Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Entender a educación como un sistema dentro do sistema social no seu conxunto.
- Entender a educación como práctica social, condicionada por variables de idade, de clase social, de xénero, de pertenza étnica ou cultural.
- Coñecer e analizar criticamente as TIC e a súa influencia na sociedade.
- Coñecer a influencia do medio socio-familiar e o seu entorno na educación.
- Fomentar a análise transversal desde un marco interpretativo feminista.
Os contidos do programa organízanse en catro bloques, que se especifican a continuación:
BLOQUE I. CONTEXTO SOCIAL DA EDUCACIÓN: SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN
I.1. Interese sociolóxico pola educación: a imaxinación sociolóxica.
I.2. A sociedade posmoderna: globalización, rol dos medios de comunicación e das TIC e colonización do saber.
I.3. O papel da educación na sociedade actual: contexto social e sistema educativo, socialización e construción social.
BLOQUE II. PARADIGMAS E TEORÍAS DA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN: O BORRADO DAS FUNDADORAS
II.1. Achegas dos clásicos
II.1.1 Traballo e formación en Marx.
II.1.2. Escola e reprodución en Durkheim.
II.1.3. Educación e cultura en Weber.
II.2. A historia esquecida das fundadoras da socioloxía.
II.3. Teorías contemporáneas e retos da socioloxía da eduación.
II.3.1. Teorías da reprodución.
II.3.2. Paradigmas interpretativos da socioloxía da educación.
II.3.3. Teorías da resistencia: problemas actuais, desigualdes e resistencias.
BLOQUE III. INVESTIGACIÓN DESDE A SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN: APLICACIÓN PRÁCTICA DA INVESTIGACIÓN-ACCIÓN PARTICIPACIÓN/ETNOGRAFÍA DIXITAL
III.1. Investigación cuantitativa, cualitativa e mixta.
III.2. Características principais da investigación-acción-participación (IAP).
III.3. Características principais da etnografía dixital.
III.4. Pregunta de investigación e obxectivos.
III.5. Aspectos metodolóxicos.
III.6. Técnicas de investigación.
BLOQUE IV. SOCIOLOXÍA DA EDUCACION, FEMINISMOS E INTERSECCIONALIDAD: ANÁLISE DAS CARACTERÍSTICAS E CUESTIÓNS MÁS RELEVANTES DA SOCIEDADE ACTUAL
IV.1. Marco interpretativo feminista e interseccional para a análise do contexto social e educativo.
IV.1.1. Análise das desigualdades en educación: diferenzas sociais, de clase, xénero, étnicas, culturais, entre outras.
IV.1.2. Interculturalidad crítica e educación.
IV.1.3. Sociedades patriarcais: dominio masculino e violencia contra as mulleres.
IV.1.4. Discriminacións ás persoas LGTB+: LGTBfobia
IV.2. Cambio social e educación:
IV.2.1. Abordaxe das masculinades.
IV.2.2. Educación afectivo-sexual: unha materia pendente.
IV.2.3. A educación como práctica da liberdade.
IV.2.4. Retos e prácticas inclusivas en educación: o interese da socioloxía da educación e o feminismo para futuros e futuras mestras.
Bibliografia básica
- Bourdieu, P. & Passeron, J.C. (1977). La reproducción. Elementos para una teoría del sistema de enseñanza. Laia.
- Durkheim, E. (1975). Educación y Sociología. Península.
- Hooks, B. (2021). Enseñar a transgredir. Capitán Swing
- Lengermann, P.M. & Niebrugge, G. (Eds.). (2019). Fundadoras de la Sociología y la teoría social 1830-1930. Centro de Investigaciones Sociológicas.
Bibliografia complementaria
Berger, P. & Luckmann, T. (2012). La construcción social de la realidad. Amorrortu (Obra original publicada en 1966).
Byung-Chul, H. (2015). La sociedad de la transparencia (R. Gabás, Trad.). Trivillus.
Cobo, R. & Fernández, B. (Eds.). (2022). Sociología Feminista. Comares.
Díaz, C. & Dema, S. (Ed.). (2013). Sociología y Género. Tecnos.
Fernández-Enguita, M. (Ed.). (1999). Sociología de la Educación. Ariel.
Fernández-Enguita, M. (Coord.). (2020). La organización escolar: repensando la caja Negra para poder salir de ella. Anele.
Fernández Palomares, F. (2003). Sociología de la Educación. Pearson.
Freire, P. (2002). Pedagogía del Oprimido(16ª ed.). Siglo XXI.
García Marín, J. (2018). Novas Masculinidades: o feminismo a (de)construir o homen. Através.
García Marín, J. (2019). Papá porqué non pintas as unhas de cores?. Galaxia.
Giddens, A. & Sutton, P. W. (2015). Conceptos Esenciales de la Sociología. Alianza.
Goffman, E. (2012). Estigma (2ª ed.). Amorrortu (Obra original publicada en 1963).
Guerrero, A. (2009). Manual de Sociología de la Educación. Síntesis.
Hooks, B. (2022). Respondona. Paidós
Hooks, B. (2022). Enseñar pensamiento crítico. Rayo Verde.
Macionis, J.J. & Plummer, K. (2011). Sociología(4ª ed.). Pearson.
Robinson, K. (2021). Escuelas creativas: la revolución que está transformando la educación. Penguin Random House.
Subirats, M. (2017). Coeducación: apuesta por la libertad. Octaedro.
Taberner, J. (2008). Sociología de la Educación: el sistema educativo en sociedades modernas: funciones, cambios y conflictos. Tecnos.
Trinidad, A., Fernández, F., Bejarano, J.F., & Santiago, M.J. (Coords.). (2021). La educación desde la sociología: comunidad, familia y escuela. Tecnos.
Básicas
B3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Xerais
G7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G12- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación infantil/primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Específicas
E22- Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
E23- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidad e interculturalidad; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E24- Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, os estilos de vida e educación no contexto familiar.
Transversais
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía relaciónase cos procesos de ensino/aprendizaxe e, por tanto, debe planificarse de forma que conduza á consecución das competencias establecidas. Nesta materia levarán a cabo metodoloxías participativas, baseada nos postulados de Hooks, Freire, Colectivo de Mujeres de Matagalpa, entre outros.
As realidades diversas nas que interveñen os e as mestras son complexas, dinámicas, cambiantes, polo que se fai necesario empregar metodoloxías que sexan coherentes coa vida mesma, porque como sostén Assmann (2002) só así se lograrán aprendizaxes verdadeiras e duradeiras. Para iso, partirase da vida cotiá, das experiencias, do contexto, das dificultades, dos saberes, das percepcións e emocións das persoas participantes, que son as protagonistas do proceso participativo. Isto implica xerar espazos de seguridade, de protección, de confianza, de recoñecemento, de respecto á individualidade, diversidade e aos sentimentos, e impulsar o traballo colectivo, en equipo, promovendo o diálogo, a comunicación, o encontro, a participación e a creatividade.
Tipos de actividades: presenciais e traballo autónomo
As actividades presenciais divídense en:
- Actividades en gran grupo: clases expositivas destinadas á adquisición de coñecementos básicos, onde levarán a cabo dinámicas participativas para vincular a través destas os contidos teóricos.
- Actividades en grupo mediano: clases interactivas onde levarán a cabo diferentes dinámicas que vinculan a teoría coa práctica, nas que ten un peso importante o traballo en equipo, a cooperación, o compromiso e o intercambio de experiencias. As actividades presenciais nesta modalidade requiren dun traballo persoal, autónomo, por parte do alumnado, tanto individual como co equipo de traballo do que se forme parte.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: dirixidas a orientar ao alumnado dunha forma máis personalizada; a realizar un seguimento do proceso de traballo autónomo, tanto individual como de equipo; así como a resolver dúbidas tanto de aprendizaxes relacionadas coa materia como relativos a procedementos de traballo, técnicas vinculadas con competencias básicas e transversais, entre outras.
As actividades de traballo autónomo están dirixidas a que o alumnado realice procura de recursos, lectura destes, realización de traballos, estudo de contidos, que implicarán a elaboración de informes, presentacións, exposicións, entre outras.
En calquera caso, farase especial fincapé en que o alumnado, utilizando distintos procedementos, chegue a realizar de forma autónoma unha elaboración e síntese da información que lle permita ir construíndo un coñecemento sólido e ben argumentado.
Nesta materia tentarase levar a cabo co alumnado un proxecto de innovación docente que implique a centros educativos non universitarios, organizacións e/ou entidades sociais que abran a Facultade de Ciencias da Educación ao contexto social e educativo, sendo esencial a transferencia do coñecemento máis aló das aulas universitarias. Para iso, fomentarase a inclusión de prácticas de campo en centros educativos non universitarios, con entidades sociais e/o educativas, así como con axentes crave da comunidade. Todo iso, estará suxeito á obtención de fondos procedentes de convocatorias específicas.
Utilizarase o campus virtual para deixar material básico de aprendizaxe dos distintos bloques da materia, así como recursos audiovisuais.
O obxectivo fundamental da materia —comprender e analizar os procesos educativos desde unha perspectiva sociolóxica crítica— determina que a avaliación se centre no grao de madurez reflexiva do estudantado e na súa capacidade para aplicar os marcos teóricos e conceptos clave da disciplina ao contexto educativo.
A avaliación será continua e formativa, combinando participación, traballos individuais e en grupo, e probas específicas e/ou traballo final individual.
A materia impártese en dous grupos (mañá e tarde) no Grao de Mestre/a en Educación Primaria. En ambos casos manteranse as ponderacións de avaliación comúns, conforme á memoria de verificación do título:
- Participación activa (15%).
- Proba/s específica/s e/ou traballo final individual (40%).
- Actividades e traballos individuais e/ou de grupo, incluíndo participación oral (45%).
As actividades e os instrumentos de avaliación poderán adaptarse á organización e dinámica de cada grupo, sempre que se respecten os criterios comúns e se manteña a coherencia cos obxectivos formativos e o enfoque participativo da materia.
No grupo de mañá se seguirán os criterios da ponderación común; no grupo de tarde a avaliación concrétase do seguinte xeito:
- Participación nas sesións expositivas (15%): avaliarase mediante o seguimento do profesorado e a entrega dun rexistro individual, obrigatorio.
- Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) (25%): vinculado ao ámbito educativo e á acción social, orientado á transformación comunitaria e ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, con perspectiva de xénero. Desenvolverase en colaboración con entidades e/ou centros educativos. A avaliación será continua e incluirá traballo final en equipo e participación oral integrada. En caso de non realizarse o ApS, substituirase por un traballo final en equipo similar.
- Actividades das sesións interactivas (20%): requirirán xeralmente de informes ou traballos escritos en equipo, con participación oral integrada.
- Diario de Aprendizaxe Sociolóxica (DAS) (40%): proba individual con análise crítica e reflexiva de fenómenos sociais desde a perspectiva sociolóxica, aplicando contidos da materia e valorando a súa relevancia docente (30%). Recompilaranse as conclusións do DAS en equipo para dar resposta a preguntas clave. Presentaranse na aula seguindo os criterios de probas escritas da memoria de título (10%). A avaliación realizarase mediante rúbricas.
Criterios comúns de avaliación:
- Asistencia obrigatoria mínima do 80% da actividade presencial para ser avaliado/a, segundo o artigo 1.1.c do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024.
- Os traballos deberán entregarse a través da aula virtual, salvo indicación expresa en contrario.
- Só serán avaliadas as actividades que se entregan nos prazos estipulados.
- Terase en conta na avaliación a realización do Curso básico de Competencias en Información da Biblioteca.
- Traballos orixinais; o plaxio supón suspenso da materia e sanción conforme á normativa vixente.
- O uso de intelixencia artificial debe ser declarado e xustificado; e non pode substituír coñecementos, competencias e habilidades. O incumprimento supón suspenso da materia.
- Un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, agás actividades coordinadas.
- Ante a realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase a Normativa de avaliación do rendemento do estudantado e de revisión de cualificacións.
- En segunda convocatoria, a avaliación realizarase mediante probas escritas.
- En caso de repetición da materia, gardaranse as notas da avaliación continua durante un curso académico; só será obrigatoria a proba final. O alumando que non cumpra a asistencia mínima debe acollerse ao réxime de avaliación ordinario.
DISPENSA DE ASISTENCIA
Avaliación do estudantado ao que se conceda dispensa de asistencia (Instrución nº 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre dispensa de asistencia en determinadas circunstancias), levarase a cabo segundo os seguintes criterios:
- Proba específica sobre os contidos (50%), sendo necesario obter un mínimo de 3 puntos sobre 5 para superar a materia e que se tomen en conta as demais partes da avaliación.
- Entrega de informes escritos ou outras producións (50%). Avaliarase a precisión conceptual, axuste ás directrices, orixinalidade e reflexión crítica.
O estudantado deberá comunicar a súa situación á persoa docente nos 10 días seguintes á concesión da dispensa e será convocado a unha titoría na que se lle proporcionará un "Programa de Actividades" específico, que suporá un traballo equivalente ao do estudantado ordinario para poder superar a materia.
A distribución dos 6 ECTS desta materia segundo as instrucións recibidas da Reitoría e a Facultade é:
Horas expositivas: 24.
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estímase que o alumnado deberá adicar unhas 99 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, 18 preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 adicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
Total horas adicación a materia: 150
- Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva arredor da materia, e construir os alicerces arredor dun corpo de coñecementos sobre o eido socio-educativo.
- Utilizar titorías para clarificar as dúbidas.
Responsabilidade ambiental
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grapas en lugar de encanutillados.
-Imprimir as dúas caras en calidade aforro de tinta.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo persoal docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o persoal docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Enlaces de interese
ASE. Asociación de Sociología de la Educación http://www.ase.es/
XIII Conferencia de Sociología de la Educación http://eco.unex.es/sociologia/ase2008/
CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas: http://www.cis.es/
Jorge Garcia Marin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- jorge.marin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lorena Añon Loureiro
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- lorena.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_03 Infantil | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 Primaria + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 Primaria | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_06 Infantil | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 Primaria | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 Primaria | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_07 Infantil | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 Primaria | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
09.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
09.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
09.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 Primaria | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
09.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
09.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_03 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
23.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_03 Infantil | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
23.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 Primaria + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
23.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 Primaria | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |