Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia “Identidade de Xénero e Educación” ten como obxectivo fundamental contribuír á formación de mestres e mestras de Educación Infantil e Primaria capacitándolles para promover actitudes e implementar proxectos e prácticas coeducativas de cara á igualdade entre xéneros. Nesta materia as e os futuros mestras e mestres serán introducidas/os nun tema de primeira orde, isto é, as relacións de xénero e os procesos de construción das identidades de xénero. Profundarase nos aspectos básicos dos procesos e mecanismos que interveñen na construción das identidades feminina e masculina e no seu significado para a socialización e educación humana.
Obxectivos específicos:
Conceptuais (saber):
-Coñecer, analizar e valorar os aspectos básicos dos procesos e mecanismos que interveñen na constitución da identidade feminina e masculina.
- Coñecer, analizar e valorar, desde unha perspectiva pedagóxico-crítica con respecto aos procesos primarios e secundarios da socialización e educación humana, as diferenzas en función do xénero.
Procedimentales (saber facer):
-Poder desenvolver e emprender no campo educativo-escolar accións de cara á transformación das condicións sociais e socializadoras existentes desde unha perspectiva crítica do xénero e das mulleres.
-Crear activamente condicións educativo-socializadoras igualitarias en función do xénero.
Actitudinais (saber ser):
-Adquirir sensibilidade e compromiso como futuros/as mestres/as coa igualdade de xénero.
1. Introdución á xenealoxía dos feminismos: debate sexo-xénero.
1.1. Definir os feminismos desde múltiples voces.
1.2. Breve historia dos movementos feministas: lugares e ecos.
1.3. Análise das realidades socio-educativas dende o marco interpretativo feminista: categorías para a análise.
2. Abordaxe da diversidade afectivo-sexual dende o eido educativo.
2.1. Conceptos clave sobre a diversidade afectivo-sexual.
2.2. Intervención socio-educativa ante a diversidade: acompañamento das realidades trans nas aulas.
2.3. Recursos, materiais e servizos de apoio.
3. Instancias e procesos diversos de socialización en función do xénero.
3.1. Roles de xénero e socialización en función do xénero.
3.2. A construción e transmisión de estereotipos de xénero.
3.3. Educación e coeducación.
4.- Violencia contra as nenas e mulleres: abordaxe socio-educativa.
4.1. Das desigualdades de xénero a violencia contra as nenas e mulleres.
4.2. Formas de violencia contra as nenas en función do xénero.
4.3. Aspectos clave para a intervención dende os centros educativos: o rol do profesorado e recursos de apoio para a detección e a coeducación.
Bibliografía básica
Aguado, D., Martínez, P., Güemes, C. y Aedo, I. (2023). Cómo hacer un aula feminista. Ministerio de Educación y Formación Profesional.
Castro, O. y Reimóndez, M. (2013). Feminismos. Xerais.
Varela, N. (2019). Feminismo para principiantes (2ª ed.). Ediciones B.
Bibliografía complementaria
Arnot, M. (2009). Coeducando para una ciudadanía en igualdad. Morata.
Butler, J. (2017). El género en disputa. Paidós.
Cobo, R. y Ranea, B. (Eds) (2020). Breve diccionario de feminismos. Catarata.
Friedan, B. (2009). La mística de la feminidad. Cátedra. (Original publicado en 1963)
García, J. e Gómez, Mª B. (Eds.) (2013). Diálogos en la cultura de la paridad. Reflexiones sobre feminismo, socialización y poder. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
García, N. y Noguerol, V. (2007). Infancia maltratada: manual de intervención. EOS.
Gómez, Mª B. y Mosteiro, Mª J. (Eds.) (2017). Identidades de género, trabajo, conocimiento y educación: desafíos y retos en el contexto transnacional. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Killermann, S. (2017). A Guide to gender. The social justice advocate´s handbook. ImpetusBooks.
Ley 4/2023, de 28 de febrero, para la igualdad real y efectiva de las personas trans y para la garantía de los derechos de las personas LGTBI. BOE, nº 51, de 1 de marzo, 30452- 30514.
Manier, B. (2007). Cuando las mujeres hayan desaparecido: la eliminación de las niñas en India y Asia. Ediciones Cátedra.
Millett, K. (2017). Política sexual (2ª ed.). Cátedra. [Edición original de 1969]
Moreno, E. (Coord.) (2013). La urdimbre sexista: violencia de género en la escuela primaria. Ediciones Aljibe.
Platero, R/L. (2014). TRANSexualidades. Acompañamiento, factores de salud y recursos educativos (2ª ed.). Bellalterra.
Radl ,R. e Gómez, Mª B. (Eds.) (2019). Formas extremas de violencia contra las mujeres: Escenarios de protitución, violencia y explotación sexual. Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Subirats, M. y Tomé, A. (2007). Balones fuera. Reconstruir los espacios desde la coeducación. Octaedro.
Tubert, S. (Coord.) (2011). Del sexo al género. Cátedra.
Varela, N. (2019). La Cuarta Ola. Ediciones B.
Wollstonecraft, M. (1994). Vindicación de los Derechos de la Mujer. Cátedra. [Edición original de 1792].
Xunta de Galicia. (2016). Protocolo educativo para garantizar la igualdad, la no discriminación y la libertad de identidad de género. https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfranciscodavinarey/aulavirtual/mod…? id=14620&chapterid=3421
Webgrafía.
CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas: https://www.cis.es/cis/opencms/ES/index.html
Mujeres en Red. El Periódico Feminista: http://www.mujeresenred.net/
Pensamiento crítico (Mujeres, feminismo):
http://www.pensamientocritico.org/0mujeresfem.htm
Instituto de las mujeres: https://www.inmujeres.gob.es/
CIFEX. Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero(USC):https://cifex.usc.gal/
OIX. Oficina de Igualdade de Xénero: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade
Competencias e resultados de aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Xerais:
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos/nas estudantes.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
Básicas:
B.1.- Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
B.3.- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
B.4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
Transversais:
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Proponse unha metodoloxía activa que fomente a participación do estudantado na construción do seu propio coñecemento acerca dos temas propostos. Para iso, a docente realizará a presentación dos temas achegando as explicacións que considere convenientes para orientar ao estudantado cara aos centros de interese que conveña profundar desde o punto de vista documental, bibliográfico ou titorial.O estudantado terá á súa disposición na Aula Virtual da Materia (Campus Virtual) toda a documentación (presentacións, textos, material audiovisual, etc.) correspondentes a cada clase (expositivas e interactivas).
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Actividades en gran grupo. As actividades formativas en gran grupo incidirán sobre todo na parte teórica da materia e estarán dirixidas á adquisición de coñecementos básicos seguindo dinámicas participativas para vincular a través destas os contidos teóricos.
Actividades en grupo mediano. Nas actividades de grupo medio será o propio estudantado, con axuda da docente, quen realizará diferentes actividades de aplicación dos contidos teóricos. Trátase de actividades que favorecen a docencia interactiva, cun peso a miúdo importante do traballo en equipo, favorecendo a cooperación e o intercambio de experiencias. As actividades presenciais que se desenvolvan nesta modalidade de agrupamento requirirán, como é lóxico, unha elevada porcentaxe de horas de traballo autónomo por parte do estudantado, tanto individual como no seo do equipo de traballo no que se integre.
Actividades en pequeno grupo ou individuais
As actividades en pequeno grupo e as titorías estarán dirixidas a orientar ao estudantado de forma máis personalizada, realizar o seguimento do proceso de traballo autónomo, tanto individual como de grupo de traballo, e resolver dúbidas tanto das aprendizaxes relacionadas coa materia como relativas a procedementos de traballo e técnicas máis relacionadas coas competencias básicas e transversais.
ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO
As actividades de traballo autónomo por parte do estudantado estarán dirixidas ao estudo e asimilación dos contidos o que suporá a realización das lecturas obrigatorias e recomendadas pola profesora así como a realización das actividades prácticas que se deseñen (proxectos, exercicios, análises de contido, etc.) e que implicarán a elaboración de informes, presentacións visuais, exposicións orais, etc.
En calquera caso, farase especial fincapé en que o estudantado, utilizando distintos procedementos, chegue a realizar de forma autónoma unha elaboración e síntese da información que lle permita ir construíndo un coñecemento sólido e ben argumentado.
Valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación equilibrada entre actividades de avaliación continua formativa e de avaliación final. A primeira debe valorar o esforzo e o progreso na aprendizaxe e incentivar unha dedicación continuada á materia ao longo do cuadrimestre. A segunda permitirá valorar globalmente os resultados da aprendizaxe.
Criterios de avaliación:
1ª OPORTUNIDADE:
Probas específicas: 40%
- Realizarase unha proba obxectiva (exame) que terá un peso do 40% na nota final.
Informes escritos, presentacións orais e outras producións: 60%
-A proposta de actividades na materia (prácticas a realizar nas aulas interactivas) terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia.
Para obter unha avaliación positiva na materia será preciso ter realizadas en tempo e forma todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais das/os estudantes deberán ser orixinais.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra a/o estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas ás/aos autores e das fontes.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é preceptiva para superar a materia (e non puntúa). En todo caso, de realizarse nas sesións de aula actividades que teñan algún tipo de ponderación na cualificación final da materia, a/o estudante que non asista a elas por unha causa xustificada poderá compensar a súa ausencia na forma en que se determine polo profesorado da materia. O programa da materia axústase ao especificado no "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela", aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024).
2ª OPORTUNIDADE: A avaliación efectuarase exclusivamente a partir de probas escritas (exame) nas convocatorias previstas.
ESTUDANTADO REPETIDOR:
-Se unha ou un estudante repetidor tivese superados os requisitos de asistencia poderá superar a materia sen necesidade de acudir ás actividades académicas programadas como obrigatorias. A avaliación efectuaríase exclusivamente a partir de probas escritas (exame) nas convocatorias previstas.
-O estudantado repetidor que non tivese superados os requisitos de asistencia someterase ao réxime ordinario.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE: (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais do Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela aprobado en Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024). O estudantado deberá informar da súa situación á docente dentro dos 5 días seguintes á concesión e será convocada/o a unha titoría na que se lle proporcionará un "Programa de Actividades" específico, que supoñerá un traballo similar ao do estudantado ordinario, para poder superar a materia.
Criterios:
Probas específicas: 50%
-Realizar o exame na data oficial ao igual que o resto do estudantado.
Informes escritos, presentacións orais e outras producións: 50%
O seguinte cadro reflicte a distribución do 4,5 ECTS desta materia segundo as instrucións recibidas do Reitorado e a Facultade:
Horas expositivas: 18
Horas interactivas: 18
Horas de titoría: 2.5
Total horas presenciais: 38.5
Estímase que o estudantado deberá dedicar unhas 74 horas de traballo autónomo para poder superar a materia.
Total horas dedicación á materia: 112.5
- Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva ao redor da materia.
- Utilizar as titorías para clarificar as dúbidas
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
-Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Begoña Gomez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881813782
- Correo electrónico
- begona.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Lorena Añon Loureiro
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- lorena.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 Infantil | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
20.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
16.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 Primaria + Infantil + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |