYNOLDS (2012). Political Science Research Methods. London. Sage CQ Press.
LEWIS-BECK, M.S. (2004). The Sage Enciclopedia of Social Science Research Methods. Thousand Oaks: Sage.
LEE-KAID, L. y C. HOLTZ BACHA (2008). Encyclopedia of political communication. Los Angeles : Sage Publications.
LILLEKER, D.G. (2006). Key Concepts in Political Communication. Sage. London.
LUPIA, A., M. D. McCUBBINS y S. L. POPKIN (eds.). Elements of Reason. Cognition, Choice, and the Bounds of Rationality, Cambridge: Cambridge University Press.
MARCUS, G. E., W. R. NEUMAN y M. MACKUEN (2000). Affective Intelligence and Political Judgment. Chicago: The University of Chicago Press.
MARSH, D. y G. STOKER (2015). Teoría y métodos de la ciencia política. Madrid: Alianza Editorial.
MOÏSI, D. (2009). The Geopolitics of Emotion. How Cultures of Fear, Humiliation and Hope are Reshaping the World. London: The Bodley Head.
MORTON, R. B. (2010). Experimental Political Science and the Study of Causality: from Nature to the Lab. New York: Cambridge University Press,
NUSSBAUM, M. C. (2001). Upheavals of Thoughts. The Intelligence of Emotions. New York: Cambridge University Press.
OLSON, G. (2013): Empathy Imperiled. Capitalism, Culture and the Brain. New York: Springer.
PERECMAN, E. y S.R. CURRAN (2006). A Handbook for Social Science Field Research: Essays and Bibliographic Sources on Research Design and Methods. Thousand Oaks: Sage Publications.
PHILLIPS, W. (2012). The Craft of Political Research. London: Pearson Classics in Political Science.
RAMSØY, T. Z. (2015). Introducción al Neuromarketing y Neurociencia del Consumidor. Rorvig: Neurons Inc ApS, 1ª edición.
REDLAWSK, D. P. (ed.) (2006). F
Segundo a Memoria de Modificación Substancial Autorizable (2016), as competencias que se pretenden alcance ao alumnado son as que seguen:
- Analizar e sintetizar.
- Argumentar loxicamente.
- Avaliar argumentos alleos.
- Teorizar e conceptualizar.
- Buscar e xestionar fontes de información.
- Recoller e tratar datos cualitativos e cuantitativos para facelos obxecto de análise.
- Analizar datos con técnicas cualitativas e cuantitativas.
- Utilizar ferramentas informáticas e tecnoloxías da comunicación.
- Comunicar con fluidez oralmente e por escrito.
- Presentar e expoñer traballos politolóxicos.
A través da docencia impartida nesta materia, espérase que ao final da mesma, o alumnado poida:
- Identificar os principais paradigmas actuais dentro da Ciencia Política.
- Coñecer e manexar as metodoloxías e técnicas da disciplina.
- Desenvolver a capacidade de diferenciar os elementos que compoñen os debates actuais na Ciencia Política.
- Aplicar os contidos teóricos e prácticos estudados ao ámbito da investigación e ao ámbito laboral.
Esta materia estará organizada en torno a clases expositivas, onde os docentes exporán os temas dos que consta o programa; así como de clases interactivas (seminarios) nas cales preténdese lograr a participación activa do alumnado e a súa inmersión en aspectos máis específicos e prácticos sobre a materia.
Estes seminarios porán dar lugar á realización de traballos individuais ou en grupo que serán definidos polos docentes.
A avaliación final do alumnado nesta materia será o resultado de:
- A asistencia, participación e realización dos traballos que se propoñan nos seminarios ou nas clases, tanto individuais coma grupais (ata un 30%). O alumnado deberá asistir e entregar o 80% dos traballos solicitados nestas clases para que a cualificación desta parte da materia se sume á cualificación obtida no exame final da materia. A data de entrega establecida para estes traballos non será adiada, salvo causa debidamente xustificada e comunicada aos docentes de xeito oportuno (correo electrónico).
- Os alumnos terán que realizar un exame final (ata un 70%). Dito exame deberá estar aprobado (a metade ou máis da cualificación total do mesmo) para que a nota obtida nel se sume á cualificación obtida nos traballos resultantes das clases interactivas.
No caso de que o alumno/a deba concorrer á convocatoria extraordinaria por non superar a materia, manterase a nota dos traballos prácticos.
A forma de avaliación será a mesma nas dúas convocatorias previstas na materia, sendo esta cualificación tan só válida para o curso vixente.
En función do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024) a asistencia a clase terá efectos na avaliación, sendo preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames (1.2.c). O alumnado deberá acudir, como mínimo, ao 80% das actividades docentes programadas.
Con anterioridade á realización das probas publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse. As persoas repetidoras estarán eximidas deste requisito de asistencia nas clases expositivas, no caso de telo cumprido con anterioridade, mais non da asistencia ás clases interactivas, ás que deberán acudir igualmente (3.6). O peso das avaliacións será o mesmo para este alumnado, e deberán presentarse ao exame final.
No caso do alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia por calquera dos motivos contemplados na normativa da USC o sistema de avaliación será distinto. O único elemento de avaliación deste alumnado será o exame/proba final (100% da cualificación).
Para o resto de aspectos pódese consultar o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024), especial atención ao artigo 3 no que se recollen os motivos de non asistencia xustificada.
As ausencias deberán ser comunicadas por correo electrónico aos docentes da materia e xustificadas segundo recolle o regulamento mencionado.
Ademais das horas de clase, os alumnos deberán dedicar á preparación e estudo da materia un promedio de tres horas semanais, nas que se inclúe a ordenación e estudo dos seus propios apuntes, traballar a materia co apoio dos textos de referencia, e preparar as exposicións e debates esixidos nas clases prácticas e interactivas.
Aconséllase a asistencia a clase para o seguimento da materia, así como a participación activa nos seminarios e a consulta do material bibliográfico e documental recomendado polos docentes.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Non se aceptarán aqueles traballos que poidan ter sido realizados con IA.
Jose Manuel Rivera Otero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815159
- Correo electrónico
- josemanuel.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Pereira Lopez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- maria.pereira.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Erika Jaraiz Gulias
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815177
- Correo electrónico
- erika.jaraiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.1 |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.1 |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 1.1 |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | 1.1 |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.1 |
07.11.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | 1.1 |
16.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |