Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Historia, Departamento da Área do Profesional da USC 991
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Arqueoloxía, Historia Antiga, Área do Profesional da USC
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten como obxectivos presentar ao alumnado:
a) Os métodos de investigación propios da arqueoloxía e das ciencias da Antigüidade non so no ámbito académico, senón tamén no profesional.
b) Os principais instrumentos de investigación (coleccións de fontes, revistas, bases
de datos bibliográficas, etc.), imprescindibles para a realización dun traballo dentro de
ditas áreas de investigación, con especial énfase no traballo de fin de máster.
c) As convención propias da investigación e das formas estándar de presentación dun traballo en ambos eidos de estudo.
d) As formas estándar de estruturación e presentación dun proxecto de investigación
en arqueoloxía e ciencias da Antigüidade
e) As formas estándar de presentación formal dun traballo de investigación (TFM) en
arqueoloxía e ciencias da Antigüidade.
f) Actividades formativas en horas, metodoloxías de ensinanza-aprendizaxe e a súa relación coas competencias que debe adquirir o/a estudante
Tema 1. Instrumentos e recursos: recursos en liña. Buscas, índice de impacto e referencias bibliográficas. As citas. Dicionarios e enciclopedias, bases de datos bibliográficas. Programas informáticos de xestión bibliográfica.
Tema 2. Algunhas convencións propias da investigación en Historia Antiga. Principais abreviaturas: autores e obras antigas. Revistas e libros. Grandes coleccións e instrumentos. Fontes. Fontes literarias. Epigrafía, papiroloxía e numismática.
Tema 3. Algunhas convencións propias da investigación en Arqueoloxía e en Arqueoloxía Científica. A importancia dun bo resume. A investigación dende os museos.
Tema 4. Estrutura, elaboración e presentación dun traballo de investigación. Artigo académico. Póster. TFM. Breve introdución aos tipos de exposición. Como expor en público. Ferramentas para a redacción e edición dun traballo
Tema 5. Captación de recursos, a carreira investigadora. Preparación dun currículo (ex. CVN). Normativa Dora. Convocatorias públicas e privadas. Breve introdución ás entrevistas de traballo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- L’Année Philologique: http://apps.brepolis.net/BrepolisPortal/default.aspx
- JSTOR: https://www.jstor.org/
- Perseus Digital Library: http://www.perseus.tufts.edu
- PHI Latin Texts (hasta c.200 d.C. esencialmente): https://latin.packhum.org/browse
- Hodoi elektronikai (Lovaina): http://mercure.fltr.ucl.ac.be/Hodoi/concordances/intro.htm
- The Latin Library: https://www.thelatinlibrary.com/
- Thesaurus Linguae Latinae: https://www.degruyter.com/view/db/tll?lang=en
- López Costas, O. 2023. Cómo hacer un póster en arqueología, un ejemplo docente adaptado a España y Suecia. In Nuevas tendencias en innovación educativa en arquitectura, arte, moda, historia y humanidades (pp. 1011-1027). Dykinson.
- Peterson, D. A., Biederman, L. A., Andersen, D., Ditonto, T. M., & Roe, K. (2019). Mitigating gender bias in student evaluations of teaching. PloS one, 14(5), e0216241.
- Macfarlane, B., Devine, E., Drake, T., Gilbert, A., Robinson, M., & White, I. (2017). Co-authorship in humanities and the social sciences: A global view.
- De Luis, S.; Martín, E. y Rodero, A. (2020) La importancia de la museografía en la difusión de la ciencia en el Museo Arqueológico Nacional: el ejemplo de la vitrina cero dedicada al patrimonio cerámico de Las Cogotas (Cardeñosa, Ávila), Cuadernos de Prehistoria y Arqueología nº30, Monográfico: 283-303 https://revistaseug.ugr.es/index.php/cpag/article/view/15369
BIBLIOGRFÍA COMPLEMENTARIA
Textos literarios
Bibliotheca Classica Selecta: http://bcs.fltr.ucl.ac.be/
Perseus Digital Library: http://www.perseus.tufts.edu
The Latin Library: http://www.thelatinlibrary.com
Textos epigráficos
Epigrafía griega https://epigraphy.packhum.org/regions/1701
Inscripciones Ática https://www.atticinscriptions.com/
Collection of Greek Ritual Norms http://cgrn.ulg.ac.be/
EAGLE: Electronic Archive of Greek and Latin Epigraphy: http://www.edr-edr.it/Italiano/index_it.php
Epigraphische Datenbank Heidelberg (G. Alföldy): http://edh-www.adw.uni-heidelberg.de/home
Epigraphik Datenbank(M. Clauss): http://www.manfredclauss.de/gbhtml/index.
Outra bibliografia complementaria
- International Committee of Medical Journal Editors. (1997). Uniform requirements for manuscripts submitted to biomedical journals. Pathology, 29(4), 441-447.
- Caballero, L. (1997), Investigación y museos. La musealización de la Arqueología, IV Coloquio Galego de Museos: (investigaciâon e museos : Museo de Pontevedra, 14-16 decembro 1994): 15 -53
- Universidade de Santiago de Compostela. Código de Boas Prácticas na Investigación (CBPI-USC)
- Zapatero, G. R. (2014). Escribir como arqueología. Arqueología como escritura. In Anales de prehistoria y arqueología (Vol. 30, pp. 11-28).
BASES DE DATOS
Bases de datos accesibles a través da biblioteca da USC https://rebusca.usc.gal/az.php?t=27111
Année philologique
Dialnet - USC
JSTOR - Artes e Ciencias I, II e III
REBIUN - Catálogo Colectivo
Fontes literarias
Database of Latin Dictionaries
Library of Latin Texts
Thesaurus Linguae Graecae
Thesaurus Linguae Latinae
Outros recursos en liña
(CG-3) Que os estudantes teñan realizado una contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, do que parte mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional;
(CG-4) Que os estudantes sexan capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas;
(CG-5) Que os estudantes saiban comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeneral, acerca da súas áreas de coñecemento;
(CG-6) Que se lles supoña capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
(CG-7) Que os estudantes teñan demostrado a lo longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixos principais que configuran o programa: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
(CG-10) Que a súa formación avanzada contribúa a desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural do mundo clásico
(CT-1) Empregar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, que inclúe o acceso por Internet, vendo as súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumnado sobre o seus contidos.
(CT-2) Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisión.
(CT-3) Potenciar a capacidade de traballo en equipa, en contornos cooperativos, pluri-disciplinares ou de alto nivel competitivo.
(CE-3) Ser quen de levar a cabo tarefas de colaboración e de asesoramento en plans directores, plans especiais, traballos arqueolóxicos, etc.
A docencia desenvolverase de forma mixta con contidos teóricos e desenvolvementos prácticos en cada seminario, con traballo individual e en grupos.
Clases expositivas: corresponden fundamentalmente a docencia en clases maxistrais. 14 h (CG-3) (CG-6) (CG-7) (CG-10)
Clases interactivas: casos prácticos, tarefas e exercicios; guías e/ou resumos de lecturas obrigatorias 7h (CG-4), (CG-5), (CT-1), (CT-2)
Titorías: de atención individualizada ou en grupo 3h (CG-5), (CT-2)
De acordo coas instrucións recibidas, óptase por a avaliación continua e non haberá exame final. A asistencia e a participación valoraranse ate un 30% de cualificación final. O 70% restante corresponderá a traballos que as/os alumnas/os farán na clase incluíndo un traballo sobre a preparación dunha bibliografía empregando RefWorks; outro consistente nun análise crítico dos seus TFG; unha reflexión sobre un artigo elixido polo profesorado, a preparación dun Orcid e CVN, a valoración dun resumo e entregas das actividades feitas na clase (por exemplo sobre cómo facer un resumo). Non é necesario obter unha cualificación mínima en ningún deles para superala materia. Tódalas entregas son obrigatorias.
Competencias a avaliar no o traballo na aula (CG-4), (CG-5), (CT-1), (CT-2)
Competencias a avaliar nos entregables (CG-3) (CG-4) (CG-5) (CG-6) (CG-7) (CG-10)
Ao ser a avaliación continua, a asistencia ás clases é obrigatoria; por iso, unha ausencia reiterada ás clases, superior ao 20%, implicará que o alumno ou a alumna non poderá ser avaliado.
Para a segunda oportunidade: repetiranse todos os traballos que non teñan alcanzado o aprobado.
Dispensa de asistencia: haberá que presentar tódolos traballos, que valerán un 100% da cualificación.
Para a consideración da asistencia a materia atinxirase ao "Regulamento de asistencia á aula nas ensinanzas oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela", que entra en vigor no curso 2025/26.
Sistema de calificación: expresado mediante calificación final numérica de 0 a 10 segundo a legislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de septiembre; BOE 18 de septiembre).
Actividade formativa
Clases expositivas: corresponden fundamentalmente a docencia en clases maxistrais. 14 h
Clases interactivas: casos prácticos, tarefas e exercicios; guías e/ou resumos de lecturas obrigatorias 7h
Titorías: de atención individualizada ou en grupo 3h
Traballo persoal do alumnado: traballo individual para o seguimento da materia (incluído, de ser o caso, a realización de traballos escritos) 49h.
Recomendase a os estudantes que fagan uso da titoría para a resolución de calquera dúbida que xurda durante o estudo da materia. Ademais, terán que asistir e participar activamente e realizar as tarefas que se lles encarguen. E tamén recomendable que fagan uso da bibliografía especializada, no so dos libros de texto senón tamén de artigos de investigación e divulgación científica.
No referente ao plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de traballos ou probas, deber ter en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicio ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
El art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”. En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Antonio Manuel Martinez Cortizas
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813379
- Correo electrónico
- antonio.martinez.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pedro Manuel Lopez Barja De Quiroga
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812559
- Correo electrónico
- pedro.barjadequiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Noemi Silva Sanchez
- Departamento
- Departamento da Área do Profesional da USC 991
- Área
- Área do Profesional da USC
- Correo electrónico
- noemi.silva.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional da USC
Olalla Lopez Costas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- olalla.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 00 |