Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os criterios cos que se autoidentifican as sociedades antigas son obxecto de discusión incesante. Entre as certezas ás que podemos aferrarnos figura que a identidade se expresaba a través da lingua, cuestión allea a esta materia, e sobre todo mediante o feito de compartir os ritos en honra de divindades organizadas en panteóns estruturados. Agora ben, a configuración dos panteóns e os cultos que reciben os deuses de forma illada ou mediante agrupamentos, non son homoxéneos ao longo da Antigüidade. Ademais, procesos históricos diferenciados fan que as fontes accesibles para o coñecemento dos procesos relixiosos e as súas mutacións varíen segundo lugares e períodos. A materia ocuparase de mostrar a través os temas seleccionados a variedade das formas en que se articulan un pasado remoto máis ou menos discernible (coñecido a través da arqueoloxía e a mitoloxía comparada), ata a floración de formas singulares de vida relixiosa en momentos concretos para terminar co triunfo do cristianismo.
Insistirase na singularidade que supón a aparición da cidade como forma de organización da vida social. Este fenómeno histórico implica unha modulación singular das formas da vida relixiosa co xurdimento de novas identidades con claves específicas para cada cidade en cada momento histórico.
En paralelo, os sistemas políticos e cidadáns chocan ou interactúan con comunidades con articulacións sociais diferentes, cuxa definición é obxecto de discusión. A pesar diso, estas comunidades étnicas non políticas, polo menos no sentido máis clásico e etimolóxico, tamén teñen identidades expresadas en formas de vida relixiosa que ocasionalmente coñecemos en relación coas formas políticas clásicas.
Así pois, as formas adoptadas polas relixións antigas exprésanse mediante elaboracións ideolóxicas herdadas (tradición indoeuropea nos casos que nos ocuparán), innovadoras (a filosofía grega, a vida política), ou unha mestura orixinal entre herdanza temática e novidade formal (os mitos romanos). Un contido transversal da materia será mostrar a relación entre tradición e innovación que opera ao longo da antigüidade ata a súa disolución no monoteísmo cristián.
1. Identidades da Roma primitiva
A. Xeopolítica da identidade: latinos, etruscos e gregos.
B. A comunidade latina: os ritos de Xúpiter Latino.
C. Os mitos fundacionais de Roma: o fratricidio, o asilo e o rapto.
D. Os reis de Roma entre o mito e a historia.
E. A cosmoloxía e a urbigonía romanas: Saturno, o mundus e o miliario aureo.
2. Relixión e identidade atenienses
A. Fuentes e métodos para o estudo da relixión grega. Homero e Hesíodo ou Pausanias.
B. A configuración do panteón ateniense: por que Atenea é a deusa principal de Atenas o voto dos deuses ou das mulleres, unha democracia primitiva?
C. O mito da Autoctonía e a definición dos atenienses: as realezas míticas do *Ática e a fundación da Atenas históricas (Cécrope, Erictonio, Teseo). O mito de Protágoras e a urbigonía ateniense
D. A mitoloxía ateniense e os programas iconográficos públicos. O Partenón.
E. O concepto de “réxime de historicidade” da amnistía do 403 á definición do canon clásico.
3. A fundación dunha colonia romana: Lugdunum entre o mito e a topografía
A. Galia baixo Augusto.
B. A fundación colonial entre o acto xurídico e o mito fundacional.
C. Identidades galas: lingua, imaxe, paisaxes celestes.
D. Identidades en conflito: a creación de novas realidades.
E. Estruturas: relato, imaxe e paisaxe
4. Arqueoloxía dunha relixión discreta: a relixión dos galaicos
A. Castrexos ou galaicos.
B. Fuentes para o estudo da relixión galaica.
C. Sacrificios: do exhibido ao oculto.
D. Saunas galaicas e cosmovisión.
E. Paisaxes celestes entre a Idade do Ferro e o cristianismo.
5. A construción da paisaxe cristiá de Galicia
A. Pegadas do cristianismo primitivo.
B. Identidades relixiosas e paisaxe: que nos din as igrexas antigas?
C. Contra a conversión: a cristianización da vida cotiá.
D. Unha santa en dous lugares: Mariña en Auguas Santas e Alise-Ste-Reine.
Bibliografía básica
Bruit Zaidman, Louise; Schmitt Pantel, Pauline 2002. La Religión griega en la polis de época clásic), Madrid
Burkert, W. 2007. Religión griega: arcaica y clásica. Madrid.
García Quintela, M.V. 1999. Georges Dumézil (1898-1986). Madrid.
Grimal, P. 2010. Diccionario de mitología griega y romana. Barcelona.
Rice, D.G., Stambaugh, J.E. 2009. Sources for the Study of Greek Religion. Corrected Edition. Society of Biblical Literature
Scheid, J. 1991. La Religión en Roma. Madrid.
Bibliografía complementaria
Tema 1.
Bettini, M. 2011. “Missing Cosmogonies. The Roman Case?” Archiv für Religonsgeschichte 13: 69-92.
Dumézil, G. 1987. La religion romaine archaïque. Paris (1ª ed. 1966).
García Quintela, M.V. 2007. Le pendu et le noyé des monts Albains. Recherches comparatives autour des mythes et rites Albains. Bruselas.
Poucet, J. 2000. Les Rois de Rome. Tradition et histoire. Bruselas.
Tema 2.
García Quintela, M.V. 2025. “Διὸς ψη̂φος. The Mythology of the Vote in Athenian Democracy”, Kernos 38.
Parker, Robert 2007. Polytheism and Society at Athens. Oxford.
Valdés Guía, Miriam 2020. Prácticas rituales y discursos femeninos en Atenas. Los espacios sacros de la gyne. Sevilla y Madrid.
Tema 3.
Fishwick, D. 1987. The Imperial Cult in the Latin West: Studies in the Ruler Cult of the Western Provinces of the Roman Empire, vol. I.1. Leiden.
García Quintela, M.V. 2022. Le mythe de fondation de Lugdunum. Paris.
García Quintela, M.V., A.C. González-García, D. Espinosa, A. Rodríguez Antón, J.A. Belmonte, 2022. “An archaeology of the sky in Gaul in the Augustan Period”. Journal of Skyscape Archaeology 8/2, pp. 163-207.
Le Roux, F., Guyonvarc’h, Ch.-J. 2003. As Festas Celtas. Noia.
Tema 4.
Álvarez González, Y., López, L.F., García Quintela, M.V., Fernández-Götz, M. 2017. “El oppidum de San Cibrán de Las y el papel de la religión en los procesos de centralización en la Edad del Hierro”. CuPAUAM 43: 217-39.
García Quintela, M.V. 2016. “Sobre las saunas de la Edad del Hierro en la Península ibérica: novedades, tipología e interpretaciones”. Complutum 27.1: 109-130
García Quintela, M.V. 2021. El sacrificio animal galaico-lusitano. Estudio comparativo de historia de las religiones. Sevilla.
García Quintela, M.V., Santos Estévez, M. 2007. Santuarios de la Galicia Céltica. Arqueología del paisaje y religiones comparadas en la Edad del Hierro. Madrid.
Olivares Pedreño, J. C. 2002. Los dioses de la Hispania celtica. Madrid.
Tema 5.
García Quintela, M.V., 2014. “Paisajes duales en la Galicia tradicional: estructura, génesis y transformación.” Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Antropología. Etnografía. Folklore 69.1: 29-52.
García Quintela, M.V., 2022. “One story for two places: a comparative study on the making of Christian landscapes”. Culture and History Digital Journal 11(2)
García Quintela, M.V., González García, A.C., y Seoane-Veiga, Y. 2014. “De los solsticios en los castros a los santos cristianos: la creación del paisaje cristiano en Galicia”. Madrider Mitteilungen 55: 443-485.
García Quintela, M.V., J.C. Sánchez-Pardo, 2020. "Landscape, Christianization and social power in Late Antique and early medieval Galicia", in: Sacred Landscapes in Antiquity: Creation, Manipulation, Transformation. Edited by Ralph Häussler and Gian Franco Chiai. Oxford and Philadelphia, p. 179-193
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia
CG2 - Usar, ordenar e interpretar as fontes histórica
CG4 - Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo demostrando dotes de innovación
CT2 - Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa
CT3 - Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade corporativa
CT4 - Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva en público
ESPECÍFICAS
CE2 - Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade
CE3 - Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción
CE4 - Coñecer e analizar os temas e problemáticas obxecto de debate historiográfico
CE6 - Coñecemento das principais claves explicativas das sociedades do pasado (clase, etnia, xénero)
CE7 - Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua
CE8 - Analizar e interpretar o rexistro arqueolóxico
CE1 - Coñecer, analizar e transmitir a historia xeral e a historia propia do territorio
Docencia expositiva
Explicación do temario. Introduciranse os principais textos sobre os que se baseará a exposición e que utilizarán os estudantes para elaborar os seus traballos e presentalos nas clases interactivas.
Recoméndase refrescar os coñecementos sobre a antigüidade alcanzados nos primeiros cursos do grao.
Docencia interactiva
A docencia interactiva constará de dous apartados.
1. Seminario de debate: Relixión, ideoloxía e identidades da Atenas democrática.
Presentaranse temas e debates propios da Atenas democrática que, por razóns variadas, son de actualidade no mundo contemporáneo.
1. Emigración e asilo: Esquilo, Las Suplicantes.
https://es.m.wikipedia.org/wiki/Derecho_de_asilo
2. Me too: identidades femeninas e sororidade: Eurípides, Bacantes; Aristófanes, Asambleistas.
Kelli Zaytoun and Judith Ezekiel 2016. “Sisterhood in Movement: Feminist Solidarity in France and the United States” Frontiers: A Journal of Women Studies, 37, 1, pp. 195-214.
Rodak, L. (2020) “Sisterhood and the 4th wave of feminism: An analysis of circles of women in Poland”, Oñati Socio-Legal Series, 10(1S), p. 116S–134S. doi: 10.35295/osls.iisl/0000-0000-0000-1163.
3. ¿Xuicios políticos ou penais?: Platón, Apoloxía de Sócrates.
https://www.eldiario.es/autores/joaquin_urias/
4. Construcción política do pasado e réxime de historicidade: Oracións de Pericles (Tucídides, libro 2) e de Aspasia, Platón, Menexeno.
Memoria da transición española. Ademáis,
Sartorius, Nicolás, Sabio Alcutén, Alberto 2007. El final de la dictadura: la conquista de la democracia en España (noviembre de 1975-junio de 1977). Madrid : Temas de Hoy
5. Pasado traumático e identidade: A amnistía de 403, selección de textos.
Este apartado desenvolverase en data a determinar en colaboración co profesor Antonio Míguez Macho e a súa materia “Memoria colectiva e coñecemento do pasado traumático”.
2. Presentación escrita e oral dun tema dentro dos contidos da asignatura.
Cada estudante elaborará un traballo a partir da lectura crítica de fontes literarias antigas. En relación cos contidos do temario propóñense, a modo de orientación, os seguintes títulos. Organizarase a presentación oral dos traballos en sesións de interactivas. Horario a precisar segundo o número de matriculados.
Plutarco, Rómulo
Tito Livio, Libro I
Plutarco, Teseo.
Eurípides, Hipólito, Bacantes, etc.
Sófocles, Antígona
Aristófanes, Nubes, Aves, Lisístrata, etc.
Heródoto, Libros I-IV
Platón, Critias.
Isócrates, Areopagítico
Estrabón, Libros III y IV.
César, Libro 6.
Hidacio, Crónica.
FORMATO DOS TRABALLOS
Título: Enunciado claro e breve do tema do traballo
Nome do autor (jos%C3%A9.garcia [at] rai.usc.es (josé[dot]garcia[at]rai[dot]usc[dot]es))
Resumo. 100 palabras (= 7 liñas en letra Times New Roman ou similar). Entreliñado simple. Expresar de forma sintética o tema do traballo e a/as conclusión(s) principais.
Palabras chave. 5/6 conceptos fundamentais traballados no texto.
Corpo do traballo. 1500 palabras. Aproximadamente tres páxinas en Times New Roman 12. Entreliñado simple. Deben delimitarse ben as seccións e subseccións se procede.
Esquema básico:
1. Introdución, ¿que problema ou cuestión propoño?
2. Fonte(s) utilizada(s), método, estado da cuestión. Xeito de resolver o problema ou dar resposta a cuestión proposta.
3. Conclusións. Conseguín ou non resolver o problema, dar resposta a cuestión. Que problemas atopei.
Bibliografía.
1. Fonte(s) estudiadas.
2. Literatura secundaria (entre 4 e 8 títulos).
3. Webgrafía, máximo de 4 sitios.
O conxunto do traballo non debe exceder as 1800 palabras.
O TRABALLO ESCRITO ENTREGARASE EN FORMATO PDF
Establécese un sistema de avaliación continua, baseado na participación en clase, o seguimento do programa de lecturas e a presentación de traballos oral e escrita. O exame final, que se mantén, servirá para avaliar aos estudantes que non superasen a materia mediante avaliación continua, ou para quen aspire a mellorar a súa cualificación.
Realizarase unha proba por tema para verificar o seguimento da docencia expositiva. Cada proba consistirá en preguntas tipo test, preguntas sobre imaxes e/o mapas e un comentario de texto. A cualificación media destas probas será o 50% da nota final.
A docencia interactiva avaliarase fará a partir dos traballos presentados nas sesións de docencia interactiva (40% da nota final), valorándose a participación nas clases (10% da nota final). O traballo interactivo será o 50 % da nota final.
O exame final consistirá nun test sobre coñecementos básicos (50% da nota do exame); un comentario de imaxes (25%), e un comentario de texto (25 %). Este exame será o 50% da nota final.
Segunda convocatoria: Os estudantes que realicen e aproben as actividades de docencia Interactiva durante o semestre conservarán a cualificación e só terán que facer a proba teórica na segunda convocatoria. Os estudantes que suspendan a Docencia Interactiva ou que non a realizaron nin entregaran os traballos teñen o deber de presentalos antes da proba de segunda convocatoria.
Para a avaliación dos traballos presentados en interactivas teranse en conta os seguintes elementos
1. Claridade e precisión da exposición nos distintos ítem do traballo conforme o esquema sinalado.
2. Prantexamento adecuado dunha cuestión histórica.
3. As fontes antigas deben citarse de acordo os usos propios dos estudos clásicos. Debe acreditarse o menos a lectura íntegra dun dos textos propostos.
4. Uso correcto de notas a pe de páxina (un traballo desta natureza non ten porque ter moitas, pero deben estar ben usadas).
5. Uso de bibliografía profesional, ben escollida, en distintos idiomas.
6. Manexo directo das fontes clásicas, aínda que se usen traducións como axuda.
Na presentación oral faranse preguntas para examinar a coherencia entre o escrito e o exposto. O plaxio ou o uso fraudulento de ferramentas de intelixencia artificial supón o suspenso na materia na primeira convocatoria.
Sesións expositivas 32h
Sesións interactivas 16 h por dous grupos
Sesións de avaliación 6
Total 70 h
Estudo e preparación de actividades programadas 70
Realización de traballos 15
Preparación de exames 15
Total de horas de actividade non presencial 100
Valorarase o emprego de linguas distintas o galego ou español, de xeito particular, considerarase o manexo de latín e/ou grego
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Marco Virgilio Garcia Quintela
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812558
- Correo electrónico
- marco.garcia.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade