Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O curso proponse como un monográfico sobre a Atenas Democrática. Farase fincapé nos temas propios do enunciado da materia dende perspectivas e problemas contemporáneos. O obxectivo será dobre. Dunha banda, preténdese que os estudantes melloren o seu coñecemento dun período e lugar chaves na historia da Antigüidade. Doutra banda, incidirase na formación do pensamento histórico e crítico dos estudantes aprendendo a pensar e a coñecer o pasado desde o presente.
Tema 1. A secuencia histórica da Atenas democrática.
a. A tiranía de Pisístrato e adefinición dunha identidade ateniense.
b. As reformas de Clístenes: A transición democrática entre os modelos filosóficos e a aritmética vernácula.
c. As guerras Médicas e as súas consecuencias: a liga Ático-Délica e o imperialismo Ateniense.
d. Os procedementos democráticos: ostracismo, voto, sorteo.
e. Pericles: evolución institucional, lei de cidadanía, programa edilicio. A constitución dos atenienses do “Vello Oligarca”
f. A guerra do Peloponeso e o cambio social: as crises constitucionais.
g. Atenas vencida: os Trinta Tiranos, a amnistía.
h. A democracia ateniense do século IV: A Segunda Liga Ateniense.
i. As guerras contra Macedonia e o final da democracia Ateniense.
2. A sociedade ateniense.
a. A lenta construcción da cidadanía ateniense: institucionalismo xurídico ou prácticas sociais.
b. As clases censitarias de Solón a Aristóteles.
c. As múltiples redes sociais: demes, gene. fratrias. A vida institucional dos demes.
d. Os metecos, historia a funciones. A fundación de Turios.
e. Os escravos: número, mercado, reproducción. O caso dos escravos públicos.
f. A cidadanía das mulleres. As mulleres e os ritos. As mulleres cómicas. Aristófanes, Asambleístas.
3. Topografía e antropoloxía política de Atenas.
a. A construcción conceptual do territorio do Ática: Entre Hiparco e Demetrio de Falero. O sinecismo de Teseo.
b. Urbanismo democrático e antropoloxía política: a ágora, a Boulé. Procedimentos, prohibicións e permisos.
c. Os Tribunais e os procesos. Esquilo, Las Euménides; Aristófanes, Avispas.
d. A Pnyx, aspectos materiais e institucionais. Mitoloxía do voto e marxinalidade femenina.
e. O teatro, aspectos institucionais e contidos políticos. Sófocles, Antígona.
f. Unha antropoloxía do tempo ateniense: o calendario relixioso de Atenas, o solsticio de verano e a topografía relixiosa da cidade
4. A economía ateniense.
a. Problemas da economía ateniense: demografía, institucións e economía.
b. A política económica de Solón e a explotación da tierra: fin da exravitude por débedas, leis do testamento e do epiclerado, a produción olearia.
c. A política económica de los Pisistrátidas: obras públicas e desmovilización política.
d. A política económica da democracia nacente: as minas de Laurio, a construción da flota e as súas repercusións económicas. Xenofonte, Dos ingresos.
e. A política económica do imperio: o tributo, os Muros Largos, os grandes traballos públicos e las cleruquías.
f. O modelo económico do bo cidadan. Xenofonte, Económico.
5. A aparición da figura do intelectual.
a. El precedente da política cultural dos Pisistrátidas: a edición da obra de Homero.
b. Os saberes tradicionais (e os seus xestores): relixión (sacerdotes) e teatro (autores, actores, rapsodos).
c. Os nuevos saberes: retórica, medicina, meteoroloxía, historia.
d. O conflicto dos saberes: Aristófanes, Nubes; Platón, Apoloxia.
e. As condicións mateiais da produción intelectual: o alfabeto e a difusión da escritura. Cultura oral, libros e bibliotecas. Platón, Fedro.
f. A fundación da Academia por Platón, repercusións sociais.
Básica
AZOULAY, Vincent; ISMARD, Paulin, 2023. Atenas 403. Una historia coral. Madrid.
CANFORA, Luciano, 2015. El mundo de Atenas. Ed. digital.
CANFORA, Luciano. 2025. La Guerra Civil Ateniense. Madrid. Gredos.
DOMÍNGUEZ MONEDERO, Adolfo Jerónimo, 1999. Esparta y Atenas en el siglo V a.C. Madrid.
GARLAND, Robert, 2018. Athenian Democracy. An experiment for the Ages. Chantilly (VIR).
GÓMEZ ESPELOSÍN, F.J. 2014. Introducción a la Grecia Antigua. Madrid.
PASCUAL GONZÁLEZ, José, 1997. Grecia en el siglo IV a.C. Madrid.
SANCHO ROCHER, Laura, 2021. El Nacimiento de la Democracia. El experimento político ateniense (508-322 a. C.), Barcelona, Madrid, México.
Complementaria
Tema 1.
AZOULAY, Vincent, 2015. Périclès. La démocratie athénienne à l’épreuve du grand homme. París.
ISMARD, Paulin, MACE, Arnaud, 2024. Clisthène d’Athènes, l’arithmétique et l’avènement de la démocratie. Paris.
SANCHO ROCHER, Laura 2012. Democracia e imperialismo marítimo. Atenas, siglos V-IV a.C. Fuentes y cuestiones historiográficas. Madrid.
Temas 2 y 3
BLOK, J.H. 2017. Citizenship in Classical Athens. Cambridge.
HANSEN Mogens H. 2022. La Democracia ateniense en la época de Demóstenes, Madrid.
LANNI, Adriaan 2006. Law and Justice in the courts of Classical Athens. Cambridge.
SANCHO ROCHER, Laura, 2009. ¿Una democracia perfecta? Consenso, justicia y demokratía en el discurso político de Atenas (411-322 a.C.). Zaragoza.
FORSDYKE, Sara 2021. Slaves and Slavery in Ancient Greece. Cambridge.
GOTTESMAN, Alex 2014. Politics and the Street in Democratic Athens. Cambridge.
IRIARTE, Ana, 2020. Feminidades y convivencia política en la Antigua Grecia. Madrid.
MALKIN, Irad; Josine BLOK, 2024. Drawing Lots. From Egalitarianism to Democracy in Ancient Greece, Oxford.
SHEAR, T.L. 2016. Trophies of Victory: Public Building in Periklean Athens. Princeton.
WHITEHEAD, D. 1977. The Ideology of the Athenian Metic. Cambridge.
VLASSOPOULOS, K. 2007. “Free spaces: identity, experience, and democracy in classical Athens”. Classical Quarterly 57.1:33–52
PLÁCIDO SUÁREZ, D., 1997. La Sociedad ateniense: la evolución social en Atenas durante la guerra del Peloponeso, Barcelona.
GALLEGO, J.A. 2001. “Poder popular y escritura de la ley en la Atenas democrática.” Anales de Historia Antigua, Medieval y Moderna, 34, http://revistascientificas.filo.uba.ar/index.php/analesHAMM/article/vie…
OBER, J. 2008. Democracy and Knowledge: Innovation and Learning in Classical Athens, Princeton and Oxford.
Tema 4
ACTON, P. 2014. Poiesis. Manufacturing in Classical Athens. Oxford.
AKRIGG, B. 2019. Population and economy in Classical Athens. Cambridge.
BRESSON, Alain 2016 (2007-2008). The Making of the Ancient Greek Economy. Princeton and Oxford.
LEESE, Michael 2021. Making Money in Ancient Athens. Ann Arbor.
WHITEHEAD, David 2019. Xenophon. Poroi Revenue-Sources. Translated with Introduction and Commentary. Oxford.
Tema 5
BRUNSCHWIG, J., LLOYD, G.E.R., 2000. El Saber griego: diccionario crítico. Madrid.
CANFORA, L. 2020. La crisis de la utopía "Aristófanes contra Platón". Madrid.
GARCÍA QUINTELA, M.V. 2009. “The Phonological Politics of Plato and the Myth of Protagoras.” Metis N.S. 7:247-76.
GARCÍA QUINTELA, M.V. 2022. “En torno al surgimiento de la figura social del filósofo en las ciudades griegas”. Gerión, 40(1), 35-70.
IRIARTE, Ana, 1996. Democracia y tragedia. Torrejón de Ardoz.
ISMARD, P. 2013. L’événement Socrate. París.
MORRISON, D. R. 2010. The Cambridge Companion to Socrates, Cambridge.
CCG1 - Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia
CG2 - Usar, ordenar e interpretar as fontes histórica
CG4 - Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grado de autonomía
CT1 - Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo demostrando dotes de innovación
CT2 - Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa
CT3 - Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade corporativa
CT4 - Comunicar información e ideas de xeito claro e efectiva en público
CE2 - Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade
CE3 - Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción
CE4 - Coñecer e analizar os temas e problemáticas obxecto de debate historiográfico
CE5 - Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado
CE7 - Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua
CE8 - Analizar e interpretar o rexistro arqueológico
CE1 - Coñecer, analizar e transmitir a historia xeral e a historia propia do territorio
Docencia expositiva
Explicación do temario. Introduciranse os principais textos sobre os que se baseará a exposición que utilizarán os estudantes para elaborar relatorios e presentalos nas aulas interactivas.
De forma xeral recoméndase refrescar os coñecementos sobre o período histórico concernido, a Grecia Clásica, co apoio da bibliografía básica recomendada. Destácase o manual de Laura Sancho Rocher, El Nacimiento de la Democracia.
Docencia interactiva
A docencia interactiva constará de dous apartados.
1. Seminario de debate: Atenas entre 404 e 399.
O punto de partida é o libro AZOULAY, Vincent; ISMARD, Paulin, 2023. Atenas 403. Unha historia coral. Madrid: Siruela.
Considerarase ademais a bibliografía xeral nas páxinas relativas ao período. Como a amnistía do 77 é un feito fundacional da actual democracia española, e o debate sobre a amnistía forma parte da conxuntura política actual, promoverase o debate e a reflexión sobre as condicións da amnistía ateniense do 403 á luz dos debates do presente.
Como fontes se traballará sobre:
Jenofonte, Helénicas, libro 2.
Platón, Apología de Sócrates.
Lisias, Contra Eratóstenes (12), ca. 403 a.n.e.
Lisias, Contra Filón (31), post. 401/0 a.n.e.
Cada estudante lerá, como mínimo, tres capítulos do libro, un capítulo de cada un dos seguintes tres bloques:
1. 1. Critias y los Oligarcas. 3. Arquino o la victoria de los moderados. 10. Lisias, el hombre plural.
2. 2. Trasíbulo y la resistencia democrática. 4. Sócrates y las voces de la neutralidad. 5. Lisímaca: la sacerdotisa de Atenea y sus dobles.
3. 6. Eutero y los trabajadores precarios. 7. Hégeso o la familia desgarrada. 8. Geris y el mundo del Ágora mercantil. 9. Nicómaco y los siervos de la ciudad.
Estableceranse entre 4 e 6 grupos (depende do número de matriculados) para debater, as posturas dos diferentes personaxes na crise de Atenas contrastándoa cos restantes.
Entre 6 e 8 horas de interactivas (depende do número de matriculados).
2. Presentación escrita e oral dun tema.
Cada estudante debe elaborar un traballo de reflexión sobre algún dos temas seguintes (que se poden modificar), a partir da lectura crítica das fontes propostas.
1. As bases da democracia ateniense: Mito de Protágoras, Oración Fúnebre.
2. O imperialismo Ateniense 1. O exercicio do poder: Diálogo Melio, República dos Atenienses.
3. o imperialismo Ateniense 2. Bases económicas: República dos Atenienses, Poroi.
4. O poder dos cidadáns: Asembleístas, República dos Atenienses.
5. Os tribunais populares: Avespas, Apoloxía de Sócrates.
6. O réxime de Historicidade: Areopaxítico, Oración Fúnebre.
7. Os mortos da cidade: Antígona, Oración Fúnebre (Peste)
8. A posición da muller: Antígona, Asembleístas.
9. Os escravos: Poroi, Diálogo Melio.
10. Intelectuais en Atenas: Nubes, Apoloxía de Sócrates.
11. Diatribas democráticas: Oración Fúnebre, República dos Atenienses.
12. O status do discurso público: Nubes, Mito de Protágoras, Apoloxía de Sócrates.
FORMATO DOS TRABALLOS.
Título: Enunciado claro e breve do tema do traballo
Nome do autor (jos%C3%A9.garcia [at] rai.usc.es (josé[dot]garcia[at]rai[dot]usc[dot]es))
Resumo. 100 palabras (= 7 liñas en letra Times New Roman ou similar). Entreliñado simple. Expresar de forma sintética o tema do traballo e a/as conclusión(s) principais.
Palabras chave. 5/6 conceptos fundamentais traballados no texto.
Corpo do traballo. 1500 palabras. Aproximadamente tres páxinas en Times New Roman 12. Entreliñado simple. Deben delimitarse ben as seccións e subseccións se procede.
Esquema básico:
1. Introdución, ¿que problema ou cuestión propoño?
2. Fonte(s) utilizada(s), método, estado da cuestión. Xeito de resolver o problema ou dar resposta a cuestión proposta.
3. Conclusións. Conseguín ou non resolver o problema, dar resposta a cuestión. Que problemas atopei.
Bibliografía.
1. Fonte(s) estudiadas.
2. Literatura secundaria (entre 4 e 8 títulos).
3. Webgrafía, máximo de 4 sitios.
O conxunto do traballo non debe exceder as 1800 palabras.
O TRABALLO ESCRITO ENTREGARASE EN FORMATO PDF
Organizarase a presentación oral dos traballos en sesións de interactivas. Horario a precisar segundo o número de matriculados.
Establécese un sistema de avaliación continua, baseado na participación en clase, o seguimento do programa de lecturas e a presentación de traballos por escrito e de forma oral. O exame final, que se mantén, servirá para avaliar aos estudantes que non superasen a materia das outras formas, ou para os que aspiren a mellorar a súa cualificación.
Realizarase unha proba por tema para verificar o seguimento da docencia expositiva. Consistirá en preguntas tipo test, preguntas sobre imaxes e/ou mapas e unha pregunta tipo “ensaio” consistente no comentario dun texto.
As probas derivadas da docencia expositiva contarán polo 50% da cualificación.
A docencia interactiva (o outro 50%) valorarase mediante a asistencia e participación en clase (10%) e a presentación oral (25%) ou escrita (25%) dos traballos.
Estudantes con dispensa: o exame suporá o 100% da cualificación.
Exame extraordinario (segunda oportunidade). Darase a opción a repetir algún dos traballos realizados, e en todo caso, a nota das interactivas suporá o 50% da cualificación e o exame, o 50% restante.
Para a avaliación dos traballos presentados en interactivas teranse en conta os seguintes elementos
1. Claridade e precisión da exposición nos distintos ítem do traballo conforme o esquema sinalado.
2. Prantexamento adecuado dunha cuestión histórica.
3. As fontes antigas deben citarse de acordo os usos propios dos estudos clásicos. Debe acreditarse o menos a lectura íntegra dun dos textos propostos.
4. Uso correcto de notas a pe de páxina (un traballo desta natureza non ten porque ter moitas, pero deben estar ben usadas).
5. Uso de bibliografía profesional, ben escollida, en distintos idiomas.
6. Manexo directo do grego, aínda que se usen traducións como axuda.
Na presentación oral faranse preguntas para examinar a coherencia entre o escrito e o exposto. O plaxio ou o uso fraudulento de ferramentas de intelixencia artificial supón o suspenso na materia na primeira convocatoria.
Sesións expositivas 30
Sesións de seminario 15
Sesións de tutoría programadas 2
Sesións de avaliación 3
Total de horas de actividade presencial 50
Estudo e preparación de actividades programadas en clase 80
Realización de traballos 10
Preparación de exames 10
Total de horas de actividade non presencial 100
Valorarase o emprego de traballos en linguas distintas o galego ou español
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Marco Virgilio Garcia Quintela
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812558
- Correo electrónico
- marco.garcia.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 05 |
Martes | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 05 |