Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Historia
Áreas: Área externa M.U en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII, Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia concíbese como o estudo daqueles medios (humanos e materiais) dos que dispuxo a Monarquía Hispana co fin de despregar a súa política hexemónica. O caudal duns e outros medios non foi o mesmo ao longo do tempo. Un repaso aos principais capítulos do ingreso da real facenda en cada un dos referidos territorios dará entrada á análise dos sistemas fiscais respectivos. Esta análise apoiarase no esquema de transición desde o "domaine state" cara ao "fiscal state", sinalando as peculiaridades orixinarias dos principais territorios contribuíntes, a súa evolución no tempo, as eventuais contribucións á bolsa común e os problemas no seu caso derivados das tensións entre centro e periferia. A materia atenderá a continuación ao financiamento da guerra e ás súas modalidades, tendo en conta as variantes terrestres e marítimas e os problemas de financiamento que causou o crecente custo da guerra nun contexto de revolución militar e de innovacións loxísticas. O programa completarase cunha análise dos medidos humanos cos que se despregou a diplomacia do tempo, prestando especial atención ao establecemento de embaixadas permanentes, á extracción social dos seus titulares e ás negociacións que conduciron aos tratados máis significativos do periodo
- Fiscalidade
- A organización militar: exércitos e armadas
- A diplomacia
-O, Donnell, H. (coord.)Historia militar de España. III. Edad Moderna. I. Ultramar y la marina, Madrid, Ministerio de defensa, 2013.
-Martínez Ruiz, E., Los Soldados del Rey. Los ejércitos de la Monarquía Hispánica (1480-1700), Madrid, 2008.
-Fortea Pérez, J.I., Monarquía y Cortes en la Corona de Castilla: las ciudades ante la política fiscal de Felipe II
-Gelabert González, J., La bolsa del rey, Barcelona, 1997
-Bely, L. Les relations internationales en Europe (XVIIe-XVIIIe siècles), París, 2007
-Rivero Rodríguez, M. Diplomacia y relaciones exteriores en la Edad Moderna. De la cristiandad al sistema europeo, 1493-1734, Madrid, 2000
-Stradling, R.A.; Europa y el declive de la estructura imperial española, 1580-1720, Madrid, 1981.
Aplicar adecuadamente unha metodoloxía científica propia da Historia, na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión, na análise e interpretación das fontes
Ser capaz de comentar, anotar e editar correctamente textos e documentos de acordo cos cánones críticos da historia
Ser capaces de deseñar e executar traballos académicos avanzados tanto individual como colectivamente
Comprender e valorar as diferentes perspectivas de investigadores implicados no estudo da Monarquía de España na Idade Moderna, sabendo que proceden de contextos culturais e nacionais diferentes
Leccións expositivas teóricas
Realización de exercicios de análises ou de recensión
Traballos prácticos e traballos de campo tutelados pola profesora
Seminarios no aula ou a través de foros on-line
Lecturas tuteladas pola profesora
Tutorías individuais e de grupo (presenciais e on-line, nacionais e internacionais)
Avaliación de traballos prácticos e teóricos, recensiones, de análises discursivo, presentacións...: ponderación mínima, 35; ponderación máxima, 40
-Avaliación continua sobre a asistencia e participación en actividades presenciais: ponderación mínima 30: ponderación máxima 40
-Avaliación continua sobre a asistencia e participación en seminarios de lectura: ponderación mínima, 30; ponderación máxima, 40
-Participación en tutorías presenciais e virtuais, nacionais e internacionais: ponderación mínima, 5; ponderación máxima, 10
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da “Lei de Convivencia da USC” de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
- Desenvolvemento dos contidos teórico-prácticos das materias, tanto no aula on-line como en traballos de campo fose do aula: 35 horas
-Comentarios de texto aplicando técnicas específicas á análise das fontes (primarias e secundarias) que serán realizados individualmente ou en grupos: 20 horas
-Debates e foros on-line: 5 horas
-Estudo autónomo do estudante relacionado cos contidos expostos nas clases teóricas e prácticas: 60 horas
-Atención personalizada do traballo autónomo realizado polo alumnado (presencial): 5 horas.
Maria Del Carmen Saavedra Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812611
- Correo electrónico
- mdelcarmen.saavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Laboratorio Eco - Past |