Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os/as futuros/as veterinarios/as deben integrar a perspectiva económica nas súas formulacións profesionais, dentro do marco dun desenvolvemento sostible, e ser conscientes do significado da utilización polo home de recursos escasos en todas as actividades de produción, entre elas as gandeiras, sometidas ás leis da economía de mercado. Os animais de renda explótanse con fines exclusivamente económicos, e a rendibilidade das empresas gandeiras é condición sine qua non para a súa supervivencia.
O futuro veterinario debe, polo tanto, coñecer os principais conceptos económicos e empregar adecuadamente a terminoloxía correspondente. Debe ser capaz de entender os comportamentos dos axentes económicos da demanda e da oferta no mercado, grazas á axuda dos modelos microeconómicos.
Así mesmo debe coñecer os principais aspectos da comercialización dos produtos agrarios, manexar os conceptos básicos de contabilidade da empresa gandeira e de contabilidade sectorial mediante a análise das principais macromagnitudes agrarias, e familiarizarse cos obxectivos xerais e mecanismos principais da Política Agrícola Común.
Programa de clases teóricas seguindo o método de docencia expositiva combinado coa participación do estudantado (13 horas):
- Mercados agrícolas e gandeiros. Interpretación de reportes (1,5 sesións).
- Fontes de referencia dos custos de produción: Observatorios de prezos. Grupos de Xestión. Rengrati (1,5 sesións).
- A comercialización a través das D.O.P./I.X.P./Ecolóxico/Raza Autóctona 100% (1 sesión).
- Seguros agrícolas e gandeiros. Conceptos básicos. Agroseguro. (2 sesións).
- Modelos de integración na produción gandeira (1 sesión).
- Plan de empresa e plan de negocio (2 sesións).
- A Economía de Mercado: Introdución. Actividades económicas, intercambio, produción e consumo. Bens, factores de produción, produto e renda. Organización da economía (2 sesións).
- Xestión de clínicas veterinarias (2 sesións).
Programa de clases prácticas de ordenador seguindo o método de docencia interactiva e a resolución de casos/problemas (OR1 a OR5, 18 horas):
- Exercicio de Contabilidade Agraria. Análise dos elementos patrimoniais e elaboración do balance de apertura do exercicio económico. Manexo das Contas de diñeiro e de gastos e ingresos durante o exercicio. Determinación dos resultados do exercicio contable. Elaboración do balance final do exercicio e da conta de gastos e ingresos. Peche do exercicio. Beneficio, perdas e ganancias, marxe bruta e neta e outros conceptos. Cálculo de diversos ratios para a análise da empresa.
- Macromagnitudes Agrarias: manexo de datos. Análise estrutural das contas do sector agrario español e de Galicia. Elaboración do cadro de composición e distribución da Produción da Rama Agraria. Análise dos indicadores económicos. Análise dos datos do comercio exterior agrario.
- Estudo do prezo do leite.
Bibliografía básica:
- LLOPIS GILLABERT B. 2022. Economía Agraria: Concepto, elementos y tipología. Editorial Civitas, Pamplona.
- Boletíns anuais de prácticas de Economía Agraria.
- CALDENTEY ALBERT P. e de HARO GIMÉNEZ T. 2004. Comercialización de productos agrarios. Editorial Agrícola Española S.A., Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
- VANDENBERGHE N. 1995. Breve teoría del mercado para la Economía Agraria. Editorial Acribia S.A., Zaragoza.
- VANDENBERGHE N. e CEULAR VILLACÉ A. 2006. Elementos de Contabilidades para Veterinaria. Unicopia Artes Gráficas, Lugo.
Bibliografía complementaria:
- Portal web de Agroseguro.
- Portal web de Alimentos de España.
- Portal web da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL).
- Portal web do Boletín Oficial do Estado (BOE).
- Portal web da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
- Portal web do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
- Portal web da Asociación Profesional Española da Produción Ecolóxica (ECOVALIA).
- Portal web de Galicia Calidade.
- Portal web da International Farm Comparison Network (IFCN).
- Portal web do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
- Portal web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).
- Portal web da Organización Mundial de Comercio (OMC).
- Portal web da Organización das Nacións Unidas (ONU).
- Portal web da Unión Europea (UE).
- Teoría Económica e Economía Agraria: https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2495781.pdf.
- Plan Xeral de Contabilidade: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-19884.
Recoméndase o emprego dos recursos de internet tanto básicos coma complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así coma aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC (https://www.usc.gal/es/servicios/area/biblioteca-universitaria). Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://iacobus.usc.gal/discovery/search?vid=34CISUG_USC:VU1) poderanse realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, o profesorado poderá facilitar artigos de acceso aberto ou recomendará a busca a través de PubMed ou Google Scholar.
Competencias sinaladas na Memoria de Grao en Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela:
*(GVUSC) Competencias Xenéricas:
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
- GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
*(CEDVUSC) Competencias Disciplinares:
- CEDVUSC11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
- CEDVUSC13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria.
*(D1VUSC) Competencias Profesionais:
- D1VUSC11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos e medio ambientais. e de benestar, buscando a súa optimización
- D1VUSC15. Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade.
*(CEAVUSC) Competencias Académicas:
- CEAVUSC01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
- CEAVUSC08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
*(CTVUSC) Competencias Transversais:
- CTVUSC01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CTVUSC07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
- O horario de clases teóricas distribúese de maneira homoxénea entre os diversos temas do programa. A docencia expositiva da materia de Economía Agraria representa 13 horas de clases maxistrais interactivas nas que se solicita a atención do estudantado e a súa participación para lograr unha comprensión efectiva da disciplina (os/as estudantes poden interromper as explicacións en calqueira momento para expor preguntas e solicitar aclaracións). Espérase que cada estudante participe activamente nestas clases e recopile información directamente para a elaboración de apuntamentos persoais.
Durante as sesións expositivas da materia o obxectivo de aprendizaxe será que o estudantado sexa capaz de "Comprender o contexto económico: describir os aspectos básicos de teoría económica que afectan ao sector primario" das competencias a Día 1 contempladas no 1.3 "Demostrar un coñecemento básico da organización, xestión e lexislación relacionada coa práctica veterinaria. Comprender o contexto económico e emocional no que actúa o veterinario. EVALUABLE (non eliminatorio)
- As explicacións correspondentes á docencia expositiva apóianse na proxección de imaxes, figuras, cadros e táboas exclusivamente, indicando a súa procedencia en cada caso para facilitar a súa localización e o uso por parte do alumnado de cara a comprensión da materia, complementando as notas tomadas en clase coa elaboración de apuntamentos persoais e a consulta da bibliografía indicada para cada tema. Desta maneira os/as alumnos/as poden atender mellor as explicacións dadas na aula sen ter que preocuparse por copiar o material que se proxecta nela, xa que coñecen perfectamente a fonte de onde proceden.
- A docencia práctica representa 18 horas repartidas en 4 sesións de 4 horas (PRÁCTICAS OR1 G1-G6, OR2 G1-G6, OR3 G1-G6 e OR4 G1-G6) e unha sesión de 2 horas (PRÁCTICA OR5 G1-G6), presenciais, dedicadas a unha aproximación interactiva a diferentes elementos de contabilidade empresarial, diversas macromagnitudes agrarias e elementos de contabilidade nacional, e aos principais instrumentos da PAC. Contémplase ademáis a realización dun estudo sobre o prezo do leite.
Durante as sesións prácticas os obxectivos de aprendizaxe serán que o estudantado sexa capaz de "Comprender o contexto económico: analizar os documentos contables dunha empresa agro-pecuaria de acordo ao Plan Xeral de Contabilidade", "Comprender o contexto económico: analizar as contas económicas do sector agrario (renda agraria: macromagnitudes agrarias)" e "Comprender o contexto económico: calcular a estrutura da formación do prezo de produtos gandeiros en orixe, e dos ingresos (estudo do prezo do leite nas ganderías do sector)" das competencias a Día 1 contempladas no 1.3 "Demostrar un coñecemento básico da organización, xestión e lexislación relacionada coa práctica veterinaria. Comprender o contexto económico e emocional no que actúa o veterinario". EVALUABLE non eliminatoria
- Este horario de docencia expositiva e práctica compleméntase cunha hora adicional de titoría (fundamentalmente de carácter presencial aínda que poderá programarse unha titoría virtuail respetando as franxas horarias que figuran no horario aprobado para o curso académico) na que os/as estudantes poden expor todo tipo de dúbidas ou preguntas acerca da materia e a súa impartición.
- Toda a ensinanza levarase a cabo co apoio das TICs e o emprego sistemático do Campus Virtual como soporte docente.
- Asistencia regular ás sesións expositivas e ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas incluíndo a realización do traballo encomendado nas mesmas.
- A avaliación final do estudantado basearase nun examen presencial que englobará todos os contidos que foron impartidos nas clases expositivas da materia (50% da nota final). Dito exame escrito incluirá na súa avaliación o obxectivo de aprendizaxe “Comprender o contexto económico: describir os aspectos básicos de teoría económica que afectan ao sector primario” das competencias a Día 1 contempladas no 1.3 "Demostrar un coñecemento básico da organización, xestión e lexislación relacionada coa práctica veterinaria. Comprender o contexto económico e emocional no que actúa o veterinario". Avaliación sumativa non-eliminatoria.
- As tarefas e/ou probas escritas relacionadas coas sesións prácticas (avaliación continua) suporán o 50% da nota final. Nas probas escritas das prácticas (que incluen preguntas sobre xestión económica das granxas e macromagnitudes agrarias) avaliaranse os obxectivos de aprendizaxe "Comprender o contexto económico: analizar os documentos contables dunha empresa agro-pecuaria de acordo ao Plan Xeral de Contabilidade", "Comprender o contexto económico: analizar as contas económicas do sector agrario (renda agraria: macromagnitudes agrarias)" e "Comprender o contexto económico: calcular a estrutura da formación do prezo de produtos gandeiros en orixe, e dos ingresos (estudo do prezo do leite nas ganderías do sector)" das competencias a Día 1 contempladas no 1.3 "Demostrar un coñecemento básico da organización, xestión e lexislación relacionada coa práctica veterinaria. Comprender o contexto económico e emocional no que actúa o veterinario". Avaliación sumativa non-eliminatoria.
- É necesario obtener un mínimo de 5 puntos (sobre 10) en cada parte (expositiva e prácticas) para proceder a calcular a nota final. No caso de aprobar só unha das partes (teoría ou práctica), gárdase o aprobado ata o exame da segunda oportunidade.
- As calificacións de prácticas e avaliación continua gardaranse durante 1 curso.
- A asistencia ás sesións expositivas e prácticas é obrigatoria e a súa avaliación será continuada, polo que non procede a dispensa de asistencia.
- En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións”.
Sinálase por imperativos normativos e de maneira xeral un tempo de 32 horas de dedicación do estudantado a diversas tarefas e un total de 43 horas de traballo persoal do/a estudante. Agora ben, estas cifras deben tomarse con cautela xa que en realidade estes conceptos resultan dificilmente cuantificables, e ademáis cabe sinalar que as necesidades de estudo e traballo dos/as estudantes presentan unha gran variabilidade de acordo coas circunstancias persoais de cada un/unha deles/as.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases maxistrais: 13 h
Prácticas de ordenador: 18 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1 h
Total horas de traballo presencial: 32 h
TRABALLO PERSOAL DO/A ESTUDANTE
Estudo individual: 32 h
Elaboración de traballos: 4 h
Resolución de casos/problemas: 4 h
Realización de exames: 3 h
Total horas de traballo persoal: 43 h
TEMPO TOTAL: 75 h
Recoméndase ao estudantado asistir ás clases de maneira activa e continuada, atendendo a todas as explicacións dadas polos/as profesores/as, estudar de xeito complementario o tempo necesario ata a perfecta comprensión dos conceptos da materia, e elaborar os diversos traballos solicitados en prazo e forma.
Margarita Rico Gomez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- marga.rico.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Dieguez Casalta
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Roca Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Teléfono
- 982822415
- Correo electrónico
- anai.roca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 2 |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Seminarios da materia |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | Seminarios da materia |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán, Galego | Seminarios da materia |
16.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
16.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
12.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
12.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |