Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Ciencia Política e da Administración, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Procesual
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Coñecer a orixe do principio de igualdade de trato.
-Coñecer as especialidades deste principio en materia social.
-Coñecer os tipos de discriminación por razón de xénero.
-Coñecer a discriminación expresa por acoso sexual, acoso no traballo e maternidade.
-Coñecer as normas internacionais, da Unión Europea, nacionais e autonómicas en materia de non discriminación por razón de xénero.
-Coñecer as medidas de acción positiva.
-Coñecer as medidas sociais e de procedemento laboral no ordenamento xurídico español en materia de non discriminación por razón de xénero.
-Coñecer os principais debates procesuais en materia de xénero dentro dos sistemas de xustiza penal e civil: discursos e institutos antipunitivistas; proba, medidas cautelares, axuizamento con perspectiva de xénero; etc.
I. O principio de igualdade de trato por razón de xénero : Orixes e evolución histórica.- II. Igualdade formal e igualdade material.- III. Xénero, sexo, orientación sexual e identidade de xénero.- IV. Formulación teórica da discriminación e a desigualdade.- V. Dobre discriminación.- VI. Formulación teórica da acción positiva.
II. Fontes: Tratados internacionais.- II. Convenios e recomendacións da OIT.- III. Dereito Social da Unión Europea: Dereito orixinario e Dereito Derivado.- IV. Constitución española de 1978 e normas sociais estatais e autonómicas.- V. Convenios colectivos e pactos de funcionarios.
III. Nocións básicas en relación ao sistema de Xustiza español: III.1.-Xénero e sistema de Xustiza penal. III.2.- Xénero e sistema de Xustiza civil.
IV. As políticas públicas e as políticas de igualdade de xénero: definición, tipoloxía e evolución temporal
V. A estratexia do mainstreaming de xénero: definición, requisitos, instrumentos e fases
VI. As políticas de igualdade de xénero en España
VII. As políticas de igualdade de xénero na comunidade autónoma galega
BIBLOGRAFÍA BASICA
ALONSO ÁLVAREZ, ALBA. El «mainstreaming» de género en España: hacia un compromiso transversal con la igualdad. Tirant lo Blanch, 2015.
BIBLOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ALONSO ÁLVAREZ, ALBA, Y ISABEL DIZ OTERO. «La implementación de las políticas de género en España». Políticas públicas en tiempos de incertidumbre: aportes para una agenda de investigación, Tirant lo Blanch, 2018, pp. 333-47.
ALONSO ÁLVAREZ, ALBA. El «mainstreaming» de género en España: hacia un compromiso transversal con la igualdad. Tirant lo Blanch, 2015.
ALONSO SALGADO, CRISTINA, La mediación en el proceso penal, Tirant lo Blanch, 2018.
RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, ANA, Perspectiva de género y prueba, Aranzadi, Cizur Menor, 2024.
DIZ OTERO, ISABEL, Y MARTA IRENE LOIS GONZÁLEZ. «Las políticas de igualdad de género en tiempos de crisis.» Investigaciones feministas, vol. 5, 2014, pp. 96-128, https://doi.org/10.5209/REV_INFE.2014.V5.47988.
MARTÍN VALVERDE, A., RODRÍGUEZ-SAÑUDO GUTIÉRREZ, F. y GARCÍA MURCIA, J.: Derecho del Trabajo, 27ª edic., Tecnos (Madrid, 2018).
PALEO MOSQUERA, NATALIA. As políticas municipais de xénero en España: o caso dos municipios galegos. Laiovento, 2018.
FERREIRO REGUEIRO, C. (dir), Implicaciones jurídico-laborales sobre la garantía integral de la libertad sexual y la igualdad de trato y no discriminación: Ley Orgánica 10/2022 y 15/2022.
VALDÉS DAL-RÉ, F.: Igualdad de género y relaciones laborales: entre la ley y la negociación colectiva, Editorial Reus, S.A. (Madrid, 2010).
VV. AA., Manual de conceptos jurídicos básicos, Colex, A Coruña, 2021.
Competencias xerais
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de decisión.
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético e deontolóxico.
- Traballo en equipo.
- Aprendizaxe autónoma.
Competencias específicas
- Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas,
- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento.
- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a práctica do Dereito.
Competencias transversais
- Adaptación a novas situacións.
- Creatividade.
- Liderado.
- Iniciativa e espírito emprendedor.
- Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social e económica.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
- Espírito de superación.
A metodoloxía da ensinanza combinará clases expositivas con clases interactivas. Impartiranse clases expositivas explicando os contidos do programa. Nas clases interactivas desenvolveranse os problemas máis novos que susciten cada unha das leccións.
A docencia combinará exposicións por parte das profesoras e traballo do alumnado, tanto individual como en grupo. Ademais o alumnado deberá realizar tarefas (lecturas, análises de xurisprudencia ou documentos, realización de ensaios) fora de clase.
A interdisciplinariedade da materia esixe que durante o seu desenvolvemento se produzan determinados axustes no proceso de ensino-aprendizaxe. O alumnado debe ter presente, xa que logo, que cada unha das docentes adaptará –de ser o caso– a metodoloxía ás especificidades da súa área de coñecemento.
Na primeira sesión, cada profesora explicará polo miúdo a metodoloxía especifica da súas clases. Esta información será publicada na aula virtual.
A metodoloxía empregada será a avaliación continua, baseada na cualificación de traballos e probas prácticas realizadas no desenvolvemento das clases (ensaios escritos, presentacións orais, etc.).
O alumnado que non supere a materia coa realización dos traballos, poderá optar por realizar o exame final presencial na data oficial establecida que suporá o 100% da cualificación final.
Asistencia a clase:
A asistencia a clase é obrigatoria, pero non terá ningunha valoración na cualificación final.
O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-).
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes
Avaliación curso sen docencia
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición do máster non haberá docencia presencial desta materia, as/os estudantes matriculados na mesma deberán contactar cuanto antes coas docentes responsables da materia para precisar o sistema de avaliación. Salvo que obre xusta causa, non se admitirá que o contacto se produza para alén das dúas semanas tras o inicio do semestre no que se desenvolve a materia.
En todo caso, de non acordarse outra cosa, a/o alumna/o será avaliada/o mediante traballos e actividades prácticas nas convocatorias previstas.
Dispensa de asistencia
O alumnado que teña exención de docencia ou dispensa de asistencia (Instrución núm. 1/2017, do 27/04/2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase) deberá informar da súa situación ás docentes. Máis no concreto, as persoas con exención de docencia deberán contactar á maior brevidade posible coas profesoras da materia (achegando resolución da concesión de exención), co gallo de facer efectivas as previsións establecidas na Guía Docente da materia. Salvo que obre xusta causa, non se admitirá que o contacto se produza para alén das dúas semanas tras a comunicación oficial da exención.
Dependerá de cada alumna e alumno, pero pártese da base de que por un crédito ECTS se calculase, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
A non asistencia a clase e o deixar para o final o estudo da materia limita extraordinariamente as posibilidades para superala.
Co fin de facilitar a resolución das dúbidas, as profesoras están a disposición do alumnado no horario de titorías.
OBSERVACIÓNS
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental. Se a/o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
• Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
• Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
• Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Isabel Diz Otero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815185
- Correo electrónico
- isabel.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Cristina Alonso Salgado
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- cristina.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Rodriguez Alvarez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814708
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alicia Villalba Sanchez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814614
- Correo electrónico
- alicia.villalba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |