Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Tras cursar esta materia os/as estudantes, cómpre que sexan quen de:
1. Coñecer e comprender os principais paradigmas e modelos teóricos sobre a análise social da cultura e os seus referentes nas súas axeitadas coordenadas espazo-tempo.
2. Activar a capacidade de reflexionar, razonar e interpretar crítica e analíticamente ao respecto do contido dos procesos de socialización e os “feitos sociais culturais” coa mirada e aparellos metodolóxicos da Socioloxía da Cultura.
3. Achegar no itinerario formativo -experimental e investigador- xa descrito, as perspectivas de: xénero e sustentabilidade
4. Saber aplicar as competencias e as habilidades desenvolvidas na aprendizaxe desta asignatura de Ciencias Sociais para reproducir e producir coñecemento da materia de carácter científico social-empírico.
5. Intercambiar e/ou transferir as súas achegas e coñecementos (comunicar por escrito ou expoñer en público, ou implementando outro soporte académicamente axeitado).
6. Realizar os elementos fundamentais do deseño de proxectos culturais, aplicando a metodoloxía propia da Socioloxía.
1. Socioloxía: episteme e metodoloxía da investigación social. A Socioloxía como ciencia social. Teorías sociolóxicas clásicas. A metodoloxía da investigación sociolóxica.
2. Mirada sociolóxica: a construción social da realidade. Socioloxía da Cultura, Socioloxía Cultural, Socioloxía das Artes e Estudos Culturais. A cultura nos clásicos da Socioloxía.
3. Cultura e Socioloxía: conceptualización e análise social da cultura. Sociedade e cultura. Os conceptos de cultura: humanístico, antropolóxico, sociolóxico. Alta cultura e cultura popular.
4. Socioloxía da cultura: a constitución simbólica da sociedade. O enfoque sociolóxico sobre a cultura. Cultura e ideoloxía. A cultura de masas. Os estudos culturais.
5. Sociedade e cultura: a conformación da sociedade da cultura. A ampliación da esfera cultural e o debate sobre a autonomía da cultura. O estatuto do artista. O traballo na cultura.
6. Ecosistemas culturais: mapping cultural no espazo-tempo. Compresión e aceleración do espazo-tempo. Sociedade posfordista. Modernidade e posmodernidade. Cultura e globalización. Multiculturalismo e interculturalismo. A cultura dixital.
7. Industrias culturais e creativas: cultura mainstream. Industrias culturais e industrias creativas. Hábitos e prácticas culturais e cultura mainstream. Subculturas e contraculturas. Da cultura de masas ás audiencias activas. Sociedade de consumo: consumo e estilos de vida.
8. Retos socioculturais do século XXI: democracia e memoria, sociedade do risco, xénero e sustentabilidade. Sociedade do espectáculo. Nacións, relixión e deporte. Cultura e política. Cultura e estratificación social. Cultura e movementos sociais. Sociedade do risco.
9. Presente e futuro das Socioloxías da Cultura. Socioloxías das industrias culturais: literatura, música e cine.
Adorno, Th. (et.al.) (1992). Industria cultural y sociedad de masas. Monte Ávila.
Alexander, J. (2000). Sociología cultural. Anthropos.
Ariño, A. (1998). Sociología de la Cultura. La constitución simbólica de la sociedad. Ariel.
- (et al) (2006). Participación cultural en España. Fundación autor.
Baudrillard, J. (2005). Cultura y simulacro. Kairós.
Bauman, Z. (2001). El enigma multicultural.Paidós.
- (2002) La cultura como praxis. Paidós.
- (2013) La cultura y el mundo de la modernidad líquida. FCE.
Bell, D. (1992). Las contradicciones culturales del capitalismo. Alianza.
Bourdieu, P. (1988). La distinción. Criterios y bases del gusto. Taurus.
Bouzada, X. Unha cala no oficio da cultura. Grial T 34. n 130 (abril-xuño 1996). pp.183-194.
- Los espacios de consumo cultural colectivo. REIS Nº 96 (octubre-diciembre 2001). pp. 51-70.
Busquet, J. (2017). Los nuevos escenarios de la cultura en la era digital. UOC.
Callejo, J. (1995). La audiencia activa. El consumo televisivo: discursos y estrategias. CIS.
Castells, M. (2002). La Era de la Información. I: La Sociedad Red. Siglo XXI.
Costa, X. (2006) Sociología del conocimiento y de la Cultura. Tirant lo Blanch.
Eco, U. (1977) Apocalípticos e integrados. Lumen.
Elías, N. (1993) El proceso de civilización. FCE.
Featherstone, M. (1991). Cultura de consumo y posmodernismo. Amorrurtu.
Furió, V. (2000). Sociología del arte. Cátedra.
Giddens, A. (2000). Un mundo desbocado. Los efectos de la globalización en nuestras vidas. Taurus.
Giner, S. (2013). La sociedad masa: crítica del pensamiento conservador. Península.
Gomezjara, F. y Selene, D. (1973). Sociología del cine. SEP Diana
Grignon, C. y Passeron, J.C. (1992). Lo culto y lo popular. La Piqueta.
Harvey, D. (2004). La condición de la posmodernidad. Investigación sobre los orígenes del cambio cultural.
Amorrurtu.
Hebdige, D. (2004). Subcultura: el significado del estilo. Paidós.
Inglehart, R. (1991). El cambio cultural en las sociedades industriales avanzadas. CIS-Siglo XXI.
Jameson, F. (1991). El posmodernismo o la lógica cultural del capitalismo avanzado. Paidós.
Kuper, A. (2001). Cultura. La versión de los antropólogos. Paidós.
Lamo de Espinosa, E. (1995). Culturas, estados, ciudadanos: una aproximación al multiculturalismo en Europa. Alianza.
Lipovetsky, G. y Serroy, J. (2010). La cultura-mundo. Respuesta a una sociedad desorientada. Anagrama
Martel, F. (2011). Cultura Mainstream. Cómo nacen los fenómenos de masas. Taurus.
Martín-Cabello, A. (2011). Sociología de la cultura. Una breve introducción. Universitas.
Morin, E. (1966). El espíritu del tiempo. Ensayo sobre la Cultura de Masas. Taurus.
Muñoz, B. (1995). Teoría de la pseudocultura: Estudios de Sociología de la Cultura y de la Comunicación de Masas. Fundamentos.
Noya. J. (2017). Sociología de la música. Fundamentos teóricos, resultados empíricos y perspectivas críticas. Tecnos.
Picó, J. (1999). Cultura y modernidad. Seducciones y desengaños de la cultura moderna. Alianza.
Rius-Ulldemolins, J. y Pecourt, J. (2021). Sociología de la cultura en la era digital. PUV.
Rodríguez Morató, A. (2007). La sociedad de la cultura. Ariel.
Sánchez, A. (1996). Sociología de la literatura. Síntesis.
Sennet, R. (2006). La cultura del nuevo capitalismo. Anagrama.
Williams, R. (1994) Sociología de la cultura. Paidós.
Zafra, R. (2017). El entusiasmo. Precariedad y trabajo creativo en la era digital. Anagrama.
Zolverg, V. (2002). Sociología de las artes. SGAE.
-Con02: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos dos procesos culturais
-Con12: Identificar estratexias para un desenvolvemento sostible do territorio mediante actividades culturais (turismo, xestión e conservación do patrimonio, espectáculos, etc.)
-H/D05: Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabendo comunicalos ao resto do equipo, á organización e á sociedade
-H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos procesos culturais cunha especial atención á igualdade de xénero
-Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
-Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e respostas aos principais problemas das sociedades contemporáneas
Na modalidade virtual o proceso de ensino e aprendizaxe desenvolverase, fundamentalmente, a distancia e atendendo ás características da formación en remoto. As actividades formativas e o traballo do alumnado, así como a titorización e o contacto entre docentes e alumnado, realizaranse a través da aula do Campus virtual da USC e mediante a tecnoloxía de streaming corporativa da USC ( MSTeams).
Cada semana haberá unha hora de docencia non presencial síncrona e unha hora semanal de titoría non presencial síncrona.
A hora semanal de docencia non presencial síncrona figura nos horarios oficiais e será transmitida pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) para garantir o seu seguimento a distancia. Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona e este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
A hora semanal de titoría non presencial síncrona corresponderá a unha das horas de titoría que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva. O horario da sesión semanal de titoría non presencial síncrona en cada materia será publicado polo decanato antes do comezo de cada semestre. Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do estudantado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e estudantado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia.
Na aula virtual os/as docentes poñerán a disposición do estudantado recursos e tarefas que responderán a diversas metodoloxías: clase maxistral, comentarios de texto, proxecto de investigación, presentación oral de traballos, exercicios, estudos de caso, resolución de problemas, etc.
A) Actividades académicas programadas de avaliación continua (traballos individuais e grupais, exposicións en clase, comentarios de texto, etc.): 60%
B) Proba escrita: 40%
As competencias acadaranse do seguinte xeito:
-Con02: Proba escrita.
-Con12: Proba escrita.
-H/D05: Traballos de avaliación continua de todos os temas.
-H/D06: Traballos de avaliación continua de todos os temas.
-Comp01: Traballos de avaliación continua de todos os temas.
-Comp08: Traballos de avaliación continua de todos os temas.
Información importante:
- Na 2ª oportunidade os criterios e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade.
- Para aprobar a materia é preciso facer a proba escrita e ter realizado e entregado, no prazo establecido, as tarefas, prácticas ou traballos programados (avaliación contínua); así como ter acadado un mínimo da metade da cualificación de cada parte.
- Para as convocatorias posteriores: o alumnado que suspendese a materia, nas convocatorias de anos sucesivos aplicaranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que establece que "a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballo plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes".
Traballo persoal do alumnado e outras actividades: 120 hs.
Actividade presencial: presentación de contidos básicos e clases prácticas: 14 horas
Actividade presencial: tutorías para orientar en temas teórico-metodolóxicos: 12 horas
Proba escrita: 4
Se aconsella:
- A asistencia ou seguemento ás clases e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación contínua. As persoas que non poidan asistir ás clases deben participar nos foros de discusión habilitados en cada tema.
- As orientacións do profesorado en canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como o dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo.
Información importante:
- As características e condicións para a realización destas tarefas, prácticas, traballos ou probas se explicarán ao comezo do curso.
- Para superar a materia é preciso e obrigatoria a realización das tarefas académicas programadas e a realización dunha proba escrita.
- O prazo para a realización e entrega das actividades-tarefas se especificará oportunamente en función do desenvolvemento do cuadrimestre.
Montserrat Dopico Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- montserrat.dopico.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 214 |
02.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
30.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |