Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo do proceso político e a análise da política. A política como ciencia social.
2. Estudo do Estado e as institucións de goberno. Descrición e análise dos trazos dos estados modernos e das institucións que o compoñen nas súas tres dimensións de executivo, lexislativo e xudicial.
3. Análise dos procesos e organizacións subxacentes á dinámica institucional, como eleccións e partidos políticos, adecuándoos ás necesidades dos profesionais da información.
4. Definición do concepto de movemento social e a súa influencia no proceso político. Principais movementos do noso tempo, evolución e deriva cara a novas formas.
5. Análise dos movementos en cada momento histórico.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. ASPECTOS BÁSICOS DA CIENCIA POLÍTICA
1.1 Enfoques
1.2 Ideoloxías
1.3 Participación e cultura política
TEMA 2. O ESTADO
2.1 Definición de Estado e elementos constitutivos do Estado
2.2 A distribución territorial e funcional do poder
2.3 A estrutura do Estado español
TEMA 3. ACCIÓN COLECTIVA
3.1 Os modelos de comportamento colectivo
3.2 Grupos de interese e movementos sociais
3.3 Os partidos políticos
TEMA 4. IDEOLOXÍAS E MOVEMENTOS SOCIAIS DA MODERNIDADE
4.1 Nacionalismo
4.2 Socialismo
4.3 Liberalismo e conservadurismo
TEMA 5. IDEOLOXÍAS E MOVEMENTO SOCIAIS DA POSMODERNIDADE
5.1 Ecoloxismo
5.2 Feminismo
5.3 Identidade LGTBI
5.4 Dereitos dos animais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Existirán contidos prácticos a través de seminarios, talleres, visionados de material audiovisual ou debates co obxectivo de seguir as explicacións teóricas e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.). Nas mesmas existirá espazo para o Traballo con textos, orientada á adquisición de habilidades.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Arteta, A., García E. & Máiz, R. (2003) Teoría política: poder, moral, democracia. Alianza
Barreda, M. & Ruiz, L. (2016). Análisis de la política. Enfoques y herramientas de la ciencia política. Huygens Editorial.
Caminal, M. & Torrens, X. (2015). Manual de Ciencia Política, Tecnos.
de Jasay, A. (1996) El Estado. Alianza.
Del Águila, R. (ed.) (1997). Manual de Ciencia Política. Trotta.
Della Porta, D. & Diani, M. (2011). Los movimientos sociales. Universidad Complutense de Madrid, Editorial Complutense: Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS).
Mellón, J. A. & Torrens, X. (2020). Ideologías y movimientos políticos contemporáneos. Tecnos.
Molina, I. (2001). Nuevo manual de ciencia política. Itsmo.
Tarrow, S. (2012). El poder en movimiento: Los movimientos sociales, la acción colectiva y la política. Alianza.
Tilly, C. & y Wood, L. J. (2009). Los movimientos sociales, 1768-2008: desde sus orígenes a Facebook. Crítica.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Chevallier, J. (1974). Los grandes textos políticos desde Maquiavelo a nuestros tiempos
Pasquino, G. et al. (1993). Manual de Ciencia Política. Alianza Editorial.
Sabine, G. H. (2006). Historia de la teoría política. Fondo de Cultura Económica
O profesorado facilitará bibliografía específica para cada un dos temas do programa a medida que avancemos no contido teórico.
CON.1 - Comprender o contexto social, político, económico, xurídico e cultural no que se desenvolve o xornalismo.
CON.6 - Identificar os referentes que lle permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.2 - Analizar o estado dos procesos comunicativos e das organizacións mediáticas para tomar decisións
e propor solucións nos seus diferentes ámbitos.
COM.2 - Reunir, xestionar e interpretar información e datos relevantes dentro do ámbito do xornalismo para
elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.5 - Elixir e aplicar con criterio coñecementos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades
creativas, a iniciativa e o espírito emprendedor.
COM.6 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da
Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento
Sustentable.
A metodoloxía da ensinanza na materia constará de: clase maxistral e seminarios.
-Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
-Seminario: sesión interactiva e grupal para o traballo guiado polo/a docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análises de textos e casos, así como o deseño de estratexias e proxectos.
Fomentarase a asistencia a clase, a participación e a diversificación dos ambientes de aprendizaxe, na medida do posible. As clases maxistrais servirán para que o profesorado explique o marco teórico xeneral da materia. Os seminarios servirán para ordenar a confección dos traballos e facilitar a súa exposición e avaliación, así como para resolver as cuestións persoais que o alumno necesite.
A cualificación final da materia será resultado da suma das cualificacións obtidas nos seguintes apartados:
- Asistencia e participación nos seminarios e realización dos traballos ou actividades prácticas individuais e/ou en grupo: 50%
- Exame final obrigatorio: 50%.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia. O alumnado deberá aprobar o exame para que a nota obtida nos seminarios compute para a cualificación final. A cualificación destas tarefas será a mesma tanto na convocatoria ordinaria coma na extraordinaria, sendo esta cualificación tan só valida para o curso vixente.
A asistencia presencial ás clases expositivas é un requisito para a superación da materia, sendo preceptiva para presentarse á realización do exame. Tal como recolle o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia sen necesidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 20% das horas programadas. Entenderase como faltas xustificadas aquelas que recolle dito Regulamento. Este requisito mantense tanto na convocatoria ordinaria coma na extraordinaria.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
No caso do alumnado que solicite a dispensa de asistencia por calquera dos motivos contemplados na normativa da USC o sistema de avaliación será distinto. O único elemento de avaliación deste alumnado será o exame/proba final (100% da cualificación).
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Asistir a clase e ler con regularidade os textos facilitados polo docente.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
- Non se poderá empregar o teléfono móvil nin o ordenador, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Miguel Anxo Bastos Boubeta
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815167
- Correo electrónico
- miguelanxo.bastos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Erika Jaraiz Gulias
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815177
- Correo electrónico
- erika.jaraiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elba Maneiro Crespo
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- elba.maneiro.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
16.01.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
16.01.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
16.06.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |