Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo das institucións e dos actores políticos das sociedades actuais. Enfoques na Ciencia Política.
2. Introdución ao estudo do Estado e dos seus principais compoñentes, dos sistemas políticos e das principais ideoloxías contemporáneas.
3. Estudo e análise da acción colectiva e dos movementos sociais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O ESTADO (I)
1.1 Definición de Estado
1.2 Antecedentes do Estado
1.3 Elementos constitutivos do Estado
TEMA 2. O ESTADO (2)
2.1 A distribución territorial e funcional do poder
2.2 A estrutura do Estado español
2.3 O Estatuto de Autonomía de Galicia
TEMA 3. ACCIÓN COLECTIVA
3.1 Os modelos de comportamento colectivo
3.2 Grupos de interese e movementos sociais
3.3 Os partidos políticos
TEMA 4. OUTROS ASPECTOS BÁSICOS DA CIENCIA POLÍTICA
4.1 Enfoques
4.2 Ideoloxías
4.3 Participación e cultura política
TEMA 5. AS DEMOCRACIAS E A COMUNICACIÓN POLÍTICA
5.1 O rol do Estado
5.2 O paralelismo político e o profesionalismo
5.3 A estrutura dos mercados de comunicación e as industrias culturais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Existirán contidos prácticos a través de seminarios, talleres, visionados de material audiovisual ou debates co obxectivo de seguir as explicacións teóricas e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Almond, G. A., & Batlle, A. (2014). Diez textos básicos de Ciencia Política. Ariel.
Pasquino, G. (1988). Manual de Ciencia Política. Alianza.
Vallés, J. M. (2006). Manual de Ciencia Política. Ariel.
Hallin, D; & Mancini, P (2004). Sistemas mediáticos Comparados, Hacer Editorial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Anduiza, E., Crespo, I. & Méndez, M (2009). Metodología de la Ciencia Política. CIS.
Barreda, M. & L. Ruiz (2016). Análisis de la política. Enfoques y herramientas de la ciencia política. Huygens Editorial.
Barredo Ibáñez, D. , López-López, P. C., Lagares Díez, N., & Puentes-Rivera, I. (2021). Comunicación política y democracia en el marco de la sociedad digital: retos, oportunidades y avances. Revista Ibérica de Sistemas e Tecnologias de Informação, (E40), XI-XV.
Benedicto, J. & Morán, M. L.(1995). Sociedad y Política. Temas de sociología Política. Alianza.
Caminal, M. (1999). Manual de ciencia política, Tecnos.
Canales Aliende, J.M & Sanmartín Pardo, J (2014). Introducción a la Ciencia Politica. Universitas.
Cazorla Martín, A., Montabes Pereira, J., & López López, P. C. L. (2022). Medios de comunicación, información política y emociones hacia partidos políticos en España. Revista española de ciencia política, (58), 83-109.
Cric, B. (2001). En defensa de la política, Tusquets.
Del Águila, R. (1997). Manual de Ciencia Política Trotta.
Duverger, M. (1990). Introducción a la política. Ariel.
Diz I., Lois M. & Novo A. (2004). Elementos fundamentales de ciencia política. Tórculo.
Ellul, J. (1965). L'illusion politique. Laffont.
Farr, J., Dryzek, J. S. & Leonard, S. T. (1999). La ciencia política en la historia. Istmo.
Goodin, R. & Klingemann, H.D. (2001). Nuevo Manual de Ciencia Política (Tomos I y II). Istmo.
Letamendia, F. (2002). Ciencia política alternativa. Fundamentos.
López-López, P. C., Lagares Díez, N., & Castro Martínez, P. (2021). Agenda y temas: medios, políticos y ciudadanía. In Debates electorales en televisión y redes sociales en España (pp. 69-79). Comunicación Social.
López-López, P. C., Castro Martínez, P., & Oñate, P. (2020). Agenda melding y teorías de la comunicación: la construcción de la imagen de los actores políticos en las redes sociales. Cuadernos del Centro de Estudios de Diseño y Comunicación, 21-34, 112.
Marsh, D. & Stoker, G. (1999). Teoría y métodos de Ciencia Política. Alianza.
Rivera Otero, J. M., Lagares Díez, N., Pereira López, M., & López-López, P. C. (2021). Transparency Policies in European Public Broadcasters: Sustainability, Digitalisation and Fact-Checking. Social Sciences, 10(6), 217.
Runciman, W. (1966). Ensayos: sociología y política, FCE.
Sodaro, M. J. (2006). Política y Ciencia Política. Mc Graw Hill.
Uriarte, E. (2002). Introducción a la Ciencia Política. Tecnos.
Voegelin, E. (2006). La nueva ciencia de la política. Katz.
CON.2 - Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e postproducción audiovisuais.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
As metodoloxías utilizadas nesta materia serán as seguintes: clase maxistral, presentación en aula, debate, seminario e traballo tutelado.
Parte da docencia utilizará como ferramenta de traballo a USC virtual. Fomentarase a asistencia a clase, a participación e a diversificación dos ambientes de aprendizaxe, na medida do posible. As clases expositivas servirán para que o profesor explique o marco teórico xeral da materia. As titorías e os seminarios servirán para ordenar a confección dos traballos e facilitar a súa exposición e avaliación, así como para resolver as cuestións persoais que o alumnado necesite. A asistencia ás clases é obrigatoria, salvo nos casos de dispensa establecidos na normativa da USC, e formará parte da cualificación na forma en que se explica no apartado correspondente. Para isto, o profesorado fará controis de asistencia.
O traballo para os tipos de clases será o seguinte:
• Clases expositivas e clases prácticas/seminarios (clase maxistral, presentación en aula, debate, seminario e traballo tutelado): desenvólvese o contido do programa, secuenciado en bloques temáticos. Para seguir as explicacións cómpre integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación etc.).
• Estudo autónomo, individual ou en grupo, lecturas recomendadas e preparación de presentacións a realizar por conta propia ou en titorías, axudados pola Contorna Virtual de Aprendizaxe (EVA): recomendarase a lectura de artigos, libros ou manuais que complementen ás clases de expositivas. Igualmente, empregarase a aula virtual. O profesor porá a disposición do alumnado todo o material utilizado nas clases (non diapositivas) así como aqueloutro que considera relevante para a materia.
O sistema de avaliación constará de dúas partes. En primeiro lugar, a avaliación dos exercicios prácticos, que se corresponden co traballo relativo ás clases interactivas (50% da nota). En segundo lugar, un exame final da materia que consistirá en responder correctamente ás preguntas seleccionadas do temario (50% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica, como a parte teórica, é dicir, acadando en cada unha das partes cando menos a metade de puntuación. Na segunda oportunidade o peso das avaliacións será a mesma. Realizarase un traballo final (50%) que será comunicado coa debida antelación. Realizarase, de igual forma, un exame final na data sinalada (50%). O profesorado ampliará a información sobre o sistema de avaliación o primeiro día de clase.
En función do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024), a asistencia a clase terá efectos na avaliación, sendo preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames (1.2.c), tanto á primeira como á segunda convocatoria. O alumnado deberá acudir, como mínimo, ao 80% das actividades docentes programadas. Con anterioridade á realización das probas publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse. As persoas repetidoras estarán eximidas deste requisito de asistencia nas clases expositivas, no caso de telo cumprido con anterioridade, mais non nas clases interactivas, ás que deberán acudir igualmente (3.6). O peso das avaliacións é a mesmo e deberán presentarse ao exame final.
No caso do alumnado que lle sexa concedida a dispensa de asistencia por calquera dos motivos contemplados na normativa da USC o sistema de avaliación será distinto. O único elemento de avaliación deste alumnado será o exame/proba final (100% da cualificación). Para o resto de aspectos pódese consultar o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024).
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguientes actividades formativas programadas:
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Ler a bibliografía básica.
Jose Manuel Rivera Otero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815159
- Correo electrónico
- josemanuel.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paulo Carlos Lopez Lopez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paulocarlos.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
20.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
20.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
25.06.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |