Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Explicar a relación entre as artes e a sociedade na que se desenrolan.
-Identificar as principais correntes artísticas e os seus contextos históricos e culturais.
-Explicar a historia, tradición e natureza específica do ámbito da disciplina e o seu lugar na sociedade.
-Introducir aos/ás estudantes no estudo dos séculos XVI, XVII e XVIII atendendo aos fundamentos socioeconómicos e ideolóxicos dos comportamentos colectivos, así como as estruturas e procesos históricos a nivel relixioso, político e cultural.
-Preténdese que os/as estudantes adquiran conciencia crítica das coordenadas espacio-temporais, ben no concernido coa propia evolución da historia na Idade Moderna, ben nas súas variadas implicacións no mundo da arte.
O programa da materia organizase en tres bloques, que comprenden: A) As bases estruturais, B) A Sociedade, C) O Pensamento e a Cultura
A. As bases estruturais
1. A Idade Moderna. Introdución
2. A formación do Estado moderno e as relacións internacionais.
3. Os marcos da vida social e económica no mundo moderno.
B. A Sociedade
4. A sociedad. Estrutura e características do sistema de estratificación.
5. Os indicadores sociais. Imaxe, rituais, xustificación simbólica.
C. O Pensamento e a Cultura
6. Cultura popular e das élites.
7. Os medios de difusión da cultura. Educación, libro e imprenta.
8. Humanismo e Renacemento cultural.
9. As reformas protestante e católica. A súas influencias na Arte.
10. A cultura do Barroco. A Ilustración.
Bibliografía básica:
ANDERSON, M.S., The Rise of Modern Diplomacy, 1450-1919, Nueva York, 1993.
ATKINSON, J., Lutero y el nacimiento del protestantismo, Madrid, 1980
BELY, Les relations internationales en Europe, XVII-XVIII siècles, Paris, 1992.
BURKE, P., La cultura popular en la Europa Moderna, Madrid, 1991.
CHARTIER, R., Libros, lecturas y lectores en la Edad Moderna, Madrid, 1993.
EISENSTEIN, E., La revolución de la imprenta en la Edad Moderna, Madrid, 1994.
FLORISTÁN IMIZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, 2015.
HINRICHS, E., Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, 2001.
TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-XVIII, Barcelona, 2000.
Bibliografía complementaria:
ALCALA, A., Literatura y ciencia ante la Inquisición española, Madrid, 2001.
ANKERLOO, B. (edt.), Early modern Europe witchcraft: centres and peripheries, Oxford, 1993.
BARRY, J. (edt.), Witchcraft in Early Modern Europe. Studies in culture and belief, Cambridge, 1996.
BURKE, P., La fabricación de Luis XIV, Nerea, 1995.
BRAVO LOZANO, C. y ÁLVAREZ-OSSORIO ALVARIÑO, A. (eds.), Los embajadores. Representantes de la soberanía garantes del equilibrio, 1659-1748, Madrid, Marcial Pons, Ediciones de Historia, 2021.
COLOMER, J.L. (dir.), Arte y diplomacia de la Monarquía Hispánica en el siglo XVII, Fernando Villaverde Ediciones & Casa de Velázquez, 2003.
DAUMAS, M., Images et sociétés dans l’Europe moderne, 15e.-18e siècles, Paris, 2000.
DAVIS, N. Z., Sociedad y cultura en la Francia Moderna, Barcelona, 1993.
DESPLAT, Ch., La vie, l’amour, la mort: rites et coutumes, XVIe-XVIIIe siècles, Biarritz, 1995.
ELLIOT, J. et al., Revoluciones y rebeliones en la Europa moderna, Madrid, 1984.
FRANCO RUBIO, G., Cultura y mentalidad en la Edad Moderna, Sevilla, 1998.
GARCIA CARCEL, R., Inquisición: Historia Crítica, Madrid, 2000.
GONZÁLEZ ENCISO, A., El nacimiento del Capitalismo en Europa, Madrid, 2011.
GOUBERT, P., El Antiguo Régimen. La sociedad, Madrid, 1980.
GRAFF, H.J., Storia dell'alfabetizzazione occidentale. L'etá moderne, Bolonia, 1989.
HAMPSHER-MONK, I., Historia del pensamiento político moderno: los principales pensadores políticos de Hobbes a Marx, Barcelona, 1996.
LASLETT, P., El mundo que hemos perdido. Familia, comunidad y estructura social en la Inglaterra preindustrial, Madrid, 1987.
LEBRUN, F., Croyances et cultures dans la France d'Ancien Régime, Paris, 2001.
LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Madrid, 2008.
LLORENTE, M. y BLANCO MOZO, J.L. (coord.), La imagen de las reinas Habsburgo españolas y su construcción durante el siglo XVII, Iberoamericana Vervuert, 2024.
MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
MARTÍNEZ MILLÁN, J.; CARLOS MORALES, J., Religión, política y tolerancia en la Europa Moderna, Madrid, 2011.
MÍNGUEZ CORNELLES, V.M., Los reyes solares: iconografía astral de la monarquía hispánica, Castellón de la Plana, Universitat Jaume I, 2001.
MÍNGUEZ CORNELLES, V.M. (ed.), Visiones de la Monarquía Hispánica, Universitat Jaume I, Castellón, 2007.
MÍNGUEZ, V., La invención de Carlos II. Apoteosis simbólica de la casa de Austria, Madrid, Centro de Estudios Europa Hispánica, 2013.
THOMPSON, E.P., Costumbres en común, Barcelona, 1995.
TILLY, Ch., The Formation of National States in Western Europe, Princeton, 1975.
WOOLF, S., Los pobres en la Europa moderna, Barcelona, 1989.
-Demostrar curiosidade intelectual e espírito crítico para a aprendizaxe.
-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos a situacións prácticas e reais.
-Capacidade para comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, tanto en modo oral como escrito.
-Capacidade para recoñecer problemas, definir un plan de traballo e organizar fases para a súa resolución, incluida a avaliación do resultado.
-Capacidade de argumentación lóxica no debate e para planificar e levar a término proxectos de aprendizaxe individuais ou en grupo.
-Capacidade para consolidar hábitos de traballo individuais e en equipo que fomenten o autoaprendizaxe e a crítica.
-Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos de coñecemento e información dispoñibles.
-Fomentar os valores que valoricen a obra artística desde a perspectiva da súa orixe, orixinalidade e contexto histórico.
-Capacidade para conseguir un coñecemento sobre as liñas principais de desenrolo histórico na Idade Moderna, de forma que favorezca as destrezas do alumnado de cara á adicación docente, o traballo en arquivos, bibliotecas ou museos, en actividades relacionadas coa xestión do patrimonio documental, cultural e artístico, etc., axudando así a desenrolar unha metodoloxía científica en relación coa Historia da Arte.
-Habilidade para comunicarse efectivamente, tanto de forma oral como escrita, na lingua nativa e nunha ou máis linguas extranxeiras.
-Habilidades para diseñar, planificar e levar a cabo traballos académicos.
-Habilidades para o traballo en equipo.
-Habilidades para colaborar en proxectos interdisciplinares.
Co obxetivo de facilitar e racionalizar a impartición da materia empregaranse as seguintes técnicas:
-Clases expositivas nas que o profesor fará a explicación presencial na aula dos contidos teóricos da materia. 32 horas según horario e grupo.
-Clases interactivas na aula nas que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. 16 horas segundo horario e grupo.
-Seminario práctico con apoio de recursos audiovisuais e dotros materiais, sobre un tema relevante da materia, que contribuia a un mellor coñecemento deste e ao debate por parte do alumnado. Esta actividade levaráse a cabo presencialmente na facultade, no día e hora designada polo decanato para as prácticas de campo.
-Titorización personalizada. 3 horas segundo horario e grupo.
-Como complemento, os/as estudantes poderán facer uso da Aula virtual da materia, na que encontrará explicacións puntuais sobre o funcionamiento do curso, abundantes materiais de traballo para a parte expositiva e interactiva da materia, así como un útil canal de comunicación co profesor.
A avaliación será continua segundo o estipulado na memoria do grado de Historia da Arte. Debido a iso, a asistencia e participación nas actividades desenroladas na aula é obrigatoria, polo que unha ausencia superior ao 20% suporía a imposibilidade de que o/a alumno/a puidese ser avaliado na primeira oportunidade, excepto os alumnos/as con dispensa.
A avaliación levaráse a cabo ao longo do curso e constará de:
1.- Proba escrita sobre os contidos teóricos das clases expositivas, que suporá o 60% da cualificación final.
2.- A asistencia e participación nas sesións interactivas e a realización dos traballos encomendados suporán o 40% da cualificación final.
3.- Os/as estudantes con dispensa realizarán a proba escrita sobre os contidos teóricos (60%) e prácticos (40%) das clases expositivas e interactivas.
Avaliación continua formativa combinada con exame final presencial
O 60% da cualificación final consiguese do modo seguinte:
Examen final presencial en data que sinale o calendario oficial elaborado polo Decanato da facultade, no que o alumno/a deberá responder a cuestións relacionadas cos temas do programa desenrolado nas clases expositivas, que computará por valor do 60% da cualificación final.
Para aprobar a materia o alumno ten que obter en dito exame unha cualificación mínima de 5 sobre 10. Si en dita parte expositiva, ou tamén na interactiva, o alumno non chega a 5, suspenderá a materia, independientemente de que en casos puntuais a media superase o 5 (en estes casos a puntuación cuantitativa de suspenso sería un 4,9).
O 40% da cualificación final conséguese do modo seguinte:
-Un 5% será resultado da asistencia presencial a clase, de forma que o que teña o máximo de asistencias (previo control por parte do profesor) sumará un 0,5, e dita puntuación descenderá proporcionalmente ao número de asistencias.
-Un 5% será o resultado das intervencións presenciais do alumno nas clases prácticas interactivas, de forma que o que teña realizado o máximo de intervencións sumará un 0,5, e dita puntuación descenderá proporcionalmente ao número de intervencións e a súa calidade.
-O 30% restante obtense polas diferentes cualificacións do alumno nas probas e actividades relacionadas coas clases interactivas (traballo práctico individual e traballo práctico en grupo). Puntuaráse cun cero calquier traballo ou actividade que no sexa entregado.
-Sólo se considerarán non presentados aqueles/aquelas estudantes que non tiveran feito o exame e ningunha das actividades ou tarefas da parte interactiva.
*Etapas de avaliación e convocatorias posteriores:
-Os/as estudantes que tiveran obtido en interactivas unha puntuación media igual ou superior a 5 se lles gardará a nota tamén hasta o curso seguinte –sempre cando non teña lugar un cambio de profesor-; tendo tan só que realizar o exame do temario das clases expositivas.
-Si un/unha estudante suspende a materia pero aproba o exame (puntuación de 5 ou máis), se lle gardará a nota do exame, tamén para o curso seguinte –sempre e cando non teña lugar un cambio de profesor-, sin necesidade de repetir o exame, aínda que aunque tendo que elaborar a parte interactiva, independientemente da nota obtida nesta.
-En relación coas tarefas interactivas puntuadas en base a exposicións orais ou probas non escritas, o profesor indicará qué tipo de actividade concreta sustituie a éstas na etapa de avaliación de xullo ou convocatorias posteriores.
-Os/as estudantes que obtiveran dispensa de asistencia a clase, serán avaliados/as a través dun exame (60 %) e de traballos prácticos obrigatorios (40 %). No caso de ser concedida a dispensa, seguiráse o estipulado no "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster" aprobado polo Consello de Goberno do 25 de novembro de 2024.
Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do/da estudante (en forma de lecturas e fixación do exposto en clase) de unhas duas horas.
Paralelamente estimase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva, o/a estudante debería emplear, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da materia e as previsións antes indicadas, considerase que o tempo de traballo personal de cada estudante debería rondar as 150 horas.
- Recomendase que a formación do/ad estudante sexa de perfil humanístico.
- Capacidade de leer nalgunha lingua extranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos modernistas.
-Polo carácter da materia, de perfeccionamento sobre un campo específico da Historia Moderna, no que os coñecementos básicos sobre os grandes movementos culturais, relixiosos e científicos debense dominar desde os cursos precedentes, a recomendación básica é a leitura da bibliografía especializada, co obxetivo de ir ao compás da evolución da materia. Para conseguir un control do comentario de textos, gráficos e táboas, debe dárselle especial atención a este tipo de contidos na bibliografía.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recordase que non está permitida a grabación de audio ou video, nin a toma de fotografías, durante as clases, sin autorización expresa por parte do docente. Do mesmo modo, os teléfonos móbiles deberán de estar apagados ou silenciados, e o seu uso está restrinxido, ao igual que o dos ordenadores (á toma de apuntes), á consulta puntual de información necesaria no transcurso dunha clase.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Hortensio Sobrado Correa
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812606
- Correo electrónico
- hortensio.sobrado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |