Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Segundo a memoria do Grao de Ciencia Política e da Administración, os resultados da aprendizaxe desta materia deben ser a adquisición de “habilidades investigadoras no campo das ciencias sociais para poder dar resposta a actuais problemáticas de alta complexidade social” e a obtención da capacidade de realizar unha investigación concreta.
Para este fin, refrescaranse, combinarán e ampliarán os coñecementos xa adquiridos noutras materias de métodos e técnicas de investigación (“Métodos de ciencia política”, “Estatística para as ciencias sociais, I e II”, “Técnicas cualitativas de investigación” e “Técnicas cuantitativas de investigación”).
Tal e como se indicou no apartado “Obxectivos da materia”, a materia de Métodos Avanzados de Investigación Social desenvolve e complementa a todas as materias de métodos e técnicas de investigación do Grao en Ciencia Política (“Métodos de ciencia política”, “Estatística para as ciencias sociais, I e II”, “Técnicas cualitativas de investigación” e “Técnicas cuantitativas de investigación”).
Está orientada a proporcionar as indicacións necesarias para o desenvolvemento dunha investigación que pode ser útil para expor e desenvolver o TFG, proporcionando ferramentas para levar a cabo distintas operacións ou pasos no proceso de investigación.
De acordo con esta orientación xeral, os contidos básicos que se tratarán serán medición, construción de escalas, análises de datos, técnicas multivariantes, técnicas de redución de datos, construción de taxonomías.
Achen, C.H. Interpreting and using regression. Beverly Hills, Sage, 1982
Allison, P.D. Multiple regression: A primer. Thousand Oaks, Pine Forge Press, 1999
Aneshensel, C.S. Theory-based data analysis for the social sciences. Thousand Oaks, Sage, 2013 (2ª edición)
Angrist, J.D.; y Pischke, J.S. Dominar la econometría. El camino entre el efecto y la causa. Barcelona, Antoni Bosch, 2016 (orig. 2015)
Berk, R.A. Regression analysis: A constructive critique. Thousand Oaks, Sage, 2004
Campbell, D.; Stanley, J. Diseños experimentales y cuasiexperimentales en la investigación social. Madrid, Amorrortu, 2011 (orig. 1966)
Coleman, R. Designing experiments for the social sciences. Thousand Oaks, Sage, 2019
Cea D’Ancona, M.A. Análisis multivaraible. Teoría y práctica en la investigación social. Madrid, Síntesis, 2004
Davis, J.A. The logic of causal order. Newbury Park, Sage, 1985
Druckman, J.N.; D.P. Green; J.H. Kuklinski; y Lupia, A. (eds.). Cambridge Handbook of Experimental Political Science. Cambridge, Cambridge University Press, 2011
Etxeberria, J. Regresión múltiple. Madrid, La Muralla, 2007
Gelman, A.; Hill, J.; y Vehtari, A. Regression and other stories. Cambridge, Cambridge University Press, 2021
Goldthorpe, J.H. La sociología como ciencia de la población. Madrid, Alianza, 2017 (orig. 2016)
Guillén, M.F. Análisis de regresión múltiple. Madrid, CIS, 1992
Hair, J.F.; Anderson, R.E.; Tatham; R.L.; y Black, W.C. Análisis multivariante. Madrid, Pearson, 2004 (orig. 1998, 5ª ed.)
Hellevik, O. Introduction to causal analysis: Exploring survey data by crosstabulation. Londres, Allen and Unwin, 1984
Jovell, A.J. Análisis de regresión logística. Madrid, CIS, 1995
López-Roldán, P.; Fachelli, S. Metodología de la Investigación Social Cuantitativa. Barcelona, UAB, 2015
Morton, R.B.; Williams, K.C. Experimental Political Science and the Study of Causality: From Nature to the Lab. Cambridge, Cambridge University Press, 2010
Pardo, A.; y San Martín, R. Análisis de datos en ciencias sociales y de la salud, volumen II. Madrid, Síntesis, 2010
Pardo, A.; y Ruiz, M.A. Análisis de datos en ciencias sociales y de la salud, volumen III. Madrid, Síntesis, 2012
Ricolfi, L. Tre variabili: Un’introduzione all’analisi multivariata. Milán, Franco Angeli, 1993
Rosenbaum, P. R. Observation and Experiment: An Introduction to Causal Inference. Cambridge, Harvard University Press, 2017
Rosenberg, M. The logic of survey analysis. Nueva York, Basic Books, 1968
Shadish, W.; T.D. Cook; Campbell, D. Experimental and Quasi-experimental Designs for Generalized Causal Inference. Boston, Houghton Mifflin, 2011
Silva, L.C.; Barroso, I.M. Regresión logística. Madrid, La Muralla, 2004
De acordo coa Memoria do Grao de Ciencia Política e da Administración, esta materia proporcionará aos estudantes ferramentas que lles permitan iniciarse na práctica da investigación social. Ademais, contribuirá ao desenvolvemento de competencias básicas e xenerais do título, como as capacidades de “aplicar coñecemento de forma profesional”, “elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo”, “reunir e interpretar datos relevantes (…) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética”, “transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado” e “emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía”.
O logro dos obxectivos previstos e, por tanto, a adquisición das competencias mencionadas pódese alcanzar mediante a combinación dunha serie de actividades formativas que implican, necesariamente, xunto ao traballo da profesora, o traballo continuado do alumno.
Así, o curso desenvolverase a través de clases presenciais, tanto de carácter expositivo ou teórico como de carácter interactivo ou práctico. Nas clases teóricas, a profesora expoñerá os contidos básicos de cada tema. As clases prácticas estarán dedicadas á discusión de exemplares de investigacións que aplican os contidos estudados e á realización de exercicios. Ademais, os estudantes terán que facer diversos exercicios e traballos prácticos de maneira autónoma.
Proporcionarase aos estudantes un programa detallado da materia. Tanto o programa como, na medida do posible, os materiais didácticos que se utilizarán durante o curso estarán dispoñibles no Campus Virtual da USC, que se utilizará de maneira habitual na docencia da materia.
1. SISTEMA ORDINARIO DE AVALIACIÓN: Aplicarase a modalidade de avaliación continua. Para iso, levarase a cabo un seguimento dos resultados de cada alumno/a nas distintas actividades propostas durante o desenvolvemento da materia. Esta avaliación formativa valorará o esforzo, o progreso na aprendizaxe e a consolidación das competencias e incentivará unha dedicación constante á materia ao longo do curso.
As actividades propostas terán un carácter eminentemente práctico, baseado nos contidos e as tarefas realizadas nas sesións presenciais. De maneira máis concreta, levaranse a cabo as seguintes estratexias de avaliación:
A) Participación nas prácticas de aula (60%).
B) Desenvolvemento de actividades de elaboración (40%).
A asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria. A falta de asistencia a clase de modo reiterado pode provocar a imposibilidade de aplicar de forma correcta os criterios de avaliación e a propia avaliación continua. A porcentaxe de faltas de asistencia, xustificadas e inxustificadas, que orixinará a imposibilidade de aplicar a avaliación continua establécese no 25% do total de horas lectivas da materia.
2. SISTEMA EXTRAORDINARIO DE AVALIACIÓN. Nos casos en que se perda o dereito á avaliación continua, os e as estudantes realizarán un exame por escrito (na data oficial establecida na convocatoria ordinaria) sobre a materia teórica e práctica impartida ao longo do curso.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA. Os estudantes que non se presentasen ou non superasen a materia na convocatoria ordinaria, porque suspendesen a avaliación continua ou a proba de avaliación final extraordinaria, poderán presentarse á convocatoria extraordinaria. Neste contexto a avaliación consistirá nun exame teórico-práctico que terá lugar na data fixada oficialmente.
En todo caso, esta materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Segundo a Memoria do Grao de Ciencia Política e da Administración, o tempo total de estudo e traballo persoal, incluíndo as horas dedicadas á docencia presencial, é de 112,5 horas, das cales 75 deben ser dedicadas ao “traballo persoal”. En todo caso, corresponde a cada estudante determinar canto tempo necesita para preparar a materia e distribuílo da maneira máis adecuada e eficiente entre as distintas tarefas que iso require.
Para os casos de realización fraudulente de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Del Carmen Voces Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- carmen.voces [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática 1 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 1 |
20.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 1 |
08.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 1 |