Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Descritor:
Enfoque comunicativo do uso da lingua francesa para xestionar eventos culturais.
Obxectivos:
-Profundizar no coñecemento do francés, oral y escrito, desde un punto de vista práctico.
-Dotar ao estudante de estratexias de negociación en francés en situaciones sociais e profesionais.
-Dotar ao estudiante de estratexias pragmáticas de comunicación en contextos multilingües e interculturais.
-Proporcionar ao estudiante pautas prácticas para poder realizar actuacións específicas na xestión de eventos culturais (falar en público, planificar eventos, etc.).
I. Servizos culturais: industrias, oficios e actividades culturais
II. Servizos lingüísticos: situacións de comunicación en medio profesional
III. Técnicas de negociación (petición de información, interrupción, narración, énfase, cambiar o enfoque, expresión de opinións, suxerencias, repeticións, comprobacións, mostrar acordo e desacordo, autocorrección, pedir explicación, expresar dúbidas, xeneralizar, ilustrar un argumento).
IV. Organización de eventos culturais e científicos
Y. DELATOUR ( et al.), Grammaire : 350 exercices, Hachette, Paris, 2003.
A. BLOOMFIELD, Cours de Français professionnel de niveau intermédiaire, Hachette, Vanves, 2002.
R. STEELE, 350 exercices niveau supérieur, Paris, Hachette, 2001.
J. GIRARDET, Panorama de la langue française, Clé Internationale, Paris, 1996
M. MAUCHAMP, La France d´aujourd´hui, Clé Internationale, Paris, 2000.
C. DOUCHKA et alii, Pourquoi et comment organiser un événement, COMM collection, nº16 (https://fedweb.belgium.be/sites/default/files/downloads/COMMcollection1…)
Communiquer durablement, COMM collection, nº 14 (https://fedweb.belgium.be/sites/default/files/downloads/broch_commcolle…)
- Con10: Coñecer as características da linguaxe académico e da norma estándar na oralidade e na escrita, dunha das tres linguas internacionais presentes no plan de estudos, centrándose no ámbito da xestión cultural.
- H/D02: Analizar a información dispoñible sobre as realidades da cultura, con vistas á súa transmisión á sociedade e en función dos obxecivos fixados en cada caso e daas circunstancias relacionadas coas persoas receptoras desta.
- Comp07: Competencia para utilizar instrumentalmente as linguas da comunidade e internacionais no ámbito da xestión cultural, tanto no deseño de materiais escritos como na comunicación oral.
Ao tratarse dunha materia de 3 créditos, haberá 10 horas de docencia expositiva presencial e 6 horas de docencia virtual síncrona.
A asistencia á docencia presencial será de carácter recomendado para acadar unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupo e individuais, aprendizaxe continua, interacción directa con outros e outras estudantes y posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa.
Dentro das horas de titoría presenciais que todo o profesorado debe publicar ao comezo da súa actividade lectiva, programarase 1 hora de titoría virtual que se informará á coordinadora a comezos de cada semestre, co obxectivo de informar ao alumnado. Durante esas hora o/a docente estará dispoñible e conectado/a para resolver posibles dúbidas, tal e como aparece recollida na normativa das modalidades híbrida e virtual da USC.
Estas titorías, individuais ou de grupo pequeno, realizaranse a través da ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams) e teñen como obxectivo formativo resolver calquera dúbida ou consulta do alumnado, así como proporcionar as orientacións teórico-metodolóxicas que guíen a aprendizaxe autónoma do alumnado.
A Aula Virtual, dispoñible a través do Campus Virtual da USC, será a plataforma fundamental de todo o proceso formativo e a canle a través da cal se establecerá o contacto entre docentes e alumnado. Na Aula Virtual estarán dispoñibles todos os recursos que responderán a diversas metodoloxías: clase maxistral (mediante gravación de presentacións, só cando sexa preciso), comentarios de texto, presentación oral de traballos, exercicios, estudos de caso, etc., necesarios para o proceso formativo do alumnado, así como as tarefas e actividades prácticas planificadas para a avaliación continua, que deben entregarse na ferramenta establecida na aula virtual da materia.
As consultas realizadas polo alumnado serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o/a docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
A avaliación será contínua mediante exercicios escritos e orais, cun exame final que requerirá a presenza obrigatoria para o alumno ao termo da formación no día e hora comprometidos no calendario oficial de exames da Facultade de Humanidades, tanto en primeira como en segunda oportunidades.
O sistema de avaliación empregado nesta materia é conforme non só co que está recollido no Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024, que aprobou o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (https://hdl.handle.net/10347/38041), especialmente en relación á valoración da asistencia, senón tamén coa ponderación atribuida a cada un dos criterios recollidos nas fichas da Memoria do título.
1ª oportunidade:
Entrega dos traballos (exposicións, análise de documentos, comentario de texto, etc.): 60% (neste cómputo entrarán tanto a asistencia á clase como a participación na aula virtual)
Exame final obrigatorio: 40%
Para o alumnado que teña autorizada a dispensa de asistencia á clase pola Xunta de Facultade, os criterios de avaliación serán:
- un traballo orixinal sobre un tema do programa: 40%
- o examen final: 60%
No momento en que o alumnado teña concedida a dispensa de asistencia, deberá poñerse en contacto de forma inmediata coa docente, para recibir as pautas correspondentes para a planificación de traballo.
En todos os casos, a nota final será a suma de cada unha das 2 partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
Avaliación dos resultados de aprendizaxe:
- Con10: Tarefas asociadas a cada tema.
- H/D02: Tarefas e preguntas do exame final relacionadas con cada tema.
- Comp07: Tarefas e preguntas do exame final relacionadas con cada tema.
2ª oportunidade:
O alumno terá que presentarse ás probas que teña suspendidas na 1ªoportunidade (traballos e/ou exame escrito e/ou oral ). Manteráselle a nota correspondente ao uso da aula virtual.
Para os repetidores:
Poderán ser dispensados de usar a aula virtual. Para a 1ª e 2ª oportunidade, aplicaranse os mesmos criterios:
- Entrega de traballos: 40%
- Exame final escrito e oral obrigatorio: 60%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Aulas expositivas. Presenciais-síncronas: 10 h
Aulas interactivas. Non presenciais-síncronas: 6 h
Titorías virtuais: 6h
Exame: 2h
Traballo persoal do alumnado: 51h
Seguimento das clases e traballo persoal regular e permanente do estudante.
Recoméndase a asistencia ás clases tanto de forma presencial como telemática.
As clases serán impartidas preferentemente en francés, sempre que sexa posible. No caso de que o alumnado non teña o nivel de lingua suficiente (recoméndase ter mínimo un nivel A2), poderá dárense en castelán ou en galego.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Maria Isabel Gonzalez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | Aula 16 |
23.01.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
15.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |